CD As Pontes Feminino

RAQUEL ACUDIRÁ A CÁDIZ COA SELECCIÓN GALEGA SUB18

Unha vez realizados os adestramentos este pasado luns, a xogadora pontesa Raquel Béjar Castro foi convocada xunto ás suas 17 compañeiras para a disputa da segunda fase do Campionato de España de Seleccións , que se levará a cabo esta fin de semana en Andalucía e na que Galicia xogará contra a selección locataria o día 6 e Aragón o día 7, no Campo municipal de Bazán de San Fernando. As sub16 xogarán ambos partidos ás 10:00h e as sub18 ás 12:00h.

Non correu a mesma sorte Malena Mieres García, que tivo a desgraza de ser o único descarte que fixo o seleccionador “Petaca” en sub16, anque a porteira pontesa é de primeiro ano, e seguramente estará en próximas convocatorias.

Moi complicado o ten o combinado sub18 pois na primeira fase perdeu ante Navarra (0-1) e a Comunidade de Madrid (1-3).
O combinado sub16 gañou á selección navarra (3-2) e á todopoderosa Madrid (1-0). Van Carmela Barro (Racing de Ferrol), María Corral (O Val) e Alba Pérez (Galicia de Mugardos).

Ambos combinados cean hoxe mércores en Santiago e posteriormente iniciarán o desprazamento pola noite en autocar. Tamén regresarán o sábado de madrugada.

Cabe recordar que dende que se creou o equipo feminino hai sete anos xa van seis pontesas convocadas coa selección, Yaiza, Paty, Malena, Raquel, Lía e Mireia.

Nova cortesía Xose Ferreiro

ÚLTIMO ADESTRAMENTO DE RAQUEL E MALENA

Novo adestramento para a xogadora pontesa do Friol, Raquel Béjar Castro, que semella ter moitas posibilidades de xogar a segunda fase do Campionato de España, pois nesta convocatoria redúcese de 23 a 18 xogadoras, que poden ser xa as definitivas. Desgraciadamente para os seus intereses non repiten Vero Díaz (O Val), Helena Ramos (Conxo), Laura Correas (Monte Forte), Judith García (Sárdoma) e Cristina Revuelta (Orzán). As 18 convocadas son as seguintes:

O Olivo: Sheila Fernández, Paula Domínguez, Sara Alonso, Cecilia Fernández, Raquel Porto.
Orzán SD: Nerea González, María Geremías
Sárdoma CF: Irina Martínez, Fátima Area
PM Friol: Sabela Roca, Raquel Béjar Castro
AD Monteforte: María Saco
Victoria CF: Natalia Llames
Atlético Arousana: Sara Pazos
Bértola FF: Alba Ferre
SD Villestro: Carla Falcón
UD Barbadás: Marta Besada
SD Arrabaldo: Carolina Álvarez

Non acontece o mesmo coa sub16 da porteira Malena Mieres García, na que se repite convocatoria de 19 xogadoras e polo tanto o seleccionador deberá facer un descarte antes de dar a lista definitiva. Van catro xogadoras da comarca, Carmela, Lara, María e Malena. A lista é a seguinte:

Victoria CF: Rosalía Muíño, Tatiana Barcia
SCD Milagrosa: Lucía Sandar, María López
AD Vila de Corpus: Inés Faro, Sara Deben
Rápido de Bouzas: Lara Martínez
Orzán SD: María Ameneiro
SD Milladoiro: Nuria Rábano
SD Villestro: Carmen Romay
Xuventu Aguiño: Alba Muñiz
Atlético Arousana: Eva López
AJ Lérez: Teresa Abelleira
Bértola FF: María Calvar
Tordoia SD: Leticia Santos
RC Ferrol: Carmela Barro
Galicia Mugardos: Alba Pérez
SD O Val: María Corral
CD As Pontes: Malena Mieres García

Galicia xogará en Cádiz contra Andalucía e Aragón esta próxima fin de semana.

Este último adestramento terá lugar este luns día 2 ás 19:00 no campo Agro Novo de Milladoiro.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Segunda División B de Fútbol Sala. Pizarras Los Tres Cuñados – O Esteo As Pontes FS (5-5)

 

Empate do Esteo no seu longo desprazamento ó Barco de Valdeorras onde se enfrontou co Pizarras Los Tres Cuñados co que empatou a 5-5 na segunda xornada da segunda volta. Desaproveitou unha ventaxa de 2-5 o cadro verde, pero por outra parte sacou un punto nun desprazamento e seguiu sumando para conseguir certificar a permanencia.

Pese a que os locais se adiantaron por dúas veces, en ambas ocasións conseguiu empatar O Esteo, que nun momento de xogo trepidante onde lle entraba todo se chegou a poñer 2-5. Pero nove segundos antes do descanso os ourensáns conseguían o 3-5 de dobre penalti.

Un mal comezo do segundo tempo do Esteo fixo que o equipo de Vilamartín de Valdeorras puxera as táboas no marcador, o 4-5 nun desafortunado tanto de Fran en propia porta e o 5-5 tras xogar cun menos por expulsión de Lardín. No último cuarto do partido, pese a que ambos conxuntos gozaron de ocasións, o marcador non se moveu. A máis clara, un dobre penalti de Bruno Cagiao para O Esteo a falta de un minuto que marchou por alto. Na ida o marcador fora de 4-6.

Nunha xornada na que o Leis Pontevedra sorprendeu ó líder Universidade de Valladolid (2-2), nos postos baixos temos a Tres Cuñados con 19 puntos, Albense 18, Cistierna 17, O Esteo 14, Leis 6, e Ventorillo cun so punto. O Esteo xogará a vindeira semana no Pavillón de A Fraga contra o Cuéllar Cojalba, que marcha sexto con 20 puntos e goleou esta xornada ó Albense por 5-1.

O-Esteo-FS-2014-15

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS. Maelo, David, Jesús, Javi, Dilin –cinco inicial- Kevin, Jairo, Rafa.

O ESTEO FS.: Iván, Cagi, Bolly, Héctor, Fran –cinco inicial- Javichu, Pelu, Ferreiro, Lardín, Gerardo, Púas.

ÁRBITROS: Jorge Varela e Jose Luis Rey, de Santiago, e Patricia Doval (mesa), de Ourense. Amoestaron a Dilin e Gagi e expulsaron por dobre amonestación a Lardín.

GOLES: Min 1 (1-0), Dilin. Min 3 (1-1), Fran. Min 7 (2-1), Jesús. Min 12 (2-2), Lardín. Min 13 (2-3), Ferreiro. Min 16 (2-4), Bolly. Min 19 (2-5), Cagi. Min 20 (3-5) Jesús. Min 22 (4-5), Fran, en propia meta. Min 28 (5-5) Kevin.

INCIDENCIAS: Decimoterceira xornada, segunda da segunda volta, do grupo primeiro da Segunda División B, disputada este sábado no Polideportivo Calabagueiros, con uns 100 espectadores nas gradas.

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BASE NA LIGA DA TERRA CHA

CADETE: O ESTEO – 3 – VILALBA – 4

ALEVÍN: O ESTEO – 5 – VILALBA – 0

BENXAMÍN: O ESTEO “B” – 3– VILALBA “A” – 5

BENXAMÍN: O ESTEO “A” – 13 – VILALBA “B” – 1

Nova cortesía de A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. RACING CLUB VILALBÉS 2 – CD AS PONTES 2

Reparto de puntos no encontro xogado na tarde, chuviosa por momentos, de hoxe, no Campo de A Magdalena en Vilalba.

Con este resultado, no historial en campo vilalbés, 7 vitorias para o As Pontes por 5 dos chairegos e 4 empates, con 24 goles a favor dos ponteses e 17 do Racing Vilabés.

Houbo dous tempos moi diferenciados para o cadro azul. Tras uns primeiros minutos de tanteo, cun remate de Poratti preto do poste (18´), adiantouse o cadro pontés, tras un centro de Pablo Ramos que non despexa a zaga con contundencia e aproveitase Pablo Domínguez, que lle gaña a partida ó lateral diestro, para abrir o marcador (21´). O propio xogador de Baio aproveita un pase en profundidade de Arias para volver a superar ós zagueiros, prantarse ante Viusky e marcar de tiro suave pero letal (26´). Sensacional o habitual lateral esquerdo, ex do Bergantiños, que ante tanta baixa no cadro azul últimamente xoga orientado hacia o medio esquerdo, e que xa leva 5 goles no que vai de campaña, xunto ós que lle fixo a Laracha, Choco e Sanxenxo.

Puido empatar o Vilalbés ó borde do descanso tras unha cabezada de Justino a centro de Poratti, que salva Marcos cunha gran estirada (41´).

O segundo tempo pontés foi para esquecer, pois renunciaron completamente ó ataque, aínda que polo menos conseguiron salvar un punto.

Tan so salientar pases en profundidade a Arias (47´) e Domínguez (65´) pero chegou antes o porteiro Viusky.

Puido poñerselle moi costa arriba o encontro ó conxunto de Iván Rodríguez, pois nun despiste da zaga, Nico quedou so, e tivo que acudir a salvar como habitualmente fai Aitor. O dianteiro lucense, próximo a encarar a Marcos, parece que lle toca o central de Marín, e cae, co que sería falta e expulsión, pero o colexiado amoesta ó dianteiro (48´).

Tras un córner botado por Justino cabecea a pracer Roberto Prieto a un metro, e o balón vai a mans de Marcos (52´). Tanto vai o cántaro á fonte que tras outra falta botada polo 10 vilalbés avanzan varios xogadores libres para rematar pero definitivamente é Roberto Prieto o que cabecea o 1-2 ó fondo das mallas (58´). O propio crack lucense Justino estampa un balón na cruceta un minuto despois ante un As Pontes que desexaba un tempo morto (59´).

Quixo frear a sangría Iván metendo ó medio defensivo Piña en lugar de Fidi, que tivo unha actuación destacada, pero tras unha perda de balón de Hugo, posteriormente faille un claro penalti a Nico, que transforma Justino (70´). Dabase a circunstancia anecdótica de que o bo lateral pontés locía o número 10. En pleno desconcerto pontés, tiro cruzado do gran dianteiro de Ortigueira Rubén Pardo que se marcha por pouco (74´).

Seguían as embestidas locais, pero foise zafando o cadro azul como puido e logrou salvar un valioso punto que fai que sume 30, dous tercios dos que lle fan falla presumiblemente para conseguir a salvación, antes de afrontar as seis xornadas que decidirán o destino do cadro pontés, pois o As Pontes enfrentarase consecutivamente ós rivais directos para eludir o descenso, recibe a Silva, Boiro e Bertamiráns, e visita a Areas, Laracha e Barbadás.

Devolveulle a moeda o cadro lucense ó pontes, pois se ben en 2012 fora o As Pontes o que remontara os dous iniciais tantos de Justino no Poboado, cun dos mellores goles da historia, falta polo escuadro de Bossa desde uns trinta metros, e un zapatazo de Angeriz no 95´, previo fallo de penalti de Chicho no 90´. Hoxe foi o Vilalbés o que conseguiu empatar un 0-2.

Racing Club Vilalbés. Viusky, López (Rubén Pardo 57´), Dani, Muíña, Roberto Prieto, Hugo (Javi Varela 45´), Mauro Poratti, Make, Nico (Javi Rey 82´), Justino, Villares.

CD As Pontes. Marcos Bouza, Rochela, Nano, Chote, Aitor, Fidi (David Piña 64´), Pablo Ramos (David Amado 67´), Bossa, Sergio Arias, Hugo, Pablo Domínguez (Javi 91´).

Goles: 0-1, Pablo Domínguez (21´), 0-2, Pablo Domínguez (26´). 1-2, Roberto Prieto (58´), 2-2, Justino, de penalti (70´).
Campo e incidencias: Campo de A Magdalena. Uns 200 espectadores, moitos ponteses. Partido correspondente á 23ª xornada. Tarde chuviosa por momentos.

Árbitro: Cives Enjo (A Coruña), auxiliado por Taboada Dafonte e Rama Cotelo. Amoestou a Nico, Roberto Prieto, Javi Varela, López, Dani e Fidi.

vilalbes-aspontes_0002

vilalbes-aspontes_0003

vilalbes-aspontes_0004

vilalbes-aspontes_0005

vilalbes-aspontes_0006

vilalbes-aspontes_0007

vilalbes-aspontes_0008

vilalbes-aspontes_0009

vilalbes-aspontes_0010

vilalbes-aspontes_0011

vilalbes-aspontes_0012

vilalbes-aspontes_0013

vilalbes-aspontes_0014

vilalbes-aspontes_0015

vilalbes-aspontes_0016

vilalbes-aspontes_0017

vilalbes-aspontes_0018

vilalbes-aspontes_0019

vilalbes-aspontes_0020

vilalbes-aspontes_0021

vilalbes-aspontes_0022

vilalbes-aspontes_0023

vilalbes-aspontes_0024

vilalbes-aspontes_0025

vilalbes-aspontes_0026

vilalbes-aspontes_0027

vilalbes-aspontes_0028

vilalbes-aspontes_0029

vilalbes-aspontes_0030

vilalbes-aspontes_0031

vilalbes-aspontes_0032

vilalbes-aspontes_0033

vilalbes-aspontes_0034

vilalbes-aspontes_0035

vilalbes-aspontes_0036

vilalbes-aspontes_0037

vilalbes-aspontes_0038

vilalbes-aspontes_0039

vilalbes-aspontes_0040

vilalbes-aspontes_0041

vilalbes-aspontes_0042

vilalbes-aspontes_0043

vilalbes-aspontes_0044

vilalbes-aspontes_0045

vilalbes-aspontes_0046

vilalbes-aspontes_0047

vilalbes-aspontes_0048

vilalbes-aspontes_0049

vilalbes-aspontes_0050

vilalbes-aspontes_0051

vilalbes-aspontes_0052

vilalbes-aspontes_0053

vilalbes-aspontes_0054

vilalbes-aspontes_0055

vilalbes-aspontes_0056

vilalbes-aspontes_0057

vilalbes-aspontes_0058

vilalbes-aspontes_0059

vilalbes-aspontes_0060

vilalbes-aspontes_0061

vilalbes-aspontes_0062

vilalbes-aspontes_0063

vilalbes-aspontes_0064

vilalbes-aspontes_0065

vilalbes-aspontes_0066

vilalbes-aspontes_0067

vilalbes-aspontes_0068

vilalbes-aspontes_0069

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 29-30-31 / XANEIRO / 1 / FEBREIRO / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
Racing Club Vilalbés – CD As Pontes (2-2)

Sacou un punto o As Pontes na súa visita ó veciño Vilalbés. Pese a que se puxo 0-2 no marcador podese dar por bo o empate, porque o cadro de Iván Rodríguez sufriu moito no segundo tempo. A vindeira fin de semana comeza a súa particular Liga cos seis equipos de abaixo, xa que recibirá consecutivamente a Silva, Boiro e Bertamiráns e visitará ó Areas, Laracha e Barbadás. De momento, partido clave ante o Silva dos ponteses Adrián Bouza e Xoel González, o ex xogador azul Cata, e xogadores míticos coma Marcos Suárez e David Yáñez, que so está dous puntos por debaixo. As Pontes 30, Bergantiños e Barbadás 29, Silva 28, Laracha 27, Boiro 24, Areas 16 e Bertamiráns 6.

SEGUNDA AUTONÓMICA
San Mateo CF – CD As Pontes B (1-1)

Empatou o segundo equipo ante o San Mateo (1-1), o que unido ás vitorias do Miño ante o Estrella (2-0) e do Caranza ante o Perlío (4-1) fai que estes dous conxuntos se escapen con 49 e 44 puntos respectivamente. Os azuis teñen 41 e o Perlío 34. A vindeira semana reciben ó Cariño, décimo con 21 puntos. Xogaron Manuel, Criado, Rubén, Carlos, Ross, Juancito, Lucho (Moi 45´), Toni, Marcos Novo, Samu, e Casas (Alex Cabarcos 70´). Adiantou Eduardo ó conxunto local mediado o primeiro tempo de vaselina e faltando dez minutos para o remate do encontro empatou Samuel.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes – SRD Numancia de Ares (suspendido)

Suspendeuse polo mal estado do terreo de xogo de O Poboado o encontro que ía a enfrontar ó xuvenil pontés co Numancia de Ares. A clasificación segue liderada polo Portuarios con 21 puntos, distanciándose de Narón BP e Numancia, que teñen 15 e As Pontes 12.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes – San Sadurniño CF (2-4)

Caeu o equipo feminino no Campo dos Calzados de A Capela ante o San Sadurniño por 2-4, co cal o cadro alaranxado segue mantendo a súa loita polo título con 45 puntos, a un de EFR Ferrol e Mandiá. As azuis son sextas con 30 puntos, descansando a vindeira xornada. Xogaron Malena, Andrea Pita, Indira, Nuria, Lía, Paula Castro (1), Carlota, Andrea Montero (1), Uxía, Paula Baamonde, Alba, Xeila, Yara e Noelia Santalla. Pese a que se adiantaron as azuis, e tamén recurtaron 2-3, tres goles de Ghislaine marcaron a diferenza.

1ª AUTONÓMICA CADETE
SDR Portuarios – CD As Pontes (1-2)

Bo triunfo do cadro cadete que venceu ó seu eterno rival da xeneración do 99, o Portuarios, a domicilio, 1-2, que xunto co brillante empate do Ortigueira ante o R.Ferrol B, 1-1, fai que se comprima a clasificación cos verdes liderando con 23, por 19 de Portuarios, 17 de Ortigueira, 16 dos ponteses e 15 dun Narón BP que goleou a domicilio ó Cariño, 0-13. Os de Marcos Bouza xogan a vindeira fin de semana ante O Val, sétimo con 12 puntos. Xogaron Lino, Sergio Cazás, David, Esteban, Antón, Ayrton (Bruno 65´), Alberte, Sergio Otero, Dani (Manuel 80´), Carlos e Josiño. Adiantaronse os de Ferrol, pero dous goles do aínda infantil Dani deronlle os tres puntos ós azuis.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Eume Deportivo – CD As Pontes (1-0)

Perdeu o infantil na súa saída a Pontedeume, 1-0, cun gol no último minuto, e o R.Ferrol B con 30 e Eume con 28 seguen liderando a clasificación achegandose ambos á fase de ascenso. Queda o infantil séptimo con 16 puntos descansando na xornada que pecha esta primeira volta. Xogaron Juan, Alex, Xan, Javier, Germán, Alejandro, Mateo, Chema, Joan, Dani e Antón Paz, saíndo no segundo tempo Antonio Carballeira, Jose, Antonio Silven, Xavier e Santiago.

LIGA ALEVÍN
Narón O Freixo – CD As Pontes A (1-8)
CD As Pontes B – Racing San Pedro B (0-0)

Vitoria do Alevín A por 1-8 a domicilio ante o Narón O Freixo. Ponse con 18 puntos seguido polo Amistade de Meirás B con 16, e semella que aínda que queda moita Liga estes dous equipos teñen moitas opción de xogarse o título neste grupo terceiro pois os inmediatos perseguidores teñen 10 puntos. Precisamente ambos equipos se xogarán a primeira praza o vindeiro fin de semana en Valdoviño. A pesar da goleada so dous xogadores conseguiron marcar, con cinco tantos de Alejandro López e tres de Xoel Purriños. Pola súa banda o Alevín B e o San Pedro B empataron a 0-0 e ambos equipos conseguen o seu primeiro punto no grupo cuarto. Para os de Ferrol é o cuarto punto da 2014-15, precisamente conseguiran unha victoria o día do debut ante os azuis por 4-1. Volverán a xogar na casa contra o Amistade de Meirás B que ten 6 puntos.

alevin_0001

alevin_0002

alevin_0003

alevin_0004

alevin_0005

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes A – Rápido de Neda (4-1)
CCRD Perlío B – CD As Pontes B (6-3)

Boa vitoria do Benxamín A, 4-1 ante o Rápido de Neda, en partido moi chuivioso adiantado ó xoves. Escala á quinta posición con 6 puntos en todo un grupo primeiro, so por detrás dos mellores benxamíns da comarca, O Val, Narón BP, G.Caranza e EFR Ferrol. Próxima visita ó Narón O Freixo B, que tamén ten seis puntos. Doblete de Alex Montero, Israel e un en propia meta. O Benxamín B caeu 6-3 en Fene ante o Perlío B no grupo terceiro, recibindo a semana que ven ó San Sadurniño, que marcha segundo. Goles de Ángel, Martín e David.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

benxamin_0013

benxamin_0014

benxamin_0015

benxamin_0016

benxamin_0017

benxamin_0018

benxamin_0019

benxamin_0020

benxamin_0021

benxamin_0022

benxamin_0023

benxamin_0024

benxamin_0025

benxamin_0026

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes A – SD O Val (2-5)
SCDR Galicia de Caranza C – CD As Pontes B (5-1)

Derrota do Prebenxamín A, 2-5, ante o Val, goles de Diego Lozano e Alejandro Leal, no grupo primeiro. Próxima visita ó Numancia, quinto. Descolgouse o Prebenxamín B da loita pola Liga tras caer contundentemente ante o G.Caranza C no grupo terceiro por 5-1, gol da honra de Diego Ortigosa, que maquillou o 5-0, resultado que aproveitou o Narón BP goleando ó Barallobre 11-1 e así os naroneses situanse con 22 puntos, por 19 dos ponteses e 16 do Rápido de Neda B. As Pontes B e Narón BP xoganse gran parte do título de Liga a vindeira fin de semana no Poboado.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

prebenxamin_0016

prebenxamin_0017

prebenxamin_0018

prebenxamin_0019

prebenxamin_0020

prebenxamin_0021

prebenxamin_0022

prebenxamin_0023

prebenxamin_0024

prebenxamin_0025

prebenxamin_0026

prebenxamin_0027

prebenxamin_0028

prebenxamin_0029

prebenxamin_0030

prebenxamin_0031

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2014/15

O Mobles Eume segue firme no seu camiño do título de liga ó golear nesta xornada a Farmavida, equipo que nas últimas xornadas está minguado de efectivos, o que repercute no seu rendemento. Goleada tamén do segundo clasificado, Bar Xardín, ante Galiorient e reparto de puntos nos outros dous enfrontamentos desta décimo terceira xornada de liga.

RESULTADOS 13ª XORNADA
31 – Xaneiro / 1 – Febreiro / 2015

A Cepa – MMYPEM (1-1) Alberto / Ramón
Bar Xardín – Electricidad J&O (5-0) Cascudo (2), Cabanela (2) e Lozano
As Pontes 74 – Galiorient (2-2) Paz e Vila / Tomás e Varela
Farmavida – M. Eume (0-7) Cendán (5), Cupeiro e Purriños
Descansou: La Galaxia

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME – 31 PUNTOS
2º BAR XARDÍN – 28 PUNTOS
3º LA GALAXIA – 18 PUNTOS
4º AS PONTES 74 – 17 PUNTOS
5º A CEPA – 17 PUNTOS
6º GALIORIENT – 10 PUNTOS
7º ELECTRICIDAD J&O – 9 PUNTOS
8º FARMAVIDA – 9 PUNTOS
9º MMYPEM – 6 PUNTOS

GOLEADORES

CENDÁN (M. Eume) – 15
CASCUDO (Bar Xardín) – 15
FRANCÉS (A Cepa) – 8
IVÁN FERREIRO (M. Eume) – 7
JAVI (Bar Xardín) – 6

14ª XORNADA 7-8 / Febreiro / 2015

Electricidad J&O – Farmavida (Sáb. 7, 20,00h)
La Galaxia – As Pontes 74 (Dom. 8, 10,00h)
M . Eume – A Cepa (Dom. 8, 11,00h)
Galiorient – MMYPEM (Dom. 8, 12,00h)
Descansa: Bar Xardín

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

veteranos_0021

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar un comentario