CD As Pontes Feminino

CRISTINA CASTRO BÁRCALA, PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE EN SALA

Desprazábase esta fin de semana a Valdemoro a “benxamina” do Clube Sílex, Cristina Castro, para a desputa do Campionato de España en Sala para Cadetes e para menores de 14 anos.
Nas roldas eliminatorias conseguiu Cristina a 2ª mellor marca das 37 participantes cun total de 539 puntos, so un por detrás da madrileña Paula Gutiérrez (540).

Nas roldas eliminatorias foi superando sucesivamente, en dezaseisavos e oitavos, ás navarras Andrea Legarra (7-3) e Enma Jurado (6-0), en cuartos á balear Carmen Chamorro (6-0), e sufriu un pouco en semifinais ante a castelán leonesa Alba Garrote á que venceu 6-4.

Prantouse na final ante Sara Díez, da inesgotable canteira de Baleares, cuarta clasificada na previa, e que viña de vencer nas semifinais por un contundente 6-0 á mellor clasificada na previa, a madrileña Paula Gutiérrez. Nunha final na que houbo que acudir á frecha de desempate o outro foise para Baleares por 5-6 (10-11). Paula Gutiérrez gañoulle o bronce a Alba Garrote (6-2).

En Recurvo Cadete o xenial Josu Illarramendi que a semana pasada sorprendeu a todos gañando no Campionato de España Absoluto ás grandes figuras estatais coma Antonio Fernández ou Juan Ignacio Rodríguez, e nesta competición superou en cuartos á xove promesa galega Gabriel Galante por 6-0 veuse sorprendido na final polo madrileño Enrique Cavanillas, que lle gañou por 7-3.
En menores de 14 anos gañou Ferrán Rodrigo da Comunidade Valenciana e Leticia Cantos de Madrid. A Comunidade madrileña logrou outro ouro en Recurvo Mixto Cadetes namentres que en menores de 14 anos foi para as Illas Baleares.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ENRIQUE FORNOS ESTARÁ EN LOGROÑO

O futbolista pontés do Deportivo, Enrique Fornos Domínguez, ven de ser convocado definitivamente para a segunda fase do Campionato de España. A súa presenza estaba en entredito por mor da súa lesión, de feito a pasada semana non puido participar do partido de adestramento xunto ós seus compañeiros.

A selección galegas desprazaranse o venres ás 08:30, e xogarán o sábado contra a complicada selección vasca (que gañou na primeira fase a Navarra 4-2 e Castela León 2-0), e o domingo contra a locataria A Rioxa.

Xogarán ós sub16 ás 10:30 e 10:00, e os sub18 ás 12:30 e 12:00 respectivamente. Os encontros do sábado serán no Campo Instalaciones Mundial 82 e os do domingo no Campo El Salvador.

Na convocatoria van os internacionais Brais, Pape, Villar, Ubeira e Fornos, o xogador do Racing de Ferrol Aitor Pascual e o medio de Viveiro Arturo Calvo. Na sub16, os verdes Javier Sanmartín, Antón Quindimil e o punta villabés do Deportivo Víctor Eimil.

Na primeira fase os sub18 perderon con Cataluña (0-2), gañando a Murcia (2-1) no segundo encontro. Os sub16 pola súa banda perderon 2-3 con Cataluña, empatando 2-2 co cadro murciano.

Con respecto ó partido da semana pasada causan baixa o medio deportivista Álvaro Naveira, substituido polo seu compañeiro Aarón Sánchez, e o porteiro de Coruxo Ángel Expósito relevado polo celeste Samuel Martínez. Os convocados son:

RC Celta de Vigo: Brais Méndez, Iván Villar, Pape Cheik Diop, Diego Allende, Alex Ubeira, Samuel Martínez.
RC Deportivo de A Coruña: Hugo Díaz, Enrique Fornos, Aarón Sánchez, Rodrigo Parafita
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Eduardo Otero
Pontevedra CF: Jose Filgueira
RC Ferrol: Aitor Pascual
Coruxo FC: Francisco Monroy
Pavillón Ourense: Martín Torres
Porriño Industrial: Ricardo Calviño
Viveiro CF: Arturo Calvo

Os convocados sub16 son:

RC Deportivo de A Coruña: Yago Gandoy, Víctor Eimil, Alejandro Boedo, Iago Parga.
RC Celta de Vigo: Diego Varela, Óscar Martínez, Javier Ben, Carlos Pérez
CD Areosa: Pablo González, Guillermo De Francisco, Santiago Taboada
RC Ferrol: Javier Sanmartín, Antón Quindimil
Coruxo FC: Samuel Rodríguez, Alejandro Abalde.
CD Lugo: Julen Fernández
CD Conxo: Adrián Lodeiro
ED Val Miñor: David Jiménez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: LEIS DE PONTEVEDRA FS – O ESTEO FS (1-1)

O Esteo sacou onte sábado un punto no seu desprazamento á cidade do Lérez, tras empatar 1-1 no duelo entre antepenúltimo e penúltimo clasificados.

Ante un rival directo na súa loita pola salvación logrou manter os 8 puntos de ventaxa co cadro pontevedrés, ademáis do goal average, pois na ida no Pavillón da Fraga gañara 6-2.

Tras unha primeira metade sen goles na que empezou apretando o equipo local para posteriormente tomar o control os verdes, no segundo tempo creou máis ocasións o cadro pontés sen chegar a concretar.

Pero foi o equipo local, que militara cinco tempadas en División de Honra (1989-93, e a máis histórica, 2007-08) o que se puxo por diante en xogada de estratexia anque pouco despois empataba Gerardo nunha boa xogada de equipo. Nos últimos minutos tentouno o cadro de Diego pero o marcador non se moveu.

Segue O Esteo décimo con quince puntos, por sete do Leis e un do Ventorillo.

A vindeira semana os ponteses recibirán ó Noia, cuarto clasificado, a tres puntos do liderato que ostenta o Cidade de Narón, a dous do Mosteiro de Bembrive e a un do Universidade de Valladolid, que ten un encontro menos.

FICHA DO PARTIDO

LEIS PONTEVEDRA FS: Rubén, Gus, Gabi, Martín, Daniel –cinco inicial- Bárcala, Raúl, Pocho, Alex, Pablo, Sergio.

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Gerardo, Héctor, Cagi –cinco inicial- Fran, Bolly, Pelu, Ferreiro.

ÁRBITROS: Manuel Dans Rey e Jose Carreira Romero (A Coruña) e Adrián Villar Martínez (Vigo). Amoestaron a Rubén, Gabi, Daniel, Pocho, Pablo e Cagi.

GOLES: Min. 32 (1-0), Gabi. Min. 34 (1-1), Gerardo.

INCIDENCIAS: Décimo quinta xornada, cuarta da segunda volta, do grupo primeiro da Segunda División B disputada este sábado á tarde no Pavillón Municipal de Pontevedra, que rexistrou unha asistencia duns 150 afeccionados.

Nova cortesía de A.F.

1º MUNDIALITO DE FUTBOLÍN AS PONTES 2015

Máis dun centenar de parellas chegadas dende diversos puntos de Galicia e de diversas rexións de España, coma Asturias, Castela León, Cantabria ou Cataluña, achegaronse onte ata a nosa localidade para a disputa do primeiro “Mundialito de Futbolín As Pontes 2015”.

A competición, na modalidade de parado, disputouse nunha carpa instalada no Colexio Santa María, con 16 mesas de xogo. Comezou ás once da mañá e de maneira ininterrompida prolongouse ata altas horas da noite coa disputa das finais, rematando coa entrega de trofeos preto das doce.

O torneo en si dividiuse en tres categorías, ademáis da competición local, na que resultou vencedora a parella “Borea Borea”.

Na terceira categoría venceu a dupla “Clito Sport”, sendo finalista “Punto de Encuentro”, ambos vencedores en semifinais de “Lisardo-Jonatan” e “Pub Tibor 2”, respectivamente.

Na segunda categoría venceron “Zipi-Zape”, inspirados nas lexendarias aventuras do cómic creado polo mítico Escobar, sendo finalista “Pub Tibor 3”, vencendo ambos en semifinais a “Punto-R” e “Jonhy-Manjel”, respectivamente.

Na primeira categoría coparon o podio tres parellas catalanas, alcanzando o equipo “As Pontes” un meritorio quinto posto. Venceu “Dolce Vita” na final a “Nevado-Isra”, na que formaba parte un histórico e veterán deste mundiño, Óscar Nevado, de 40 anos, sendo semifinalistas “Ferrán-Héctor” e “Adrián-Diego”.

Entregaron os trofeos tres representantes do Concello de As Pontes; o ex baloncestista Jesús Tembrás “Chicho” e o ex gardamallas do Endesa durante moitos anos, Antonio Lourés “Rebolo”, e Eladio Bouza; Concello encargado da organización do evento, xunto a Xogos Tres Meigos e Mundofutbolin. Entregáronse preto de 7500 euros en premios.

futbolin_0002

futbolin_0003

futbolin_0004

futbolin_0005

futbolin_0006

futbolin_0007

futbolin_0008

futbolin_0009

futbolin_0010

futbolin_0011

futbolin_0012

futbolin_0013

futbolin_0014

futbolin_0015

futbolin_0016

futbolin_0017

futbolin_0018

futbolin_0019

futbolin_0020

futbolin_0021

futbolin_0022

futbolin_0023

futbolin_0024

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 13-15 / FEBREIRO / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
CD Cultural Areas-CD As Pontes (3-2)

Calamitoso As Pontes en Ponteareas, que atragantou o Entroido ós seus afeccionados. Se en Vilalba o equipo azul deixou escapar dous puntos, na Lomba foron tres. O equipo branquiazul reforzouse, e ben, co central, ex da Roma, Argentinos Juniors, Cádiz e Lugo, Belforti, o dianteiro brasileño Weller, que estivo en Alemania, Rumania e Costa Rica, o medio Titi Romero, ex do Astorga, e o xove defensa almeriense Salva, pero non serve como excusa, xa que os partidos duran 90 minutos e non 45, e xa chove sobre mollado. Colmo de males, o equipo da Lomba, que estaba casi desafiuzado, engánchase á loita pola salvación.

Negro panorama se lle presenta ó As Pontes, pois a semana que ven visita O Poboado un dos mellores planteis da categoría de medio hacia arriba, senon o mellor, o Boiro, con Carmelo Yuste, Añón, Padín, Quintairos, Pillado, Armental ou Rubén Márquez, sendo ademáis un equipo que se xoga a vida. Por riba, logo hai que visitar a un Laracha que fichou a Iago Iglesias, a un Barbadás que fichou a Breogán Pereiro, e son rivais directos, enrachados, e en bastante mellor disposición que o Areas. Entremedias está o partido co Bertamiráns, que tamén se complica pois onte empatou co Arousa.

Por riba gañaron Silva, Barbadás, Laracha, o Somozas está no alambre, e sorte das derrotas de Boiro, Ribadeo e Sanxenxo, pero estas dúas últimas eran agardables ante Fabril e Pontevedra. Bergantiños e As Pontes 33, Sanxenxo 32, Silva e Ribadeo 31, Laracha 30, Boiro 25, Areas 19 e Bertamiráns 7.

Despois de dúas claras oportunidades, unha sacada por un defensa local baixo paus, marcou Fidi no 5´ tras un erro da zaga local, e redondeu Bossa cun maxistral lanzamento de falta polo escuadro no 33´, nunha primeira metade de claro dominio azul. No segundo tempo o conxunto azul veuse abaixo por enésima vez, e dous goles consecutivos de Titi (65´) de forte zapatazo dende moi lonxe e o carioca Weller (68´); que tivo varias nos segundos 45 minutos; unidos a un gol de Cuadrado no 88´ tras saque de córner deron ó traste coas aspiracións azuis, nun encontro no que xogaron Bouza, Hugo, Alex (Amado 65´), Rochela, Aitor, Piña, Ramos (Iván 59´), Bossa, Arias, Fidi (Dani 73´), Domínguez.

SEGUNDA AUTONÓMICA
UD Cebarca-CD As Pontes B (0-1)

Segue na pelexa o segundo equipo, tras gañar, non sen sufrimento, na casa do colista, Cebarca, 0-1, e aproveitando o empate do Galicia Caranza na casa ante o Ortigueira (2-2) sitúase terceiro con 47 puntos, a so un dos ferroláns. Intratable o Miño con 55. O vindeiro fin de semana visitan ó Galicia de Mugardos B, oitavo con 30 puntos. Xogaron Krikry, Criado, Picallo (Alex 45´), Carlos, Ross, Juan, Lucho, Toni, Javi (Miguel 60´), Samu e Brais (Moisés 45´). Samuel adiantou ó As Pontes no 30´ e a pesar de que foi expulsado mediado o segundo tempo os azuis aguantaron os tres puntos.

cd_aspontes_0002

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes-CD San Sadurniño (7-1)

Vitoria contundente do equipo xuvenil o venres, 7-1, ante o colista San Sadurniño, que unido á derrota do Portuarios en Ares (2-1) e a que este vindeiro martes os da terra do gran Marcelino visitan o Poboado en partido aprazado pola chuvia, fai que os de Felipe Mieres se sitúen cuartos con 16 puntos, por 18 de Numancia e Narón BP, que perdeu en Miño 3-2, e 22 dos líderes ferroláns. Así que partido clave e complicado este martes de Cabalgata. Xogaron o venres Ángel, Caínzos, Andrés, Moi, Jandro (1), Alex Cabarcos, Nahúm, Iván, Alex Fernández, Casas (1) e Antonio (2), saíndo no segundo tempo Brais Blanco (1), Óscar (1), Rey (1), Alex Blanco e Manuel.

cd_aspontes_0003

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
FC Ortigueira-CD As Pontes (3-0)

Severo correctivo ó equipo feminino, que perdeu 3-0 en Ortigueira contra un conxunto que estaba 18 puntos por debaixo e so levaba 3 vitorias en 19 partidos. Sétimas con 30 puntos, próximo partido co complicadísimo Cultural Maniños, cuarto con 41, e que segue á estela de Mandiá (52), San Sadurniño (49 e un partido menos) e EFR Ferrol (46 e 3 partidos menos). Xogaron Alba, Noelia Santalla, Nuria, Andrea Montero, Andrea Pita, Paula Castro, Carlota, Noelia Ameneiro, Yara, Uxía, Nicole e Xeila.

cd_aspontes_0004

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD Cariño-CD As Pontes (0-10)

Gañou o Cadete na casa do colista Cariño, 0-10, e na xornada de descanso do Portuarios aproveitaron para aupase á segundo posición, iso si, empatados a 22 puntos cos ferroláns, por 26 do líder R.Ferrol B. Próxima visita ó Galicia Caranza B, sexto con 16 puntos. Xogaron Malena, Manuel, Bruno, Esteban, Sergio Fraga, Ayrton (1), David, Sergio Otero (3), Jandro (1), Carlos, Josiño (3), saíndo no segundo tempo Jorge (2), Antón, Adrián, Alex e Lino.

cd_aspontes_0005

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
SCDR Galicia de Caranza B-CD As Pontes (0-2)

Ben o infantil que voltou á senda da vitoria, e ademáis ante quen será un dos rivais nas semifinais de Copa, o Galicia Caranza B. Xogaron Andrés, Alex, Xan, Javier, Germán (1), Alejandro, Antón, Chema, Joan, Dani (1) e Jose, saíndo na segunda metade Antonio Carballeira, Jorge, Vicente, Juan e Xoel. A campanada da xornada deuna o Narón BP ó gañar 5-4 ó EFR Ferrol B, co que o Eume ascende á primeira praza con 34 puntos, por 33 dos verdes, 29 de naroneses e 28 de R.San Pedro. Un peldaño por baixo está o As Pontes, quinto con 19 puntos, e que a semana que ven recibe ó Rápido de Neda, oitavo, pero a so un punto.

cd_aspontes_0006

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes-SCDR Galicia de Caranza (5-0)
CD San Sadurniño-CD As Pontes B (3-2)

Consolida o seu liderato no Grupo Terceiro o Alevín A ó gañar 5-0 ó Galicia de Caranza, e perder o Amistade de Meirás B no derbi. Dous goles de Alejandro López e Mario e un de Sergio. Os azuis teñen 24 puntos por 16 de EFR Ferrol B e o equipo de Valdoviño. Próxima xornada, visita ó EFR Ferrol D, oitavo con sete puntos. Moi ben o Alevín B que estivo a piques de dar a campanada e conseguir o seu segundo punto nada menos que ante o colíder da categoría, o San Sadurniño, anque finalmente perderon 3-2, recibindo a semana que ven ó Cedeira B, líder deste grupo cuarto. Goles de Joao e Ismael.

cd_aspontes_0007

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes-SCDR Galicia de Caranza (0-6)
CD Cariño-CD As Pontes B (2-1)

O Benxamín A perdeu 0-6 ante o líder deste grupo primeiro, Galicia de Caranza. Toca esquecerse canto antes e con seis puntos pensar na próxima visita ó colista Eume, que ten catro. Outro que estivo a piques de dar a campanada foi o Benxamín B, que so perdeu 2-1, gol de Billal, ante o Cariño, terceiro clasificado deste grupo terceiro. Con tres puntos reciben ó Eume B, cuarto.

cd_aspontes_0008

cd_aspontes_0009

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes-Racing San Pedro (1-0)
Racing San Pedro B-CD As Pontes B (0-3)

Bos tres primeiros puntos do Prebenxamín A no grupo primeiro, 1-0 ante o Racing San Pedro, tanto de Antonio. Escala á décima praza con 5 puntos antes de visitar ó EFR Ferrol B, sexto. Vitoria do Prebenxamín B 0-3 ante o Racing San Pedro B, goles de Diego Ortigosa, Xalo e Nicolás, co que seguen segundos empatados con Rápido de Neda con 22 puntos, lonxe dos 28 do intratable Narón BP, líder deste grupo terceiro, que, iso si, sufriu para derrotar 4-3 ó Ánimas B, sétimo clasificado. Próxima semana visita ó colista Narón O Freixo B.

cd_aspontes_0010

cd_aspontes_0011

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

LIGA DA RÍA XUVENIL. CD AS PONTES 0 – SRD NUMANCIA DE ARES 1

Oportunidade de ouro perdida polo equipo xuvenil no día de onte para engancharse á loita pola Liga, na disputa do encontro aprazado no seu día pola chuvia, pero un rival directo coma o Numancia de Ares foi quen se levou os tres puntos, situándose a so un do líder Portuarios, e deixando ós azuis; que xa lastraban os empates a 3-3 no último minuto ante o Miño e ante o propio equipo arlequinado de Aneiros; a seis puntos, e xa moi descolgados á falta de toda a segunda volta.

Nun encontro clave no que Mieres non puido contar con Moisés nin con Antonio, foro os locais os que empezaron con máis brío. Así Casas dispuxo de tres ocasións; tras un disparo de Alex que despexou o gardamallas in extremis non puido aproveitar Miguel o rexeite (2´), despois márchase so, pero escápaselle o balón (6´), e un bonito desvío de tacón seu marchase lamendo o pau (10´).

Pero pouco a pouco o equipo da terra do gran Marcelino foise facendo co control do encontro e pasou a ser total dominador da primeira metade. Iván remata por alto (17´), e salva Ángel un intento de gol olímpico (20´). Respostou Brais Blanco cun disparo desviado (22´), pero volveu a apretar o cadro aresano, e tras un balón cara atrás de Cabarcos, despexa apurado Caínzos, o balón rebota Ángel Fernández e o balón casi acaba dentro (25´). Outro barullo dentro da área tras saque de córner salvao Ángel (28´) e un bo lanzamento de falta de Iván despexao a córner o gardamallas pontés (30´).

Foi no 35´, tras unha contra de libro, na que un xogador visitante se marcha por banda dereita sen que ninguén lle entre, centra, e o capitán Iván que chega dende atrás libre de marca empala perfecto ó fondo das mallas. Antes do descanso un balón quedoulle franco a Pita pero non puido definir ante Roberto (45´).
Sen embargo foi o As Pontes o que saiu a por todas na segunda metade, e foi unha milagre que non conseguise marcar. No 46´ Casas, queda so tras regatear a varios rivais, e pica o balón por alto ante a saída de Roberto. Lanzou Ángel Fernández dende fora da área e o balón foi preto do escuadro (48´). Continuaba apretando o cadro azul, e un centro de Pita é rematado por Nahúm ó poste (50´). Tras unha falta lanzada por Jandro, bloca o porteiro, e o balón caelle a Casas (53´), e ó igual que pouco despois nunha ocasión de Alex Fernández (56´), ambos, con todo a favor, os seus remates marchan sorprendentemente fora.
Seguiu dominando o cadro pontés, pero físicamente ambos equipos foron notando o esforzo. No 80´ unha falta botada por Jandro ó borde da área saiu lamendo o pau. Disparo lonxano de Martín con Ángel adiantado que consigue atallar o bravo porteiro pontés (82´).

Puido chegar o tanto do empate nos últimos minutos. Un mal saque de porta de Roberto rebota en Alex Fernández, que queda so, pero o gardamallas visitante consigue refacer o seu erro e chega antes ó balón que o media punta azul (89´). Non chega Pita por milímetros a un balón franco centrado dende banda dereita (92´).

Non se moveu o marcador e os aresáns levaron os tres puntos, acabando a primeira volta con Portuarios líder con 22, Numancia 21, Narón BP 18, As Pontes 16, Miño 13, Eume 12, Ensanche 11, Meirás 10, O Val B e Perlío 9, e San Sadurniño pecha con 7. Comeza a segunda volta o As Pontes recibindo ó Ensanche.

Xogaron Ángel, Iago (Iván 45´), Jorge (Brais Martínez 76´), Caínzos, Jandro, Cabarcos, Nahúm (Josiño 76´), Brais Blanco, Alex Fernández, Casas (Sergio Otero 65´), e Pita. Foron amoestados polo complicado colexiado David Sierra; que expulsara a Salido en Sinde, e rigurosamente a Ayrton na final de Copa Afaco Cadete; e que sen embargo non influiu para nada no resultado deste encontro, a Pita, Alex Fernández, Jandro, Ángel, e os visitantes Ádrián e Juan.

aspontes-ares_0002

aspontes-ares_0003

aspontes-ares_0004

aspontes-ares_0005

aspontes-ares_0006

aspontes-ares_0007

aspontes-ares_0008

aspontes-ares_0009

aspontes-ares_0010

aspontes-ares_0011

aspontes-ares_0012

aspontes-ares_0013

aspontes-ares_0014

aspontes-ares_0015

aspontes-ares_0016

aspontes-ares_0017

aspontes-ares_0018

aspontes-ares_0019

aspontes-ares_0020

aspontes-ares_0021

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: