CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS FIN DE SEMANA 30 / Abril / 1-2 / MAIO / 2015

O As Pontes visita Pontevedra este domingo (17:30) coa tranquilidade da permanencia asegurada.

O conxunto granate xógase ser o Campión de Liga, e polo tanto acceder á fase de ascenso directo, da que si gaña ascendería a Segunda División B, e no caso de perder aínda tería unha segunda opción.

O club pontevedrés, ó coincidir co Día da Nai, dará entrada gratuíta para todas as mulleres nais, co fin de garantir unha gran entrada que axude ó equipo, aínda que se ben cun empate xa garantirían o primeiro posto e senón aínda lles quedarían dúas xornadas por diante para facelo. Iso si, en complicada visita a Cangas e recibindo ó Cerceda.

O conxunto pontevedrés perdeu tres partido na casa, nas primeiras xornadas ante Deportivo B e Sanxenxo, e a derradeira ante o Choco, si ben só perdeu 7 encontros. É o máximo goleador e o que menos tantos recibiu, tendo en Pablo Carnero ó segundo máximo goleador da liga (19), a Jorge Rodríguez, con 10, e a Edu Sousa como porteiro menos goleado (-20).

Dende que o As Pontes voltou á Terceira, perdeu as sete veces que se enfrontou co Pontevedra, 0-1 e 4-1 (2011-12), 1-3 e 4-2 (2012-13), 1-4 e 2-0 (2013-14), e 0-2 nesta 2014-15.

TERCEIRA DIVISIÓN (36ª xornada)
· PONTEVEDRA C.F. – C.D. AS PONTES
CAMPO DE PASARÓN, Pontevedra (Domingo 3 – 17,30 h)
ÁRBITRO: PABLO ÁLVAREZ CALDERÓN (Vigo)

SEGUNDA AUTONÓMICA (Copa)
· CD AS PONTES B – GALICIA DE MUGARDOS
Campo do Poboado, As Pontes (Domingo 3 – 17,30 h)

COPA FEMININA F-8
· GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza, Ferrol (Domingo 3 – 11,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
· CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado, As Pontes (Sábado 2, 17,00)

1ª AUTONÓMICA CADETE
· SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val (Xoves 30 – 19,15 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
· CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 1 – 11,00 h)

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
· CD AS PONTES – R. FERROL D
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 1 – 10,15 h)
· CEDEIRA SD B – CD AS PONTES B
Campo do Beco, Cedeira (Xoves 30 – 17,15 h)

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
· CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 1 – 11,25 h)
· EUME DEPORTIVO B – CD AS PONTES B
Campo da Gándara, Pontedeume (Sábado 2 – 11,30 h)

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
· CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 1 – 12,35 h)
· NARÓN BP – CD AS PONTES B
Campo do Cadaval, Narón (Venres 1 – 10,30 h)

Nova cortesía de X.A. Ferreiro e A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Segunda semana de descanso para o Esteo antes de disputar a derradeira xornada de liga o vindeiro sábado na casa do Cidade de Narón. Pola súa banda, o Esteo xuvenil disputa a penúltima xornada da División de Honra recibindo na Fraga ó ED Vigo 2015. Os equipos de base disputan a copa da Terra Chá.

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O ESTEO F.S. – E.D. VIGO 2015
Sábado 2 – Maio – 2015 (12,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

COPA DA TERRA CHÁ

Sábado 2 – Maio – 2015

Polideportivo do Colexio da Magdalena (As Pontes)

Cadete: O ESTEO FS – GUITIRIZ FS (10,00 H)
Benxamín: O ESTEO FS B – GUITIRIZ FS (11,00 h)
Prebenxamín: O ESTEO FS – GUITIRIZ FS (11,50 h)

Nova cortesía de A.F.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: