CD As Pontes Feminino

O EQUIPO ESPAÑOL, CUARTO EN SHANGAI

O equipo español perdeu esta madrugada na loita polo bronce por equipos masculino na primeira proba da Copa do Mundo disputada en Shangai. O equipo español foi composto por Fernández, primeiro, Pifarre, segundo, e, definitivamente, Rodríguez, cuarto, que fora penalizado con 30 puntos por facer un mal reconto da súa puntucación pero que definitivamente foi elexido polo seleccionador para competir na proba por equipos, en detrimento de Alvariño, terceiro.

Perdeu España o bronce contra Indonesia por 4-5, 25-28 nas frechas de desempate, nunha final na que Xapón sorprendeu a Corea do Sur e lle arrebatou o único ouro que perdeu o conxunto asiático.

Por equipos feminino, ouro para Corea, plata para Alemaña, bronce para Estados Unidos.

En recurvo mixto Corea venceu a Xapón nas frechas de desempate, e o bronce foi para México que venceu á locataria China tamén na mesma tesitura do desempate.

En individual masculino ouro para o coreano Ku, plata para o seu compatriota Kim, e bronce para o indonesio Ega Agatha.

En individual feminino, triplete coreano para Kang, ouro, Choi, plata e Ki, bronce.

SHA_DA2_2933

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O EQUIPO ESPAÑOL PELEXARÁ O BRONCE O DOMINGO

Xornada de competición por equipos a disputada hoxe en Shangai. O equipo español masculino composto por Alvariño, Pifarre e Rodríguez, que partía coa decimocuarta puntuación, conseguiu avanzar ata semifinais, tras impoñerse en oitavos a China Taipei, terceiro da previa, por 5-4, con 55-54 na frecha de desempate, e posteriormente ó equipo australiano, 5-1, que eliminara na rolda anterior a Italia. Xa en semifinais, España caía ante Xapón, por 3-5, mentres Corea do Sur gañaba a Indonesia 5-1. Así as cousas este domingo españois e indonesios pelexarán polo bronce, mentres xaponeses e coreanos loitarán polo ouro.

Non tivo tanta sorte o equipo feminino español integrado por Alarcón, Martín e Marín, que perdeu 6-0 ante Estados Unidos. En féminas loitarán polo título Corea do Sur e Alemaña, e polo bronce Xapón e Estados Unidos.

Outro 6-0 se levou España de Estados Unidos en Recurvo Mixto, pois ese foi o resultado que obtiveron Miriam Alarcón e Antonio Fernández contra Khatuna Lorig e o gran Brady Ellison. Verase outro Corea do Sur contra Xapón na final e polo bronce pugnará o equipo local chino contra México.

SHA_DA1_1088

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO, SEXTO NA COPA DO MUNDO DE SHANGAI

Grandes noticias as que deu na xornada de hoxe Miguel Alvariño, que nas tiradas eliminatorias venceu sucesivamente ó xeorxiano Pkhakadze 7-3, ó indio Jayanta Talukdar, noveno da previa, 7-3, ó locatario Yu Xing, 6-4, e ó xaponés Furukawa, oitavo da previa, 6-2.

Xa en cuartos de final, caeu ante Kim Woojin, primeiro da previa e máximo favorito, por un axustado 4-6. Este domingo Kim loitará o ouro con Ku, primeiro e segundo da previa, mentres que o coreano Lee e o indonesio Ega Agatha pelexarán polo bronce.

Acabou sexto Miguel, só por detrás dos catro coreanos e do indonesio, e deuse o luxo de quedar por diante do campión mundial e subcampión olímpico Brady Ellison, sétimo.

Mañá pecha Alvariño a súa participación coa proba por equipos.

Do resto de españois Antonio Fernández venceu 6-2 ó alemán Skoeries, 6-4 ó canadiense Lyon, para perder na terceira rolda ante o coreano Bonchan Ku, segundo da previa, 0-6. Miguel Ángel Pifarre venceu 6-2 ó australiano Gray, pero caeu na tirada seguinte ante o malayo Mohamad 4-6. Juan Ignacio Rodríguez perdeu ás primeiras de cambio ante o campión olímpico en Londres Mauro Nespoli 2-6.

En mulleres, Miriam Alarcón venceu á británica Hunt (6-2), á vietnamita Nguyen (6-4), para acabar perdendo ante a alemana Karina Winter, campiona mundial Indoor, sexta da previa, por un apretado 4-6. Moi ben tamén Adriana Martín, que gañou á francesa Planeix (7-1), á rusa Timofeeva (6-2), para acabar caendo ante a estadounidense Khatuna Loring, décima da previa, por 4-6. Celia Castaños venceu á vietnamita Loc (6-2), para logo perder ante a china Wu (0-6). Alicia Marín perdeu na primeira rolda ante a india Vedwan (4-6).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MIGUEL ALVARIÑO, 56º NAS TIRADAS PREVIAS DA COPA DO MUNDO DE SHANGAI

Duro día nos clasificatorios da primeira proba da Copa do Mundo que se está disputando en Shangai.

Tralas primeiras 72 frechas desta madrugada, os coreanos impuxeron o seu dominio copando as catro primeiras prazas, sendo o gran Brady Ellison, quinto, e para ver ó primeiro europeo hai que irse á 13ª praza do holandés Van Der Ben.

Antonio Fernández foi o primeiro español dos 124 participantes, 31º con 663, Pifarre, 44º con 656, e Miguel Alvariño 56º con 652. Juan Ignacio Rodríguez foi 93º con 635 puntos.

Curiosamente Miguel marca a criba do cadro de honra, e enfrontarase ó primero do seguinte cadro, o 57º, o xeorxiano Lasha Pkhakadze. Antonio Fernández, co alemán Eric Skoeries (82º), e Miguel Ángel Pifarre co australiano Matthew Gray (69º). Máis complicado o terá Rodríguez, ante o italiano campión olímpico en Londres Mauro Nespoli (20º).

En féminas Miriam Alarcón foi 26º, Adriana Martín 42º, Alicia Marín 49º e Celia Castaños 68º.

O conxunto español masculino clasificouse coa 14º das marcas con 1971 puntos, por tanto enfrontará ó terceiro da previa, China Taipei, que sumou 2014. En mulleres España foi décima e loitará coa séptima, EEUU

Por último, na modalidad de Recurvo Mixto, Fernández e Alarcón, os primeiros españois, son 14º con 1310 puntos, e enfrontarán a EEUU, do gran Brady Ellison e Khatuna Lorig, terceiros na previa con 1346.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – BERGANTIÑOS CF 1

De mala maneira acabou o As Pontes a tempada na casa ante a súa afección. Era o 24º enfrontamento en O Poboado en liga, entre un As Pontes, que gañou 14 veces, por 8 empates, e unha vitoria dos de Carballo, pero que triunfo, 1-5 na 2008-09, con goles dos logo “ponteses” Adriano (2), Bossa, Pablo Domínguez e un en propia meta.

Nunha primeira parte para esquecer, cun conxunto pontés apático, o Bergantiños, que tiña unha moi remota opción de meterse no play off, embotellou ó cadro azul durante 45 minutos, e puido haber sentenciado o partido.

Tras un penalti cometido por Marcos Souto, ó que deixaron só, sobre Toni, é o propio porteiro o que atalla o balón a David García (5´). Pase de Domínguez a Chicho que tira a mans do porteiro (19´). Posteriormente, libre de marca cabecea Ekedi e saca Souto cos pes (22´), pero tanto vai o cántaro á fonte, que tras un saque de falta lateral, aparece completamente só Borja Facal, que a cruza ante Marcos (30¨). Contratempo pra o As Pontes ó que se lle engadiu a lesión de Aitor, moi ben sustituido por Ross. Aínda puido incrementar a vantaxe o cadro de Carballo, e tras unha perda incomprensible de Fidi, David García plantase ante Marcos pero o balón vai ó poste (43´).

Lavou un pouco a imaxe o cadro pontés no segundo tempo, incluso tras un xogadón de Chicho que regatea a varios rivais e da unha perfecta asistencia, tiro cruzado de Amado que se marcha fora por un suspiro (46´). Logo é Arias quen dispara dende fora da área, rexeita o ex porteiro da selección galega UEFA Cristopher, e Piña mandaa por alto (47´). Boa xogada do As Pontes que remata Bossa picando o balón que se vai por pouco (63´). Tras un xogadón de Fidi, remata dentro da área Santi desviado (73´).

Sacudiuse un pouco a presión o Bergantiños, que agardaba atrás, e avisou Ekedi cun forte disparo que se vai por pouco (75´). Seguiu tentándoo o As Pontes, internada de Cabarcos que saca Cristopher con apuros (79´) e centro de Rochela, e remate frouxo de cabeza de Amado ás mans do porteiro (80´). Pero puido sentenciar o cadro de Oreiro, nun mal pase de Fidi cara atrás, é Alexandro quen se planta ante Marcos que toca o xusto para que o balón vaia ó poste (81´). Posteriormente é Toni quen fai estirarse a Marcos (82´).

Aínda tivo unha xogada para a igualada o conjunto local, pero a Amado que encaraba ó porteiro, acabou ganandolle a carreira o defensa e despexando a córner. O As Pontes despide unha temporada que se fixo moi longa en Ribadeo, e o Bergantiños consigue a súas segunda vitoria no Poboado.

0 CD AS PONTES. Souto, Rochela, Piña, Chote, Aitor (Ross 28´), Fidi, Amado, Bossa, Arias, Chicho (Santi 66´), Domínguez (Alex 78´).

1 BERGANTIÑOS CF. Cristopher, Facal (Germán 67´), Aaron, Alejandro, Sergio, Daniel, Toni (Pablo 84´), David, Ekedi (Alexandro 78´), Roberto, Miguez.

Goles: 0-1, Borja Facal (30´).

Árbitro: Gonzalo Goyanes López (Santiago). Auxiliado nas bandas por Rey Molano e Martínez Santos. Amarela a Aitor e Ross.

Campo e incidencias: Uns 250 espectadores en tarde calurosa e soleada. Antes do comezo do encontro homenaxeouse ó Alevín local campión de Liga, e ó cadete e xuvenil subcampións de Liga, a un punto do Racing de Ferrol e Portuarios de Ferrol, respectivamente.

AsPontes-Bergantinos_0001

AsPontes-Bergantinos_0002

AsPontes-Bergantinos_0003

AsPontes-Bergantinos_0004

AsPontes-Bergantinos_0005

AsPontes-Bergantinos_0006

AsPontes-Bergantinos_0007

AsPontes-Bergantinos_0008

AsPontes-Bergantinos_0009

AsPontes-Bergantinos_0010

AsPontes-Bergantinos_0011

AsPontes-Bergantinos_0012

AsPontes-Bergantinos_0013

AsPontes-Bergantinos_0014

AsPontes-Bergantinos_0015

AsPontes-Bergantinos_0016

AsPontes-Bergantinos_0017

AsPontes-Bergantinos_0018

AsPontes-Bergantinos_0019

AsPontes-Bergantinos_0020

AsPontes-Bergantinos_0021

AsPontes-Bergantinos_0022

AsPontes-Bergantinos_0023

AsPontes-Bergantinos_0024

AsPontes-Bergantinos_0025

AsPontes-Bergantinos_0026

AsPontes-Bergantinos_0027

AsPontes-Bergantinos_0028

AsPontes-Bergantinos_0029

AsPontes-Bergantinos_0030

AsPontes-Bergantinos_0031

AsPontes-Bergantinos_0032

AsPontes-Bergantinos_0033

AsPontes-Bergantinos_0034

AsPontes-Bergantinos_0035

AsPontes-Bergantinos_0036

AsPontes-Bergantinos_0037

AsPontes-Bergantinos_0038

AsPontes-Bergantinos_0039

AsPontes-Bergantinos_0040

AsPontes-Bergantinos_0041

AsPontes-Bergantinos_0042

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: CIDADE DE NARÓN – O ESTEO FS (6-1)

O Esteo seguirá un ano máis na Segunda División B do fútbol español. Faino de maneira matemática, pois a pesar de perder 6-1 ante o campión Cidade de Narón, o Leis de Pontevedra perdeu 3-4 na casa ante o Guardo e queda por detrás dos ponteses.

Pouco que dicir do encontro de onte onde os naroneses se xogaban a Liga, e a pesar de que o Esteo se adiantaba cun gol de Bolly nunha contra, e que co bo traballo defensivo o primeiro tempo acabou 1-1, no segundo, os locais apretaron e puxeronse 5-1, e acabaron gañando con contundencia, con tres goles de Juve, que lle ten tomada a medida ó Esteo, pois no 0-6 da tempada pasada meteu catro goles, dous de Buján e un de Jacobo.

Campión Cidade de Narón con 50 puntos, 49 para Mosteiro de Bembrive, 47 Universidad de Valladolid e 44 Noia.

O quinto posto para Pizarras Tres Cuñados con 34, Guardo 32, Albense 30, Cuéllar 29 e Cisterna 28.

Últimos postos para O Esteo, décimo con 16, Leis 14 e Ventorrillo 4.

Rematou a temporada e despídense o mítico xogador Franín, ós seus 38 anos, e o adestrador Diego, que pasará a ser director deportivo do club.

FICHA DO PARTIDO

CIDADE DE NARÓN: Arrivi, Jacobo, Brais, Buján, Juve –cinco inicial- Ángel (ps), Cristian, Rober, Lito, Alex, Josito, Borja

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Ferreiro, Héctor, Cagi –cinco inicial- Iván (ps), Bolly, Fran, Pelu.

ÁRBITROS: Novoa García e Vilas López (Ourense). Amoestaron a Buján e Bolly.

GOLES: Min. 4 (0-1), Bolly. Min. 18 (1-1), Juve. Min. 22 (2-1), Buján. Min. 24 (3-1), Jacobo. Min. 27 (4-1), Juve. Min. 29 (5-1), Juve. Min. 39 (6-1), Buján.

INCIDENCIAS: Último partido da Segunda División B disputado no pavillón da Gándara de Ferrol, que rexistrou unha gran entrada de 600 espectadores.

esteo_0001

esteo_0002

esteo_0003

esteo_0004

esteo_0005

esteo_0006

esteo_0007

esteo_0008

esteo_0009

esteo_0010

esteo_0011

esteo_0012

esteo_0013

esteo_0014

esteo_0015

esteo_0016

esteo_0017

esteo_0018

esteo_0019

esteo_0020

esteo_0021

esteo_0022

esteo_0023

esteo_0024

esteo_0025

esteo_0026

esteo_0027

esteo_0028

esteo_0029

esteo_0030

esteo_0031

esteo_0032

esteo_0033

esteo_0034

Fotos cortesía Adán Puentes Branco (Voltaaria). Nova cortesía de AF e XF.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS Do 6 ó 13 / MAIO / 2015

TERCEIRA DIVISIÓN
CD As Pontes – Bergantiños CF (0-1)

As Pontes xogou un mal partido ante o Bergantiños, e o cadro de Carballo acadou a súa segunda vitoria no Poboado (0-1). Décimo terceiro con 52 puntos os ponteses despiden a Liga na casa do Ribadeo. Botando un ollo á ultima xornada non deixa de resultar curioso que o ano pasado o As Pontes quedara fora do play off con 73 puntos e este ano só o campión Pontevedra superará esa puntuación.

SEGUNDA AUTONÓMICA (Copa)
Galicia Mugardos – CD As Pontes B (2-3)

O As Pontes B pasou á seguinte rolda da Copa tras vencer 2-3 en Mugardos, a onde levaba o 3-2 da ida. Xogaron Ángel, Criado, Rubén, Carlos, Darío, Totti, Guille, Toni, Marcos, Samu, Javi entrando no segundo tempo Nando, Danilo, Alejandro e David. Goles de Totti de cabeza e dous de Javi, nunha parede con Marcos e o outro de vaselina. Enfontaranse ó Perlío na seguinte eliminatoria a partido único no Poboado.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
CD As Pontes – SRD Portuarios (2-2)

Tarde de incerteza a que se viviu este pasado mércores. O Xuvenil pontés vencía comodamente en San Sadurniño (0-4), e debía agardar o pinchazo do Portuarios na súa casa ante o Numancia de Ares, que se xogaba a fase de ascenso. Adiantáronse os da terra do gran Marcelino e ó descanso o As Pontes era campión, pero nos segundos 45 minutos impúxose a lóxica do que se xogaba máis, e os ferroláns acabaron vencendo 3-1, para desgraza pontesa, que viu como perdía dúas ligas por un só punto.
Xogaron polo As Pontes, Ángel, Caínzos, Jorge, Moi, Jandro, Iván, Nahúm, Brais, Alex Fernández (1), Casas (1) e Josiño (1), saíndo no segundo tempo Rey, Óscar (1), Manuel, Alex Blanco, e Iago. Portuarios 45 puntos, campión, As Pontes 44, Numancia 39, Ensanche 31, Eume 29, Perlío 23, Miño 21, Narón 21, Meirás 21, San Sadurniño 15, O Val B 13.

COPA COMARCAL XUVENIL
Semifinal ida: Narón BP Piñeiros – CD As Pontes (0-0)
Semifinal volta: CD As Pontes – Narón BP Piñeiros (1-2)

Na competición de Copa, o As Pontes empataba a 0-0 na ida das semifinais no encontro xogado no Cadaval ante o Narón BP. Xogaron Ángel (Manuel), Caínzos, Andrés (Jorge), Moi, Jandro, Iván (Alex Blanco), Nahum (Iago), Brais, Alex Fernández, Casas e Xose (Rey). Na ida da outra semifinal o Portuarios venceu en Valdoviño ó Meirás 4-5.

A volta foi unha desilusión, xa que o cadro de Mieres caeu eliminado tras perder no Poboado 1-2 ante o Narón BP. Xogaron Ángel, Caínzos, Jorge, Moi, Jandro, Alex Cabarcos, Nahum, Iván, Alex Fernández (1), Casas, Brais entrando no segundo tempo Rey, Alex Blanco, Iago, e Roberto. Custoulle ó Portuarios, que empatou na casa 2-2 ante o Meirás, pero acabou pasando á final.
Ó xuvenil quédalle agora a fase de ascenso á Liga Galega que comeza o vindeiro sábado 23 de maio no campo do Compostela B, terceiro clasificado do grupo de Santiago con 70 puntos, a catro de Unión e Bastavales.

copa_xuvenil_0001

copa_xuvenil_0002

copa_xuvenil_0003

copa_xuvenil_0004

copa_xuvenil_0005

copa_xuvenil_0006

copa_xuvenil_0007

copa_xuvenil_0008

copa_xuvenil_0009

copa_xuvenil_0010

copa_xuvenil_0011

copa_xuvenil_0012

copa_xuvenil_0013

copa_xuvenil_0014

copa_xuvenil_0015

copa_xuvenil_0016

1ª AUTONÓMICA CADETE
CD As Pontes – CD Cariño (14-0)

O Cadete goleou en exceso ó colista Cariño (14-0), nunha liga que xa era do R.Ferrol B: pero na que, coincidencias do destino, tamén acabou a un só punto do campión. Xogaron Malena, Adrián, Bruno, Esteban, Fraga, Ayrton (3), Alex (1), Alberte (3), Jandro (2), Carlos (2), Dani (2), saíndo no segundo tempo Alejandro, Manuel R., Manuel F. (1), Eloy e Mateo. Racing de Ferrol B 51 puntos, As Pontes 50, Portuarios 43, Galicia Caranza B 38, Narón 34, Ortigueira 29, Numancia 21, Meirás 19, O Val 18, Perlío 12, Cariño 1.

cadete_0001

cadete_0002

cadete_0003

cadete_0004

cadete_0005

cadete_0006

cadete_0007

cadete_0008

cadete_0009

cadete_0010

cadete_0011

cadete_0012

cadete_0013

cadete_0014

cadete_0015

COPA COMARCAL CADETE
Semifinal ida: Gª Caranza B – CD As Pontes (5-2)
Semifinal volta: CD As Pontes – Gª Caranza B (1-0)

Contra a versión reforzada do Galicia de Caranza se atopou o As Pontes nas semifinais de Copa, e perdeu 5-2 o encontro de ida, onde tres goles de Jesús Ameneiro puxeron as cousas de cara para os ferroláns. Xogaron Malena, Adrián, Bruno, Esteban, Fraga, Ayrton, Alberte (1), Josiño, Jandro (1), Carlos, Dani saíndo no segundo tempo Otero, Antón, David e Alex.
Na volta, na casa, gañou 1-0 o As Pontes, con gol de Jandro. Xogaron Lino, Antón, David, Esteban, Fraga, Ayrton, Alberte, Otero, Jandro, Adrián e Josiño, saíndo nos últimos minutos Carlos, Bruno, e Alex Barro. Co global de 5-3 pasa o Galicia de Caranza á final que xogará ante o Racing de Ferrol B, que eliminou ó Portuarios.
O conxunto cadete inicia a fase de ascenso á Liga Galega, que comeza o vindeiro sábado 23 de maio no campo do Club Ordes, terceiro clasificado do grupo 1º (A Coruña) con 71 puntos, a sete de Ural B e un de Rayo Sadense.

copa_cadete_0001

copa_cadete_0002

copa_cadete_0003

copa_cadete_0004

copa_cadete_0005

copa_cadete_0006

copa_cadete_0007

copa_cadete_0008

copa_cadete_0009

copa_cadete_0010

copa_cadete_0011

copa_cadete_0012

copa_cadete_0013

copa_cadete_0014

copa_cadete_0015

copa_cadete_0016

copa_cadete_0017

copa_cadete_0018

copa_cadete_0019

copa_cadete_0020

COPA COMARCAL INFANTIL
Semifinal ida: CD As Pontes – Amistade Meirás (4-2)
Semifinal volta: Amistade Meirás – CD As Pontes (3-3)

Boa renda sacou o infantil na ida que gañou 4-2 ó Amistade de Meirás, aínda que o resultado puido ser mellor xa que os locais chegaron a ir gañando 3-0 ó descanso. Dous goles de Dani e outro de Mateo poñían o 3-0 pero dous goles de Raúl no segundo tempo apertaban un marcador que aumentou Mateo de penalti. Xogaron Nesy, Alex, Carballeira, Javier, Germán, Alejandro, Mateo, Chema, Antón, Dani e Jose, saíndo despois Vicente e Andrea.
Na volta conseguiron un empate a tres goles e clasificaron para a final. Poñían a eliminatoria en franquía con tantos de Dani e Germán, pero antes do descanso empataba o cadro local (2-2). Xa mediado o segundo tempo Mateo sentenciaba, aínda que os de Valdoviño empataron na prolongación. Xogaron Nesy, Alex, Carballeira, Javi, Germán, Alejandro, Mateo, Chema, Jose, Dani e Andrea, saíndo no segundo tempo Paz, Vicente, Silven, e Azoin.
A versión reforzada do Galicia de Caranza gañou 10-2 no global ó Campión de Liga, Eume Deportivo, e perfílase como favorito para lograr a final.

copa_infantil_0001

copa_infantil_0002

copa_infantil_0003

copa_infantil_0004

copa_infantil_0005

copa_infantil_0006

copa_infantil_0007

copa_infantil_0008

copa_infantil_0009

copa_infantil_0010

copa_infantil_0011

copa_infantil_0012

copa_infantil_0013

copa_infantil_0014

copa_infantil_0015

COPA COMARCAL BENXAMÍN (en Caranza)

Sensacional o Benxamín A no torneo de Copa. Na primeira rolda gañaron 4-0 ó Racing de Ferrol B, 8-0 ó Narón O Freixo C, e xa clasificados perderon 0-1 co Narón O Freixo B. Coincidencias do destino, dos 39 equipos participantes, clasificaban para oitavos de final os dez campións de grupo e os 6 mellores segundos, e voltaron a coincidir As Pontes e Narón O Freixo B en oitavos de final, e desta vez gañaron os azuis 1-0. En cuartos venceron ó Eume 3-1. Xa en semifinais perderon co Narón BP 3-1, namentres que o Racing de Ferrol vencía ó Mugardos 2-1. Na final os naroneses se impoñían ós verdes por 2-1. O Benxamín B pola súa parte perdeu 0-1 co Cebarca, cuartofinalista, 1-2 co Racing San Pedro B e empatou 0-0 co Rápido de Neda B o terceiro compromiso.

LIGA PREBENXAMÍN
R. San Pedro – CD As Pontes (5-2)

O Prebenxamín A perdeu 5-2 ante o Racing San Pedro no seu último partido de liga, que o acabou superando na clasificación, e tamén o Miño, e polo tanto acabou na décima praza con 14 puntos, a liga dos mellores. Curiosamente o equipo ferrolán meteu os sete goles, pero dous na portería equivocada.

COPA COMARCAL PREBENXAMÍN (en Cariño)

No torneo de Copa o Prebenxamín A gañou ó Ánimas B (3-0), Eume (3-1) e Cedeira (3-0). Logo en oitavos de final empataron un gol co Numancia de Ares B e perderon por penaltis. O Prebenxamín B perdeu 0-2 co Racing de Ferrol B, Perlío (0-1) e Cabanas (0-2). O torneo gañouno o Racing de Ferrol que venceu na final ó Galicia de Mugardos, sendo semifinalistas Portuarios e Numancia de Ares.

Nova cortesía de Xose A. Ferreiro e AF

COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS 2015

Este sábado 16 de maio dispútanse as semifinais e a final da copa de fútbol de veteranos de As Pontes. A partir das once (11,00) enfrontaranse Bar Xardín e La Galaxia e unha hora depois (12,00) Farmavida e As Pontes 74.

Logo dunha fase de grupos, estes catro equipos chegaron ás semifinais despois de eliminar en cuartos Bar Xardín a MMYPEM por 3-0, La Galaxia a Galiorient por 3-1, mentres que Farmavida e As Pontes 74 apearon da competición, na quenda dos penaltis, a A Cepa (0-0, 3-2) e Mobles Eume (3-3, 3-1), o actual campión de liga.

A final disputarase o mesmo día a partir das seis do serán (18,00) no campo do Poboado.

SEMIFINAIS E FINAL COPA FÚTBOL VETERANOS
16 / MAIO / 2015
Campo do Poboado (As Pontes)

BAR XARDÍN – LA GALAXIA (11,00 h)
FARMAVIDA – AS PONTES 74 (12,00 h)
FINAL (18,00 h)

veteranos_0001

veteranos_0002

veteranos_0003

veteranos_0004

veteranos_0005

veteranos_0006

veteranos_0007

veteranos_0008

veteranos_0009

veteranos_0010

veteranos_0011

veteranos_0012

veteranos_0013

veteranos_0014

veteranos_0015

veteranos_0016

veteranos_0017

veteranos_0018

veteranos_0019

veteranos_0020

veteranos_0021

veteranos_0022

veteranos_0023

veteranos_0024

veteranos_0025

veteranos_0026

veteranos_0027

veteranos_0028

veteranos_0029

veteranos_0030

veteranos_0031

veteranos_0032

veteranos_0033

veteranos_0034

veteranos_0035

veteranos_0036

veteranos_0037

veteranos_0038

Nova cortesía A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar un comentario