CD As Pontes Feminino

O ESTEO BENXAMÍN PROCLAMOUSE CAMPIÓN PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA

O conxunto benxamín do Esteo proclamouse este sábado campión provincial de fútbol sala de deporte escolar na fase final celebrada este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa afluencia de espectadores.

Na primeira semifinal enfrontáronse o Esteo e o EDM de Cabana de Bergantiños, con vitoria contundente dos ponteses por 9-1, destacando o seu goleador Juan, autor de tres tantos. Na seguinte semifinal contenderon Compañía de María, de Santiago, e o Concello de Muxía, que substituíu ó Pontecesures, que non puido acudir a esta final provincial. Este choque estivo máis igualado rematando con vitoria muxián por 2-1 ante un cadro santiagués que acudiu con poucos efectivos.

Sen embargo, o cadro santiagués tivo a recompensa na final de consolación impoñéndose ó conxunto de Cabana de Bergantiños por tres goles a dous. Na gran final, disputada ante numeroso público, o Esteo non tivo problemas para superar con claridade ó Concello de Muxía por 8-2, sendo o goleador deste partido Álex Montero con catro tantos. Arbitraron os colexiados de Ferrol, José M. Martinez e Javier Bujía.

Agora o Esteo disputará a fase autonómica contra os gañadores das outras tres provincias en lugar e data sen determinar.

1-EDMCabana-Esteo_0001

1-EDMCabana-Esteo_0002

1-EDMCabana-Esteo_0003

1-EDMCabana-Esteo_0004

1-EDMCabana-Esteo_0005

1-EDMCabana-Esteo_0006

1-EDMCabana-Esteo_0007

1-EDMCabana-Esteo_0008

1-EDMCabana-Esteo_0009

1-EDMCabana-Esteo_0010

1-EDMCabana-Esteo_0011

1-EDMCabana-Esteo_0012

1-EDMCabana-Esteo_0013

1-EDMCabana-Esteo_0014

1-EDMCabana-Esteo_0015

1-EDMCabana-Esteo_0016

1-EDMCabana-Esteo_0017

1-EDMCabana-Esteo_0018

2-CMaria-Muxia_0001

2-CMaria-Muxia_0002

2-CMaria-Muxia_0003

2-CMaria-Muxia_0004

2-CMaria-Muxia_0005

2-CMaria-Muxia_0006

2-CMaria-Muxia_0007

2-CMaria-Muxia_0008

2-CMaria-Muxia_0009

2-CMaria-Muxia_0010

2-CMaria-Muxia_0011

2-CMaria-Muxia_0012

2-CMaria-Muxia_0013

2-CMaria-Muxia_0014

3_EDMCabana-CMaria_0001

3_EDMCabana-CMaria_0002

3_EDMCabana-CMaria_0003

3_EDMCabana-CMaria_0004

3_EDMCabana-CMaria_0005

3_EDMCabana-CMaria_0006

3_EDMCabana-CMaria_0007

3_EDMCabana-CMaria_0008

3_EDMCabana-CMaria_0009

3_EDMCabana-CMaria_0010

3_EDMCabana-CMaria_0011

3_EDMCabana-CMaria_0012

3_EDMCabana-CMaria_0013

3_EDMCabana-CMaria_0014

3_EDMCabana-CMaria_0015

4_FINAL_Esteo-Muxia_0001

4_FINAL_Esteo-Muxia_0002

4_FINAL_Esteo-Muxia_0003

4_FINAL_Esteo-Muxia_0004

4_FINAL_Esteo-Muxia_0005

4_FINAL_Esteo-Muxia_0006

4_FINAL_Esteo-Muxia_0007

4_FINAL_Esteo-Muxia_0008

4_FINAL_Esteo-Muxia_0009

4_FINAL_Esteo-Muxia_0010

4_FINAL_Esteo-Muxia_0011

4_FINAL_Esteo-Muxia_0012

4_FINAL_Esteo-Muxia_0013

4_FINAL_Esteo-Muxia_0014

4_FINAL_Esteo-Muxia_0015

5_entrega-trofeos_0001

5_entrega-trofeos_0002

5_entrega-trofeos_0003

5_entrega-trofeos_0004

5_entrega-trofeos_0005

5_entrega-trofeos_0006

5_entrega-trofeos_0007

5_entrega-trofeos_0008

5_entrega-trofeos_0009

Nova cortesía de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 22-23-24 / MAIO / 2015

SEGUNDA AUTONÓMICA (Copa)
Narón BP Piñeiros – CD As Pontes B (1-1, pen. 5-4)

O equipo B acabou a súa andaina na Copa tras perder nos penaltis no Cadaval ante o Narón BP, tras empatar a 1-1 no tempo regulamentario. Foi o cadro de Marco Roca o que se adiantou mediado o primeiro tempo con gol de Nando, pero a falta de 15 minutos empataba Marcos Pita. A eliminatoria resolveuse nos penaltis onde os locais estiveron máis atinados (5-4) e pasan a a semifinais xunto a Numancia e Ortigueira, que tamén pasan por penaltis, e Eume.

Xogaron Krikry, Criado, Ross, Totti, Darío, Carlos, Nando, Guille, Marcos, Javi, Adán (Alex 53´)

COPA COMARCAL FEMININA
Amistade Meirás – CD As Pontes (1-3)

O equipo feminino gañou 1-3 en Valdoviño ó Amistade de Meirás, e afrontará o encontro decisivo ante O Val B no Poboado, con puntos igual que as valexas, pero mellor diferenza de goles (+11 e +10), polo que lles valería o empate. A última xornada presentase moi atractiva pois non hai ningún semifinalista decidido, no grupo 1 xoganse a praza pontesas e valexas, mentres que nos outros serán EFR Ferrol e San Sadurniño no Grupo 2, Cultural Maniños e Mandiá no Grupo 3. Xogaron no campo do Atios: Alba, Uxía, Nuria, Indira, Patri Dopico (1), Paula Castro, Carlota, Andrea (1), Xeila, Noelia Santalla (1) e Yara.

FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA XUVENIL
SD Compostela B – CD As Pontes (1-0)

O equipo xuvenil trouxo un mal resultado por mor dun desafortunado penalti no último minuto, xogada na que ademais quedou cun xogador menos. Marcou para os santiagueses o dianteiro Borja Miguez. Toca remontar no Poboado a vindeira fin de semana. Xogaron, Ángel, Caínzos, Jorge, Moi, Jandro, Alex, Iago, Iván, Alex Fernández, Casas, Pita, saíndo no segundo tempo Nahum, Rey, Alex Blanco e Óscar.

FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA CADETE
SD Club Ordes – CD As Pontes (2-0)

O equipo cadete perdeu 2-0 na súa visita a Ordes, co que ten un complicado partido de volta esta fin de semana. Un gol de rebote e outro en propia meta, un finalizando o primeiro tempo e outro comezando o segundo déronlle unha cómoda vantaxe ó cadro local, á espera do encontro no Poboado. Xogaron por parte do As Pontes: Lino, Fraga, David, Esteban, Antón, Ayrton, Alberte, Otero, Jandro, Adrián, Josiño, entrando no segundo tempo Dani, Jorge, Carlos e Bruno.

COPA AFACO INFANTIL
Fase Previa no Poboado. CD As Pontes clasificado
O equipo infantil venceu no triangular xogado no Campo do Poboado, 2-1 ó Rápido de Neda e 8-0 ó San Sadurniño. No primeiro partido o R. Neda venceu ó San Sadurniño na quenda dos penaltis (0-0, 2-0). O As Pontes clasificouse para semifinais desta copa da Asociación de Fútbol Afeccionado da Comarca, que xogarán contra o Perlío. A outra disputarana Numancia de Ares e Cariño.

copa_afaco_0001

copa_afaco_0002

copa_afaco_0003

copa_afaco_0004

copa_afaco_0005

copa_afaco_0006

copa_afaco_0007

copa_afaco_0008

copa_afaco_0009

copa_afaco_0010

copa_afaco_0011

copa_afaco_0012

copa_afaco_0013

copa_afaco_0014

copa_afaco_0015

copa_afaco_0016

copa_afaco_0017

copa_afaco_0018

copa_afaco_0019

copa_afaco_0020

copa_afaco_0021

copa_afaco_0022

copa_afaco_0023

copa_afaco_0024

copa_afaco_0025

copa_afaco_0026

copa_afaco_0027

copa_afaco_0028

copa_afaco_0029

copa_afaco_0030

copa_afaco_0031

copa_afaco_0032

copa_afaco_0033

copa_afaco_0034

copa_afaco_0035

copa_afaco_0036

copa_afaco_0037

copa_afaco_0038

copa_afaco_0039

copa_afaco_0040

copa_afaco_0041

copa_afaco_0042

copa_afaco_0043

copa_afaco_0044

copa_afaco_0045

Nova de Xose A. Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: