CD As Pontes Feminino

http://www.amigus.org

MIGUEL ALVARIÑO, CAMPIÓN DE ESPAÑA

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García sumou onte un novo éxito no seu palmarés ó impoñerse no Campionato de España de Recurvo Individual disputado esta fin de semana en Tarragona.

E iso que as clasificatorias resultaron un tanto sorprendentes, cun primeiro posto do prometedor Sergio Del Olmo (653), segundo Ignacio Santana (652), e terceiro Iván Marí (650).

Cuarto era Antonio Fernández (647), quinto Pifarre (643), e sextos Alvariño e Juan Ignacio Rodríguez con 640, sendo undécimo o junior Dani Castro con 616. Non clasificou Vicente Veira.

Desgraciadamente Dani caeu na primeira rolda das eliminatorias, 4-6, ante David González, pero Maikel estivo sensacional, gañou sucesivamente a Alejandro Costa (6-2), ó verdugo de Dani (6-2), a Iván Marí (7-1), Ignacio Santana (6-0), e na final ó seu compañeiro de selección española, Antonio Fernández (7-3), mentres Santana se facía co bronce ante o xove Del Olmo.

En Recurvo Feminino, a aínda cadete Cristina Castro non conseguiu entrar entre as 32 primeiras, quedando a un punto das roldas finais, 34ª con 486 puntos. Si pasaron Noelia Pena e iria Grandal, que quedaron eliminadas en oitavos de final. Venceu a xove Adriana Martín, á veterana e gran Almudena Gallardo, sendo bronce Miriam Alarcón.

En Composto Masculino Xaquín Mira, foi duodécimo nas clasificatorias con 681 puntos, pero logo caeu en primeira rolda ante Jesús Pérez (140-145). Tamén caeu na primeira rolda Guillermo Rodríguez, e Alberto Blázquez en cuartos de final, sendo gañador Víctor Canalejas en Composto Masculino e Andrea Marcos en Composto Feminino.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

http://www.amigus.org

COMPETICIÓN POR EQUIPOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

No día de onte domingo disputabase a competición por equipos do Campionato de España de Tiro con Arco que se levou a cabo en Cambrils (Tarragona).

A selección galega participaba con Miguel Alvariño e Dani Castro en Recurvo Homes, Cristina Castro en Recurvo Mulleres, e Xaquín Mira en Composto.

Ben comezaban as cousas no Recurvo ó obter Galicia (Alvariño/Castro/Veira) a mellor marca das clasificatorias con 422 puntos.

Na fase de grupos, a selección galega ocupou o segundo lugar do Grupo A, por detrás da Comunidade Valenciana, polo cal optaba ó bronce, no que gañou a Madrid. Ouro para a Comunidade Valenciana e prata para as Illas Baleares.

No Recurvo Feminino, a selección galega (Grandal/Pena/Castro) obtiña a terceira mellor marca nas tiradas previas, con 352 puntos, por detrás de Madrid, e Illas Baleares.

Xa na fase final, Madrid logrou o ouro, seguido de Illas Baleares, Castela e León, e Galicia tiña que conformarse coa cuarta posición.

Nas eliminatorias de Composto a selección galega (Blázquez/Mira/Rodríguez) obtiña a mellor puntuación con 457 puntos, pero logo, formando parte do Grupo A, quedou por detrás de Andalucía e Castela e León, acabando na quinta posición final. Gañou a Comunidade de Madrid, por diante de Andalucía, Castela e León, e Cataluña. Aragón levou o ouro en féminas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

http://www.amigus.org

ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

O piraguista pontés, Borja Prieto Valera, desprazouse esta fin de semana a Verducido, co seu equipo, o Real Clube de Cultura Covadonga, para a disputa do Campionato de España.

Borja participou en cinco probas, e comezou o sábado no K2 1000 xunto a Javi Hernanz.

Como pasaban os 4 mellores tempos de cada regata e o mellor quinto, na súa segunda semifinal, botando un ollo aos tempos da primeira, entraron quintos, con 15 segundos de ventaxa sobre o sexto, e oito sobre a quinta embarcación da primeira.

Xa na gran final conseguiron un meritorio bronce, por detrás dos dous Tudenses, ouro para o Campión Europeo Junior 2009 Gabriel Campo e o Campión Mundial Sub23 2014 Rubén Millán, prata para o Campión Europeo sub23 2014 Roi Rodríguez, e Víctor Rodríguez.

Posteriormente disputaron o K4 1000, xunto ó gran Javi Hernanz, o tricampión mundial de Maratón Álvaro Fernández Fiuza e Miguel Gallo. Foron gañadores da súa semifinal, por diante do segundo Tudense e o Aranjuez.

Na gran final entraron segundos por detrás do Tudense de Campo-Millán-Víctor Rodríguez-Aarón Dieguez, e por diante do outro Tudense de Hernández, Piña, Lechuga e o tamén tricampión mundial de Maratón Iván Alonso, conseguindo a prata.

Na última das probas do sábado, na xornada de tarde, competiu no K4 500 con Hernanz, Gallo e o Campión Europeo Junior de 2002 Javier Fernández Castañón. Clasificaron primeiros na súa semifinal por diante de Aranjuez e Vilaboa.

Na gran final volveuse a impoñer o Tudense, con Campo-Pavón-Alonso-Piña, segundo Aranjuez, e terceiro Covadonga, bronce.

Na xornada do domingo, no K2 200, formando parella con Castañón, entraron terceiros na súa semifinal, unha das máis duras, con Campo-Pavón primeiros, Garrote-Vicente segundos e deixando fora da final a todo un especialista como Cristian Toro.

Nada puideron facer na final na que foron novenos, gañando Durius-Sanabria co gran Carlos Garrote e Vicente, segundo o Tudense de Campo e Millán, e terceiro o Betanzos do gran Carlos Arévalo e David Vilariño.

A última proba na que participou foi no K4 200, acompañado de Suárez Granda, Castañón e Gallo, sendo segundos na súa semifinal por detrás de Labaradores e por diante de Banyoles.

Na gran final quedaron sextos. Venceu Durius Sanabria, co gañador da Copa do Mundo de Portugal deste ano, Carlos Garrote, o doble campión mundial de relevos Pablo Andrés, o xove prometedor Íñigo García, e Rubén Vicente.

Despois entraron Puerto de Santa María, Palma, Naútico de Sevilla, Tudense, Covadonga, Labradores, Banyoles e Vilaboa.

Por equipos venceu o Naútico de Sevilla, por diante de Tudense, Aranjuez, Palma de Mallorca, Círculo Labradores, Cidade de Pontevedra, Covadonga, sétimo, Poio, As Torres-Romaría Vikinga e Ría de Aldán.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

I TORNEO INTERNACIONAL DE VOLEY PRAIA LAGO DE AS PONTES 2015

Esta fin de semana disputouse en As Pontes o I Torneo Internacional de Voley Praia. Si hai apenas unhas semanas puidemos gozar en Teledeporte do Mundial de La Haya, coa vitoria dos brasileños Alison Cerutti e Bruno Schmidt, e de Bárbara Seixas e Agatha Bednarczuk, esta fin de semana houbo no Lago de As Pontes deportistas de moitos quilates.

Na final feminina impúxose a gran Olga Matveeva, ex xogadora da selección rusa e española, e Nazaret Florian, 2-0, a Carmen Martínez e Evangelina Merteki.

O bronce foi para a xogadora da Superliga Feminina, Nuria Bouza Ferreiro, e a súa compañeira Teresa Zunzunegui.

Na final de homes impuxéronse por 2-0 os irmáns Monfort, Javier e Vicente, á parella formada por Víctor Bouza Ferreiro e o gran colocador da selección española e xogador da Liga Francesa, Guille Hernán. A medalla de bronce foi para Diego Mahía e Germán López.

O campionato disputouse nas xornadas do sábado e do domingo con bastante afluencia de público, sobre todo nas finais, e participaron 28 parellas masculinas e quince femininas. O Concello das Pontes patrocinou este primeiro torneo de volei praia e entregaron os trofeos os concelleiros Jesús Tembrás Martínez e Antonio Lourés Rebolo.

volei_0002

volei_0003

volei_0004

volei_0005

volei_0006

volei_0007

volei_0008

volei_0009

volei_0010

volei_0011

volei_0012

volei_0013

volei_0014

volei_0015

volei_0016

volei_0017

volei_0018

volei_0019

Nova de Xosé A. Ferreiro e AF

XIV SEVEN INTERNACIONAL VILA DE AS PONTES

O equipo dos Centollos Franceses en masculino e o das Salmotetas en feminino foron os vencedores do XIV Seven Internacional de Rugby Vila de As Pontes, que se celebrou o sábado 18 de xullo nas instalacións deportivas do Poboado.

Nunha maratoniana xornada de sábado disputouse o tradicional trofeo pontés que contou coa participación de oito equipos masculinos e cinco femininos.

A final de mulleres non tivo moita historia e o equipo das Salmotetas, formado por xogadoras do CRAT, venceu con suficiencia ó seu homónimo do Zalaeta, anotando tres ensaios no primeiro tempo e dous no segundo.

Algo máis igualada estivo a final masculina pero o equipo favorito dos Centollos Franceses logrou anotar catro ensaios por dous de Rugby León e fíxose coa Copa de Ouro.

Anteriormente disputouse a Copa de Prata, que recaeu no Crat, a Copa de Bronce, que foi para o equipo portugués do Guimaraes, namentres que a culler de madeira foi para o Muralla de Lugo.

Despois dos encontros houbo un concurso de drops para por fin á competición.

seve_aspontes_0002

seve_aspontes_0003

seve_aspontes_0004

seve_aspontes_0005

seve_aspontes_0006

seve_aspontes_0007

seve_aspontes_0008

seve_aspontes_0009

seve_aspontes_0010

seve_aspontes_0011

seve_aspontes_0012

seve_aspontes_0013

seve_aspontes_0014

seve_aspontes_0015

seve_aspontes_0016

seve_aspontes_0017

seve_aspontes_0018

seve_aspontes_0019

seve_aspontes_0020

seve_aspontes_0021

seve_aspontes_0022

seve_aspontes_0023

seve_aspontes_0024

seve_aspontes_0025

seve_aspontes_0026

seve_aspontes_0027

seve_aspontes_0028

Nova de Xosé A. Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: