CD As Pontes Feminino

ENTREVISTA A ENRIQUE FORNOS DOMÍNGUEZ. POR XOSE FERREIRO

Enrique Fornos Domínguez (As Pontes, 01-01-1997) acaba de cumprir 18 anos, coa cabeza moi ben amoblada. Esta é a súa quinta temporada na canteira deportivista. A pasada campaña debutou co primeiro equipo do Deportivo e coa Selección Española sub17. Despois de case catro meses no dique seco por mor de unha lesión fai poucos días voltou ós adestramentos. Aproveitando a visita do Deportivo B ó Campo do Poboado mantivemos unha conversa con Quique e estas son as súas impresións.

Ola Quique, moitas gracias por estes minutos. Comezando polos teus inicios ¿Cando entraches no As Pontes?
Ola, gracias a ti. Pois entrei ós 6 anos, con Salido de adestrador. O primeiro ano non puiden xogar porque aínda era moi pequeno e daquela non había Prebenxamín aquí, pero ó seguinte ano xa xoguei.

¿Recordas o teu primeiro partido co As Pontes?
Si. Foi aquí, contra o Galicia de Caranza, con 7 anos, non me lembro moito do resultado e ademáis o Caranza era dos equipos dificís (risas).

(Risas) Sendo Benxamín de segundo ano e Alevín de primeiro quedachedes segundos na Liga, a un punto de Eume e Portuarios, respectivamente. Xa sendo Alevíns de segundo ano, gañades a Liga nun competido duelo co San Sadurniño, ó que lle sacades 2 puntos, e a Copa tras vencer ó invicto Ánimas 4-1 en semis e ó Galicia de Mugardos 7-2 na final, que previamente eliminara ó todopoderoso Rácing de Ferrol. Final na que ti marcas 5 goles. ¿Que recordos tes?
Como ti dis, quedamos de segundos, pero tempo despois chegou o merecido premio. Si, recordo esa final, foi un día moi feliz, porque ademáis saímos nos xornais, con foto e todo, o día seguinte. Non agardabamos gañar a Copa porque había grandes equipos como o Ferrol, Ánimas ou Mugardos, pero bueno, fomos con todo e conseguimos gañar.

Sendo Infantil de primeiro ano gañades a Liga con pleno de 18 vitorias e logo xogades a fase de ascenso.
Si, con Rebolo, estábamos moi contentos e facíamos o que nos gustaba. Despois de gañar a Liga quedamos de segundos no play off polo ascenso por detrás do Racing de Ferrol e tocounos o Ciudad Jardín de A Coruña nas eliminatorias. Alí perdemos 7-2 e aquí empatamos 2-2.

¿Que me dis dos adestradores que tiveches eses anos no Clube?
Gracias a eles cheguei ata o de agora a onde cheguei, debolles moito. Javi Salido foi o que me ensinou nos inicios, os conceptos básicos. Óscar Ferreiro, a pensar rápido, pois nas categorías superiores non che deixan pensar, sempre recordarei esa frase. Jorge Parajón, intensidade e que había que saír a pelexar todos os partidos sempre, e Rebolo, que disfrutaramos, pois facíamos o que nos gustaba, e que disfrutando ían a saír ben as cousas.

enrique_fornos_0002

enrique_fornos_0003

enrique_fornos_0004

enrique_fornos_0005

enrique_fornos_0006

enrique_fornos_0007

enrique_fornos_0008

enrique_fornos_0009

enrique_fornos_0010

¿Como che chegou a proposta do Deportivo?
Creo que o interese comezou cando era Alevín de segundo ano e xoguei coa selección de Ferrol en Coruña, e logo tamén me chamou a galega para ir a Madrid, e penso que ahí comezaronme a ver e quixeronme levar.

E no Deportivo xa vai para a túa quinta campaña, ¿que tal alí?
Fun definitivamente para alí estando en 3º de ESO, e este é o meu cuarto ano na residencia. Tratannos moi ben, dannos moitas facilidades e a verdade é que é un luxo poder estar alí.

¿E como é un día da túa vida por aló?
Pois pola mañá vou a clase, de 8h a 14h, logo ó mediodía se non hai que estudar durmo un pouco, e pola tarde ás 17h vou a Abegondo a adestrar, e logo estudar, cear e durmir, vamos, unha vida moi normal.

Pasas de xogar na Liga da Ría a facelo nunha das dúas mellores canteiras de Galicia, xunto á do Celta, ¿en que aspectos notaches máis o cambio nos primeiros días?
Vin moito nivel nos xogadores, cando comecei a adestrar con eles dicíalle a meu pai que eu non valía para estar no Deportivo. Impactoume moito a intensidade do xogo e todo o que xa sabían facer sendo tan pequenos.

¿Cal consideras o título máis importante desde que estás no Deportivo?
O de Campións de Liga Cadetes de División de Honra, que nos xogabamos o título no último partido en casa contra o Celta. Nos tiñamos que gañar e a eles valíalles o empate, e puxeronse 0-1, pero logramos remontar e gañar 3-1.

No Deportivo terías moitos bos adestradores tamén.
Todos me axudaron a crecer. Xa so empezando por Jaime, que gañou unha Copa de Europa co Real Madrid, xa te fas unha idea da súa categoría.

¿Como te enteraches que xogabas en Copa contra o Córdoba?
Pois andaba medio tocado dun xeonllo, e estaba no hospital facendo unha ecografía, e de repente chamoume Bicho e deume a noraboa, mandoume unha foto da convocatoria e todo, e meu pai e máis eu pensábamos que era unha broma, pero logo chamoume o utilleiro para saber que nome quería poñer na camisola e xa o empecei a creer (risas).

(Risas) ¿E que tal Fernando Vázquez?
É moi cercano, antes de ir a Córdoba tivemos un adestramento en Riazor, que eu nunca pisara o campo e foi unha experiencia inolvidable, e cheguei e deume a man, dixome que estivera tranquilo e que fixera o que sabía. Axudache e dache moita confianza.

Co primeiro plantel ti xa adestraras ¿Como fora esa primeira vez?
Pensaba en intentar facer todo o posible, a ti chamante e dinche que ó día seguinte vas adestrar con todos eses monstruos e xa pasas toda a noite pensando no que vai pasar, pero en realidade son todos moi majos.

¿E como foi convivir con eles na experiencia de Córdoba?
Son espectaculares, sempre me animaron dende un principio e dabanme moitos consellos. Adestrar foi unha cousa, pero viaxar con eles a Córdoba e poder xogar ó seu lado foi alucinante. Pra min ir alí era o máximo, non me esperaba debutar, xa con estar no banquiño era feliz. Cando saín a quentar ó campo e dixeron o meu nome por megafonía non o creía.

¿Se tiveras que dicirme algún xogador?
Pois quizais pola posición, que me tocou compartir adestramento con Marchena, e foi a miña parella de central, axudoume en todo, e é un referente. Dos de agora quizais che diría Pablo Insua, un xogador espectacular.

¿E que nos contas do penalti que tiraches?
Estaba nerviosísimo, preguntarame Fernando si algunha vez tirara penaltis e eu dixeralle que si. Díxome que tiraba o séptimo, e eu pensei que non íamos chegar a esa situación, e ó final xa ves que casi me toca tirar dúas veces e todo (risas).

enrique_fornos_0011

enrique_fornos_0012

enrique_fornos_0013

enrique_fornos_0014

enrique_fornos_0015

enrique_fornos_0016

enrique_fornos_0018

enrique_fornos_0019

enrique_fornos_0020

enrique_fornos_0021

(Risas) E falando do Deportivo, ¿Que tal os ves para esta temporada? ¿Crees que se salvarán?
Eu creo que si, teñen xogadores con nivel suficiente e poden salvarse ben. Para min non son dos 5 peores equipos da Liga, por exemplo onte no partido contra o Levante mereceron gañar, casi se pode dicir que perderon dous puntos, pero bueno, empataron e seguen fora do descenso que é o importante.

¿Se tiveras que pronosticar unha posición?
Pois eu penso que quedarán 14º ou 15º.

¿E como viviches o día do ascenso co Xaén? ¿Qué tal no estadio e na cea do equipo? Por certo, vin unas fotos por ahí moi chulas (risas).
(Risas) É outra experiencia para contar, estábamos no estadio e cando metemos o 1-0 o estadio volveuse tolo e logo xa na cea no Playa Club eu estaba alí nunha esquina alucinando e recordo que lle fun pedindo unha foto a cada un dos xogadores para poder inmortalizar ese momento.

Despois de pasar case catro meses lesionado, ¿que agardas de ti neste 2015?
Sumar minutos na Terceira División, pois aínda son xuvenil de segundo ano. O do ano pasado foi un espellismo, e unha recompensa ó traballo que viña facendo, para seguirme esforzando, pero eu quero sumar minutos para a tempada que ven intentar facerme un oco no equipo titular do Fabril.

Pero me imaxino que teredes intención de ascender ¿non?
Si, por suposto, témolo falado, agora estamos a tres puntos do primeiro. Pontevedra, Cerceda e Fabril creo que estamos un peldaño por encima do resto, e nos agora temos As Pontes, Alondras, e logo Cerceda e Pontevedra, e dependendo deses partidos, e da regularidade, e tamén tendo en conta que na última xornada se enfrontan Pontevedra e Cerceda en Pasarón, pois a ver como se nos da a cousa.

Bueno, ogallá vos vaia ben nos partidos que vos quedan, menos no de hoxe (risas). ¿Qué tal ves ó As Pontes?
Ten moi bo plantel, case o mesmo que o ano pasado, ó mellor non está tendo a sorte nin os resultados, porque teñolle visto partidos que ten moitas chegadas a porta, pero non as culminan, por exemplo o partido co Pontevedra que tivo dúas nada máis comezar, que se podían poñer por diante, e son puntos que se van perdendo e fanche estar ahí abaixo. Pero eu creo que ten potencial de sobra para salvarse, incluso para estar entre os 5 ou 10 primeiros. Ó mellor agora xa é máis difícil porque levan moitas xornadas ahí abaixo, pero ó principio da tempada era para estar entre os 4 primeiros.

E os teus ex compañeiros de xeneración pontesa, ¿como os viches o ano pasado que descenderon na última xornada na Liga Galega?, ¿e este ano?
Eu penso que non merecían o descenso, houbo partidos que perderon ou empataron con pouca sorte. Este ano tampouco controlo moito os equipos, pero por plantel evidentemente deberán estar pelexando nos postos de arriba.

¿E ós teus compañeiros do xuvenil do Deportivo?
Hai un equipo moi bo e van de primeiros, catro puntos por diante do Celta, co que xogan mañá (o Celta gañou 2-0), e oito puntos sobre o Racing de Santander. Podense meter na Copa do Rei e incluso na de Campions, e a ver si o consiguen e se enfrontan cos mellores equipos de España.

¿Que diferencias ves entre a Terceira División e a División de Honra de fútbol xuvenil?
Creo que a intensidade, en Terceira si te despistas un segundo podenche facer un gol da nada. En Xuvenil podes ter máis opcións, pero tampouco te podes despistar moito, porque tamén estás xogando contra as mellores canteiras de España.

¿Que me contas do paisano pontés Cañizares, compañeiro teu no Deportivo B?
É un espectáculo. Habilidoso, extremo rápido, que sabe ter e aguantar o balón, para min é do mellorciño do equipo.

¿E que me comentas do fenés, compañeiro teu de moitas “batallas”, Alberto Leira?
Xogador que tamén imos a ter en conta no futuro, técnicamente espectacular co balón, ten un bo golpeo e moitas cualidades, que con esforzo e traballo pode chegar. Tamén da comarca che podería falar de Iago Novo ou Álvaro Rey.

Coa selección galega fuches á Alevín estando no As Pontes. Sendo Cadete de primeiro ano fuches a un adestramento, sendo Cadete de segundo eras o Capitán. A tempada pasada sendo Xuvenil de primeiro ano eras indiscutible, e este ano de momento non puideches ir por lesión, ¿que me contas das túas experiencias coa galega?
É un privilexio ir, pois estás defendendo a túa rexión. Primeiro fun coa Alevín a Madrid, e quedamos sextos. Despois tocoume ir a Santander, a Extremadura, pero desgraciadamente nunca clasificamos para unha fase final. Este ano tocaríame ir a Cataluña coa sub18, pero estaba lesionado, agardo poder estar na seguinte. Temos tres puntos e si conseguimos gañar os dous partidos que nos quedan aínda podemos clasificar.

enrique_fornos_0022

enrique_fornos_0023

enrique_fornos_0024

enrique_fornos_0025

enrique_fornos_0026

enrique_fornos_0027

enrique_fornos_0028

enrique_fornos_0029

enrique_fornos_0030

enrique_fornos_0031

enrique_fornos_0032

enrique_fornos_0033

¿Como te enteraches, primeiro, que adestrabas coa Sub17, e logo, que ías a Rusia?
Pois eu cheguei a Abegondo a adestrar, e ahí no sitio onde teñen o fax, que sempre está o utilleiro, díxome que me achegara, deume a noraboa, facilitoume a convocatoria e o billete de avión a Madrid, e logo os compañeiros felicitaronme no vestario, eu a verdade é que estaba nunha nube.

¿Facía moito frío aló?
Pois si, a verdade é que nevaba e todo, e chegamos a xogar a menos de sete grados.

E creo que te acompañou algún familiar ¿non?
Si, meu pai foi a verme a Córdoba e tamén veu a Rusia, penso que estaba tan nervioso coma min ou máis (risas).

(Risas) ¿Qué sentiches cando saltaches ó campo coa camisola da selección española e escoitaches o himno?
Pois antes estivemos catro días concentrados en Madrid, e logo fomos a Rusia, nun viaxe de catro horas. Tocoume compartir habitación con Jorge Mere, como ben sabes, un pedazo central do Sporting, que incluso estivo coa sub19 con dous anos menos, e un dez como persoa. Eu ía encantado con poder viaxar, pero xa xogar non mo esperaba. Tiven a oportunidade de debutar e ese momento que me comentas, que se abrazan todos, eles xa estaban acostumados pois levaban varias convocatorias, e escoitar o himno do equipo que daquela aínda era Campión do Mundo, impacta.

¿E como valoras a túa actuación contra Rusia? Porque eres titular como lateral dereito, e nos dous seguintes partidos Santi recoloca a Julio (Arsenal) na diestra e sitúa ó colchoneiro Montoro no centro da zaga.
Pois como dis, xoguei de lateral. Era o debut, ante Rusia, o anfitrión, e había moita xente. Pero eu creo que defensivamente estiven bastante ben, anque non son eu quen de falar sobre min. Iso si, en ataque quizais estaba máis cohibido, non fixen ó mellor todo o que tiña que facer. Os dous seguintes partidos tocoume sufrilos dende o banquiño.

 
E xa a última xornada foi apoteósica, Rusia precisa gañar 2-0 a Gales, cousa que fai nos últimos minutos, e agardar un empate entre España e Suiza. Ides 0-0 pero si marcan españois ou suizos clasifican, e faltando pouco sucede o que non queremos.
Os dous partidos xogabanse á mesma hora, para que non houbera posibles amaños, pero eran campos contiguos e enterabaste. Como ti dis, a Rusia facíalle falta gañar 2-0, e gañou 2-0 (risas), e a nos marcounos Suiza nos últimos minutos, pero bueno, tivemos un longueiro, un pau, un man a man, eles tamén tiveron outro man a man, anque non chegaron moito. A balón parado eran bos, pois físicamente eran altos e fortes. Creo que si o fútbol fora xusto merecíamos pasar nos. Houbo moita tristeza porque algúns compañeiros levaban moitas convocatorias e varios anos para isto, pero non puido ser.

Que por certo, Suiza ten unha gran canteira, pero logo decepcionou na fase final, pois empatou con Alemaña pero perdeu con Escocia e Portugal no Europeo que ó final gañou Inglaterra nos penaltis a Holanda. ¿Porque cos grandes xogadores que tiña España de medio hacia arriba, o equipo so foi quen de facer dous goles, e ademáis anotados en xogadas a balón parado e por xogadores de perfil defensivo como Madjer e Mere?
Eu creo que todos os equipos íamos con moito respeto. Eramos catro países e so clasificaba o primeiro. Había medo, pois un gol en contra condicionaba moito, e quizais era mellor asegurar un empate, e non ir a gañar e que logo che meteran un gol.

Sei que todos son moi bos, pero ¿destacaríasme a alguén da sub17?
Como ti dis, todos, pero poderíache dicir o lateral esquerdo do Villarreal, Adrián Marín, que aínda acaba de cumprir os 18, pero deu un salto de calidade tremendo, e este ano xa xogou Liga, Copa do Rei e Europa League. É o soño de calquera.

Por certo, ¿que tal os teus compañeiros galegos de convocatoria coa española, Brais Méndez e Hugo Pintos? Xa coincides con eles dende a galega sub12 que Hugo estaba no Celta, Brais no Santa Mariña, e ti no As Pontes.
Brais agora está no Celta B, e ten unha zurda e unha calidade espectacular, e Hugo é un medio centro que se manexa moi ben co balón, cunha gran visión de xogo, son dous xogadores a ter en conta. Incluso Iván Villar, o porteiro de Cangas, que tamén o chamaron algunha vez para a española sub17, anque eu coincido con él na galega. A verdade é que nos levamos moi ben ó marxe de ser do Deportivo ou do Celta.

enrique_fornos_0034

enrique_fornos_0035

enrique_fornos_0036

enrique_fornos_0037

enrique_fornos_0038

enrique_fornos_0039

enrique_fornos_0040

¿Que se sinte ó formar parte do clube dos “cinco magníficos” (ponteses convocados pola Selección Española), chamado así por ese pesado que che sacaba tantas fotos de pequeno, Xose Ferreiro (moitas risas)?
(Moitas risas) Bueno, eu non me considero tal. Admiro a Rochela e a Adrián López, pois eles chegaron ó máis alto, xogaron en Primeira División, en estadios como o Camp Nou ou o Bernabéu, e a min para chegar a ser coma eles aínda me queda moito. Rochela foi Campión de Europa, subcampión do Mundo, Adrián estivo en Inglaterra e gañou a Copa dese país, agora na Liga Estadounidense. A verdade é que non teño nada que ver con eles.

¿Cales crees que son os teus puntais e que aptitudes debes mellorar?
Non son quen para dicilo, pero creo que a posición, a velocidade, e saír co balón xogado, e quizais o que máis debo mellorar é o xogo aéreo porque tampouco son un central moi alto, pero bueno, todo se traballa.

Cando estabas no As Pontes xogaches tanto arriba, como abaixo e no medio, e no Deportivo, central e lateral dereito ¿En que posición te atopas máis cómodo?
De central é onde estou máis cómodo e gracias a ser central tamén cheguei a onde cheguei ata o día de hoxe. De lateral tamén me gusta, subir e baixar, pero eu colócome onde o adestrador me necesite.

Como defensa central que eres, e ós teus aínda 18 anos, ¿quen crees que foi o xogador que máis che complicou a vida?
Aquí en Terceira hai xogadores moi bos, dende Herbert e Jorge Cano do Cerceda, Changui do Ribadumia, Souto do Alondras, Couñago, ex do Choco, ou Carnero do Pontevedra, que o ano pasado en Pasarón deume moita guerra. Son xogadores que marcan diferencias. En Xuvenil de División de Honra recordo que eu era cadete de segundo ano e tocoume sustituir a un compañeiro lesionado, e tiven que cubrir a Santi Mina, que ese ano foi cando explotara, e xa era do mellorciño.

¿Acordaste dalgún partido ou algún gol?
Non son eu de moitos goles (risas), pero creo que o penalti de Córdoba, e aquí en As Pontes algúns goles e partidos que nos deron a posibilidade de xogar a fase de ascenso sendo infantil.

Os 5 goles na final co Mugardos tampouco estiveron mal (risas). Xa falando un pouco do mundo do fútbol, ¿que tal ves este ano a Liga Española e a Copa de Europa?
Pois o Madrid é Campión do Mundo, e está un peldaño por riba de todos. Como vimos na Copa, o Atlético tamén se pode meter, como o Valencia ou o Villarreal, pero a enfrontamentos directos, logo a regularidade do Madrid e o Barcelona sempre está ahí, pero o Madrid este ano un peldaño por riba. Na Copa de Europa para min o Chelsea é o favorito.

¿Se che teño que pedir un deportista, unha película, unha canción, un libro, unha comida e unha bebida?
¿Deportista? Un pontés, Rochela ou Adrián López, son referentes. Película “Un ciudadano ejemplar”, cancións moitas (risas), libro “El niño del pijama de rayas”, comida os macarróns que me fai miña nai e bebida a Coca Cola.

Bueno, eu cando entrevistei a Rochela, Adrián, Bermúdez … xa sei que sodes moi boas persoas e que as mulleres din que sodes moi guapos (risas), pero si te tiveras que definir, ¿que me dirías?
(Risas) Son un rapaz humilde, de andar cos amigos de toda a vida. A familia é moi importante, sempre me axudaron e por iso agradecerlle todo o que fixeron por min, pois gracias a eles cheguei a onde cheguei por agora. E polo demáis gustame ver películas, quedar cos amigos para ir a tomar algo, vaia, unha vida normal dunha persoa como outra calquera.

Aparte de futbolista, ¿que che gustaría ser de maior?
Teño pensado estudar Fisioterapia, ou Inef, algo relacionado co mundo do deporte.

¿Onde tes as camisolas do debut co Deportivo e coa Selección Española?
Están enmarcadas e colgadas na miña casa (risas).

¿E gustaríache ter a dalgún futbolista?
Pois sempre lle quixen pedir unha a Rochela e a Adrián López, pero a verdade é que nunca tiven a opción de facelo, e ademáis eu son bastante tímido anque non o parezca (risas)

enrique_fornos_0041

(Risas) Bueno, non te preocupes, estou seguro de que ambos leerán a entrevista, avisados están (risas). Pois moitas gracias Quique, este pesado xa te deixa para que te vaias a reunir cos teus compañeiros.

De nada. Moitas gracias a ti e cando queiras.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: