CD As Pontes Feminino

GABRIEL TEMBRÁS CONSIGUE TRES MEDALLAS NO PRESTIXIOSO OPEN DE ESPAÑA DE PONTEVEDRA

O deportista pontés Gabriel Tembrás Corrales logrou tres metais no Open de España disputado esta fin de semana en Galicia, e que na categoría de combate tivo entre os seus múltiples participantes ó Campión Olímpico Joel González, a tricampiona do mundo e subcampiona olímpica Brigitte Yague ou a Campiona Mundial Rosana Simón.

Participou Gabri na súa especialidade de Poomsae, en Técnica e Freestyle, e venceu en Cadete Masculino con 47.4 puntos, por 45.6 de Héctor Poza e 45.3 de Manuel Paz.

Por Parellas Cadete Gabri e a súa compañeira do Moo Duk Kwan Vilalba, Beatriz Felpeto, acadaron a prata con 47.6, lonxe dos 49.1 de Moreno Barranquero e Pelaez Yules, de Castela A Mancha. Tamén sumaron un bronce en Parellas no rango de 12-17 anos.

Por último, na especialidade na que Gabri foi Campión de Europa Junior en 2013, Freestyle, desta vez so puido ser sexto, por mor, entre outras cousas, dunha doenza. Venceu Pau Caldentey, por diante de Manuel Paz e Ángel López.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O MONTREAL IMPACT DE ADRIÁN LÓPEZ XOGARÁ A FINAL DA LIGA DE CAMPIÓNS DA CONCACAF

O Montreal Impact no que milita o pontés Adrian López Rodríguez, que aínda se atopa rexcuperándose dunha grave lesión, será o primeiro equipo canadiense que xogará unha final da Champions de Norte e Centro América, e esta xa é a 51ª edición.

Nesta 2014-15, participaron 24 equipos, distribuidos en oito grupos de tres escuadras, onde os campìóns pasaban a cuartos de final.

Así o fixo o Montreal , que liderou o grupo terceiro con dez puntos por cinco do New York Red Bulls e un do FAS de El Salvador.

Na rolda de Cuartos de Final enfrontouse ó Pachuca de México, campión deste torneo en 2002, 2007, 2008 e 2010, e conseguiu pasar polo valor dos goles en campo rival, tras empatar ambos encontros, 2-2 e 1-1.

Nas semifinais enfrontáronse ó Alajuelense, campión de Costa Rica 2013, e gañador deste torneo en 1986 e 2004.

Gañaron en Canadá 2-0 nun encontro no que puideron sacar maior ventaxa, e así na volta acabaron sufrindo pois o conxunto costarricense gañou 4-2, conseguindo o cuarto tanto no desconto, pero outra vez o valor dos goles en campo contrario deulles a clasificación.

Polo outro lado do cadro, o América venceu fácilmente ó Saprissa, campión costarricense 2014, en cuartos, en con moitos máís apuros ó Herediano do mesmo país, equipo curiosamente invitado trala descalificación dun equipo de Belice por non ter o estadio os requisitos mínimos.

E o Herediano a piques estivo de emular á selección danesa da Eurocopa 1992, convocada de última hora en pleno período vacacional pola expulsión da ex Yugoslavia, e que acabaron gañando o torneo.

E así os costarricenses venceron 3-0 na ida, pero sufiron un descalabro na volta e os mexicanos xa ían gañando 5-0 á media hora de partido, e por riba o Herediano quedou con dez, nun encontro que acabou 6-0, con 4 goles do arxentino Benedetto.

Así as cousas, o Montreal xogará a final contra o América, cinco veces gañador desta competición, en 1977, 1987, 1990, 1992 e 2006. De gañar o conxunto mexicano igualará ó Cruz Azul do mesmo país como máximo gañador do torneo con seis entorchados.

Curiosamente, o América nunca perdeu unha final. O 22 de Abril xogaráse a ida en Canadá e o 29 de Abril a volta en México.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN FERROLÁ SUB14

Volven a ser convocados dous xogadores do CD As Pontes

Es te domingo haberá un novo adestramento da selección de Ferrol sub14, previo á disputa da fase final de seleccións comarcais.

Volven a ser da partida o medio Sergio Otero e o dianteiro Dani Silva.

Deberán acudir este día 12 ás 09:30 ó Campo de Aneiros.

Os 21 convocados son os seguintes:
Rácing de Ferrol: Marcos Amado, Alberto Rodríguez, Adrián Fernández, Iván Guerrero, Borja Pita, Eduardo Blanco, Cristopher García
SCDR Galicia de Caranza: Juan Caínzos, Carlos Díaz, Martín Rico, Julián Nieto.
SRD Portuarios: Pablo Couselo, Javier Muíño
Eume Deportivo: Alejandro García, Eric Valcárcel
Racing San Pedro: Mario Granada, Manuel Penedo
CD As Pontes: Sergio Otero, Daniel Silva
Narón BP: Marcos Nieto
SD O Val: Iván Pérez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – CD ALBENSE FS (1-2)

A dicir verdade, ó Esteo estáselle facer algo longa a liga desta tempada. Unha xornada máis, volveu a perder na súa pista ante un Albense que, sen facer un bo partido, puxo máis gañas no xogo e ó final alzouse cos tres puntos, aínda que os ponteses puideron maquillar o resultado a falta dun minuto para o final nun dobre penalti que Cagi enviou alto. Estivo máis enchufado o cadro salmantino ó longo de todo o partido e así foise ó descanso cunha vantaxe de 0-2 con goles de Alberto e Álex, mercede a senllos despistes da zaga local,. Na segunda metade houbo unha lixeira reacción local, pero o gol tardou en chegar. Sería a falta de oito minutos por obra de Cagi nun disparo que se cola na portería visitante. Pensábase que o empate podería chegar e que mellor ocasión que nun dobre penalti a falta dun minuto, pero Cagi enviou o balón alto, rematando o encontro con vitoria visitante ante un Esteo que se amosa canso e con desexos de que remate canto antes a liga. Unha xornada máis, decepción entre os seguidores ponteses, que viron a sexta derrota do seu equipo no pavillón da Fraga.

O Esteo segue na décima posición, pero agora con dous sobre o Leis Pontevedra, que nesta xornada venceu ó colista Ventorrillo, equipo que visita ó cadro pontés na vindeira xornada, polo que ante os coruñeses os tres puntos son vitais para non caer á penúltima posición, que pode implicar un posible descenso de categoría.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Ferreiro, Púas, Gerardo, Héctor –cinco inicial- Pelu, Fran, Bolly, Cagi e Tucho.

CD ALBENSE FS: Marco, Joselu, ALberto, Álex, Isaac –cinco inicial- Diego, Víctor, Berti, Arturo, Rober e Pablo.

ÁRBITROS: Eduardo Arenas Parra, Andrés Vanegas Betancurt (Asturias) e na mesa Laura Vila Rivera (A Coruña). Amoestaron a Ferreiro, Fran e Héctor, do Esteo, e a Alberto e Álex, do Albense.

GOLES: Min. 2 (0-1), Alberto. Min. 16 (0-2), Joselu. Min. 33 (1-2), Cagi.

INCIDENCIAS: Partido da Segunda División B disputado no pavillón da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada, apenas uns cen espectadores nas gradas. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio polo falecemento do pai do ex xogador do Club, Ito. Os xogadores locais portaban brazaletes negros.

esteo_0002

esteo_0003

esteo_0004

esteo_0005

esteo_0006

esteo_0007

esteo_0008

esteo_0009

esteo_0010

esteo_0011

esteo_0012

esteo_0013

esteo_0014

esteo_0015

esteo_0016

esteo_0017

esteo_0018

esteo_0019

esteo_0020

esteo_0021

esteo_0022

esteo_0023

esteo_0024

esteo_0025

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 10-11-12 / ABRIL / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
SD Ordes-CD As Pontes (1-3)

A gran alegría da fin de semana protagonizouna o primeiro equipo, pois gañou 1-3 en Ordes, e con 47 puntos prácticamente sentencia a súa salvación, pois está 13 por riba do descenso con 15 por xogar, a expensas do Celta B.
Ó pouco do comezo cabeceou a gol Dani un córner botado por Bossa, aínda que pouco durou a alegría pois Rubén empataba despois.
Tras outro pase en profundidade de Bossa, o recuperado Santi poñía o 1-2 mediado o segundo tempo, e a dez minutos do final chegou a terceira asistencia do Mago de Viveiro, nun saque de falta que aproveita para cabecear ó fondo das mallas Aitor no 1-3 definitivo.
Xogaron Souto, Rochela (Hugo 86´), Nano, Dani, Aitor, Fidi, Santi (Javi 85´), Bossa, Arias, Amado (Alex 79´) e Domínguez.
Complicados tres próximos compromisos para o cadro de Iván Rodríguez, que visita ó Alondras, a un punto da fase de ascenso, recibe ó Cerceda, que está deixandose moitos puntos no camiño e necesitará garantir a súa praza, e visitará na antepenúltima xornada ó Pontevedra, líder sólido, e que gañou os sete encontros anteriores en que ambos equipos se enfrontaron desde que o As Pontes regresou a Terceira.

SEGUNDA AUTONÓMICA
FC Ortigueira-CD As Pontes B (2-2)

O segundo equipo empatou en Ortigueira (2-2), o que unido ó triunfo do Caranza en Cariño (4-1) fai que baixen á terceira praza con 63 puntos mentras os ferroláns quedan con 64 na segunda e no posto de promoción de ascenso. Toca felicitar ó Miño, que tras golear ó San Mateo (5-0), asegura o título de Liga e o ascenso con 71 puntos a falta de dúas xornadas. Ten o conxunto de Marco Roca dous encontros trascendentais, recibe ó Caranza e visita ó Miño para rematar a Liga. Puido ser peor porque os ponteses perdían 2-0 a falta de sete minutos para o final, pero dous goles de Marcos Novo salvaron un punto. Xogaron Krikry, Criado, Rubén (Danilo 70´), Carlos, Ross, Juan, Nando, Toni, Novo, Samu (Lucho 80´), Adán (Totti 45´).

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes-SD O Val B (5-0)

Seguen sen darse un respiro os tres primeiros clasificados da Liga Xuvenil, e o As Pontes goleou ó Val (5-0), Numancia ó Perlío (4-2), e Portuarios ó Miño (9-3), así o equipo de Felipe Mieres lidera con 37 puntos por 36 dos de Ares e 35 do conxunto arlequinado, que ten un partido menos. Oportunidade única para os perseguidores pois o As Pontes descansa a semana que vén. Xogaron Ángel, Caínzos (1), Jorge, Moi (2), Jandro, Alex Cabarcos, Nahum, Iván, Alex Fernández (1), Casas, Brais Blanco, saíndo no segundo tempo Rey, Josiño (1), Iago, Alex Blanco e Lino.

xuvenil_0001

xuvenil_0002

xuvenil_0003

xuvenil_0004

xuvenil_0005

xuvenil_0006

xuvenil_0007

xuvenil_0008

xuvenil_0009

xuvenil_0010

xuvenil_0011

xuvenil_0012

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
CD As Pontes – CD Cariño (1-1)

Non tivo o seu día o equipo feminino e empatou 1-1 ante o Cariño. Salvou Carlota un punto faltando dez minutos. Xogaron Paula Baamonde, Nuria, Indira, Alba, Andrea Pita, Paula Castro, Carlota, Andrea Montero, Uxía, Xeila e Nato. O As Pontes, sexto con 44 puntos, visita ó Mugardos, decimo terceiro, para rematar a Liga co Narón BP, sétimo. Mandiá lidera con 67 puntos por 66 do R.Ferrol, equipos que se enfrontarán na derradeira xornada na que se presume que se xogarán o título.

feminino_0001

feminino_0002

feminino_0003

feminino_0004

feminino_0005

feminino_0006

feminino_0007

feminino_0008

feminino_0009

feminino_0010

feminino_0011

feminino_0012

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes (Descansou)
Descansou o cadete esta xornada e os seus dous máximos rivais gañaron, así que o Racing de Ferrol B lidera con 44 puntos, por 38 do As Pontes e 37 do Portuarios. Visitan ó Numancia, sétimo.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
CD As Pontes-SD O Val (9-2)

Goleou o Infantil ó colista O Val (9-2). Xogaron Juan, Alex, Antonio Carballeira, Javier (1), Germán (1), Alejandro, Mateo (1), Chema, Joan (2), Dani (3), Jose, saíndo no segundo tempo Andrea, Antón, Antonio Silven, Vicente e Xoel. Sétimos con 29 puntos visitan ó Racing San Pedro, cuarto.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

infantil_0007

infantil_0008

infantil_0009

infantil_0010

infantil_0011

infantil_0012

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes-Narón O Freixo (6-1)
Racing San Pedro B-CD As Pontes B (2-5)

O Alevín A goleou 6-1 ó Narón O Freixo, co que mantén o liderato con 38 puntos, antes de xogarse o título de Liga a vindeira semana recibindo ó Amistade de Meirás B, que ten un punto meno. Tres goles de Xoel Purriño, Hugo Blanco e dous en propia meta. O Alevín B logrou o primeiro triunfo da tempada, e ademáis fixoo ó grande, cun 2-5 ó Racing San Pedro. Dous goles de Alex Montero e Sergio Paz, e un de Ismael Freire. Próxima visita ó Amistade de Meirás B, sétimo.

alevin_0001

alevin_0002

alevin_0003

alevin_0004

alevin_0005

alevin_0006

alevin_0007

alevin_0008

alevin_0009

alevin_0010

alevin_0011

alevin_0012

LIGA BENXAMÍN
SD Rápido de Neda-CD As Pontes (1-3)
CD As Pontes B-CCRD Perlío B (1-3)

Gran vitoria do Benxamín A, 1-3 ante o Rápido de Neda, goles de Antón, Iago e Xandre. Oitavos con 13 puntos recibe ó Narón O Freixo B, quinto. O Benxamín B perdeu 1-3 co Perlío B, gol de David Cendán, e oitavo con 13 puntos visita ó San Sadurniño, cuarto.

benxamin_0001

benxamin_0002

benxamin_0003

benxamin_0004

benxamin_0005

benxamin_0006

benxamin_0007

benxamin_0008

benxamin_0009

benxamin_0010

benxamin_0011

benxamin_0012

LIGA PREBENXAMÍN
SD Rápido de Neda-CD As Pontes (3-1)
CD As Pontes B-SD Rápido de Neda B (7-2)

Derrota do Prebenxamín A 3-1 en Neda, gol de Destaw. Oitavos con 14 puntos reciben ó Galicia de Caranza, terceiro. Vitoria do Prebenxamín B 7-2 ante o Rápido de Neda B, terceiro. Segundos con 40 puntos visitan ó cuarto clasificado, R.Ferrol C. Doblete de Nicolás Meizoso, Xalo González, Antón Vilasuso e un en propia meta.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: