CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDO XOVES 2 DE ABRIL DE 2015: C.D. AS PONTES – CLUB RÁPIDO DE BOUZAS

Con moita necesidade de gañar, ou alomenos de puntuar, recibe o As Pontes este Xoves Santo ó Rápido de Bouzas, en encontro da 32ª xornada de liga de Terceira División que se xogará ás seis da tarde (18,00) no campo do Poboado.

Resaltar que o cadro vigués nunca gañou no Campo de O Poboado. Só conseguiu tres empates por sete derrotas, con 23 goles para os azuis e 9 para os do Baltasar Pujales. Ademais, en 1968 o As Pontes logrou a súa única Copa de Galicia tras vencer ós vigueses por 3-1 no Poboado e 1-2 en terreo de xogo de Bouzas.

Sen embargo, nesta ocasión, o triunfo antóllase moi complicado para o equipo local, despois do varapau en Redondela (5-0), e sobre todo, porque o cadro da Vila de Bouzas leva sen perder dende a primeira volta, concretamente dende a xornada 18ª, na que caeu co Ribadeo por 1-0. Dende aquela, en todo o 2015, leva sete vitorias, as tres últimas consecutivas, por seis empates.

É o segundo equipo menos goleado tralo Pontevedra e ten no dianteiro Tomás ó seu máximo goleador con dez tantos. Arbitrará o santiagués Alain Kevin García Martín.

Nova de XA Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: