CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DE ENRIQUE FORNOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O futbolista pontés Enrique Fornos xogou esta fin de semana en Logroño coa selección galega sub18.

O sábado pola mañá enfrontáronse á selección do País Vasco, e precisamente se adiantou o seleccionado branquiazul cun tanto do xogador pontés, que actuou de lateral dereito, pero tres goles do dianteiro do Athletic de Bilbao Asier Villalibre poñían o 1-3 no marcador (magoa que non gardase algún deses goles para o Preeuropeo Sub17 do ano pasado en Kazán). Acurtou distancias o xogador do Coruxo Monroy, e a pesar de contar con varias ocasións o equipo de Luis Santiago non conseguiu empatar.

Xa na xornada do domingo, e con Enrique de central, a selección galega despedíase cunha vitoria 2-4 ante a locataria A Rioxa, con dous tantos do internacional celeste Brais Méndez, e un de Monroy e Aaron.

Os de Luis Santiago conclúen con dous triunfos, Murcia (2-1), A Rioxa (4-2), e dúas derrotas, Cataluña (2-0) e País Vasco (3-2).

Pola súa banda Galicia sub16 perdeu 0-1 co País Vasco e gañou 2-1 á Rioxa, goles do xogador vilalbés do Deporto Víctor Eimil e do futbolista do Racing de Ferrol Javier Sanmartín. Resultados que hai que sumar ó 2-3 con Cataluña e 2-2 con Murcia da primeira fase.

Xogarán a fase final en sub18 País Vasco, Illas Baleares, Comunidade de Madrid e Comunidade Valenciana, namentres que en sub16 serán Andalucía, Illas Baleares, País Vasco e Asturias.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CD BOIRO 4

Coa sufrida parroquia local aínda mosqueada pola inexplicable derrota en Ponteareas fai sete días, acabouse de poñer o As Pontes ó borde do abismo no día de hoxe, con outra derrota, nesta ocasión si, por méritos propios do equipo contrario.

Sería convinte ver o encontro para facerse unha idea, pois o equipo local puxo o xogo e os visitantes os goles. Dúas ocasións clarísimas, a máis non poder, de Iván, que encarando só a Lorenzo, perdese nun regate, e aínda así, o balón rebota nun defensa, bloca o porteiro, e o propio rexeite vai a pes do xogador de Pol que a manda fora (2´). Moito máis clara a de Amado, tras recibir un pase franco de Fidi dende banda esquerda remata a dous metros da portería e estirándose salva co corpo Lorenzo (5´).

O que perdoa acaba pagandoo, e así, en dúas contras matou o encontro o cadro visitante. Despertou o mellor ataque de Terceira División, no Poboado, e sorte que faltaba Añón. Así, Armental gañalle as costas ós centrais e bate por baixo a Marcos (6´). Dous minutos máis tarde son varios os atacantes que chegan libres de marca, tira Suso, rebota en Chote, volve a rematar outra vez, desvía o balón o defensa pontés, e Marcos non pode chegar. 0-2.

O As Pontes botou o resto e na xogada máis inesperada marcou o cadro local. Tras un despexe da defensa, Nano cedella a Amado, que marca dende o borde da área de tiro cruzado e raso (19´).

Gran pase de Armental a Rubén Márquez, que volve a quedar so, pica ante Marcos pero salva in extremis o porteiro local (29´).

Seguía tentándoo o cadro azul, pero tras unha perda de balón de Rochela, xogada de tiraliñas dos visitantes, rouba Pillado, Armental cede a Padín e o xogador de Catoira de 40 anos que aínda conserva a súa maxia picaa ante Marcos e bateo por alto (41´).

Nada máis sacar de centro volveuna ter o As Pontes, e Arias, encara só a Lorenzo e tiralla ás mans (42´).

Tralo descanso saiu o equipo de Iván Rodríguez a recurtar distancias, e tivo dúas ocasións nos pes de Arias e unha cabezada de Amado, pero era o rival o que tiña maior mordente e así Armental rematou ó longueiro no 65´ noutra contra. Tamén as seguía tendo francas o cadro local, pero con distinto punto de mira, así Chicho mandou ás nubes unha clara ocasión (66´), e tras centro dende banda, dentro da área pequena, quedalle o balón entre os pes (71´).

Entremedias sinalar que o colexiado titular retirouse indisposto no minuto 60´, sendo sustituido polo liña Reborido Rodríguez, quedando a banda do ataque pontés sen cubrir o resto do encontro.

Sentenciou nunha contra o cadro visitante, tras unha perda de balón de Fidi, é Juanma quen incorporándose dende banda dereita, marca de perfecto disparo cruzado ó segundo pau (79´).

Comeuse o colexiado un claro penalti a Alex no 85´, que non solucionaría nada, e enzarzouse no xogo sucio o equipo local nos últimos minutos froito da impotencia, e así recibiu varias amarelas e foi expulsado Alex Cabarcos (89´).

Colmo de males, lesionouse Arias, único atacante local dispoñible, e o central Aitor, por sorte, non semella de gravidade, pero moi negro panomara se lle presenta ó As Pontes, froito das súas varias concesións inconcebibles a domicilio, e da multitude de ocasións falladas no día de hoxe. Costaralle sumar algo nas próximas visitas a rivais directos como Laracha e Barbadás, enrachados ambos, e entremedias intentará rascar algún punto na visita do colista Bertamiráns.

Pola súa banda, unha semana máis, os resignados afeccionados ponteses, que celebran con castañuelas a vitoria do Somozas, seguirán suplicándolle misericordia ó ceo.

CD As Pontes. Bouza, Rochela, Nano, Chote, Aitor (Dani 77´), Fidi, Iván (Chicho 64´), Bossa, Arias (Alex 77´), Amado, Domínguez.

CD Boiro. Lorenzo, Paco, Carlos, Cardeñosa, Borja, Yuste, Suso, Pillado, Rubén (Manu 82´), Armental (Juanma 67´), Padín (Gabi 73´).

Goles: 0-1, Armental (6´), 0-2, Suso (8´), 1-2, Amado (19´), 1-3, Padín (41´). 1-4, Juanma (79´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores, en tarde chuviosa. Moitos visitantes, pois o Boiro fletou un autobus para os seus afeccionados.

Árbitro: Javier González Árevalo. Auxiliado nas bandas por Reborido Rodríguez e Rodríguez Penas. Amoestou a Nano, Fidi, Bossa, Rubén, e expulsou a Alex por doble amonestación (89´) e ó segundo adestrador local Fontao (60´).

aspontes-boiro_0002

aspontes-boiro_0003

aspontes-boiro_0004

aspontes-boiro_0005

aspontes-boiro_0006

aspontes-boiro_0007

aspontes-boiro_0008

aspontes-boiro_0009

aspontes-boiro_0010

aspontes-boiro_0011

aspontes-boiro_0012

aspontes-boiro_0013

aspontes-boiro_0014

aspontes-boiro_0015

aspontes-boiro_0016

aspontes-boiro_0017

aspontes-boiro_0018

aspontes-boiro_0019

aspontes-boiro_0020

aspontes-boiro_0021

aspontes-boiro_0022

aspontes-boiro_0023

aspontes-boiro_0024

aspontes-boiro_0025

aspontes-boiro_0026

aspontes-boiro_0027

aspontes-boiro_0028

aspontes-boiro_0029

aspontes-boiro_0030

aspontes-boiro_0031

aspontes-boiro_0032

aspontes-boiro_0033

aspontes-boiro_0034

aspontes-boiro_0035

aspontes-boiro_0036

aspontes-boiro_0037

aspontes-boiro_0038

aspontes-boiro_0039

aspontes-boiro_0040

aspontes-boiro_0041

aspontes-boiro_0042

aspontes-boiro_0043

aspontes-boiro_0044

aspontes-boiro_0045

aspontes-boiro_0046

aspontes-boiro_0047

aspontes-boiro_0048

aspontes-boiro_0049

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – NOIA FS (2-3)

Non puido onte O Esteo contra un dos mellores equipos da categoría, o Noia FS, un conxunto aspirante ó primeiro posto e con gran parte do plantel formado por xogadores que pasaron por Burela ou Santiago Futsal.

E así, ós tres minutos adiantábanse por medio de Xuxa, aínda que a raíz do gol o Esteo botouse cara arriba, contando con varias ocasións, ata que nunha contra desmárcase Pelu, queda só ante Carlos e marca por baixo de forte disparo. Antes do descanso, un tiro ó pau de Richi.

Na segunda metade os visitantes impuxeron os seus galóns, e nada máis comezar, xogadón de Marci, que serve en bandexa o gol a Oscarín, que marca a porta baleira. Apenas tres minutos máis tarde, nunha xogada de tiraliñas, é o propio Oscarín o que pasa a Diego Pernas, e o xogador de Viveiro, chegando ó segundo pau marca de tiro cruzado. Logo é Xuxa quen queda so e salva Javichu co peito.

Mediado o segundo tempo sacudiuse un pouco a presión O Esteo, i é Ferreiro quen se planta ante Brais, ex Campión de España coa selección galega sub20 en 2010, e o burelés saca co corpo.

Non obstante creaba moito perigo nas contras o equipo contrario e salvou tres boas ocasións Javichu ante Alex, Oscarín e Xuxa. Nos derradeiros minutos, e xa con porteiro xogador, foi a por todas o conxunto pontés, e marcou o capi Fran faltando dous minutos, poñendo a emoción no marcador. Tiveron un dobre penalti os visitantes a falta de vinte segundos, pero Xuxa mandouno a rentes do pau dereito da portería de Javichu. E o que son as cousas, a dez segundos do remate foi o combativo Gerardo o que chegou só ante Brais e con todo a favor para conseguir o empate, tirou cruzado.

Non se moveu o marcador rematando o partido con vitoria visitante. Lidera o Cidade de Narón con 35 puntos, por 34 do Mosteiro Bembrive e 32 do Noia. Os ponteses con 15, seguen mantendo oito de vantaxe sobre o Leis pontevedrés e catorce sobre o Ventorrillo. Próxima visita a localidade palentina de Guardo.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Pelu, Gerardo, Héctor, Cagi –cinco inicial- Púas, Ferreiro, Fran e Lardín.

NOIA FS: Carlos, Oscarín, Quique, Xuxa, Pepe –cinco inicial- Brais (p.s), Diego Pernas, Marci, Alex e Richi.

ÁRBITROS: Esteban Otero Calvo e José Vilas Martinez, da delegación de Santiago. Non estiveron moi acertados nas súas decisións, sobre todo no segundo tempo. Amoestaron a Javichu, Pelu, Gerardo, Fran, Héctor, Alex e expulsaron ó delegado visitante.

GOLES: Min. 3 (0-1), Xuxa. Min. 14 (1-1), Pelu. Min. 21 (1-2), Oscarín. Min. 24 (1-3), Diego Pernas. Min. 38 (2-3), Fran.

INCIDENCIAS: Partido da décimo sexta xornada, quinta da segunda volta, do grupo primeiro da Segunda División B disputado este sábado á tarde no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha asistencia duns 200 afeccionados, con presenza dalgúns seguidores noieses.

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BASE

Boa xornada para os equipos de base, en especial para o cadro xuvenil que gañou (3-4) en Pontevedra ó Leis. Nos enfrontamentos dos máis pequenos, dúas vitorias, un empate e dúas derrotas.

Xuvenil: LEIS PONTEVEDRA FS – O ESTEO FS (3-4)
Cadete: COSPEITO FS – O ESTEO FS (4-2)
Alevín: MEIRA FS – O ESTEO FS (4-4)
Benxamín: MEIRA FS – O ESTEO FS “B” (4-1)
Benxamín: COSPEITO FS – O ESTEO FS “A” (3-8)
Prebenxamín: MEIRA FS “B” – O ESTEO FS (0-9)

esteo_0002

esteo_0003

esteo_0004

esteo_0005

esteo_0006

esteo_0007

esteo_0008

esteo_0009

esteo_0010

esteo_0011

esteo_0012

esteo_0013

esteo_0014

esteo_0015

esteo_0016

esteo_0017

esteo_0018

esteo_0019

esteo_0020

esteo_0021

esteo_0022

esteo_0023

esteo_0024

esteo_0025

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 20-21-22 / FEBREIRO / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes-CD Boiro (1-4)
Non gañan para desgustos os afeccionados ponteses, xa que o As Pontes, despois da sorprendente derrota en Ponteareas, sufriu un batacazo este domingo ante o Boiro (1-4), tan sequera nesta ocasión o equipo contrario gañou en boa lide. O triunfo do Somozas en Ferrol (1-2) da unha mínima esperanza de salvación ó cadro azul, ó que lle esperan dúas saídas tremendamente complicadas, Laracha e Barbadás, e recibir ó Bertamiráns. As Pontes 33, Sanxenxo 32, Silva e Laracha 31, Boiro 28, Areas 19, Bertamiráns 7.

SEGUNDA AUTONÓMICA
Galicia de Mugardos B-CD As Pontes B (2-1)
Non lle foi moito mellor ó segundo equipo, que perdeu 2-1 ante o Galicia de Mugardos B, o que unido á sufrida vitoria do Galicia de Caranza ante o colista Cebarca (1-0), fai que os azuis con 47 puntos xa se alonguen moito dos ferroláns (51), e do Miño (56), que hoxe empatou en Ortigueira( 0-0). O complicado Numancia de Ares, quinto con 35 puntos, visita o Poboado. Antes de chegar ó descanso marcou Javi, pero dous goles locais nos primeiros quince minutos do segundo tempo deronlle a volta ó marcador. Xogaron Krikry, Criado, Picallo, Carlos, Ross, Juan, Lucho (Miguel 37´), Toni, Javi, Ramos (Alex 20´) e Danilo.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes-EF Ensanche  (9-1)
Resarciuse o equipo xuvenil da súa derrota este pasado martes ante o Numancia (0-1), goleando ó Ensanche (9-1), equipo co que curiosamente empatara 1-1 na ida. Prodúcese un cambio de líder, trala xornada de descanso para o Portuarios e a vitoria do Numancia en San Sadurniño (1-6), son os da terra do gran Marcelino os que lideran con 24, por 22 de Portuarios, 19 de As Pontes e 18 dun Narón BP que perdeu 4-1 co Perlío. Próxima visita ó sempre perigoso Eume. Xogaron Manuel, Caínzos, Jorge, Moi, Jandro, Cabarcos, Nahúm, Iván, Alex Fernández, Casas e Andrés, saíndo na segunda metade Ángel, Iago, Alex Blanco, Rey e Brais Blanco.  Catro goles de Casas, que se resarciu das ocasións erradas ante o Numancia, Iván, Jandro, Alex Fernández, Nahúm e Rey.

xuvenil_0001

xuvenil_0002

xuvenil_0003

xuvenil_0004

xuvenil_0005

xuvenil_0006

xuvenil_0007

xuvenil_0008

xuvenil_0009

xuvenil_0010

xuvenil_0011

xuvenil_0012

xuvenil_0013

xuvenil_0014

xuvenil_0015

xuvenil_0016

xuvenil_0017

xuvenil_0018

xuvenil_0019

xuvenil_0020

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes-Cultural Maniños (0-3)
Derrota do equipo feminino diante do Cultural Maniños (0-), equipo que se mantén cuarto con 44 puntos, lonxe dos 55 de Mandiá, 53 de R. Ferrol e 52 de San Sadurniño. O As Pontes é sétimo con 30 puntos, e a próxima semana visita ó Cedeira, penúltimo clasificado.  Xogaron Paula Baamonde, Noelia Santalla, Indira, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Nuria, Carlota, Andrea, Uxía e Xeila.

feminino_0001

feminino_0002

feminino_0003

feminino_0004

feminino_0005

feminino_0006

feminino_0007

feminino_0008

feminino_0009

feminino_0010

feminino_0011

feminino_0012

feminino_0013

feminino_0014

feminino_0015

feminino_0016

feminino_0017

feminino_0018

feminino_0019

feminino_0020

1ª AUTONÓMICA CADETE
Galicia de Caranza B-CD As Pontes  (2-3)
Boa, aínda que sufrida vitoria do equipo cadete ante o Caranza B, por 2-3, o que lle fai seguir na segunda posición, empatado a 25 puntos con Portuarios e a catro do líder R.Ferrol B. Reciben ó complicado Ortigueira, equipo que está cuarto con 20 puntos. O As Pontes adiantouse cos goles de Sergio Otero, Jandro e Adrián, pero dous goles de Julián, aínda xogando con dez, nos últimos minutos puxeron a incerteza no marcador. O complicado David Sierra amoestou a Ayrton, Jorge, Manuel, Sergio e polos visitantes a Diego e expulsou a David no 51´. Xogaron Lino, Manuel, David, Antón, Sergio Fraga, Ayrton, Josiño, Sergio Otero, Jandro, Adrián, Jorge saíndo no segundo tempo Alberte, Carlos, Bruno e Malena.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
CD As Pontes-SD Rápido de Neda  (3-0)
Bo triunfo do equipo infantil o venres 3-0 ó Rápido de Neda. Son quintos con 22 puntos nunha clasificación liderada por Eume (37) e R. Ferrol B (36). Próxima visita ó Narón BP, cuarto con 29 puntos.  Xogaron: Andrés, Alex, Antonio Carballeira, Javier, Germán (2), Alejandro, Mateo, Chema, Brais, Dani, Jose, saíndo na segunda metade Joan (1), Xan, Andrea, Juan e Antón.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

infantil_0007

infantil_0008

infantil_0009

infantil_0010

infantil_0011

infantil_0012

infantil_0013

infantil_0014

infantil_0015

infantil_0016

infantil_0017

infantil_0018

infantil_0019

infantil_0020

LIGA ALEVÍN
R. Ferrol D-CD As Pontes  (1-3)
CD As Pontes B-Cedeira SD B  (2-8)
Venceu o Alevín A ó R. Ferrol D (1-3), goles de Alejandro López, Yadai e Eloy, e lidera indiscutiblemente o grupo terceiro con pleno de 9 vitorias e 27 puntos, seguido do Amistade de Meirás B con 19. Próxima visita ó Cultural Maniños, sétimos, no comezo da segunda volta. Derrota do Alevín B (2-8), goles de Sergio e un en propia meta, ante o líder do grupo cuarto, o Cedeira B. No duelo entre os equipos que acompañan ó As Pontes nos postos de abaixo venceu o R.San Pedro B ó Cañoles por 3-7, co que os verdes suman catro puntos, por tres dos amarelos e un dos azuis. Comezan a segunda volta recibindo ó Portuarios B, quinto.

LIGA BENXAMÍN
Eume Deportivo-CD As Pontes  (4-2)
CD As Pontes B-Eume Deportivo B (4-1)
Derrota do Benxamín A ante o Eume (4-2), goles de Iago e Alex Montero. Acaban a primeira volta penúltimos con 6 puntos, e comezan a segunda, visitando a O Val, cuarto con 18, os mesmos que R Ferrol, Narón BP (19), e Galicia Caranza (24), líder deste grupo primeiro. Xenial o Benxamín B, que logrou a súa segunda vitoria no grupo terceiro logo de golear ó Eume B por 4-1, cos catro goles de Diego Purriños. Comezan a segunda volta contra o R. Ferrol C, equipo co que están empatados a seis puntos e que lles gañou na primeira xornada por 7-2.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

benxamin_0013

benxamin_0014

benxamin_0015

benxamin_0016

benxamin_0017

benxamin_0018

benxamin_0019

benxamin_0020

benxamin_0021

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes-R. Ferrol B  (1-0)
SDCR Narón O Freixo B-CD As Pontes B (0-12)
Gran vitoria do Prebenxamín A, 1-0 ante o R. Ferrol B, con gol de Antonio, e sitúase décimo con oito puntos neste grupo primeiro dos mellores, que comeza a segunda volta co liderato de EFR Ferrol e O Val (29). Próxima visita ó Galicia de Mugardos, cuarto. Contundente vitoria do Prebenxamín B, 0-12 na casa do colista deste grupo terceiro, o Narón O Freixo B. Os ponteses son segundos con 25 puntos, a 4 do líder Narón BP, que empatou 1-1 co Rápido de Neda B, terceiro con 23. Reciben ó penúltimo, Cultural Maniños, a vindeira xornada. Tres de Xoel, dous de Xalo e Nicolás, Diego Ortigosa, Paulo, Juan, Diego Solano e Xavi.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

prebenxamin_0016

prebenxamin_0017

prebenxamin_0018

prebenxamin_0019

prebenxamin_0020

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: