CD As Pontes Feminino

NOVO TÍTULO PARA ROCHELA EN TAILANDIA

O futbolista pontés David Rochela Calvo ven de conquistar este pasado domingo a Coke Charity Cup, trofeo no que participaba como Campión de Liga, ó vencer o seu equipo, o Buriram United, por 1-0 ó Bangkok Glass, con tanto do brasileño Diogo no segundo tempo.

Sen embargo non puido participar David da terceira Kor Royal Cup consecutiva do seu equipo da cidade da alegría, ó estar lixeiramente tocado.
Un Buriram United que con respecto ó ano pasado sufriu a baixa do desequilibrante Carmelo, ex de Las Palmas, Levante e Sporting, e Campióon de Europa sub19 2002 con Torres, Iniesta e Reyes.

Pero por outra banda tivo as altas de varios xogadores locais, o mediapunta coreano Ko Seul Ki, ademáis dos dianteiros brasileños, Rafael Coelho (ex internacional, Vasco da Gama e varios equipos chinos), Diogo Luis (ex Olympiacos, Flamengo, Santos e Palmeiras), Gilberto Macena, ou o atacante neozelandés Kayne Vincent.

Seguen acompañando a David, o ex céltico Túñez, e Patiño, ex de Córdoba e Xerez.

rochela_0001

rochela_0002

rochela_0003

rochela_0004

rochela_0005

rochela_0006

Fotografías cortesía Buriram United
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Actuación dos arqueiros locais na Copa do Mundo de Nimes

Seis arqueiros da Comarca de Ferrolterra, e catro do Clube Silex, desprazaronse esta fin de semana á localidade francesa de Nimes, para a disputa da Copa do Mundo Indoor.

Na categoría de Recurvo masculino, Miguel Alvariño (Clube Silex) conseguiu o 21º posto nas eliminatorias con 581 puntos, enfrontándose ó campión olímpico, mundial e europeo, Mauro Nespoli, ó que venceu por un axustado pero igualmente histórico 6-5, con 10-8 na frecha de desempate, caendo posteriormente en oitavos ante o campión do mundo francés Jean Charles Valladont por 2-6, nunha ronda final copada polos tres coreanos e o estadounidense campión universal Brady Ellison, acabando Miguel nunha máis que digna novena praza.

Daniel Castro (Clube Silex) foi 24º con 563 puntos nas eliminatorias de Recurvo Junior, logrando vencer en dezaseisavos ó francés Mortemousque por 6-4, caendo en oitavos ante outro galo, Lacombe, por 4-6, acabando nunha meritoria novena praza.

Cristina Castro (Clube Silex) clasificouse 11º nas eliminatorias de Recurvo Junior femenino con 549 puntos, logrou vencer á británica Taylor en dezaseisavos por 7-3, caendo posteriormente en oitavos ante a italiana Rota por un apretado 5-6, con 9-10 na frecha de desempate, quedando nunha gran novena praza.

Tres participaban na categoría de Arco Composto, e o mellor clasificado foi Alberto Blázquez (Arco Narón), que quedou 13º na calificatoria con 593 puntos. Venceu en dezaseisavos ó estadounidense Ryals 147-145 para caer posteriormente en oitavos ante o francés Deloche por un xusto 148-149, logrando unha meritoria novena praza.

Non puideron superar a primeira rolda Xaquín Mira (Clube Silex) que foi 53º con 585 puntos nin Guillermo Rodríguez (Arco Ferrol), 125º con 575, dun total de 318 participantes nesta especialidade.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Raquel e Malena convocadas coas selección galegas

Novo adestramento de Raquel coa selección galega sub18. A xogadora pontesa cumpre 17 anos este venres.

A convocatoria sub18 de 23 xogadoras é a mesma que a semana pasada:

O Olivo: Sheila Fernández, Paula Domínguez, Sara Alonso, Cecilia Fernández, Raquel Porto.
Orzán SD: Nerea González, María Geremías, Cristina Revuelta
Sárdoma CF: Irina Martínez, Judith García, Fátima Area
AD Monteforte: María Saco, Laura Correas
PM Friol: Sabela Roca, Raquel Béjar Castro
Victoria CF: Natalia Llames
CD Conxo: Helena Ramos
Atlético Arousana: Sara Pazos
Bértola FF: Alba Ferre
SD Villestro: Carla Falcón
SD O Val: Verónica Díaz
UD Barbadás: Marta Besada
SD Arrabaldo: Carolina Álvarez

Pola súa banda, Malena, tras gañar o bronce coa selección galega alevín en 2012, estrease na selección sub16 cun ano menos.

Compartirá adestramentos coa nena prodixio, dianteira da selección española sub16, Nuria Rábano.

A convocatoria sub16 de 19 xogadoras é a seguinte:

Victoria CF: Rosalía Muíño, Tatiana Barcia
SCD Milagrosa: Lucía Sandar, María López
AD Vila de Corpus: Inés Faro, Sara Deben
Rápido de Bouzas: Lara Martínez
Orzán SD: María Ameneiro
SD Milladoiro: Nuria Rábano
SD Villestro: Carmen Romay
Xuventu Aguiño: Alba Muñiz
Atlético Arousana: Eva López
AJ Lérez: Teresa Abelleira
Bértola FF: María Calvar
Tordoia SD: Leticia Santos
RC Ferrol: Carmela Barro
Galicia Mugardos:; Alba Pérez
SD O Val: María Corral
CD As Pontes: Malena Mieres García

Ambas selección adestrarán este luns 26 ás 19:00 horas no Campo Agro Novo de Milladoiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O CD AS PONTES FICHA A DAVID PIÑA

O CD As Pontes reforzou o seu plantel na tarde de onte coa chegada de David Varela Piña (A Coruña 1989), xogador que xa estivera na entidade pontesa na 2012-13 anque non tivo moita presenza no cadro de Manolo García debido a unha lesión.

Dura tempada pra o As Pontes, pois atópase so tres puntos por riba do descenso, e perdeu recentemente ó porteiro titular, Adrián Laureda, reemplazado por Marcos Souto, ou conta nos últimos partidos como único dianteiro a Arias, por lesión dos outros catro, Amado, Santi , Javi e Pablo Ramos.

Ante a marcha de Diego Chis, e a recente lesión de Dani, o As Pontes decidiu apuntalar a medular co retorno de David Piña, pra axudar ó gladiador Nano e Juan Prieto, pois Bossa e Fidi teñen un perfil máis ofensivo. O xogador de 25 anos formouse nas categorías inferiores do Calasanz, xogando posteriormente no Orillamar. Foi campión da Preferente Norte en 2009-10 co Mesón do Bento, precisamente cos mesmos 84 puntos que o As Pontes, que tiña peor goal average. Influira o 3-1 na ida e o posterior empate a 1-1 no Poboado, a pesar de que o As Pontes contara con +48 por +44 do Mesón, aunque ambos equipos ascenderon a Terceira.

Dous anos despois, na 2011-12, tamén ascendeu á mesma categoría co Narón BP, se ben a tempada anterior, 2013-14, non puido evitar a penúltima plaza da Terceira e o conseguinte descenso co Dorneda. Esta campaña estabaa desputando co Sporting Sada, sétimo clasificado da Preferente Norte, ata aceptar a proposta do As Pontes.

O As Pontes recibe este domingo ó Xuventude Sanxenxo nun partido trascendental no que se prega a asistencia dos socio e afeccionados.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 – C. XUVENTUDE SANXENXO 0

Vital triunfo do As Pontes na tarde soleada de hoxe ante o Xuventude Sanxenxo por 2 goles a 0.

Antes do comezo os xogadores locais saíron con unha camiseta de apoio ó porteiro coruñés Adrián Laureda, que tivo que deixar o fútbol ós 31 anos por unha artrose no pulso da man dereita. Tamén se lembraron da lesión e convalecencia do xove dianteiro Santi.

Parece que ningún dos dous conxuntos quixo adiantarse no marcador, pois no 14´, un remate de Rubén, que se colaba, quixo culminalo Cuchi en boca de gol, e o liña sinalou fora de xogo. Tamén o As Pontes tivo unha clarísima no 31´, e un disparo de Chicho que tiña traza de gol, quixo aseguralo Bossa, con tan mala fortuna que rematou haciá atrás, e incluso o rexeite franco caeulle a Nano e non o puido aproveitar.

Anteriormente, Arias tivo un man a man que sacou Vila (16´), e ó propio gardameta visitante se lle escapou un balón tras córner que non acertou a cabecear Chicho coa porta baleira (19´). A Nano, so ante o porteiro tras córner, quedoulle o balón entre os pes (22´).

Adiantouse o cadro de Iván Rodríguez no 34´, falta botada por Bossa, pasa o balón entre varios xogadores, e o pequeno gladiador naronés Nano acerta a desviar o suficiente para despistar a Vila. Incluso tivo unha Chicho ó fío do descanso, pero sobroulle un regate e disparou frouxo ás mans do porteiro (46´).

Saíu a presionar o Sanxenxo na segunda metade e embotellou ó As Pontes, moi ben o medio Jonatan, o mellor dos amarelos hoxe. Xogadón do ex internacional sub16, compañeiro de Rochela, Pablo Lede, que se planta ante Marcos e salva Aitor providencial (55´), o frontón de Marín estivo inmenso na zaga. Nun balón que lle cae a Domínguez pola esquerda no borde da área, pegalle un zapatazo imparable o de Baio que rebota no poste e acabase colando (59´).

Parecía a sentenza e máis cando Guille era expulsado por dobre amonestación no 70´.

Houbo tempo para o debut do recente fichaxe, David Piña, e para ver a volta ós terreos de xogo de Amado, que se lesionara, precisamente en Sanxenxo, e regresou 19 xornadas despois. O propio xogador naronés, non acertou a cabecear en boca de gol un centro franco de Alex Cabarcos na xogada máis aproveitable dos últimos minutos (89´).

Importantes tres puntos para un As Pontes que se sitúa decimoterceiro con 29 puntos, cinco por encima do descenso, antes de encarar o derbi ante o Rácing Vilalbés. Aproveitou a derrota do equipazo do Boiro en Barbadás (3-1), o empate do Laracha en Bertamiráns (0-0), aínda que lamentou a vitoria do Silva en Redondela (0-1).

2 CD As Pontes. Marcos Bouza, Rochela, Nano, Chote, Aitor, Fidi (Piña 62´), Iván (Amado 80´), Bossa, Arias, Chicho (Alex 69´), Domínguez.

0 X.Sanxenxo. Vila, Peña, Emilio, Héctor, Guille, Alfonso, Nel (Diego 76´), Jonatan, Cuchi, Pablo Lede (David 87´), Rubén (Muradás 84´).

Goles: 1-0, Nano (34´). 2-0, Pablo Domínguez (59´).

Árbitro: Domínguez de Bernardi (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Lago Barros e Núñez Fiuza. Amoestou a Chote e expulsou por dobre amonestación ó visitante Guille (70´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. 200 espectadores. Partido correspondente á 22ª xornada, en tarde fría e soleada.

cdaspontes_0001

cdaspontes_0002

cdaspontes_0003

cdaspontes_0004

cdaspontes_0005

cdaspontes_0006

cdaspontes_0007

cdaspontes_0008

cdaspontes_0009

cdaspontes_0010

cdaspontes_0011

cdaspontes_0012

cdaspontes_0013

cdaspontes_0014

cdaspontes_0015

cdaspontes_0016

cdaspontes_0017

cdaspontes_0018

cdaspontes_0019

cdaspontes_0020

cdaspontes_0021

cdaspontes_0022

cdaspontes_0023

cdaspontes_0024

cdaspontes_0025

cdaspontes_0026

cdaspontes_0027

cdaspontes_0028

cdaspontes_0029

cdaspontes_0030

cdaspontes_0031

cdaspontes_0032

cdaspontes_0033

cdaspontes_0034

cdaspontes_0035

cdaspontes_0036

cdaspontes_0037

cdaspontes_0038

cdaspontes_0039

cdaspontes_0040

cdaspontes_0041

cdaspontes_0042

cdaspontes_0043

cdaspontes_0044

cdaspontes_0045

cdaspontes_0046

cdaspontes_0047

cdaspontes_0048

cdaspontes_0049

cdaspontes_0050

cdaspontes_0051

cdaspontes_0052

cdaspontes_0053

cdaspontes_0054

cdaspontes_0055

cdaspontes_0056

cdaspontes_0057

cdaspontes_0058

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES FS – CD CISTIERNA DE LEÓN FS (3-0)

Valioso triunfo do Esteo, que consegue distanciarse doce puntos por riba do descenso. Conseguira ata o de agora dous triunfos o cadro pontés ante Leis Pontevedra e Ventorrillo, amén de catro empates.

Comezaron adiantándose rápido os verdes por medio de Bolly, pero sufriu moito o Esteo nesta primeira metade pois a falta de 9 minutos xa contaban con cinco faltas, e chegou a dispoñer de dous dobres penaltis o conxunto leonés, pero logrouse conservar o 1-0 ó descanso, a pesar de dous longueiros, un de Cagi ós sete minutos e outro de Javi, o mellor xogador dos visitantes, faltando un segundo.

Outra vez Bolly volveu a marcar ó comezo do segundo tempo, e conservou ben a vantaxe o cadro adestrado por Diego Paz. A mellor xogada visitante foi un precioso regate de More ante Héctor ós sete minutos do reinicio, pero Iván conseguiu solventar a situación. Sacaron o porteiro xogador os visitantes a falta de cinco minutos, e Cagi e Fran puideron sentenciar, pero foi Gerardo a falta de 26 segundos o que estableceu o definitivo 3-0.

Segue antepenúltimo o Esteo, pero xa avantaxa en oito puntos ó Leis e en 12 ó Ventorrillo. Visita o cadro pontés na seguinte xornada ó Pizarras Tres Cuñados.

No descanso do encontro rendeuse unha máis que merecida homenaxe a Rosendo García, delegado do Club, polos seus máis de 25 anos de adicación ó club, dende o histórico Autos Puentes ata o Esteo de hoxe. Dende esta páxina, felicidades Rosendo.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Cagi, Bolly, Héctor, Fran –cinco inicial- Pelu, Púas, Ferreiro, Gerardo, Lardín.

CISTIERNA DE LEÓN: Michi, More, Susi, Cober, Camacho –cinco inicial- Javi, Nacho, Kiki, Cristian, Dani.

ÁRBITROS: Héctor Vilas López, Enrique Novoa García e Antonia Prieto Gil (mesa), de Ourense. Complicáronse algo a vida no final do primeiro tempo. Amoestaron a Pelu, Héctor, Lardín e Iván polos locais e a Camacho polos leoneses.

GOLES: Min. 1 (1-0), Bolly. Min. 21 (2-0), Bolly. Min. 39 (3-0), Gerardo.

INCIDENCIAS: Décimo segunda xornada, primeira da segunda volta, do grupo primeiro da Segunda División B disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa asistencia de afeccionados, uns 300 afeccionados nas gradas, con moita presenza de nenos e nenas.

esteo_0001

esteo_0002

esteo_0003

esteo_0004

esteo_0005

esteo_0006

esteo_0007

esteo_0008

esteo_0009

esteo_0010

esteo_0011

esteo_0012

esteo_0013

esteo_0014

esteo_0015

esteo_0016

esteo_0017

esteo_0018

esteo_0019

esteo_0020

esteo_0021

esteo_0022

esteo_0023

esteo_0024

esteo_0025

esteo_0026

esteo_0027

esteo_0028

esteo_0029

esteo_0030

esteo_0031

esteo_0032

esteo_0033

esteo_0034

esteo_0035

esteo_0036

esteo_0037

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 23-24-25 XANEIRO 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – Xuventú Sanxenxo (2-0)

Paso adiante –moi importante- do As Pontes tras vencer por 2-0 ó Xuventú Sanxenxo na tarde deste domingo. Non obstante, aínda queda moito, 16 encontros por diante, e o próximo a vindeira fin de semana diante do sempre complicado Racing Vilalbés no campo de A Magdalena. Ribadeo 30 puntos, As Pontes e Barbadás 29, Bergantiños 28, Silva 27, Laracha 24, Boiro 23, Areas 16 e Bertamiráns 6.

Salientar o debut de David Piña, que retorna ó cadro das Pontes logo de pasar polo Sporting Sada, e a volta ós terreos de xogo de David Amado, que precisamente lesionouse contra o Xuventú Sanxenxo no partido da primeira volta disputado no campo de Baltar de Arriba, de Portonovo.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – CD Rosalía (4-2)

Vitoria do segundo equipo, 4-2, ante o Rosalía. Pese a que se adiantaron por dúas veces os visitantes, por medio de Juan, os tantos de Nando, un en propia meta, Marcos Novo de penalti e Samuel déronlle a vitoria o cadro de Marco Roca. Xogaron Cristian, Criado, Rubén, Carlos, Moi, Juan, Nando, Toni, Marcos, Samuel, Lucho e no segundo tempo entreron Casas, Pablo, Brais Blanco e Alex Cabarcos. O Miño suma 46 puntos, por 41 o Galicia Caranza e 40 para o As Pontes, que a vindeira semana visita ó perigoso San Mateo.

autonomica_0001

autonomica_0002

autonomica_0003

autonomica_0004

autonomica_0005

autonomica_0006

autonomica_0007

autonomica_0008

autonomica_0009

autonomica_0010

autonomica_0011

autonomica_0012

autonomica_0013

autonomica_0014

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes (descansou)

Descansou o xuvenil, que trala xornada da fin de semana segue cuarto con 12 puntos, a tres de Narón BP e Numancia de Ares, que teñen un partido máis, e a seis do líder Portuarios. Na vindeira xornada xogan contra o cadro de Ares.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
Amistade Meirás – CD As Pontes (1-4)

Venceu o equipo feminino ó colista por 1-4 antes de recibir ó difícil San Sadurniño. Xogaron neste partido Paula Baamonde, Andrea Pita, Noelia Ameneiro, Nuria, Lía, Carlota, Xeila, Noelia Santalla, Uxía, Sara, Indira, Yara, Alba e Andrea Montero. Adiantou Carlota ó cadro pontés no primeiro minuto e, aínda que empataron as locais, tres goles de Indira, Andrea Pita e Yara decantaron a balanza do cadro azul, que se sitúa sexto con 30 puntos, por 43 de Ferrol e Mandiá e 42 de San Sadurniño, o rival da vindeira xornada.

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes – N. Ares (9-3)

Contundente vitoria do equipo cadete, 9-3 ó Numancia de Ares. Nun sorprendente encontro, no que os da terra do gran Marcelino comezaron adiantándose por 0-3, púxose o As Pontes 4-3 antes do descanso. Xogaron polo cadro pontés Lino, Antón, Bruno, Martín, Fraga, Pita (1), Alberte, Sergio, Jandro (2), Adrián (2) e Josiño (3), entrando no segundo tempo David, Ayrton (1), Cazás, Alex e Malena. R. Ferrol B con 22 puntos, Portuarios con 19, Ortigueira con 16 e As Pontes con 13 puntos ocupan as primeiras posicións. Complicada visita ó eterno rival desta xeración do 99, o Portuarios ferrolán.

cadete_0001

cadete_0002

cadete_0003

cadete_0004

cadete_0005

cadete_0006

cadete_0007

cadete_0008

cadete_0009

cadete_0010

cadete_0011

cadete_0012

cadete_0013

cadete_0014

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
CD As Pontes – R. Ferrol B (1-4)

Perdeu o infantil (1-4) ante o líder da categoría, o Racing de Ferrol B. Complicada visita ó Eume Deportivo a vindeira semana. Xogaron polo As Pontes: Andrés, Alex, Antonio Carballeira, Javier, Germán, Alejandro, Mateo, Chema, Jose, Dani (1) e Xan, saíndo no segundo tempo Vicente, Antón Paz, Andrea, Antón Cillero e Azoin. Lidera a clasificación o R. Ferrol B con 27 puntos, seguido de Eume (25), San Pedro (22), Narón BP (20), Gª Caranza B (19) e As Pontes con 16 puntos.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

infantil_0007

infantil_0008

infantil_0009

infantil_0010

infantil_0011

infantil_0012

infantil_0013

infantil_0014

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes – R. Ferrol B (3-2)
SD Libunca – CD As Pontes B (9-2)

Vitoria do alevín A no grupo terceiro ante o R. Ferrol B por 3-2, con dous goles de Alejandro López e un de Mario, resultado que, unido ó empate do Amistade de Meirás B, fai que lidere en solitario con 15 puntos, por 13 dos verdes e 10 de Narón BP B. Próxima visita ó penúltimo Narón Freixo. Contundente derrota do alevín B en Ferrol ante o Libunca por 9-2, con tantos ponteses anotados por Joao. A vindeira fin de semana no Poboado enfróntanse os dous equipos. Aínda sen puntuar no grupo cuarto, As Pontes B e R. San Pedro B.

LIGA BENXAMÍN
Gª Mugardos – CD As Pontes (4-3)
CD As Pontes B – R. Ferrol B (3-2)

Perdeu o benxamín A no derradeiro minuto na súa visita ó Galicia de Mugardos (4-3) con goles de Alex Montero (2) e Carlos. Oitavo con tres puntos, recibe a vindeira xornada ó R. Neda, quinto con seis puntos. Sensacional primeiro triunfo no grupo terceiro do benxamín B (3-2) ante o R. Ferrol B, que marcha cuarto, goles de Martín, Ángel e Ali. Décimo cos seus tres primeiros puntos, a semana que vén visita ó Perlío B, que ten un punto máis.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

benxamin_0013

benxamin_0014

LIGA PREBENXAMÍN
Gª Caranza – CD As Pontes (3-1)
CD As Pontes B – R- Ferrol C (3-1)

Derrota do prebenxamín A, no grupo primeiro, diante do Gª Caranza (3-1), gol de Alejandro Leal, recibindo a semana que vén ó Val, segundo clasificado. Triunfo do prebenxamín B (grupo 3º) ante o R. Ferrol C (cuarto) por 3-1, con goles de Nicolás, Paulo, e un en propia meta. Os ponteses son on líderes, xunto ó Narón BP, con 19 puntos, por 16 do R. Neda B. Próxima visita ó Gª Caranza C, sexto clasificado.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e AF

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA: FENDETESTAS RC 15 – CRAT A CORUÑA B 3

Vitoria do Fendetestas pontés na mañá do domingo ante o segundo equipo herculino, por 15-3, en partido correspondente á 11ª xornada de Liga.

Os verdes anotaron dous ensaios por parte de Rober e Joel, máis un golpe de castigo de Kiko.

Noutros encontros da xornada o Lalín venceu en Santiago por un contundente 0-50, namentres que o Zalaeta de Arteixo venceu pola mínima no Bierzo 26-27.

Lidera Coretti Lalín, xa campión, con 47 puntos, seguido de Fendetestas e Bierzo con 25, Keltia Ourense 24, Zalaeta 22, Crat B 13, e pecha a clasificación o Santiago cun so punto.

Os ponteses descansan na vindeira xornada e voltarán á competición dentro de tres semanas no desprazamento máis longo no que defrontarán ó Bierzo RC, co que están empatados a puntos e precisamente empataron 13-13 na ida.

fendetestas_0002

fendetestas_0003

fendetestas_0004

fendetestas_0005

fendetestas_0006

fendetestas_0007

fendetestas_0008

fendetestas_0009

fendetestas_0010

fendetestas_0011

fendetestas_0012

fendetestas_0013

fendetestas_0014

fendetestas_0015

fendetestas_0016

fendetestas_0017

fendetestas_0018

fendetestas_0019

fendetestas_0020

Nova cortesía de A.F e Xose Ferreiro

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

Catro vitorias na 12ª xornada da liga de fútbol veterano de As Pontes. Salientar a goleada de La Galaxia sobre Galiorient e mínimas vitorias de A Cepa e Bar Xardín. Sinalar que o As Pontes 74 non se presentou a disputar o seu encontro ante Mobles Eume, polo que o comité de competición dálle por gañado o partido por 0-3 ó conxunto mobleiro, correndo os gastos arbitrais por conta de As Pontes 74.
Segue na primeira posición Mobles Eume con 28 puntos, seguido de Bar Xardín con 25 e a máis distancia La Galaxia, con 17.

RESULTADOS 12ª XORNADA 24/25 – Xaneiro – 2015

Electricidad J&O – A Cepa (1-2) Miguel / Andrés e Fernández
Bar Xardín – Farmavida (2-1) Cascudo (2) / Juanjo
As Pontes 74 – M. Eume (0-3)
Galiorient – La Galaxia (0-4) Rubén Urueña, Sito (2) e Oscarín
Descansou: MMYPEM

CLASIFICACIÓN

PUNTOS
1º MUEBLES EUME – 28
2º BAR XARDÍN – 25
3º LA GALAXIA – 17
4º AS PONTES 74 – 16
5º A CEPA – 16
6º FARMAVIDA – 9
7º GALIORIENT – 9
8º ELECTRICIDAD J&O – 9
9º MMYPEM – 5

GOLEADORES

CASCUDO (Bar Xardín) 13
CENDÁN (M. Eume) 10
FRANCÉS (A Cepa) 8
IVÁN FERREIRO (M. Eume) 7
JAVI (Bar Xardín)6

13ª XORNADA 31 – Xaneiro / 1 – Febreiro / 2015

A Cepa – MMYPEM (Sáb. 31, 20,00h)
Bar Xardín – Electricidad J&O (Dom. 1, 10,00h)
As Pontes 74 – Galiorient (Dom. 1, 11,00h)
Farmavida – M. Eume (Dom. 1, 12,00h)
Descansa: La Galaxia

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: