CD As Pontes Feminino

ÚLTIMO ADESTRAMENTO DE ENRIQUE FORNOS COA GALEGA

O futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez acudirá hoxe mércores ó derradeiro adestramento da selección galega sub18 antes de partir cara á segunda fase do Campionato de España. Tendo en conta que so van dezaoito futbolistas poderían ser os convocados definitivos.

Incluénse os celtistas, o interior esquerdo Brais Méndez e o medio Pape Diop, que hai uns días gañaron con España a Copa do Atlántico sub18, mágoa de lesión de Enrique de catro meses, tras vencer a Costa Rica (3-0), ó anfitrión Illas Canarias (3-0) e a Portugal (3-1). Gran triunfo español, pois a xeneración lusa de 1997 foi semifinalista no pasado Europeo sub17 xunto a Escocia, a finalista Holanda e o campión por penaltis Inglaterra.

Decimonoveno título de España en Canarias en 27 anos. Os outros campións, Brasil (1990), Holanda (1993), Francia (1996), Portugal (1998), Yugoslavia (2000), R.Checa (2005), Illas Canarias (2006) e Arxentina (2014).
Tamén van, ó igual que Enrique, xente que vestiu a elástica da española, coma os outros dous celestes, o porteiro de Cangas Iván Villar, e o centrocampista xuvenil de primeiro ano, Alex Ubeira.
Acude o xogador do Racing de Ferrol que este domingo debutou co primeiro equipo, Aitor Pascual, e o centrocampista de Viveiro Arturo Calvo. Na sub16 están os racinguistas Antón Quindimil, Javier Sanmartín e o dianteiro vilalbés do Deportivo Víctor Eimil.

A selección sub18 xogará pola tarde no Campo de Fragoselo fronte ó Coruxo FC, undécimo clasificado da Segunda División B. Pola súa banda, a sub16 xogará tamén pola tarde no Campo de A Xunqueira fronte ó CD Areosa Xuvenil, quinto clasificado de Liga Nacional e loitando polo ascenso á División de Honra. A día de hoxe está a un punto.

A selección galega afrontou a primeira fase en Vilanova i La Geltrú cunha derrota ante a selección local (0-2) e unha vitoria contra Murcia (2-1).

Os convocados son:
RC Celta de Vigo: Brais Méndez, Iván Villar, Pape Cheik Diop, Diego Alende, Alex Ubeira
RC Deportivo de A Coruña: Hugo Díaz, Enrique Fornos, Álvaro Naveira, Rodrigo Parafita
Coruxo FC: Ángel Expósito, Francisco Monroy
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Eduardo Otero
Pontevedra CF: Jose Filgueira
RC Ferrol: Aitor Pascual
Pavillón Ourense: Martín Torres
Porriño Industrial: Ricardo Calviño
Viveiro CF: Arturo Calvo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ACTUACIÓN DE RAQUEL NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A futbolista pontesa Raquel Béjar Castro desprazouse esta fin de semana a Cádiz para a disputa da segunda fase do Campionato de España.

Raquel xogou de titular nos dous partidos disputados pola selección galega alternando o interior esquerdo coa media punta e o ataque.

No primeiro encontro as branquiazuis perderon 0-1 ante a anfitriona Andalucía, pero no segundo envite puideronse desquitar e despedir da mellor maneira posible ó vencer á selección de Aragón por un contundente 5-1, con un gol e unha asistencia de Raquel, que este ano milita no Friol.

A selección sub16, pola súa banda, despois de vencer a Navarra e Madrid na primeira fase e gañar a Andalucía 1-0, pinchou na última xornada ante Aragón 0-1, que xa estaba eliminada.

En sub18 clasifican a semifinais Cataluña, Madrid, Andalucía e unha praza aínda esta por decidir.

En sub16 está clasificada Cataluña e ás outras tres prazas optan Madrid, Asturias, Extremadura, A Rioxa e Galicia.

O motivo desta incertidume é que a fase a desputar en Asturias non se puido xogar esta fin de semana debido ó mal tempo.

sel_galega

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ACTUACIÓN DOS ARQUEIROS LOCAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Catro competidores do Clube Silex, Miguel Alvariño, Xaquín Mira, e os irmáns Daniel e Cristina Castro estiveron esta fin de semana en Oropesa del Mar, na disputa do Campionato de España en Sala de Tiro con Arco.

Nas roldas eliminatorias de Recurvo Masculino, Juan Ignacio Rodríguez arrasou con 593 puntos, por 579 de Antonio Fernández e Miguel Ángel Pifarre e 578 de Alvariño.

Miguel foi vencendo sucesivamente a Sergio García, de Aragón (6-0), Jose Cortizo, de Extremadura (6-2), ata que en cuartos se enfrontou co outro galego en liza, Vicente Veira, de Club Arqueros de Cambre, co que perdeu 4-6, e este acabou conseguindo o bronce. Sorprendeu o vasco Josu Illarramendi, que sendo 16º na previa foi quen de gañar a dous top como Juan Ignacio Rodríguez e Antonio Fernández.

Nas calificatorias de Recurvo Junior, Daniel Castro foi 10º con 553 puntos, quinto Gabriel Galante con 568, por 577 do madrileño Enrique Cavanillas. Perdeu Dani na rolda de oitavos ante o balear Iván Torres por 2-6. Ouro para o madrileño Miguel Azcue.

En Recurvo Feminino Junior, Cristina Castro foi 6º con 552 puntos, por 576 da madrileña Celia Castaños, que superou á nena prodixio, Alicia Marín (565), e tamén a venceu na final por un contundente 6-0. Na rolda de cuartos, Cristina perdeu con Irati Zurbano, de Navarra, por 2-6.

A única representante galega en semifinais foi Iria Grandal en Recurvo Feminino, que gañou o bronce á eterna Magali Foulón. Ouro para a tamén balear Miriam Alarcón e prata para a vasca subcampiona mundial junior con Miguel, e prata nos Xogos do Mediterráneo, Mirene Exteberría.

Moi ben Xaquín Mira en Arco composto, xa que coa séptima marca previa foi derrotando sucesivamente ó andaluz Francisco Payan (142-140), ó valencián Juan Jose Barredo (146-145), ó andaluz, segundo na previa, Sergio Martínez (144-143), caendo en semifinais ante o madrileño, terceiro na calificatoria, David López Boado (141-144), e logo na loita polo bronce ante o madrileño Marcos Gallardo (141-143). Ouro para o murciano Ramón López Bermúdez, e na categoría composto feminino para a triple subcampiona do mundo, a extremeña Fátima Agudo.

Nas calificatorias por equipos, en Arco Recurvo, sumando os puntos das tiradas previas, Miguel Alvariño, Vicente Veira e o junior Gabriel Galante calificaron segundos con 1708 puntos, por 1746 de Madrid e 1703 de Cataluña.

Xa nas roldas eliminatorias do domingo Galicia venceu a Castela A Mancha (5-3), País Vasco (6-0), para caer na final ante a Madrid de Juan Ignacio e Ángel Rodríguez, e Enrique Cavanillas (2-6) logrando unha brillante prata.

Non puideron clasificar á rolda dos mellores en Arco Composto, Xaquín Mira, Guillermo Rodríguez e Óscar Berrocal, ó obter 1669 puntos, undécimos, lonxe dos 1705 que marcaba o corte dos oito primeiros. En esta modalidade outro ouro para Madrid, prata Aragón e bronce Andalucía.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 3 – SILVA SD 1

Importante vitoria do As Pontes na tarde de hoxe, con remontada incluida, por 3-1, ante un rival directo como o Silva coruñés.

A pesar de que Arias se plantou ante David, picoulle o balón, e cando se quedaba so interviu o central César (7´), as cousas non comezaban ben para os de Iván Rodríguez, cando o meta local Marcos Bouza, co vento en contra, realizou un mal despexe que aproveitou Marcos Suárez para ceder o balón a Álvaro, que, moi pillo, o batiu por baixo (8´). Por sorte para os locais, pouco despois, tras un centro dende banda esquerda de Bossa, remata Chote de cabeza, o balón pega no poste, e quedalle franco a Aitor para que o central de Marín marque a pracer (10´).

Co vento a favor, tivo maiores aproximacións de perigo o conxunto visitante, pero o marcador non se moveu, boa parada de Marcos (32´) e tiro cruzado de Uzal (36´). Nada máis comezar a segunda metade, o Mago de Viveiro Bossa, sacou da chisteira un zapatazo dende fora da área pegado ó poste. A pesar da estirada do ex internacional cariñés David Yáñez, o gardamallas que xogara o Europeo Sub17 Israel 2000 xunto a Reyes, Toché, Iago Bouzón, Adrián Quintairos, e ó ex compi de Rochela, Carmelo, pouco puido facer. Tiro cruzado pegado á trabe de Arias no 50´.

Tratou de buscar a igualada o cadro de Javi Bardanca (expulsado no 54´), pero nin Marcos Suárez (58´), nin Álvaro (63´) aproveitaron as súas ocasións e remataron alto, cousa que si fixo David Amado, que tras un gran pase en profundidade de Arias, en plena cabalgada, realizou un forte disparo a media altura e situou o 3-1 no electrónico (73´).

Cabezada de Marcos Suárez no 92´, pero foi o As Pontes o que puido aumentar a conta un minuto despois cando se marcha Amado por banda dereita, da un pase da morte a Pablo Domínguez e co meta batido o disparo do xogador de Baio marchase lamendo o pau (93´).

Tres puntos para un As Pontes que se sitúa undécimo con 33 e xa alonxa o descenso en seis. Partido clave a próxima semana en casa do penúltimo, Cultural Areas.

3 CD As Pontes. Marcos Bouza, Rochela, Nano (Juan 83´), Chote, Aitor, Piña, Pablo Ramos (Hugo 74´), Bossa, Arias, Alex (David Amado 70´), Pablo Domínguez.

1 Silva SD. David Yáñez, Cardelle, Rebollo, César, Adrián Bouza, Michi, Carlos Rey (Movilla 75´), Uzal, Álvaro (Carlos Varela 86´), Kata (Matías 63´), Marcos Suárez

Goles: 0-1, Álvaro (8´), 1-1, Aitor (10´). 2-1, Bossa (47´), 3-1, Amado (73´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Tarde soleada pero fría e con moito vento. Apenas 100 espectadores en partido correspondente á 24ª xornada.

Árbitro: David Iglesias Melón (Vigo). Auxiliado nas bandas por Vázquez Martínez e Fojo Rodríguez. Amoestou a Nano, Chote, Hugo, César, Kata e o pontés Adrián Bouza. Expulsou ó adestrador visitante (54´).

aspontes-silva_0001

aspontes-silva_0002

aspontes-silva_0003

aspontes-silva_0004

aspontes-silva_0005

aspontes-silva_0006

aspontes-silva_0007

aspontes-silva_0008

aspontes-silva_0009

aspontes-silva_0010

aspontes-silva_0011

aspontes-silva_0012

aspontes-silva_0013

aspontes-silva_0014

aspontes-silva_0015

aspontes-silva_0016

aspontes-silva_0017

aspontes-silva_0018

aspontes-silva_0019

aspontes-silva_0020

aspontes-silva_0021

aspontes-silva_0022

aspontes-silva_0023

aspontes-silva_0024

aspontes-silva_0025

aspontes-silva_0026

aspontes-silva_0027

aspontes-silva_0028

aspontes-silva_0029

aspontes-silva_0030

aspontes-silva_0031

aspontes-silva_0032

aspontes-silva_0033

aspontes-silva_0034

aspontes-silva_0035

aspontes-silva_0036

aspontes-silva_0037

aspontes-silva_0038

aspontes-silva_0039

aspontes-silva_0040

aspontes-silva_0041

aspontes-silva_0042

aspontes-silva_0043

aspontes-silva_0044

aspontes-silva_0045

aspontes-silva_0046

aspontes-silva_0047

aspontes-silva_0048

aspontes-silva_0049

aspontes-silva_0050

aspontes-silva_0051

aspontes-silva_0052

aspontes-silva_0053

aspontes-silva_0054

aspontes-silva_0055

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES FS – CUÉLLAR COJALBA (2-5)

Derrota do Esteo 2-5 na casa no encontro xogado este domingo á mañá ante o Cuéllar Cojalba de Segovia. Rapidamente se adiantaban os ponteses por medio de Bolly ós 34 segundos, pero respostaban os segovianos uns segundos despois cun tanto de Pablo. Todo iso en apenas 76 segundos.

De aí ó descanso ó Esteo tivo moitas ocasións, varias con xogadores sos ante o porteiro, paradas de Cano a remates a boca de xarro de Gerardo, Pelu, Héctor, e un balón picado de Bolly. Tamén polos visitantes resaltar algunhas perigosas aproximacións de Taveras.

No segundo tempo todo cambiou en apenas 33 segundos. Antes, gran intervención de Javichu a disparo de Chuky. Pero foi ós 5 minutos da reanudación, cando queda só Pablo, remata, para Javichu, recolle o rexeite o mesmo xogador e cédella a Chuky, que marca a porta baleira. Despois, nunha contra remata Corrus, rexeita Javichu e aproveita o despexe o propio xogador para facer o 1-3 por baixo.

Uns momentos de desconcerto seguiron ós dous tantos. Así, Corrus remata ó poste, e entre Javichu e o pau salvan un disparo de Manuel. Xogou máis de sete minutos o Esteo con Gerardo de porteiro-xogador e houbo varias xogadas de perigo, Héctor, Bolly á reviravolta, Fran e salva Cano, pero foi Cagi o que poñía algo de esperanza no cadro pontés ó facer o 2-3 de forte disparo dende fóra da área faltando 5 minutos.

Ben é certo que os visitantes tiveron moitas ocasións coa porta baleira, tres do porteiro Cano, e unha de Chuky e de Pablo. Pero souberon aproveitar as contras e sentenciaron nos dous últimos minutos. Nun bo control de Chuky, serve a Corrus que bate por alto ante a saída de Javichu. Posteriormente Pablo, que previamente tirara ó poste, marca a porta baleira.

En definitiva, mal partido do Esteo, sobre todo na segunda metade, ante un Cuéllar que xogou con máis gañas para alzarse con tres puntos ben merecidos. Segue antepenúltimo o cadro das Pontes con 14 puntos, oito por riba do Leis de Pontevedra e a trece do colista Ventorrillo de A Coruña.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Fran, Héctor, Bolly, Cagi –cinco inicial- Javichu, Pelu, Púas, Ferreiro e Gerardo.

FS CUÉLLAR COJALBA: Cano, Corrus, Gonza, Pablo, Taveras –cinco inicial- Rober, Chuky, Matanza e Manuel.

ÁRBITROS: David e Víctor Valdés Urraca, da delegación de Asturias. Ben en liñas xerais, aínda que tiveron algún que outro erro, como un claro penalti na área do equipo segoviano non sinalado. Amoestaron a Fran, Bolly, Cagi polo Esteo e a Rober, Cano e Taveras polos segovianos.

GOLES: Min. 1 (1-0), Bolly. Min. 2 (1-1), Pablo. Min. 25 (1-2), Chuky. Min. 26 (1-3), Corrus. Min. 35 (2-3), Cagi. Min. 37 (2-4), Corrus. Min 39 (2-5) Pablo.

INCIDENCIAS: Décimo cuarta xornada, terceira da segunda volta, do grupo primeiro da Segunda División B disputado este domingo á mañá no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha asistencia duns 150 afeccionados.

esteo-cuellar_0002

esteo-cuellar_0003

esteo-cuellar_0004

esteo-cuellar_0005

esteo-cuellar_0006

esteo-cuellar_0007

esteo-cuellar_0008

esteo-cuellar_0009

esteo-cuellar_0010

esteo-cuellar_0011

esteo-cuellar_0012

esteo-cuellar_0013

esteo-cuellar_0014

esteo-cuellar_0015

esteo-cuellar_0016

esteo-cuellar_0017

esteo-cuellar_0018

esteo-cuellar_0019

esteo-cuellar_0020

esteo-cuellar_0021

esteo-cuellar_0022

esteo-cuellar_0023

esteo-cuellar_0024

esteo-cuellar_0025

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 7-8 / FEBREIRO / 2015

Importante vitoria (3-1) do As Pontes ante o Silva coruñés, equipo que visitaba o campo do Poboado por primeira vez. O cado pontés é agora undécimo con 33 puntos, seis por riba do descenso. Salientar que nesta fin de semana catro equipos de base víronse forzados a xogar como local no campo dos Calzados da Capela, dado o lamentable estado dos distintos campos do Poboado. O que si puido xogar na mañá do domingo foi o conxunto de Segunda Autonómica ademais do primeiro equipo.

poboado_0001

poboado_0002

poboado_0003

poboado_0004

poboado_0005

poboado_0006

poboado_0007

poboado_0008

poboado_0009

poboado_0010

poboado_0011

poboado_0012

poboado_0013

poboado_0014

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – Silva SD (3-1)

Importante paso adiante do As Pontes que venceu por 3-1 ó Silva coruñés con remontada incluída, resultado que deberá tentar referendar a vindeira fin de semana de Entroido en Ponteareas ante o penúltimo clasificado Cultural Areas. Escala á undécima praza, seis puntos por riba do descenso. As Pontes 33, Bergantiños, Barbadás e Sanxenxo 32, Ribadeo 31, Silva 28, Laracha 27, Boiro 25, Areas 16 e Bertamiráns 6.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – CD Cariño (5-1)

Triunfo do segundo equipo na casa, 5-1 ante o histórico Cariño. Hat trick de Marcos Novo, que xa suma 16 goles, Toni e Alex Cabarcos. Xogaron Krikry, Criado, Rubén (Picallo 65´), Moisés (Alex 60´), Ross, Carlos, Lucho, Toni, Novo, Danilo (Miguel 70´) e Brais. Lidera a clasificación o Miño con 52 puntos, seguido de Galicia Caranza 47 e As Pontes 44. Próxima semana visita ó derradeiro clasificado con 9 puntos Cebarca, onde intentará buscar a vitoria para apurar as súas derradeiras posibilidades.

autonomica_0001

autonomica_0002

autonomica_0003

autonomica_0004

autonomica_0005

autonomica_0006

autonomica_0007

autonomica_0008

autonomica_0009

autonomica_0010

autonomica_0011

autonomica_0012

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
SDR Portuarios – CD As Pontes (3-3)

O equipo xuvenil deixou escapar dous puntos no último minuto ante o líder Portuarios, e o que é peor, de poder poñerse a seis puntos, segue estando a nove coma na xornada anterior. Lidera Portuarios con 22, Narón BP 18, Numancia 15 e As Pontes 13. Reciben ó colista con 7 puntos, San Sadurniño, a semana que vén. Púxose por tres veces por diante o As Pontes cos goles de Moi, Casas e Iago Vázquez pero por tres ocasións empataron os locatarios. Xogaron Manuel, Caínzos, Jorge (Brais Blanco 63´), Moi, Jandro, Alex, Nahúm (Antonio 63´), Iván, Alex Fernández (Iago Vázquez 77´), Casas (Alex Blanco 85´) e Andrés.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes (descansou)

Descansou o equipo feminino nunha Liga na que segue o apertado duelo entre Mandiá (49), San Sadurniño (48), R. Ferrol (46 e un partido menos) e coas pontesas sétimas con 30 puntos, antes de visitar ó Ortigueira, 12º con 12 puntos. Na primeira volta o resultado foi de 5-0 a prol das pontesas.

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes – SD O Val (7-2)
Xogado no campo dos Calzados (A Capela)

Venceu o equipo cadete 7-2 ó Val en partido que se tivo que xogar no campo da Capela por mal estado dos terreos de xogo do Poboado. Este resultado unido á derrota do Ortigueira en Valdoviño ante o Meirás 1-0, fai que os azuis escalen á terceira praza con 19 puntos, por 23 de R. Ferrol B e 22 de Portuarios. Na vindeira xornada visitan ó Cariño, colista cun só punto. Xogaron Lino, Sergio Fraga, David, Esteban, Antón, Ayrton, Alberte, Sergio Otero (3), Dani, Adrián e Josiño (1), entrando no segundo tempo Jandro (3), Jorge, Bruno, Manuel e Malena.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
CD As Pontes (Descansou)

Tamén descansou o conxunto infantil, nunha liga que segue dominada por R. Ferrol B (33) e Eume (31), seguidos de Narón BP (26) e San Pedro (25). Os ponteses son oitavos con 16 puntos. A vindeira semana inician a segunda volta visitando ó Galicia Caranza B, quinto con 19 puntos.

LIGA ALEVÍN
Amistade Meirás – CD As Pontes (1-6)
CD As Pontes B – Amistade Meirás B (0-7)
Xogado no campo dos Calzados (A Capela)

O Alevín A dá un importante paso cara a conquista da liga no grupo terceiro, aínda que queda moito, tras vencer a domicilio ó seu inmediato perseguidor, Amistade de Meirás, por 1-6. Con 21 puntos avantaxa ós verdes en 5 puntos e en 8 ó Narón BP e R. Ferrol B. A vindeira xornada reciben ó Galicia de Caranza, penúltimo clasificado. Hat trick de Alejandro López, e un de Sergio, Javier e Joan. Pola súa banda, o alevín B perdeu 0-7 (xogado na Capela) ante o Amistade de Meirás B no grupo cuarto, antes de visitar ó San Sadurniño, segundo.

LIGA BENXAMÍN
O Freixo Narón B – CD As Pontes (6-4)
CD As Pontes B – CD San Sadurniño (1-6)
Xogado no campo dos Calzados (A Capela)

O Benxamín A perdeu por 6-4 na súa visita ó Narón O Freixo B, con tres goles de Álex Montero e un de Iago. Mágoa, porque chegou a ir cun resultado de 3-4. Sétimo do grupo primeiro con seis puntos, a vindeira semana recibe ó líder Galicia de Caranza. O Benxamín B perdeu 1-6 co segundo clasificado (partido xogado nos Calzados), San Sadurniño, no grupo terceiro. Tanto da honra de Diego Purriños. Na seguinte xornada enfróntanse ó Cariño, cuarto con 12 puntos.

LIGA PREBENXAMÍN
Numancia de Ares – CD As Pontes (1-1)
CD As Pontes B – Narón BP (2-4)
Xogado no campo dos Calzados (A Capela)

Segundo punto do Prebenxamín A no grupo primeiro, xa que logrou arrincar un empate a un gol na súa visita a Ares. Gol de Diego Lozano. Pecha a primeira volta recibindo ó Racing San Pedro, noveno con 6 puntos. Escápase o Narón tras vencer 2-4 no campo dos Calzados ó Prebenxamín B, polo que os naroneses xa teñen 25 puntos e media liga do grupo terceiro no peto, e As Pontes B e Rápido Neda B con 19 puntos. Goles de Alexander e un en propia meta. Próxima visita ó Racing San Pedro B, oitavo con 13 puntos.

Nova cortesía de XA Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: