CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS FIN DE SEMANA 24-25-26 / Abril / 2015

As Pontes e Cerceda enfróntanse este domingo no Poboado por undécima vez. Para o cadro de Iván Rodríguez sería vital unha vitoria, sen ter garantida o Celta B a salvación na Segunda B e cun Boiro enrachado marcando a criba do descenso por arrastre.

Dende o regreso a Terceira do equipo pontés, empate a 0-0 na 201/11, ano no que o Cerceda foi campión con Manolo García de adestrador, 0-2 na 2011/12, 2-1 na 2012/13, e empate a un gol a tempada pasada. O equipo, hoxe dirixido por Lemos, foi campión da categoría na 1995/96, 2002/03 e 2003/04. Foi fundado en 1968 e é un clásico da Terceira División, onde leva 20 tempadas.

O Cerceda conforme garantía o seu posto na fase de Ascenso e o Pontevedra se escapaba, deixouse levar un pouco nesta segunda volta, e hoxe en día está seis puntos por riba do quinto clasificado, así que con gañar no Poboado practicamente deixaría sentenciado o seu posto para a que sería a súa décima fase de ascenso, 5 nas 6 últimas campañas, aínda que nunca logrou o obxectivo. Tamén lle serviría con gañar os partidos da casa ante Alondras e Ordes.

Ten a vellos coñecidos ponteses coma Angeriz e Juan, e como xogadores máis incisivos a Jorge Cano, o pichichi da tempada pasada, que este ano “só” leva 13 tantos, e Uxío, o terceiro máximo goleador da categoría, tras Changui e Carnero, con 17, Peloto, Granada ou Herbert.

Gañou cinco partidos como visitante, en complicadas prazas como o Mundo do Fútbol ou o Morrazo, pero perdeu en Sanxenxo, Boiro, Bouzas, Ribadumia, Vilalba, Ribadeo e Barbadás.

TERCEIRA DIVISIÓN (35ª xornada)
· C.D. AS PONTES – C.C.D. CERCEDA
CAMPO DO POBOADO, As Pontes (Domingo 26 – 17,30 h)
ÁRBITRO: DANIEL GARCÍA LESTA (Pontevedra)

SEGUNDA AUTONÓMICA
· AD MIÑO – CD AS PONTES B
Campo Municipal Gallamonde, Miño (Domingo 26 – 17,00 h)

LIGA FEMININA F-8
· CD AS PONTES – NARÓN BP PIÑEIROS
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 24 – 20,15 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
· NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos, Ares (Sábado 25, 18,30)

1ª AUTONÓMICA CADETE
· CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 24 – 17,45 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
· R. FERROL B – CD AS PONTES
Campo da Gándara 1, Ferrol (Venres 24 – 17,30 h)

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
· GALICIA CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza, Ferrol (Sábado 25 – 10,00 h)
· CD AS PONTES B – CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado, As Pontes (Sábado 25 – 11,00 h)

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
· GALICIA CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza, Ferrol (Venres 24 – 18,40 h)
· CD AS PONTES B – CD CARIÑO
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 24 – 18,50 h)

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
· SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val (Venres 24 – 18,15 h)
· CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA C
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 24 – 17,45 h)

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e A.F.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: