CD As Pontes Feminino

BORJA PRIETO SUMA DÚAS MEDALLAS NA COPA DE ESPAÑA

O piragüista pontés Borja Prieto Valera sumou esta fin de semana dúas medallas na Copa de España de 1000 metros, nas regatas disputadas no embalse de Trasona en Avilés.

Borja participou nas tres probas, K1, K2 e K4. Na competición individual non tivo fortuna na súa semifinal e acabou sétimo, e curiosamente na final C acabou de segundo por detrás dun inesperado Paco Cubelos, que sorprendentemente nin estivo na final, nin levou o ouro, o talaverán sétimo clasificado en Londres 2012. Final de quilates na que venceu o balear Marcus Cooper (ouro), campión mundial junior e sub23, seguido de Íñigo Peña (prata) e o ex campión Mundial de K2 en 2009 Diego Cosgaya (bronce).

Xa na competición de K2, xunto o seu compi, o gran Javier Hernanz, foron primeiros na súa semifinal, e clasificaron á final xunto a Jaire-Los Rápidos e Natació Banyoles. Nunha final de moitos quilates e do mellor que se viu nos últimos tempos eran segundos por 13 centésimas (3:32:69) por detrás do primeiro Tudense do ex Campión de Europa xuvenil Gabriel Campo e o actual Campión Mundial sub23 Rubén Millán, (3:32:56). A casi sete segundos chegou o outro Tudense de Óscar Carrera e o Campión de Europa sub23, Roi Rodríguez Huertas, bronce (3:39:15). Menudas patas para un banco.

Na competición do domingo, o K4, complicadísima semifinal a de Borja e os seus compañeiros, pois coincidiron cos dous favoritos, os dous Tudense, que coparon as dúas primeiras prazas na semifinal, acabando o Covadonga terceiro e coa última praza para a final por diante de Los Cuervos. Na final venceu o Tudense de Campo-Huertas-Rodríguez-Millán, por diante do outro Tudense Hernández-Diéguez-Carrera-Piña, e cun sensacional bronce remataba o Covadonga de Hernanz-Miguel Gallo-Prieto-Javier Fernández, que superaron en 45 centésimas ó PortoPetro de Cooper, e despois chegarían Sevilla, Vilaboa, Banyoles, Jaire-Los Rápidos e Mar de Avilés.

O equipo de Borja, o Covadonga, foi quinto, por detrás de Tudense, Sevilla, Aranjuez e Palma.

borja_2

borja_3

borja_4

borja_5

borja_6

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SERGIO E DANI CONVOCADOS PRA UN ADESTRAMENTO E UN PARTIDO

Os futbolistas do CD As Pontes, Sergio e Dani, volven a ser convocados pola selección ferrolá sub15.

Este domingo terán un adestramento e o domingo 26 xogarán un partido ante o Portuarios B Xuvenil.

Ó horario será en ambos ás 09:30. Os convocados son os mesmos 21 da semana pasada:

Rácing de Ferrol: Marcos Amado, Alberto Rodríguez, Adrián Fernández, Iván Guerrero, Borja Pita, Eduardo Blanco, Cristopher García
SCDR Galicia de Caranza: Juan Caínzos, Carlos Díaz, Martín Rico, Julián Nieto.
SRD Portuarios: Pablo Couselo, Javier Muíño
Eume Deportivo: Alejandro García, Eric Valcárcel
Racing San Pedro: Mario Granada, Manuel Penedo
CD As Pontes: Sergio Otero, Daniel Silva
Narón BP: Marcos Nieto
SD O Val: Iván Pérez

Nova cortesia de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – VENTORRILLO FS (5-10)

Calamitoso Esteo, que sufriu este sábado a segunda maior goleada da súa historia no Pavillón de A Fraga. A anterior data da tempada 2008/09 ante o Troula de Betanzos (6-11), se ben, nesta ocasión foi 5-10 ante un Ventorrillo que só sumara un punto en 28 xornadas e ía gañando 1-10 a falta de tres minutos.

E é que boa parte da culpa de non converterse na maior goleada tívoa Iván, e así tres paradóns seus impediron que o Ventorrillo se adiantase nos primeiros compases do partido.

Foi nos últimos dez minutos da primeira metade cando o modesto conxunto coruñés marcou seis goles e de repente pareceu ter máis Copas de Europa que o Inter Movistar e o seu goleador Andrés máis Balóns de Ouro que Falcao e Ricardinho xuntos.

E é que o público do Pavillón da Fraga non saía do seu asomo cando tras tres roubos, dúas contras e unha xogada persoal os visitantes se marchaban ó descanso con 0-6 no marcador como un set en branco no mundo do tenis, con catro de Andrés, mentres polo cadro local só se podía resaltar un poste de Púas.

No segundo tempo recortou distancias Bolly de dobre penalti, pois os visitantes sumaron rapidamente cinco faltas, pero en apenas un minuto, Berto, sen porteiro; Manu, tras desviar un defensa; e Andrés, batendo por alto a Gerardo situaban o 1-9 no electrónico, que redondeou cun tiro raso Juan poñendo o 1-10 no marcador, un resultado de auténtico escándalo ante un equipo que só sumara un punto en todo o campionato. Incrible, pero certo. Nin os xogadores e os poucos afeccionados coruñeses tamén saían do asomo. Anteriormente hai que dicir que Iván fixo tres boas paradas.

Maquillou un pouco o resultado o Esteo preto do final, con dous tiros cruzados de Héctor, outro dobre penalti de Bolly, e un tiro polo escuadro de Cagi. Incluso Bolly tivo o 6-10 noutro dobre penalti.

Queda o Esteo con 16 puntos e o Leis con 14. Incluso, sendo catastrófico, un empate ante o colista, garantiría ó Esteo a súa salvación porque lle sacaría tres puntos ó Leis, e os pontevedreses só poderían igualar a puntuación na derradeira xornada, pero quedarían por detrás por goal average. Pero con esta derrota e dando por perdida a visita a Narón, se o Leis gaña na última xornada ó Guardo, os ponteses baixarían á penúltima posición, e aínda que en principio só descende o derradeiro clasificado, terían que estar pendentes de posibles reestruturacións.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Tucho, Ferreiro, Héctor, Cagi –cinco inicial- Pelu, Púas, Gerardo e Bolly.

VENTORRILLO FS: Nacho, Sergio, Berto, Borja, Juan –cinco inicial- Charli (ps), Andrés e Manu.

ÁRBITROS: Héctor Vilas López, Enrique Novoa García e na mesa Antonia Prieto Gil, de Ourense. Amoestaron a Púas, Ferreiro, Héctor, Juan, e expulsaron a Javichu, que nin tan sequera xogou.

GOLES: Min. 11 (0-1), Andrés. Min. 12 (0-2), Sergio. Min. 13 (0-3), Andrés. Min. 15 (0-4), Borja. Min. 17 (0-5), Andrés. Min. 18 (0-6), Andrés. Min. 28(1-6), Bolly. Min. 29 (1-7), Berto. Min. 30 (1-8), Manu. Min. 31 (1-9), Andrés. Min. 34 (1-10), Juan. Min. 36 (2-10), Héctor. Min. 37 (3-10), Bolly. Min. 37 (4-10), Cagi. Min. 38 (5-10), Héctor.

INCIDENCIAS: Partido da Segunda División B disputado no pavillón da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada, con apenas uns cen espectadores nas gradas. Tras es encontro, Fran, o capitán que non xogou, deixa o fútbol sala como xogador, aínda que seguirá ligado ó Club, así como Diego Paz, que pasa a exercer funcións de director deportivo. Un Esteo que se despediu da súa afección cunha clara e contundente goleada ante o colista e que para a vindeira tempada, sexa a categoría que sexa, terá que realizar moitos cambios.

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 025_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 026_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 034_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 035_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 046_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 052_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 054_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 057_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 065_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 070_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 072_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 081_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 087_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 097_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 105_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 110_3110x2074

O Esteo-Ventorrillo 18-04-2015 2ª Div. B 112_3110x2074

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 17-18-19 / ABRIL / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
Alondras CF – CD As Pontes (2-2)

Trouxo de Cangas un punto o As Pontes nun encontro no que se puxo por diante en dúas ocasións, e por dúas veces lle empataron de penalti. Adiantaba Santi ós ponteses tras un remate dende fóra da área (14´), pero despois Mauro empataba tras un penalti cometido por Nano (30´). Volvíase poñer por diante o As Pontes tras un golazo de Sergio Arias dende 45 metros (44´), pero outro penalti de Nano, coa man, volveu a transformar Mauro (45´). Foi curioso que os dous goles do Alondras, de pena máxima, os marcara Mauro, o mesmo xogador que co seu piscinazo a piques estivo de mandar ó As Pontes a Preferente Norte hai tres anos.

Na segunda metade resaltar un remate ó longueiro de Richi, pero o marcador non se moveu (2-2) e con 48 puntos o As Pontes está matematicamente salvado do descenso directo e con 9 puntos por riba do Boiro (16º con 39), equipo que marca a posición dun posible arrastre da Segunda B.

Próximo partido na casa, ante o Cerceda que adestra Lemos, e despois toca visitar ó Pontevedra en Pasarón. Xogaron contra o Alondras, Souto, Piña, Nano, Dani, Aitor, Fidi, Santi (Chicho 85´), Bossa, Arias (Alex Fernández 90´), Amado (Cabarcos 75´) e Domínguez.

SEGUNDA AUTONÓMICA
CD As Pontes B – Galicia de Caranza (0-1)

Acabouse a opción da fase de ascenso para o segundo equipo, pois perdeu 0-1 co Galicia de Caranza, polo que serán os ferroláns os que a xoguen. Puido ser máis amplo o marcador, pois Krikry detiña un penalti e varias ocasións dos rivais, aínda que definitivamente o único tanto de Yeray deulles os tres puntos ós branquiazuis. Non veu de paseo o equipo ferrolán, pois trouxo ó cerebro xuvenil e xogador das seleccións galegas inferiores, Aarón Rey; o ex defensa de Galicia sub18 Pedro Garrote; ou un clásico das seleccións ferrolás, como Yeray Daza, o autor do gol. Xogaron polo As Pontes B, Krikry, Criado, Rubén (Totti 45´), Carlos, Ross, Juan, Nando (Adán 70´), Toni, Marcos, Samuel e Javi. Despedirán a liga na casa do campión, o Miño.

autonomica_0001

autonomica_0002

autonomica_0003

autonomica_0004

autonomica_0005

autonomica_0006

autonomica_0007

autonomica_0008

autonomica_0009

autonomica_0010

autonomica_0011

autonomica_0012

autonomica_0013

autonomica_0014

autonomica_0015

autonomica_0016

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes (descansou)

Descansou o xuvenil, feito que aproveitaron os seus máximos rivais para gañar e poñérselle por diante. Así o Numancia venceu ó Val B (1-4) e o Portuarios ó Perlío (2-4), co que os da terra do gran Marcelino se poñen de primeiros con 39, os arlequinados segundos con 38 e o As Pontes segue con 37. Vaise decidir todo nas tres últimas xornadas. Na seguinte, o As Pontes visita ó Numancia. Todo o que non sexa sumar en Ares suporá despedirse da liga, logo o As Pontes recibirá ó Portuarios descansando o Numancia, e na derradeira xornada Portuarios recibirá ó Numancia e o As Pontes visitará ó antepenúltimo, San Sadurniño.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA F-8
Galicia de Mugardos – CD As Pontes (3-3)

O equipo feminino empatou (3-3) na súa visita ó antepenúltimo clasificado, Galicia de Mugardos, e pódese dar por bo porque marchou perdendo 3-1 ó descanso, pero nos primeiros minutos da segunda metade empatou Pula Baamonde con dous goles, aínda que logo o marcador non se moveu. Xogaron, Nicole, de porteira, Uxía, Indira, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota (1), Paula Baamonde (2) e Yara. O segundo gol mugardés anotouno Alba Pérez que xogará con Galicia sub16 as semifinais do Campionato de España. Sextas con 45 puntos, o As Pontes deberá confirmar esa praza na derradeira xornada ante o Narón BP, sétimo con 43. Por diante quedarán O Val B, Maniños, San Sadurniño, e Racing de Ferrol (69) e Mandiá (70), que se xogarán a liga no campo do equipo que marcha de líder.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Numancia de Ares – CD As Pontes (2-3)

Sufriu, pero venceu o equipo cadete en Ares (2-3), chegou a ir 0-3, co que lle mantén o pulso polo segundo posto ó Portuarios. Líder e virtual campión o Racing de Ferrol B, con 47 puntos, As Pontes 41 por 40 dos arlequinados. Quedan tres xornadas, pero na seguinte resolverase quen acompañará ós verdes á fase de ascenso pois no Poboado xogan As Pontes e Portuarios. Xogaron en Ares, Malena, Manuel, Bruno, Fraga, Antón, Ayrton (1), David, Josiño (1), Jandro, Carlos, Dani (1), saíndo no segundo tempo Andrés, Otero, Adrián, Lino e Cazás.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL

CD As Pontes – Numancia de Ares  (3-5)

R. San Pedro – CD As Pontes  (3-0)

Segue sen levantar cabeza o infantil, que perdeu 3-5 co Numancia de Ares e o mércores caeron por 3-0 ante o Racing San Pedro, co que xa se descolga ata a oitava praza con 29 puntos, e deberá pensar nas semifinais de Copa. Próxima visita ó segundo clasificado, R. Ferrol B. Xogaron Juan, Andrea, Carballeira, Chema, Alex, Azoin, Mateo (1), Xan, Vicente (1), Antón (1) e Jose, saíndo no segundo tempo Santiago, Silven, Xavier, Xoel e Brais.

infantil_0001

infantil_0002

infantil_0003

infantil_0004

infantil_0005

infantil_0006

infantil_0007

infantil_0008

infantil_0009

infantil_0010

infantil_0011

infantil_0012

infantil_0013

infantil_0014

infantil_0015

LIGA ALEVÍN
CD As Pontes – Amistade Meirás (3-0)
Amistade Meirás B – CD As Pontes B (7-3)

O Alevín A case sentenciou o título de liga tras vencer por 3-0 ó Amistade de Meirás, o seu máis inmediato perseguidor, ben “escoltados” polos “infantís” Javier e Joan. Ó ter 41 puntos por 37 dos verdinegros, cunha vitoria nos dous encontros que lle restan, na visita ó colista Galicia de Caranza ou na derradeira xornada no Poboado ante o sexto clasificado, R. Ferrol D, daríanlle o trofeo. Goles de Dani, Joan e Alejandro López. O Alevín B perdeu 7-3 co sétimo, Amistade de Meirás B, dous de Joao, e Sergio. Despedirá os partidos da casa recibindo ó San Sadurniño, cuarto na clasificación.

alevin_0001

alevin_0002

alevin_0003

alevin_0004

alevin_0005

alevin_0006

alevin_0007

alevin_0008

alevin_0009

alevin_0011

alevin_0010

alevin_0012

alevin_0013

alevin_0014

alevin_0015

LIGA BENXAMÍN
CD As Pontes – Narón O Freixo B (1-2)
CD San Sadurniño – CD As Pontes B (6-6)

O Benxamín A perdeu 1-2 co Narón O Freixo B, gol de Antón Varela, e oitavos con 13 puntos, visitan ó segundo clasificado, Galicia Caranza, para rematar a liga recibindo ó Eume Deportivo, quinto. Gran empate a 6-6 do Benxamín B, na casa do terceiro clasificado, San Sadurniño. Oitavos con 14 puntos reciben ó Cariño, segundo, que vén de golear 6-0 ó líder Cabanas. Catro goles de Diego Purriños e un de Alexo e Martín.

LIGA PREBENXAMÍN
CD As Pontes – Galicia de Caranza (3-5)
R. Ferrol C – CD As Pontes B (3-9)

Derrota do Prebenxamín A (3-5) ante o Galicia de Caranza, terceiro clasificado. Oitavos con 14 puntos, visitan ó Val, segundo. Dous de Antonio Graña e un de Xalo Rodríguez. Vitoria do Prebenxamín B (3-9) ante o R. Ferrol C, co que con 43 puntos segue manténdolle o pulso ó líder, Narón BP (47). Na próxima xornada recibe ó Galicia de Caranza C, sexto. Tres de Nicolás Meizoso, dous de Paulo e Xoel, e un de Alexander e Xalo.

prebenxamin_0001

prebenxamin_0002

prebenxamin_0003

prebenxamin_0004

prebenxamin_0005

prebenxamin_0006

prebenxamin_0007

prebenxamin_0008

prebenxamin_0009

prebenxamin_0010

prebenxamin_0011

prebenxamin_0012

prebenxamin_0013

prebenxamin_0014

prebenxamin_0015

CATEGORÍA DE BIBERÓNS
CD As Pontes – AD Miño

Tamén este sábado houbo partido na competición de biberóns entre o As Pontes e o Miño. O numeroso público asistente ó campo do Poboado gozou do fútbol dos máis pequerrechos.

biberon_0001

biberon_0002

biberon_0003

biberon_0004

biberon_0005

biberon_0006

biberon_0007

biberon_0008

biberon_0009

biberon_0010

biberon_0011

biberon_0012

biberon_0013

biberon_0014

biberon_0015

biberon_0016

biberon_0017

biberon_0018

biberon_0019

biberon_0020

biberon_0021

biberon_0022

biberon_0023

biberon_0024

biberon_0025

biberon_0026

biberon_0027

biberon_0028

Nova cortesía de XA Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: