CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN DO CLUBE SÍLEX NO CAMPIONATO GALEGO

Valdoviño foi o escenario este sábado do Campionato Galego de Tiro con Arco, Recurvo e Composto, masculino e femenino, nas categorías senior, xuvenil, veterano e adaptado.

Moi ben estivo Dani Castro en Recurvo Senior Masculino, que xa marcou a mellor marca nas tiradas previas con 632 puntos, con 29 de ventaxa sobre o segundo clasificado. Carlos Romero, tamén do Silex, acabou sexto con 558 puntos,
Logo Dani venceu sucesivamente a Ramón Vallejo (Arqueiros de Cambre) por 6-0, Jorge Cadavid (Lumelar) por 6-2, Jaime Santamaría (Lucus Augusti) por 6-4, e na final a Vicente Veira (Arc-Teixo), por 7-3, traendo a medalla de ouro.
Xenial estivo Carlos tamén, pois venceu a Adrián Barcia (Arco Narón ) por 6-0, J.Ramón Canda (Arco Muralla) por 6-2, perdeu en semifinais ante Vicente Meira por un axustado 7-5, pero recuperouse para gañar na loita polo bronce a Jaime Santamaría por 6-4.

En Recurvo Senior Feminino, nas tiradas previas, Cristina Castro tivo a terceira mellor marca con 515, lonxe dos 571 de Noelia Pena, e 614 de iria Grandal.

Cris gañou a Selene Blanco (Arqueiros de Cambre) por 6-4, en cuartos, logo en semifinais perdeu 6-0 con Noelia Pena (Arc -Teixo), e gañou 6-2 na loita polo bronce a Olaia Pérez (Arco Narón). Na final Noelia Pena impúxose á gran favorita, Iria Grandal, do Arco Narón, por 6-2.

En Composto Senior Masculino, Xaquín Mira tivo a terceira mellor marca nas frechas clasificatorias con 680 puntos. Xa na loita polas medallas venceu a Oscar Berrocal (Arco Muralla) por 147-121, en cuartos, perdeu en semifinais na frecha de desempate ante Guillermo Rodríguez (Arco Narón) tralo 141-141, e logo fíxose co bronce tras gañar claramente 145-134 a Arturo Salvador (Arco Barco). Na final, Alberto Blázquez (Arco Narón) impúxose por 149-146 a Guillermo Rodríguez.

Nesta proba tamén competiu Javier Vázquez, do Sílex, que foi cuarto nas clasificatorias con 661 puntos, pero caeu ante Arturo Salvador 128-127 en cuartos, acabando sexto.

Adriano Romero, do Sílex, foi quinto en Recurvo Veteranos, tras clasificar in extremis á rolda definitiva coa oitava mellor marca e perder en cuartos por un axustado 7-5 ante Jose Martín Gómez (Arco Barco). Nesta proba foi segundo Juan Dopico (Arco Ferrol).

Outros metais para competidores da Comarca chegaron en Recurvo Xuvenil, Pedro Pina (Arco Ferrol), e en Composto Veterano, Julio Seoane (Ares Arco), ambos foron prata. Tamén gañou en Arco Recurvo Adaptado Manuel Brage (Arco Ferrol).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ACTUACIÓN DE CRISTINA CASTRO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Esta pasada fin de semana disputábanse en Madrid os Campionatos de España para Cadetes e menores de 14 anos.
A arqueira do Clube Silex, Cristina Castro Barcala, competía en Recurvo Cadete, e nas calificatorias fixo a undécima mellor marca con 562 puntos. Mónica Galisteo, de Madrid, situouse primeira con 625.

Nas roldas eliminatorias Cristina venceu en dezaseisavos á madrileña Sonsoles Solera 6-4, pero logo caeu en oitavos de final 5-6, con 6-7 na frecha de desempate, ante Eva Iglesias, de Castela León, acabando novena. Ouro para Paula Gutiérrez, prata para Sandra Nieva e bronce para Mónica Galisteo.

Máis sorte tivo na competición por equipos mixtos, xunto ao prometedor Gabriel Galante, que, a pesar de perder ante a delegación madrileña 6-2 en semifinais, fixéronse co bronce ao vencer contundentemente a Castela León 6-0. Na final, Baleares venceu á Comunidade de Madrid 5-3.

A Comunidade madrileña logrou catro ouros na competición, entre arco recurvo e arco composto, as Illas baleares dous, e o País Vasco e a Comunidade Valenciana un.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DO CARME AS PONTES 2015

Esta fin de semana, do 3 ó 5 de xullo, disputouse na pista do colexio Santa María de As Pontes o Maratón de fútbol sala das Festas do Carme 2015, nas tres categorías, masculina, feminina e veteranos. O torneo foi organizado polo Club O Esteo e o Concello de As Pontes. Ó longo dos tres días de competición a climatoloxía acompañou o que motivou a numeroso público.

A competición máis disputada foi a masculina, e así, 21 equipos estaban distribuídos en sete grupos de tres conxuntos cada un.

O máis interesante comezou na fase final, nos oitavos, ós que pasaban os dous primeiros de cada grupo, sumando un total de 14 clasificados. Nesta rolda impúxose LS Excalibur a Sempre Valerón (3-1), Nueva Imagen a Solfamidas (4-0), Al-Ahly-GZ a Mariscos Recio (3-2), GTC Su Formación a Zapas Colacao (8-1), A Capela a Cervecería TPV (3-0), Los Yutis a Arenal Salud (5-3), e Mobles Eume a Mi Bebe 4D- Jardín (7-0), sendo repescado para completar os oito conxuntos de cuartos, o Mariscos Recio, ó ser o conxunto que perdeu pola menor diferenza de goles nesta fase.

En Cuartos de Final, LS Excalibur venceu a Al-Ahly-GZ (5-1), Mobles Eume a A Capela (4-0), Los Yutis a Mariscos Recio (5-1), e tras empatar 2-2, GTC Su Formación gañou nos penaltis a Nueva Imagen.

En semifinais, Los Yutis vencían por 5-3 a GTC Su Formación, mentres que no duelo local entre LS Excalibur e Mobles Eume, gañaba o equipo de Basoa na quenda de penaltis tralo empate a un gol.

Na gran final, que poñía fin á competición, gañou Los Yutis 6-4 a Mobles Eume, acabando como terceiro clasificado GTC Su Formación e cuarto, LS Excalibur.

Na categoría feminina, catro equipos disputaron o torneo, e fíxose un grupo previo para saber a posición de cada conxunto de cara as semifinais, nas que Pitufiñas se impuxo 9-1 a Pepinillas e As Pontes 2.0 venceu 5-1 a Choco Crispies.

Na final, o xove equipo pontés do As Pontes 2.0 impúxose a Pitufiñas de Lugo, cun solitario tanto da xogadora pontesa da galega sub18 e tamén do Friol -terceiro clasificado da Segunda División estatal feminina- Raquel Béjar Castro. Terceiras foron Choco Crispies, e cuartas Pepinillas.

Na categoría de veteranos participaron seis equipos, distribuídos en dous grupos. Em semifinais houbo vitorias folgadas e tanto Mobles Eume, como Electricidad J&O venceron por 5-1 a Seguros Alvelo e A Cepa, respectivamente.

Logo na cita definitiva sería Electricidad J&O o que se impuxo por 3-1 a Mobles Eume. Terceiro posto foi para A Cepa mentres que Seguros Alvelo foi cuarto.

Tamén houbo premios individuais ós mellores xogadores e porteiros, que foron para o xogador do Parrulo Álex Durán (Los Yutis), e Senén Bouza (LS Excalibur) en masculino, Fran Sueiras e Javier Rivera, ambos do Electricidad J&O, en veteranos, e Raquel Béjar e Malena Mieres (As Pontes 2.0) na categoría feminina.

Entregaron os trofeos o presidente do Club O Esteo FS, Fran Fernández, e Chicho Tembrás, concelleiro de Deportes.

maraton_0002

maraton_0003

maraton_0004

maraton_0005

maraton_0006

maraton_0007

maraton_0008

maraton_0009

maraton_0010

maraton_0011

maraton_0012

maraton_0013

maraton_0014

maraton_0015

maraton_0016

maraton_0017

maraton_0018

maraton_0019

maraton_0020

maraton_0021

maraton_0022

maraton_0023

maraton_0024

maraton_0025

maraton_0026

maraton_0027

maraton_0028

maraton_0029

maraton_0030

maraton_0031

maraton_0032

maraton_0033

maraton_0034

maraton_0035

maraton_0036

maraton_0037

maraton_0038

maraton_0039

maraton_0040

maraton_0041

maraton_0042

maraton_0043

maraton_0044

maraton_0045

maraton_0046

maraton_0047

maraton_0048

maraton_0049

maraton_0050

maraton_0051

maraton_0052

maraton_0053

maraton_0054

maraton_0055

maraton_0056

maraton_0057

maraton_0058

maraton_0059

maraton_0060

maraton_0061

maraton_0062

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: