CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS FIN DE SEMANA 27-28-29 / Marzo / 2015

Choco e As Pontes enfrontanse este vindeiro domingo en Redondela. Esta é a oitava campaña dos redondeláns na Terceira División, á que regresaron en 2013, 32 anos despois, e fixérono ó grande, pois a tempada pasada foron sextos tralo As Pontes precisamente, e nesta marchan quintos.

Sen embargo tentarán darlle a volta á xeira de malos resultados cos azuis dende o seu regreso, pois na 2013-14 o resultado foi de 2-4 en Santa Mariña e 3-2 no Poboado, namentres que nesta vixente tempada o resultado foi de 3-0 en campo pontés.

Tamén hai que resaltar que esa é a única vitoria pontesa como visitante, pois nos oito anteriores enfrontamentos rexistráronse sete derrotas dos ponteses e tan só un empate.

O equipo de Redondela gañou un dos seus tres campionatos galegos de afeccionados ante o As Pontes, na tempada 1962/63 cando se denominaba Calvo Sotelo, con vitoria pontesa no Poboado por 2-1 (goles de Lis e Paquiño) e 3-1 (gol de Seijas) en Redondela despois dunha prórroga.
Os seus máximos goleadores, Hugo Sanmartín (13) e Diego Silva (10), suman 23 dos 44 goles do equipo.

TERCEIRA DIVISIÓN (31ª xornada)
· C.D. CHOCO – C.D. AS PONTES
CAMPO DE SANTA MARIÑA, Redondela (Domingo 29 – 17,00 h)
ÁRBITRO: ALEJANDRO DEL RÍO AMOR (A Coruña)

SEGUNDA AUTONÓMICA
· CD AS PONTES B – MANDIÁ C.F.
Campo do Poboado, As Pontes (Domingo 29 – 17,00 h)

LIGA FEMININA F-8
· SANTA MARIÑA – CD AS PONTES
Campo da Gándara, Ferrol (Domingo 29 – 12,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
· CCRD PERLÍO – CD AS PONTES
Campo dos Pinares, Perlío (Sábado 28 – 12,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE
· CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado, As Pontes (Sábado 28 – 17,00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
· AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES
Campo de Atios, Valdoviño (Venres 27 – 18,15 h)

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
· R. FERROL B – CD AS PONTES
Campo da Malata 2, Ferrol (Venres 27 – 18,50 h)
· CD AS PONTES B – SD LIBUNCA
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 27 – 17,30 h)

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
· CD AS PONTES – GALICIA MUGARDOS
Campo dos Calzados, A Capela (Venres 27 – 18,30 h)
· R. FERROL B – CD AS PONTES B
Campo da Malata 3, Ferrol (Venres 27 – 19,05 h)

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
· CD AS PONTES – R. FERROL
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 27 – 18,30 h)
· SD ÁNIMAS B – CD AS PONTES B
Campo da Gándara 4, Ferrol (Venres 27 – 18,00 h)

Nova de XAF e AF

O ESTEO FUTBOL SALA

Unha vez conseguida a permanencia na categoría, o Esteo disputa o derradeiro partido fóra de Galicia e precisamente diante dun dos candidatos ó título (é terceiro a tres puntos do Bembrive e catro do Cidade de Narón), o Universidad de Valladolid. Partido, polo tanto, difícil para os ponteses, que tratarán cando menos puntuar, o mesmo que fixeron no pavillón da Fraga na primeira volta, partido que rematou con empate a catro goles. Despois, recibe a Albense e Ventorrillo e visita na derradeira xornada ó Cidade de Narón

SEGUNDA DIVISIÓN B 2014-15 (19ª Xornada)

UNIVERSIDAD DE VALLADOLID – O ESTEO F.S.
Sábado 28 – Marzo – 2015 (18,30 h)
Pavillón Fuente la Mora (Valladolid)

LIGA DA TERRA CHÁ (Fase Final)

Sábado 28 – Marzo – 2015

Polideportivo de Muimenta

Benxamín: GUITIRIZ FS -O ESTEO FS (11,30 h)
Prebenxamín: GUITIRIZ FS – O ESTEO FS (13,30 h)

As finais disputáranse o mesmo día a partir das 18,30 no polideportivo de Cospeito

Nova de AF

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: