CD As Pontes Feminino

ADEUS A MODESTO, ANTIGO XOGADOR DO CD ENDESA AS PONTES

Este sábado recibiu sepultura no cemiterio da parroquia pontesa do Aparral Modesto García López, quen a finais da década dos setenta e principios dos oitenta do pasado século xogara no Club Deportivo Endesa As Pontes, onde era coñecido polo seu nome de pila.

Nacera Modesto nesta pequena parroquia pontesa o 11 de abril de 1962. Comezou a súa andaina futbolística na tempada 1977/78 no conxunto xuvenil do Endesa As Pontes pasando ó cadro titular na 1979/80. Nesa época o conxunto pontés militaba no grupo norte da Primeira Rexional galega. Celso Roca era o adestrador dun Endesa no que estaban, entre outros, Expósito, Moro, Zurdo, Juan Recemel, Quico, Chao (falecido o pasado decembro), Beceiro, Vilaboy, Rivera, Somaza, os irmáns Rebolo.

O posto habitual de Modesto era o de dianteiro centro. No equipo pontés estivo dúas tempadas disputando 28 partidos na segunda (1980/81) marcando cinco goles. Posteriormente xogou en equipos da comarca chairega, como o Muras (hoxe desaparecido) e o Santaballés. Este sábado familiares e amigos déronlle o derradeiro adeus a Modesto, persoa que sempre fixo honra ó seu nome, modesta, sinxela e que gozou da amizade de moitos. Descanse en paz. (AF).

modesto_1

modesto_2

Nova cortesía de A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – MOSTEIRO BEMBRIVE FS (1-4)

Derrota do Esteo ante o segundo clasificado da Liga, o Mosteiro de Bembrive, equipo que reúne no seu plantel ó mellorciño de Vigo, e vai con 40 puntos, a un do líder Cidade de Narón e cinco por riba do terceiro, o Noia.

O encontro chamaba ó espectáculo coa presenza nas gradas de Adrián López, Pellón e Cañizares, entre outros. Un Adrián que marcha este luns e o seu equipo o Montreal Impact xogará as semifinais da Copa Concacaf co Alajuelense de Costa Rica, a outra, o Herediano do mesmo país, co América de México.

Rapidamente se adiantaron os visitantes por medio de Mario, e logo tivo o Esteo dúas ocasións claras, converténdose o xogo nun toma e daca nos últimos minutos. Despois do descanso puido empatar Ferreiro pero sacou o porteiro co corpo. Non perdoou o equipo vigués e tras unha contra, Mario cédella a Jhony que marca a pracer.

Un tiro cruzado de Héctor precedeu a un xogadón de Chelito que non desmerecería na Copa de España, regatea a varios xogadores e dispara á cruceta dende moi lonxe. Foi nun erro defensivo cando Morgade batía por alto a Javichu mediado o segundo tempo e poñía o 0-3.

Pero respostaba Bolly pelexando un balón ó porteiro rival e cedéndollo a Fran que batía por baixo e poñía emoción no marcador. Nunha boa xogada por banda de Púas, pica o balón, e o porteiro desvía o xusto para que non empale Fran. Logo salva Javichu un tiro a boca de xarro de Mariokele.

Con porteiro xogador salvou dúas Gerardo e unha foi preto do poste local, ata que a falta de 8 segundos Mariokele poñía a sentencia.

Segue o Esteo cos eternos 15 puntos, por 8 de Leis e un de Ventorrillo. Próxima visita ó complicado Universidad de Valladolid, cuarto con 33 puntos e dous encontros menos. Na ida, empate a 4-4.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Ferreiro, Fran, Héctor, Bolly –cinco inicial- Pelu, Púas, Tucho, Gerardo e Cagi.

MOSTEIRO BEMBRIVE FS: Kuka, Mariokele, Morgade, Chelito, Mario –cinco inicial- Fiou (p.s), Eloy, Jacobo, Bruno, Berni, Cora, Jhony.

ÁRBITROS: Menéndez Nistal (Viveiro) e Raquel Manteiga (A Coruña). Amoestaron a Cagi, Gerardo e Jacobo.

GOLES: Min. 2 (0-1), Mario. Min. 23 (0-2), Jhony. Min. 30 (0-3), Morgade. Min. 31 (1-3), Fran. Min. 40 (1-4), Mariokele.

INCIDENCIAS: Partido da décimo oitava xornada, sétima da segunda volta, do grupo primeiro da Segunda División B disputado este sábado á tarde no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha asistencia duns 150 afeccionados.

esteo-mosteiro_0002

esteo-mosteiro_0003

esteo-mosteiro_0004

esteo-mosteiro_0005

esteo-mosteiro_0006

esteo-mosteiro_0007

esteo-mosteiro_0008

esteo-mosteiro_0009

esteo-mosteiro_0010

esteo-mosteiro_0011

esteo-mosteiro_0012

esteo-mosteiro_0013

esteo-mosteiro_0014

esteo-mosteiro_0015

esteo-mosteiro_0016

esteo-mosteiro_0017

esteo-mosteiro_0018

esteo-mosteiro_0019

esteo-mosteiro_0020

esteo-mosteiro_0021

esteo-mosteiro_0022

esteo-mosteiro_0023

esteo-mosteiro_0024

esteo-mosteiro_0025

esteo-mosteiro_0026

esteo-mosteiro_0027

esteo-mosteiro_0028

esteo-mosteiro_0029

esteo-mosteiro_0030

esteo-mosteiro_0031

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 13-14-15 / MARZO / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
UD Barbadás – CD As Pontes (0-2)
Moi ben o primeiro equipo, que gañou 0-2 en Barbadás ante un rival directo. Marcou Bossa no primeiro tempo (32´) e Nano no segundo desde 50 metros (77´). Xogaron Souto, Hugo, Nano, Rochela, Chote, Dani (Piña 80), Iván, Bossa, Amado (Alex 70´), Chicho (Javi 85´) e Pablo Domínguez. Segue undécimo o As Pontes, pero xa se distancia do descenso en dez puntos. As Pontes 42, Vilalbés 41, Bergantiños 40, Silva 37, Barbadás 36, Laracha 33, e en descenso Boiro e Sanxenxo 32, Areas 19 e Bertamiráns 7. Debe asegurar dúas vitorias o As Pontes para garantir a permanencia. De momento, na vindeira xornada visita ó Poboado o gran equipo do Arousa.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – Estrella CF (6-0)
Goleada do segundo equipo ante o Estrella POR 6-0. A nota curiosa do encontro foi a presenza no club naronés de Jaime Cerdido Penabad (foto), gran xogador de fútbol sala que estivera no Esteo entre 2008 e 2010. Xogaron Krikry, Criado (1), Moisés, Carlos, Ross (1), Juan, Alex, Toni, Adán (1), Samu (1) e Lucho, saíndo no segundo período Totti, Brais, Danilo (2), Darío e o porteiro cadete Paulino Tembrás. Coa derrota do Galicia de Caranza na Capela (2-1) os ponteses achéganse á segunda praza. Miño 62, Galicia de Caranza 57 e As Pontes 53 cun partido menos, o que xogará este venres 20 ante o Numancia de Ares, quinto, para despois voltar a xogar o domingo contra o Perlío, sexto. Ó estar cuarto o Ortigueira con 40, a 13 puntos e con 5 xornadas por disputar, si que semella que os de Marco Roca xa teñen garantida a terceira praza.

autonomica_0031

autonomica_0030

autonomica_0029

autonomica_0028

autonomica_0027

autonomica_0026

autonomica_0025

autonomica_0024

autonomica_0023

autonomica_0022

autonomica_0021

autonomica_0020

autonomica_0019

autonomica_0018

autonomica_0017

autonomica_0016

autonomica_0015

autonomica_0014

autonomica_0013

autonomica_0012

autonomica_0011

autonomica_0010

autonomica_0009

autonomica_0008

autonomica_0007

autonomica_0006

autonomica_0005

autonomica_0004

autonomica_0003

autonomica_0002

autonomica_0001

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Meirás CF – CD As Pontes (2-3)
O Xuvenil venceu en Valdoviño ó Meirás 2-3 nun complicado partido, e aproveitou o empate do Portuarios en Pontedeume (1-1). Segue líder con 28 puntos, por 27 do Numancia e 26 dos arlequinados, que teñen un encontro menos. A vindeira xornada recibe ó Miño, sétimo. Xogaron Ángel, Brais Blanco, Jorge, Moi, Caínzos, Alex Cabarcos, Nahúm, Iván, Alex Fernandez, Casas (2) e Andrés saíndo no segundo período Antonio (1), Iago, Rey e Jandro.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
Gª Caranza – CD As Pontes (1-2)
Segue en boa liña o feminino, que este domingo gañou 1-2 en Caranza, co que se sitúa na sétima praza con 39 puntos. A vindeira semana recibirán ó líder con 62 puntos R. Ferrol, que quererá vingarse da súa única derrota (0-1) na liga, na primeira volta. Segundo é o Mandiá con 61 puntos. Xogaron Malena, Uxía, Indira, Andrea Pita, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Andrea Montero, Noelia Santalla e Noelia Ameneiro. Adiantou Carlota as azuis no primeiro tempo, e foi Andrea sobre o pitido final a que daba os tres puntos e anotaba o cuarto gol da fin de semana para os Montero Peteira.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Meirás CF – CD As Pontes (0-2)
Venceu o cadete (0-2) en Valdoviño ó Meirás, co que segue segundo con 32 puntos, por 35 de R. Ferrol B e 31 de Portuarios. Xogaron Lino, Fraga, David, Esteban, Antón, Ayrton, Josiño, Sergio Otero, Dani, Adrián, Jorge e saíron no segundo tempo Alberte, Carlos, Bruno e Manuel. A falta de dez minutos marcou Carlos e no desconto sentenciou David para un As Pontes que visitará na vindeira xornada ó Narón BP, quinto.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Cedeira SD – CD As Pontes (1-2)
Tamén gañou o infantil na súa visita a Cedeira (1-2). Xogaron polo As Pontes, Juan, Alex López, Antonio Carballeira, Javier, Alejandro, Antón Cillero, Mateo, Chema, Joan (1), Antón Paz (1), Jose saíndo na segunda metade Andrea, Germán, Vicente, Brais e Azoin. Sextos con 26 puntos, reciben a vindeira xornada ó Cultural Maniños, duodécimo con 6 puntos.

LIGA ALEVÍN
Meirás CF – CD As Pontes (2-2)
CD As Pontes B – Cañoles CF (1-5)
Novo tropezo o alevín A, 2-2 en Valdoviño ante o Meirás, un gol en propia meta e outro de Alejandro López a pouco do final salvaron un punto. No duelo de perseguidores, o Amistade de Meirás B venceu 1-3 ó R. Ferrol B, co que os azuis son líderes deste grupo terceiro con 32 puntos por 28 dos de Valdoviño. O As Pontes recibe ó perigoso Rápido de Neda, cuarto. No único encontro no que podía o alevín B sacar algo positivo neste grupo cuarto, perdeu 1-5 ante o Cañoles do Barqueiro, con tanto de Joao. A semana que vén visitan ó Barallobre, quinto.

alevin_0015

alevin_0014

alevin_0013

alevin_0012

alevin_0011

alevin_0010

alevin_0009

alevin_0008

alevin_0007

alevin_0006

alevin_0005

alevin_0004

alevin_0003

alevin_0002

alevin_0001

LIGA BENXAMÍN
O Freixo Narón – CD As Pontes (5-3)
CD As Pontes B – EF Cabanas (3-2)
O benxamín A perdeu 5-3 ante o Narón O Freixo, no grupo primeiro, os tres de Alex Montero, e recibe ó Narón BP, cuarto. Sensacional o Benxamín B, que venceu 3-2 ó líder EF Cabanas, goles de Martín, Ali e Augusto, co que abandona a última praza deste grupo terceiro para situarse noveno con dez puntos, antes de visitar ó Meirás, un punto por riba.

benxamin_0015

benxamin_0014

benxamin_0013

benxamin_0012

benxamin_0011

benxamin_0010

benxamin_0009

benxamin_0008

benxamin_0007

benxamin_0006

benxamin_0005

benxamin_0004

benxamin_0003

benxamin_0002

benxamin_0001

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes (descansou)
CD As Pontes B – SD Barallobre (4-0)
Descansou o prebenxamín A, que o vindeiro sábado recibe ó colista Ánimas, mentres que o prebenxamín B venceu por 4-0 ó Barallobre no terceiro grupo, o que unido á xornada de descanso do líder, fai que Narón BP conte con 35 puntos por 34 dos azuis que a semana que vén descansan. Goles de Xalo, Xoel, Diego Ortigosa e Nicolás.

prebenxamin_0015

prebenxamin_0014

prebenxamin_0013

prebenxamin_0012

prebenxamin_0011

prebenxamin_0010

prebenxamin_0009

prebenxamin_0008

prebenxamin_0007

prebenxamin_0006

prebenxamin_0005

prebenxamin_0004

prebenxamin_0003

prebenxamin_0002

prebenxamin_0001

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e A.F.

O ZALAETA CONSEGUE DEFINITIVAMENTE O PASE Á FINAL

Este sábado disputáronse os 16 minutos restantes do encontro de semifinais que enfrontaba ó Fendetestas co Zalaeta de Arteixo.

A pesar da vontade coa que saíron os xogadores ponteses e de achegarse ata en tres ocasións preto da liña de ensaio non puideron conseguir eses cinco puntos que lle deran a vitoria. Moito mérito, iso si, pois xogaban con dous menos, trece contra quince.

Pero definitivamente foi o Zalaeta o que gañou 5-9, e logrou praza na final. Enfrontarase a vindeira semana en Lalín ó locatario Coretti por un posto na Primeira Territorial Galega.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: