—
DOUS OUROS PARA GABRIEL CORRALES NO CAMPIONATO GALEGO
O pasado sábado en Noia o xove deportista pontés de 13 anos Gabriel Tembrás Corrales sumou dous novos éxitos á súa curta pero brillante traxectoria deportiva.
O taekwondista do Moo Duk Kwan de Vilalba Participou no Campionato Galego Senior de Técnica e Freestyle, especialidade da que é Campión Europeo, e 7º do Mundo, Junior, e acadou dúas medallas de ouro.
En Cadete Individual impúxose por diante de Manuel Paz, prata, e Ángel López e Daniel Redondo, bronce. Por parellas gañóu xunto a Beatriz Felpeto por diante de Bárbara Di Martino e Manuel paz, prata, e Nerea Budiño e Daniel Redondo, e Alma Pérez e Luis Silva, bronces.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
Un xogador do Fendetestas convocado pola selección galega absoluta
O rugbier pontés Joel Carballeira Orjales, nado en 1989, foi convocado para un partido de adestramento da selección galega absoluta, que terá lugar este sábado día 21 nin máis nin menos que contra o Blussens Universidade de Vigo RC, único equipo galego na División de Honra. Joel soe xogar de oito e na terceira liña.
Foron convocados os seguintes 30 xogadores:
CR Ferrol: Gustavo Piñón, Francisco Usero, Álvaro Muñoz, Miguel Rodríguez, Nicolás Cartelle, Mauro Álvarez, David Martínez.
Campus Universitario Ourense: César García, Luis Pereira, Adolfo Martínez, Alejandro Pérez, Santiago Alonso, Jorge Puga.
Os Ingleses Vilagarcía RC: Jesús Moure, Marcos Romero, Iván Tiago, Antón Teijeiro.
CRC Pozuelo: Gonzálo Vázquez, Yago Vázquez
Vigo RC: Agustín Bargiela, Brais Sánchez
Muralla Lugo RC: Javier Táboas, Jorge Pereira
Mareantes RCP Pontevedra: Nathan Blyth, Gonzalo Valencia
CR Cisneros: Eloy Ortiz
Salamanca RC: Rubén Sueiro
Keltia Ourense RC: David Recuerda
CR Coreti Lalín: Daniel Fuentes
Fendetestas RC: Joel Carballeira.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO
O piraguista pontés Borja Prieto Valera deprazouse esta fin de semana co seu equipo, o Covadonga, ata Sevilla para a disputa do Campionato de España de 2000 e 5000 metros.
Sobre a distancia dos dous kilómetros, proba disputada o sábado, foi 19º cun tempo de 7:44:13, gañando o gran Paco Cubelos, por diante de Íñigo Peña e o ex Campión Mundial Diego Cosgaya. O Campión Mundial sub23 Rubén Millán foi o mellor galego, cuarto.
Nos cinco kilómetros do domingo foi 55º cun tempo de 22:15:08, gañando o ex compañeiro de Borja de K4 na selección española, o vasco Íñigo Peña, sendo segundo o Campión de Europa Sub23 Roi Rodríguez, e outra vez terceiro Cosgaya.
Moi ben por equipos o Covadonga, onde adestra Borja, que foi quinto, por detrás do inigualable Tudense, Aranjuez, Sevilla e Palma.
Nova cortesía Xose Ferreiro
—
TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – AROUSA SC 2
Reparto de puntos no encontro disputado na tarde de hoxe entre As Pontes e Arousa, partido que tivo 8 minutos frenéticos nos que se marcaron os catro goles.
Enfrontabanse curiosamente os dous equipos galegos máis históricos de Segunda División B dos que non pertencen a grandes cidades, As Pontes (8º) e Arousa (9º). Por diante estarían Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, Celta B, Compostela e Deportivo B. Décimo estaría o Lalín. Tamén curiosamente, contando o 18º enfrontamento de hoxe, son os visitantes os que dominan no Poboado con 7 vitorias por 6 empates e 5 derrotas, con 17 goles para cada un.
Antes do festival goleador avisou o cadro visitante cun remate cruzado de Pablo que se vai por pouco (9´) e polos locais un centro chut de Dani que desvía Lucas (28´).
Cumprida a media hora, tras unha xogada a balón parado, agarra o lateral esquerdo Alex Freire a Nano dentro da área e o colexiado decreta penalti, que lanza Bossa, detén Lucas, pero o rexeite aproveitao Dani para situar o 1-0 no electrónico (32´).
Isto espoleou ós visitantes, e tras un balón perdido por Amado, os locais non se replegan ben, perfecto contragolpe dos arlequinados, e Cubas cedella a Eloy, ex compañeiro de Alex Cabarcos na galega sub18 subcampiona de España, quen, so, controla e marca (36´).
Pouco despois noutra contra é Nando quen marca, tras un bo tiro cruzado ante a saída de Souto, eso si, parece estar en claro fora de xogo (38´).
Non se amedrentou o cadro local, e pouco despois, saque de falta de Bossa, que engana i en lugar de rematar a porta cedella rasiña a Amado que se desmarca e anota de forte zapatazo en carreira (2-2).
Incluso antes do descanso puido poñer o terceiro Javi, pero rematou frouxo (43´). Nota o cadro local as ausencias arriba de Arias e Chicho.
Xa no inicio do segundo tempo o As Pontes achuchou con moitas xogadas de estratexia botadas por Bossa, nunha, Nano cabecea fora por pouco tras desviar un defensa a córner (47´), e noutra Dani remata forzado cara atrás e logo quedalle franco o balón a seu irmán Chote, pero o seu disparo rebota nun defensa (54´).
Entremedias tamén foi un incordio o ex internacional sub16 Quique Cubas, que fixo un pase en profundidade a Eloy e salva Marcos con apuros (51´).
Puido anotar o Mago de Viveiro Bossa, pero o seu precioso lanzamento de falta desde uns 25 metros estampouse na cruceta (66´).
Estivo máis fresco nos últimos minutos o Arousa, e así o prometedor Javi Pazos escapouselle a Hugo por banda esquerda e o seu perigoso centro salvouno outro defensa (81´). As máis claras ocasións visitantes no segundo período nos pes de Quique Cubas. A primeira, tras un claro empurrón e desprazamento a Rochela, queda so e manda un zapatazo que Souto desvía a córner (83´). Tralo posterior saque sorprendentemente controla so dentro da área e sorte que o seu chut franco marchase por alto (84´), ante un As Pontes raro nos últimos minutos que alternaba a Dani e a Alex en punta.
Nada máis saír ó campo disparo dende fora da área de Samuel que marcha por pouco (88´).
Non se moveu o marcador e o Arousa quedase con 46 por 43 dos ponteses que aínda que baixan dous postos seguen 11 puntos por riba do descenso antes de visitar ó Choco.
CD As Pontes. Marcos Souto, Hugo, Nano, Chote, Rochela, Dani, Iván (Samuel 88´), Bossa, Javi (Alex Cabarcos 65´), Amado (Fidi 78´), Domínguez
Arousa SC. Lucas, Juanjo, Alex Freire, Martín, Juan Domínguez, Pablo Vázquez (Gregor 76´), Nando, Vixo, Quique Cubas, Camiño, Eloy (Javi Pazos 76´).
Goles: 1-0, Dani (32´), 1-1, Eloy (36´), 1-2, Nando (38´), 2-2, Amado (40´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores, en tarde fría e soleada. Partido da trixésima xornada.
Árbitro: Óscar López Fernández (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Soto Eiroa e Lema Arranz. Amoestou a Piscis, Iván Rodríguez, Hugo, Iván González, Alex Freire, Martín, Vixo e Quique Cubas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
—
CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 19-20-21-22 / MARZO / 2015
TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – Arousa SC (2-2)
O primeiro equipo empatou a 2-2 contra o Arousa, e a pesar de que se viu superado na clasificación por Vilalbés e Bergantiños, as derrotas de Laracha, Boiro e Sanxenxo, incluso as de Silva e Barbadás, fai que aínda sume un punto máis sobre o descenso e agora o colchón é de 11 puntos con oito xornadas por diante. Complicada visita ó Choco, quinto, a semana que vén. As Pontes 43, Silva 37, Barbadás 36, Laracha 33, e en descenso Boiro e Sanxenxo 32, Areas 20 e Bertamiráns 7.
SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – SDR Numancia de Ares (2-1)
CD As Pontes B – CCRD Perlío (3-1)
Fin de semana maratoniano o do segundo equipo que xogou o venres e tamén o domingo, e ante dous grandes equipos. O venres conseguiu vencer ó Numancia de Ares por 2-1. Da primeira metade resaltar un posible penalti reclamado polo cadro visitante, e da segunda un xogo moi disputado e cando parecía que o resultado ía ser de 0-0 a pouco do final anotaba o As Pontes dous goles en apenas un minuto. Primeiro era Adán quen recollía un balón centrado que se paseaba pola área rival para marcar de forte zapatazo, e despois era Samu quen se prantaba so ante o porteiro rival, Carlos Arnoso, ex selección ferrolá sub17, para marcar de punteira por baixo. Antes de que o colexiado sinalase o final, maquillaron o marcador os visitantes cun tanto de cabeza. Xogaron Krikry, Criado, Rubén, Carlos, Ross, Juan, Fernando, Toni, Marcos Novo, Samuel, Javi, e no segundo tempo Adán, que voltaba despois de moito tempo, Totti, Danilo Lucho e Darío. Resaltar a xuventude do trío arbitral.
Xa o domingo á mañá vencían ó Perlío 3-1. Acabou a primeira metade con empate a 1-1, gol temperán de Totti, para despois no segundo tempo igual que acontecera o venres, sentenciar en un minuto, primeiro poñendo o 2-1 por medio dun tiro cruzado do malabarista de Cedeira Toni, e despois o 3-1 nunha xogada brillante de equipo na que Criado pasa a Ross e este a Marcos Novo que so ten que cabecear. Xogaron Tembrás, Criado, Rubén, Carlos, Totti, Juan, Nando, Toni, Adán, Ross, Lucho e no segundo tempo saíron Krikry, Marcos, Darío, Danilo e Brais. Tralo tropezo do Galicia Caranza ante o Rosalía na casa, 2-2, póñense segundos os azuis con 59, por 65 do Miño e 58 dos ferroláns. Outro partido na casa a vindeira semana, co perigoso Mandiá, sexto.
1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes – AD Miño (7-1)
Xenial o xuvenil, que afianzou o seu liderato goleando ó Miño por 7-1, pero tamén gañou o Numancia e o Portuarios, así que a clasificación queda con As Pontes 31, Numancia 30 e Portuarios 29. Semella que estes tres equipos xogaránse a Liga, e máis tendo en conta que se enfrontan entres os tres nas tres últimas xornadas. De momento, ó As Pontes tócalle visitar ó perigoso Perlío. Chegouse con 2-0 ó descanso nun encontro no que se saíu Alex Fernández, que marcou 4 goles, un deles de volea de costas á portería, e serviu outro en bandexa a David Rey, que anotou dous e o primeiro foi do capitán Jandro, de penalti. Na prolongación anotou o da honra de penalti o equipo visitante que case lle costa a expulsión a un gran central como Moi. Xogaron Ángel, Caínzos, Andrés, Moi, Jandro, Cabarcos, Nahúm, Iván, Alex Fernández, Casas e Brais, saíndo no segundo tempo Antonio, Rey, Iago e Paulino.
SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes – R. Ferrol (0-0)
Moi grande o equipo feminino, que se converte no mataxigantes da categoría. O líder Mandiá perdeu aquí 2-1 hai unas semanas, e o Racing de Ferrol perdeu nin máis nin menos que 5 puntos ante as azuis, 0-1 en campo ferrolán e 0-0 este sábado no Poboado. A pesar da calidade das verdes e das ocasións, as boas intervencións de Malena e o traballo defensivo de Nuria, Andrea e Noelia Ameneiro, entre outras, mantiveron a porta a cero. Incluso a propia Noelia, as dúas Paulas e Carlota tiveron algunha que outra aproximación. Xogaron Malena, Uxía, Noelia Santalla, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Paula Baamonde, Andrea Pita, Paula Castro, Carlota, Xeila e Andrea Montero. Sétimas con 40 puntos, 64 ten Mandiá e 63 Ferrol, visitan ó Santa Mariña, noveno.
1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes – Narón BP (5-2)
Moi ben o cadete, que se impuxo 5-2 a un rival directo como o Narón BP, en partido xogado o venres. Coa contundente vitoria do Racing de Ferrol B por 6-0 ante o Portuarios, os verdes suman 38 por 35 de As Pontes e 31 dos arlequinados. Xogaron Lino, Fraga, Bruno, Esteban, Antón, Ayrton, Pita (1), Josiño (1), Jandro (1), Adrián (1), Jorge (1) e no segundo tempo saíron Alberte, Dani, Alex Barro, Manuel e Malena. Reciben ó Perlío, décimo.
1ª AUTONÓMICA INFANTIL
CD As Pontes – Cultural Maniños SD (0-1)
Todo o contrario o infantil, que tras levar unha segunda fase mellorable; tendo en conta que gañaron os seus 7 partidos de copa e pasaron a semifinais; perdeu na casa co Cultural Maniños, antepenúltimo clasificado e que so levaba dúas vitorias no seu casilleiro por 15 derrotas. Así, os azuis quedan sextos con 26 puntos, visitando a semana que vén ó Amistade de Meirás, quinto con 5 puntos máis. Xogaron Nesy, Alex, Antonio Carballeira, Javier, Germán, Alejandro, Mateo, Chema, Joan, Antón Paz e Xan, saíndo despois Jose, Vicente, Antón Cillero, Azoin e Brais.
LIGA ALEVÍN
CD As Pontes – SD Rápido de Neda (5-1)
SD Barallobre-CD As Pontes B (5-0)
Voltou á senda da vitoria o Alevín A e gañou 5-1 ó Rápido de Neda, tres de Xoel Purriños e un de Alejandro López e Iker. Segue líder con 35 puntos por 31 de Amistade de Meirás B, e 28 de EFR Ferrol B, equipo ó que visitan a vindeira semana. Derrota do Alevín B, 5-0 ante o Barallobre. Próxima semana reciben ó Libunca, sexto.
LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes – Narón BP (3-3)
Meirás CF – CD As Pontes B (8-5)
Despois de moito tempo sen puntuar, sacou un empate (3-3) o Benxamín A na liga dos mellores ante o Narón BP antes de voltar a recibir, décimos con 7 puntos, ó Galicia de Mugardos, oitavo con 3 puntos máis. Sen embargo, escapóuselles un encontro que tiñan case gañado, con 2-0 e 3-1 a falta de catro minutos, anotando Xandre, Alex Montero e Anxo Rey. Perdeu o Benxamín B 8-5 ante o Meirás, que ía un punto por riba, tres de Diego Purriños, un do seu irmán Ángel e outro de Augusto. Novenos con 10 puntos reciben na vindeira xornada ó R. Ferrol B, quinto.
LIGA PREBENXAMÍN
Ánimas SD – CD As Pontes (3-9)
CD As Pontes B (descansou)
Triunfo do Prebenxamín A (3-9) ante o Ánimas, dobrete de Diego Lozano, Xalo García e Alejandro Leal e un de Antonio Graña, Sergio e en propia meta. Sétimos con 14 puntos, reciben ó líder R. Ferrol. Descansou o Prebenxamín B, que segue segundo con 34 puntos, a catro do Narón BP, visitando a semana que vén ó Animas B, sexto.
Nova de X.A. Ferreiro e A.F.
—
REMATOU A LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES CO MOBLES EUME COMO CAMPIÓN
A pasada fin de semana finalizou a liga de fútbol de veteranos de As Pontes proclamándose campión o Mobles Eume, equipo que totalizou 46 puntos de 48 posibles, xa que gañou quince encontros e só cedeu un empate ante Electricidad J&O. En segunda posición quedou Bar Xardín e As Pontes 74 foi terceiro clasificado.
Cendán, de Mobles Eume, foi o máximo goleador do campionato con 21 goles, seguido de Cascudo (Bar Xardín), con 20. Mobles Eume tamén foi o equipo que menos goles recibiu, 12, por 14 La Galaxia e 22 Bar Xardín.
O vindeiro domingo comeza a competición de copa cos nove equipos divididos en dous grupos. No A estarán Bar Xardín, As Pontes 74, A Cepa, La Galaxia e Electricidad J&O, e no B, Mobles Eume, Farmavida, Galorient e MMYPEM.
A primeira fase será por sistema de liga a unha soa volta, lanzándose penaltis en caso de empate para desfacer posibles empates na clasificación final. Só queda eliminado nesta primeira fase o equipo peor clasificado do Grupo A. Os restantes xogaran os cuartos de final, primeiros contra cuartos e segundos contra terceiros. As semifinais e final disputaranse o 16 de maio no campo do Poboado.
Na primeira xornada, 29 de marzo, enfrontaranse Bar Xardin-As Pontes 74 (10,00) e A Cepa-La Galaxia (11,00). Descansan Electricidad J&O e Grupo B.
RESULTADOS 18ª XORNADA
MMYPEM – Electricidad J&O (1-0) Juan
A Cepa – Bar Xardín (2-2) Ramón (2) / Javi (2)
M. Eume – La Galaxia (2-1) Carballo e Cendán / Juan Canosa
Galiorient – Farmavida (2-1) Xavi (2) / Vituco
Descansou: As Pontes 74
CLASIFICACIÓN FINAL
1º – MOBLES EUME – 46 PUNTOS
2º – BAR XARDÍN – 32 PUNTOS
3º – AS PONTES 74 – 27 PUNTOS
4º – LA GALAXIA – 25 PUNTOS
5º – GALIORIENT – 22 PUNTOS
6º – A CEPA – 19 PUNTOS
7º – ELECTRICIDAD J&O – 12 PUNTOS
8º – FARMAVIDA – 9 PUNTOS
9º – MMYPEM – 9 PUNTOS
GOLEADORES
CENDÁN (Mobles Eume) 21
JORGE CASCUDO (Bar Xardín) 20
FRANCÉS (A Cepa) 11
IVÁN FERREIRO (M. Eume) 11
JAVI (Bar Xardín) 10
TOMÁS (Galiorient) 10
EQUIPO MENOS BATIDO
1º MUEBLES EUME: 12 goles
2º LA GALAXIA: 14 goles
3º BAR XARDÍN: 22 goles
Nova cortesía de A.F.
—