CD As Pontes Feminino

FINAIS DA COPA XUNTA DE GALICIA DE FÚTBOL SALA

Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

O vindeiro mércores, 1 de abril, o pavillón da Fraga pontés será escenario das finais da Copa Xunta de Galicia tanto na categoría masculina como feminina. A primeira final será a de mulleres (19,00) entre o Burela FS e o Ourense FS. A continuación (21,00) enfrontaranse na final masculina O Parrulo de Ferrol e o Santiago Futsal.

O Esteo Fútbol Sala, equipo de Segunda División B, organiza este importante evento deportivo en colaboración coa Federación Galega de Fútbol Sala, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e o Concello de As Pontes.

CARTEL COPA XUNTA

Nova AF

Miguel Alvariño, segundo nas previas de individual e mixto e terceiro por equipos.

Boas noticias as que nos chegaban dende a cidade grega de Marathon onde o pontés Miguel Alvariño lograba o segundo posto nas tiradas eliminatorias do Grand Prix Europeo dos 155 participantes. Con 665 puntos tras 72 frechas, so o campión olímpico Mauro Nespoli puido quedar por diante del (672).

Este segundo posto fará que Miguel esteña exento das dúas primeiras roldas, ingresando directamente para os dezaseisavos de final contra o vencedor do duelo entre o suizo Aubert e o croata Gligorowski.

Juan Ignacio Rodríguez foi 14º e Antonio Fernández 61º. Con isto o cadro español é o 3º da previa por equipos, tras Italia e Ucrania, e hoxe enfronta en oitavos a Moldavia (14º).

Tamén a quinta praza de Miriam Alarcón en feminino conleva a que España sexa segunda en mixto, outra vez primeira Italia, e se enfronte en oitavos con Eslovenia (15º).

Hoxe son as roldas eliminatorias en individual e por equipos http://www.archeryeurope.org

Noticia cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO QUINTO E NOVENO EN GRECIA

Dobre xornada no Grand Prix Europeo que se está disputando na localidade grega de Marathon.

Nas roldas eliminatorias individuais de Recurvo Masculino Miguel foi o representante español que máis lonxe chegou. Trala súa segunda posición na previa, superou exento as dúas primeiras roldas, en dezaseisavos impúxose ó suizo Aubert por 7-3, e en oitavos ó polaco Sierakowski por 6-0. Pero en cuartos de final enfrontouse ó italiano Marco Morello, sétimo na previa e que chegaba vencendo todos os seus cruces por 6-0, e caeu Miguel por 2-6, acabando quinto.

Sendo 61º na previa, Antonio Fernández tívose que enfrontar nin máis nin menos que co italiano Marco Galiazzo (52º) e deuse o luxo, e sempre poderá dicir, que gañou ó doble campión olímpico en Atenas e Londres por 6-5 na frecha de desempate. Despois venceu ó ucraino Kuban (6-4), ó luxemburgués Pit (6-2), pero outro italiano cortoulle as alas en oitavos de final, Pasqualucci, que foi contundente, 0-6.

Juan Ignacio Rodríguez, 14º na previa, superou a primeira rolda tras vencer ó croata Remar (7-3), pero caeu na segunda ante o polaco Szafran (2-6). Pasqualucci e o ucraino Markiyan loitarán polo ouro namentres que polo bronce competirán os transalpinos Morello e Mandia.

En mulleres, Miriam Alarcón ó ser quinta da previa superou exenta dúas roldas, pero de pouco lle valeu pois en dezaseisavos caeu ás primeiras de cambio 2-6 ante a holandesa Der Kinderen. Alicia Marín (9º), exenta na primeira rolda, gañou na segunda á polaca Stanieczek (6-2), caendo en dezaseisavos ante a bielorrusa Dziominskaya (4-6). Adriana Martín (52ª) venceu á chipriota Korouna (6-2), á ucraina Marchenko (6-2), para caer en dezaseisavos ante a italiana Sartori (3-7). Nesta proba pleno italiano pois catro competidoras dese país loitarán polos tres metáis.

Si a actuación de Miguel foi moi boa a nivel individual, non se pode dicir o mesmo de España por equipos masculino, xa que coa terceira mellor marca caeron os españois (Alvariño, Rodríguez, Fernández) ante Moldavia (14º) por 3-5, de feito foi España o único dos oitos cabezas de serie eliminado por un equipo inferior nas clasificatorias. Bielorrusia ouro, prata para Holanda e bronce para Ucraina.

Moitas máis sorpresas houbo na competición por equipos feminina, xa que Francia (4º) caeu ante Estonia (13º), e sobre todo Rusia (1ª) ante Noruega (16ª). España (5º) venceu con apuros a Eslovenia (12ª) por 5-3, e non souberon aproveitar o tropezo francés pois tamén se viron sorprendidas en cuartos de final por Estonia 4-5 con 25-26 na frecha de desempate. Xeorxia ouro, prata para a locataria Grecia e bronce para Italia.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ESPAÑA E ALVARIÑO ACABAN QUINTOS A PROBA MIXTA

Finalizou o Grand Prix Europeo de Grecia para Miguel Alvariño coa proba de Recurvo Mixto.

Acudía España con certas posibilidades de acariciar o metal, non en van, calificaba coa segunda mellor marca dos 16 clasificados, co segundo posto de Alvariño e a quinta praza de Miriam Alarcón en féminas.

Pero o mundo do Tiro con Arco é moi azaroso, e así, ás primeiras de cambio, o primeiro clasificado da previa, Italia, perdeu na frecha de desempate co 16ª e calificado in extremis, Suiza.

España vencía con comodidade en oitavos a Eslovenia (15º) por 5-1, e encarou os cuartos coa posibilidade de meterse na loita polas medallas. Ía gañando 4-0 a Xeorxia, pero estos acabaron remontando ata impoñerse 4-5 e 19-20 nas frechas de desempate, acabando España na quinta praza.

Ningún dos catro primeiros na previa, Italia, España, Francia e Rusia, logrou chegar a semifinais e así impúxose Ucrania (5º), prata para Gran Bretaña (6º), bronce para Xeorxia (10ª),  e cuarto posto para Bielorrusia (8ª).

Alvariño finaliza coa quinta praza en mixto, sexta en individual, e novena por equipos

Nova cortesía de Xose Ferreiro

DOUS PONTESES NO ENCONTRO DA SELECCIÓN FERROLÁ SUB14

A selección ferrolá sub14 masculina disputará un partido de preparación este domingo ás 10:00 no campo de Aneiros, ante o Portuarios Cadete, equipo terceiro clasificado do Grupo Primeiro da Liga da Ría, por detrás de Racing de Ferrol B e As Pontes.

Para dito encontro o seleccionador decidiu levar a 22 xogadores, entre eles o medio Sergio Otero, e o dianteiro Dani Silva.

Os convocados son os seguintes:

Racing de Ferrol: Marcos Amado, Alberto Rodríguez, Adrián Fernández, Iván Guerrero, Borja Pita, Eduardo Blanco, Cristopher García
SCDR Galicia de Caranza: Juan Caínzos, Carlos Díaz, Martín Rico, Julián Nieto
SRD Portuarios: Pablo Couselo, Javier Muíño
Eume Deportivo: Alejandro Díaz, Eric Valcárcel
Racing San Pedro: Mario Granada, Manuel Penedo
CD As Pontes: Sergio Otero, Dani Silva
Narón BP: Marcos Nieto.
CCRD Perlío: Mateo Cociña
SD O Val: Iván Pérez

Nova cortesía Xose Ferreiro

DÚAS PONTESAS CONVOCADAS PARA O TROFEO CONCELLO DE FERROL

A porteira Malena Mieres e a media punta Carlota Pena son as xogadoras convocadas do CD As Pontes pola selección ferrolá feminina para a disputa desta primiera edición do Torneo Concello de Ferrol.

Por certo, Carlota, a única xogadora; xunto con Patri Dopico, que aínda xogou un par de partidos esta temporada; que se mantén dende a creación do equipo feminino, aló por finais de 2008.

Será un triangular entre o Victoria de A Coruña, o Peluquería Mixta de Friol (no que milita a pontesa Raquel Béjar Castro) e a selección ferrolá, e que comezará ás 16:30.

Previamente ós encontros do Xoves Santo, terá lugar un adestramento das vinte convocadas este luns día 30 ás 20:00 na Gándara.

As chamadas polo seleccionador, Alberto Fidalgo, son as seguintes:

SD O Val: Teresa Sequeiro, María Corral, Noemí García, Veronica Díaz, Nas Prieto, Laura Couce

Mandiá CF: Alba Permuy, Arantxa Casero, Yu Fernández, Eva Cardamás

San Sadurniño CF: Melissa Cauchy, Patricia Blanco, Paula Dopico

CCRD Cultural Maniños: Rebeca Veiga, Carolina Castro

CD As Pontes: Malena Mieres García, Carlota Pena Martínez

Racing de Ferrol: Noelia Leiras

Galicia de Mugardos SDC: Alba Pérez

Orzán SD: María Ameneiro

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: UNIVERSIDADE DE VALLADOLID FS – O ESTEO FS (3-3)

O Esteo perdeu dous puntos na súa visita a Valladolid, pero sobre todo unha vitoria de prestixio ante o terceiro clasificado, e garantir o antepenúltimo posto.

Remataba a primeira metade co 0-1 co solitario gol de Púas, anque os locais mandaron dous balóns ó poste nos primeiros 20 minutos. Mediado o segundo tempo e tras buscalo empataban os locais por medio de Ofa, pero volvía a poñerse o Esteo por diante cun bo tanto de Bruno Cagiao dende fóra da área.

Pero o último minuto foi eléctrico e así a falta de 30 segundos e con porteiro-xogador sobre a pista os locais poñían o empate por medio de Adri nun tanto que semellaba o definitivo.

Nada máis lonxe da realidade, o Valladolid seguiu atacando buscando a vitoria con cinco xogadores, pero a 5 cinco segundos do final anotou Púas dende o medio do campo o tanto que parecía que ía darlle o triunfo ós ponteses.

Pero quedou o Esteo cun palmo de narices cando tras sacar de centro e cunha xogada moi elaborada os locais empataban xusto antes de que sonara a bocina por medio de Molina.

Colmo de males para os ponteses, coa vitoria do Leis ante o Cuellar Cojalba (3-2), so manteñen 5 puntos de ventaxa sobre os pontevedreses con tres encontros por xogar. É moi interesante acabar a Liga con dous equipos por debaixo. O vindeiro partido será na casa o 11 de Abril frente o Albense.

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BASE
División de Honra Xuvenil: O Esteo FS – ACD Os Fornos (5-4)

FASE FINAL LIGA DA TERRA CHÁ (SEMIFINAIS)
Benxamín: Vilalba – O Esteo FS (3-0)
PreBenxamín: Guitiriz* – O Esteo FS (2-2)

FICHA DO PARTIDO

UNIVERSIDADE DE VALLADOLID FS: Josué, Mario, Balle, Adri, Leal –cinco inicial- Dani Martín, Molina, Jesu, Ofa, Miguel, Picolo, Félix.

O ESTEO FS: Javichu, Ferreiro, Gerardo, Héctor, Bolly –cinco inicial- Cagi, Pelu, Púas, Tucho.

ÁRBITROS: Alberto Macías Iglesias, Antonio Navarro Villanueva (Salamanca), Ana Hernández Moretón (Valladolid). Amoestaron a Ofa, Javichu, Ferreiro, Pelu.

GOLES: Min. 14 (0-1), Púas. Min. 28 (1-1), Ofa. Min. 32 (1-2), Cagi. Min. 39 (2-2), Adri. Min. 40 (2-3), Púas. Min. 40 (3-3), Molina.

INCIDENCIAS: Partido da décimo novena xornada, oitava da segunda volta, do grupo primeiro da Segunda División B disputado este sábado á tarde no Complexo Deportivo Fuente La Mora de Valladolid, que rexistrou un centenar de espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 27-28-29 / MARZO / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
CD Choco – CD As Pontes (5-0)

Catastrófico o primeiro equipo en Redondela (5-0), dous goles de Fernando Beltrán e un de Diego Silva, Aitor Gómez e Hugo Sanmartín de penalti. Os afeccionados ponteses adiantan uns días a penitencia de Semana Santa.
Dende 2011 non lle metían cinco goles ó As Pontes. Naquela tempada 2010/11, a do regreso á Terceira División, caera 5-0 o As Pontes en Cerceda un 13 de febreiro; se ben, antes do Nadal xa perdera en Bouzas por un contundente 7-0, aínda que conseguira salvarse acabando na undécima praza.
Este domingo foi o Bertamiráns o que recibiu o resultado máis avultado no que vai de Liga, 0-8 ante o líder Pontevedra, pero non lle faltou moito ó As Pontes de non ser polas boas intervencións de Marcos Souto. Curiosamente, o día anterior, o equipo veciño de Somozas era o orgullo de toda Galicia tras gañar ó Murcia 2-1.
Por sorte, os rivais en postos de descenso tampouco gañaron, ou perderon no mellor dos casos, e así Sanxenxo empatou en Vilalba 1-1, tras doce derrotas consecutivas, un Laracha en shock trala polémica arbitral perdeu 0-3 ante o Bergantiños, e o ex xogador do As Pontes, Fernando fíxolle un favor ós ponteses, tras empatar para o Ribadeo en Boiro 2-2 no último segundo.
Favores rivais que poden ser de vital importancia, tendo en conta que toca recibir o Xoves de penitencia a un Rápido de Bouzas enrachado e proximamente ó Cerceda, ambos en postos de fase de ascenso, e visitar a Ordes, Alondras e ó líder Pontevedra, cinco equipazos que teñen tanto ou mellor plantel có Choco, e que, visto o non visto o domingo, de seguir así será complicado conseguir algún punto dos próximos quince.
A falta de sete xornadas, As Pontes 43, Silva 40, Barbadás 39; loitando por unha praza de salvación a expensas do Celta B; Boiro, Sanxenxo e Laracha con 33, e xa desafiuzados Areas con 20 e Bertamiráns con 7.
Xogaron polo As Pontes, Souto, Hugo (Aitor 80´), Nano, Chote, Rochela (Piña 65´), Dani, Iván (Santi 70´), Bossa, Cabarcos, Amado e Pablo. Colmo de males, Nano foi expulsado no desconto e o único positivo foi a reaparición de Santi nun equipo con graves carencias ofensivas sen Arias e sen Chicho.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – Mandiá CF (2-1)

Importante e merecida vitoria do segundo equipo (2-1) ante un complicado Mandiá. O bo xogo do equipo que adestra Marco Roca está a gustar ós afeccionados, poucos pero bos, que acoden cada domingo ó campo do Poboado. Ó pouco de comezar adiantáronse os visitantes, pero dous goles de Samuel déronlle a volta ó encontro. Puido sentenciar Toni, tras un roubo de balón e posterior galopada pero disparou moi frouxo. Xa preto do final é Adán ó que remata preto do escuadro pero o balón bate no lateral da porta, e o propio xogador intenta unha vaselina tras quedar so, pero resposta o porteiro visitante. Tamén o Mandiá se achegou con perigo nos últimos minutos así que hai que dar por moi bos os tres puntos.
Xogaron polo As Pontes B, Krikry, Criado, Rubén, Carlos, Ross, Totti, Nando (Darío), Toni, Danilo (Guille), Samuel (Picallo) e Lucho (Adán).
Miño 68 puntos, As Pontes 62 e Galicia de Caranza 61. Tres finais lle quedan ó As Pontes se quere acabar de segundo, pois ten que visitar ó Ortigueira, quinto, ó líder Miño na derradeira xornada, e recibir entremedias ó Galicia de Caranza, terceiro.

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0001

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0002

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0003

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0004

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0005

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0006

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0007

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0008

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0009

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0010

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0011

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0012

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0013

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0014

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0015

As Pontes-Mandia 29-03-2015 2Autonomica_0016

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CCRD Perlío – CD As Pontes (1-5)

Segue con pulso firme o xuvenil, que gañou 1-5 en Fene ó Perlío, pero a cousa segue coma na xornada anterior, As Pontes 34, Numancia 33 e Portuarios 32. Reciben ó Val B, último. Xogaron, Ángel, Caínzos, Jorge, Moi, Jandro, Alex Cabarcos (1), Nahúm (1), Iván, Alex Fernández (1), Casas (2), e Andrés, saíndo no segundo tempo Brais Blanco, Rey, Roberto, Alex Blanco e Iago.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
Santa Mariña – CD As Pontes (0-5)

Moi ben o equipo feminino, que nesta xornada goleou a domicilio (0-5) ó Santa Mariña, co cal xa é sexto con 43 puntos, antes de recibir ó Cariño, undécimo. Xogaron polo feminino pontés, Paula Castro de porteira, Nuria, Indira (1), Noelia Ameneiro, Paula Baamonde (2), Andrea Pita, Carlota, Andrea Montero, Uxía, Noelia Santalla, Nicole, Xeila e Alba (1). O 0-5 foi en propia porta.

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes – CCRD Perlío (5-0)

Bo triunfo do conxunto cadete (5-0) ante o Perlío. Segue con 38 puntos, a tres puntos do Racing Ferrol B e catro por riba do Portuarios. Triplete de Ayrton e dous de Jandro. Xogaron Lino, Cazás, Bruno, Fraga, Antón, Ayrton, Alberte, Josiño, Jandro, Adrián e Dani, saíndo no segundo tempo Malena, Otero, Manuel, Alex Barro e Jose Franco. A vindeira xornada descansa.

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0001

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0002

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0003

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0004

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0005

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0006

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0007

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0008

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0009

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0010

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0011

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0012

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0013

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0014

As Pontes-Perlio 28-03-2015 Cadete_0015

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Amistade Meirás – CD As Pontes (3-1)

Perdeu o cadro infantil (3-1) ante o Amistade de Meirás, co que xa baixa ata a oitava praza con 26 puntos, antes de recibir ó Val, derradeiro clasificado. Xogaron polo As Pontes: Nesy, Alex, Antonio Carballeira, Javier, Alejandro, Xan, Antón Cillero, Chema, Jorge, Mateo, Antón Paz, saíndo despois Jose, Xavi, Joan e Juan. Gol pontés en propia porta.

LIGA ALEVÍN
R. Ferrol – CD As Pontes (2-1)
CD As Pontes B – Libunca SD (1-4)

A nota negativa dende hai varias xornadas é o Alevín A, equipo que gañou 30 puntos nos seus primeiros 10 partidos, pero que deixou escapar sete en catro xornadas, o que fai que o Amistade de Meirás B estea a un punto e o Racing de Ferrol B, equipo co que perdeu este sábado (2-1, gol de Adrián) se sitúe a catro. Reciben ó Narón O Freixo, antepenúltimo. O conxunto alevín B perdeu no Poboado (1-4) co Libunca. Cun só punto, visita na vindeira xornada ó Racing San Pedro B, que conta con catro puntos. Gol de Joao.

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0001

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0002

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0003

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0004

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0005

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0006

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0007

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0008

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0009

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0010

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0011

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0012

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0013

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0014

As-Pontes-Libunca-27-03-2015-AB_0015

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes – Gª Mugardos (4-1) Campo dos Calzados
R. Ferrol B – CD As Pontes B (3-6)

Moi ben o benxamín A, que gañou no “exilio” do campo dos Calzados (4-1) ó Galicia de Mugardos e escala ata a oitava praza con 10 puntos, antes de visitar ó Rápido de Neda, décimo con 9. Tres goles de Alex Montero e un de Anxo Blanco. Tamén, bo resultado do benxamín B, que venceu 3-6 ó Racing de Ferrol B e sitúase oitavo con 13 puntos, antes de recibir ó Perlío B, cuarto. Dous de Diego Purriños e un de Ángel, Alejandro, Bruno e Ian.

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes – R. Ferrol (0-7)
SD Ánimas B – CD As Pontes B (0-5)

O Prebenxamín A perdeu 0-7 ante o líder Racing de Ferrol. O As Pontes A é sétimo con 14 puntos e na vindeira xornada recibe ó Rápido de Neda, noveno con 12 puntos. Mellor resultado do prebenxamín B, que gañou (0-5) no campo do Ánimas B e afianza a súa segunda posición con 37 puntos, a catro do líder Narón BP. Recibe na vindeira xornada ó terceiro Rápido de Neda B. Goles de Alexander, Xalo, Nicolás, Xavi e Xoel.

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0001

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0002

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0003

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0004

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0005

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0006

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0007

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0008

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0009

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0010

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0011

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0012

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0013

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0014

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0015

As Pontes-R. Ferrol 27-03-2015 PBA_0016

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: