CD As Pontes Feminino

O TAEKWONDISTA GABRIEL TEMBRÁS, MEDALLA DE PRATA NOS EUROPEOS DE BELGRADO, RECIBIDO NO CONCELLO DE AS PONTES

O xove taekwondista pontés de tan só 13 anos, Gabriel Tembrás Corrales, que vén de gañar a medalla de prata en Técnica na categoría cadete nos Campionatos Europeos de Taekwondo Poomsae celebrados esta fin de semana na capital serbia de Belgrado, foi recibido esta mañá no Concello de As Pontes polo alcalde Valentín González Formoso e o concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás. Tamén estaban presentes os concelleiros Montserrat García, Alberto Pellón e Manuel Escourido, ademais de familiares e afeccionados que quixeron render esta homenaxe a un dos deportistas ponteses máis laureados nos últimos anos.

Logo de loar a traxectoria deportiva deste rapaz pontés, o alcalde Valentín González Formoso entregoulle unha placa e unha insignia en prata co escudo do concello, como xa fixera a semana pasada co dobre medallista europeo (ouro en individual e prata en equipos), Miguel Alvariño García, na modalidade de tiro con arco, nos 1ºs. Xogos Europeos celebrados en Bakú (República de Azerbaixán). Logo interveu o propio Gabriel, quen con moita timidez foi respondendo ás preguntas dos presentes neste acto, rematando a intervención o seu adestrador Antonio Montes.

Gabi, que cumprirá 14 anos en setembro, é un dos deportistas máis laureados da localidade, pois a esta medalla de prata hai que sumarlle o ouro europeo junior obtido en Alicante en 2013 na modalidade de free style, ademais de varios campionatos e copas de España e multitude de campionatos galegos. Tamén estivo presente no Mundial de México o pasado ano.

Gabriel Tembrás adestra no Moo Duk Kwan de Vilalba ás ordes de Antonio Montes, o mesmo preparador que dirixiu no seu día á pontesa Lucía Legaspi Bouza, dobre medallista de bronce en 1996 no Europeo e Mundial Junior disputados en Zagreb (Croacia) e Barcelona, respectivamente. Na modalidade de parella, Gabi competiu con Beatriz Felpeto, de Muras, acabando nunha máis que meritoria sétima posición. O seu próximo gran reto será a disputa do Mundial.

gabriel_0002

gabriel_0003

gabriel_0004

gabriel_0005

gabriel_0006

gabriel_0007

gabriel_0008

gabriel_0009

gabriel_0010

gabriel_0011

gabriel_0012

gabriel_0013

gabriel_0014

gabriel_0015

gabriel_0016

gabriel_0017

gabriel_0018

gabriel_0019

gabriel_0020

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

GABRIEL TEMBRÁS, PRATA NO CAMPIONATO DE EUROPA

O deportista pontés Gabriel Tembrás Corrales ven de participar esta fin de semana no Campionato de Europa de Taekwondo Poomsae, en Serbia, onde participou en dúas probas.

En Técnica Individual, na categoría cadete, fíxose coa medalla de prata, tras caer na final ante o favorito turco Muhammed Emir Yilmaz, mentres que os bronces foron para os rusos Maxim Timashkov e o francés Antoni De Jesus.

Formando parella coa súa compañeira do Moo Duk Kwan Vilalba, en Técnica Cadete, Beatriz Felpeto, non puideron pasar á rolda das medallas, nunha proba na que se impuxo a dupla turca, seguida da delegación alemana, sendo os bronces para Rusia e Chequia.

Non puido defender Gabi o seu título de Campión de Europa Freestyle para menores de 17 años, e no seu lugar competiu Pau Caldentey, que non puido pasar á fase final, na que venceu o turco Ornek, por diante do alemán Moryson, plata, e o terceiro lugar ocuparono o ruso Pak e o ucraino Orlovskyi.

tembras /

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: