CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 22-23-24 / MAIO / 2015

O As Pontes B afronta os cuartos de final, a partido único, enfrontándose no Cadaval ó Narón BP, equipo de Primeira Autonómica, mentres que o conxunto feminino xoga este venres en Valdoviño ante o Amistade Meirás e os equipos xuvenil e cadete comezan a fase de ascenso á Liga Galega en Santiago e Ordes. Tamén O Poboado será sede este sábado da fase previa infantil da Copa AFACO.

COPA DE AFECCIONADOS (4º final)
· NARÓN BP PIÑEIROS – CD AS PONTES B
Campo do Cadaval, Narón (Domingo 24 – 17,00 h)

FÚTBOL FEMININO F-8 (Copa, 4ª xornada)
· EFB AMISTADE MEIRÁS -CD AS PONTES
Campo de Atios, Valdoviño (Venres 22, 20,30 h)

ASCENSO Á LIGA GALEGA XUVENIL (8º Final ida)
· SD COMPOSTELA B – CD AS PONTES
Campo das Cancelas, Santiago (Sábado 23, 17,00 h)

ASCENSO Á LIGA GALEGA CADETE (8º Final ida)
· SD CLUB ORDES – CD AS PONTES
Campo Municipal Vista Alegre, Ordes (Sábado 23, 20,00 h)

COPA AFACO INFANTIL (As Pontes)
· CD SAN SADURNIÑO – SD RÁPIDO NEDA
· CD AS PONTES – Perdedor 1º partido
· CD AS PONTES – Gañador 1º partido
Campo do Poboado, As Pontes (Venres 22 – 18,30 h)

Nova cortesía de AF

FASE PROVINCIAL BENXAMÍN DE FÚTBOL SALA

Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes) • Sábado 23 de Maio de 2015

Dentro do programa “Xogos Deportivos en Idade Escolar 2014/15”, este sábado 23 dispútase no pavillón municipal das Pontes a fase provincial de categoría benxamín e no que participan os equipos EDM de Cabana de Bergantiños, EDM Pontecesures, Compañía de María (Santiago), ademais do Club O Esteo FS.

Ás 11,00 horas será a primeira semifinal entre Cabana de Bergantiños e O Esteo. A continuación (12,15) será a segunda entre Pontecesures e Compañía de María. Ás catro da tarde será o choque para decidir o 3º e 4º clasificados. A final comezará ás 17,00 horas e de seguido a entrega de trofeos.

Fase-provincial

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Esteo (2ª División B) e Santiago (1ª División) enfróntanse nos cuartos de final da Copa Deputación da Coruña 2015 en partido adiantado, por mor dunha actividade na fin de semana no pavillón pontés, a unha hora e día non habituais (martes, 19 de maio ás 21,15). As outras tres eliminatorias de cuartos de final aínda non teñen data de celebración.

COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2015

O ESTEO F.S. – SANTIAGO FUTSAL
Martes 19 – Maio – 2015 (21,15 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: