CD As Pontes Feminino

O PONTÉS NOE CALVO PARDO, CAMPIÓN DA COPA DE HUNGRÍA

Sensacionais noticias as que nos chegaban esta fin de semana pois o pontés Noé Calvo Pardo “Yombo” viña de gañar a Copa húngara, o seu segundo trofeo no país maxiar, trala Supercopa de principios de temporada.

Esta é a segunda competición copeira consecutiva que logra o pívot pontés, pois o ano pasado xa gañara co seu equipo portugués, o Fundao, a Copa Lusa, tras vencer ó mítico Benfica de Lisboa, Campión de Europa en 2010, por un emocionante 7-6.

O equipo de Noé, o Raba Gyori Eto, que actualmente se atopa inmerso na loita pola Liga entre os seis mellores equipos da Fase Regular, competición que por certo vai liderando, venceu na final 4-1 ó Vezsprem, por outra parte, clube mítico de Balonmán, dobre campión da Recopa de Europa.

Tras unha primeira metade que remataba con empate a 1-1, gol inicial de Palomeque, tres goles no segundo tempo, dobrete de Droth, e o último do ex Campión de Europa co interviú e coa Selección Española, Juanra, daban a copa ó conxunto verdibranco.

O equipo clasificara para a final o día anterior tras vencer con remontada incluida o Campión da Liga do ano pasado, e que esta tempada se clasificou entre os 16 mellores conxuntos de Europa, o difícil de pronunciar Berettyoujfalu, que comezou gañando 3-1, pero acabou perdendo 3-7, con gol incluido do pontés.

O equipo húngaro está dirixido por Jordi Illa, e contaba nas súas filas con catro españois, o mítico Juanra, Palomeque, Solano, Noé, e incorporouse hai pouco Mimi, ex de Azkar Lugo e Burela.

hungria_1

hungria_2

hungria_3

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: