CD As Pontes Feminino

http://www.amigus.org

ESPAÑA ESTARÁ EN RÍO DE JANEIRO

Nunha mañá de moitos nervios poñíanse en xogo as oito prazas que clasificaban a Río de Janeiro na modalidade de Tiro con Arco tanto en feminino como en masculino.

Comezaban a clasificación as mulleres e ningunha opción tiveron Alarcón, Marín e Martín ante as mexicanas, coas que perderon por un rotundo 0-6. Xunto á selección mexicana, clasifican Corea, Georgia, Rusia, China, Japón, India e Colombia.

En homes, a competición estivo moi igualada, salvo o 6-0 de Holanda a Austria, o 6-2 de EEUU a Canadá, ou o 5-1 de China Taipei a Ucrania.

Moi competido foi o 5-3 de Australia a Brasil, pero moito máis o feito de que ata catro enfrontamentos se tiveran que resolver nas frechas de desempate, aínda que non fallaron os favoritos e Corea do Sur venceu a Polonia, Italia á India, e China a Xapón, neste caso, por uns milímetros.

O duelo entre España e Alemaña comezou mal para o combinado español, que perdía 3-1 tralos dous primeiros sets (53-53 e 48-53). Repuxeronse cun axustado 53-51 no terceiro, volvendo a empatar no cuarto, 52-52. Co 4-4 no marcador dispuxeronse a lanzar as frechas de desempate, tendo máis temple o combinado español, que venceu 26-24 e estará en Río xunto a Holanda, EEUU, China Taipei, Australia, Italia, China y Corea, coa que se cruzará en cuartos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

http://www.amigus.org

ESPAÑA FINALIZA 7ª E OS TRES ESPAÑOIS ALCANZAN A 3ª ROLDA INDIVIDUAL

Despois da magnífica nova que tiñamos onte á mañá, a da clasificación da selección española masculina a Río 2016, xunto a Corea do Sur, Italia, EEUU, China Taipei, China, Holanda e Australia, xa pola tarde se disputaron os cuartos de final nos que España se enfrontaba á favorita Corea do Sur, coa que perdeu 5-1.

A pesar dun maxistral Alvariño que fixo 59 de 60 puntos posibles, acabou España na sétima praza, clasificando os coreanos para a final que disputarán contra unha sensacional selección italiana, que con esa competitividade que levan no adn, gañaron todos os seus duelos nas frechas de desempate.

Hai que quedarse co dato tremendamente positivo, o da clasificación directa e á primeira oportunidade, a Río, billete que 50 países, entre eles potencias ou equipos de alto nivel, como Alemaña, Xapón, Ucrania, India, Polonia, Bielorrusia, Francia, México, Rusia, Colombia, Bélxica, Gran Bretaña ou Turquía, non conseguiron.

Xa no día de hoxe comezaban as roldas eliminatorias individuais, e da peor maneira posible. Así Adriana Martín caía ante a austriaca Baldauff 0-6, Miriam Alarcón ante a australiana Limgard 3-7, e Alicia Marín ante a xaponesa Hayashi 4-6.

Moito mellor lles foi ós homes. Miguel vencía ó malayo Atiq Bazil Bakri 7-1 e posteriormente ó búlgaro Yavor Vasiliev Hristov 6-2, e Juan Ignacio Rodríguez 6-2 ó mongol Jantsan, e 6-0 ó luxemburgués Pit Klein. Non tivo que competir Antonio Fernández, sexto da previa, e exento das dúas primeiras roldas.

Consiguen así os tres españois, colarse entre os 32 mellores. Na rolda de dezaseisavos de final de mañá, Miguel enfrontarase co indio Mangal Singh Champia, e Antonio Fernández, co chileno Guillermo Aguilar. De conseguir vencer os dous, cruzaríanse en oitavos de final. Pola súa banda, Juan Ignacio Rodríguez competirá co ucraino Viktor Ruban, campión olímpico en Pekín.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

http://www.amigus.org

FERNÁNDEZ 9º, RODRÍGUEZ E ALVARIÑO 17º, NO MUNDIAL DE DINAMARCA

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García caeu na rolda de dezaseisavos de final nos Mundiais que se están disputando en Copenhague. Enfrontábase ó indio Mangal Singh Champia, 59º da previa, e o competidor de Ferrolterra sempre foi por diante, 2-0 e 4-2, pero uns discretos 21 puntos no cuarto set, onde fixo dous deces máis un único punto, e 23 no quinto, por uns máis que aceptables 29 e 28 do indio, fixeron vencer a este 6-4, e frearon as posibilidades do arqueiro del Silex neste torneo, e acabou moi enfadado.

Juan Ignacio Rodríguez tamén caeu, 3-7, ante un rival de tronío coma o campión olímpico ucraino, Víktor Ruban.
Algo máis lonxe chegou Antonio Fernández, que venceu ao chileno Guillermo Aguilar, 6-2, pero logo perdeu polo mesmo tanteo co enrachado tirador indio verdugo de Alvariño, que pechou as aspiracións dos dous españois.

Fernández conclue 9º, mentres Alvariño e Rodríguez na 17ª praza. Polo bronce competirán o xaponés Furukawa e o venezolano Malave, mentres que polo ouro, o holandés Van der Ven e o coreano Kim Woojin.

Na competición de arco composto, o madrileño do Arco Narón, Alberto Blázquez, venceu ó checo Brada 138-134, pero logo caeu na segunda rolda ante o ruso Filatov, 138-144. Moi ben estivo Andrea Marcos, a un só punto da semifinal, e con unha máis que digna sexta praza final.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

http://www.amigus.org

ALVARIÑO ACCEDE ÁS ROLDAS ELIMINATORIAS DO MUNDIAL CO 22ª POSTO INDIVIDUAL, E O 8ª POR EQUIPOS

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García foi hoxe 22º nas tiradas previas do Mundial de Copenhague, con 649 puntos.

Moi ben estivo o seu compañeiro, Antonio Fernández, sexto con 657, mentres que Juan Ignacio Rodríguez quedou 89º con 628 puntos.

Participaron 212 arqueiros e o mellor foi o Campión Olímpico por equipos en Londres 2012, o italiano Mauro Nespoli, con 666.

Miguel enfrontarase o mércores, na primeira rolda, co malayo Bakri, e de gañar, co búlgaro Hristov, ou o polaco Naploszek, co que xa se cruzara nas semifinais de Bakú.

A boa actuación de Antonio Fernández fai que se salte dúas roldas, mentres Rodríguez competirá co mongol Jantsan.

Por equipos, dos 58 países inscritos, España acabou oitava, con 1934 puntos, e enfrontarase nos oitavos de final a Alemania, novena con 1933. O equipo que consiga gañar seguramente terá o disgusto de cruzarse con Corea do Sur en cuartos, pero co gran premio de clasificar ós Xogos Olímpicos.

Máis complicado o ten o equipo feminino, que coa 13ª mellor marca, competirá con México, cuarta.

Adriana Martín foi 21ª, Miriam Alarcón 65ª, Alicia Marín 66ª, mentres en Composto, Alberto Blázquez quedou 22º e Andrea Marcos 19ª.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

http://www.amigus.org

OS PONTESES ROI GARCÍA E CHUCHO SUÁREZ, 67º NO CAMPIONATO DO MUNDO DE VAURIEN

Onte finalizaron, despois de unha semana de competición, e trece regatas, os Campionatos do Mundo de Vaurien, que se levaron a cabo en Holanda.

Na categoría absoluta impúxose a parella italiana Niccolo Bertola e Jacopo Izzo, seguido dos irmáns holandeses Roelo e Jelmer Kuipers, e na terceira posición quedaron os vigueses Antonio Pérez e Gonzalo Martínez, que se colgaron o bronce.

Ocuparon a cuarta praza Pablo Cabello e Javier Lago, gañadores en As Pontes en 2013, e Campións da Copa de Europa 2007. Oitavo foi o Campión Mundial 2012 Alfonso Leirós (xunto a Pablo Iglesias), e décima a campiona universal en 2014, Alejandra Suárez (xunto a Andrés Vieites).

Ademáis, os vigueses Tirso Cerqueira e Mario Pérez, foron cuartos na categoría xuvenil, non podendo repetir a segunda posición acadada o ano pasado en Italia. Tamén, as irmáns Paula e Miriam González, do RCN de Vigo, que estiveron hai apenas un mes e medio en As Pontes, foron cuartas na categoría feminina.

Roi García e Luis “Chucho” Suárez, do Clube de Vela Fluvial de As Pontes, acadaron unha magnífica 67º posición dos 79 participantes, na que era a súa primeira participación mundial.

Nas 54 edicións do Mundial, na categoría absoluta, España encabeza o ranking de vitorias, con 18 ouros, seguida con 12 por Italia (gañadora das tres últimas edicións), 11 de Holanda, 6 de Francia, 2 de Alemaña, e un triunfo de Suiza, Bélxica, Portugal, Austria e Eslovaquia. O último triunfo español foi dos irmáns Leirós en Douarnenez en 2012.

2

3

4

5

6

7

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA. SD O VAL 0- CD AS PONTES 6

Vitoria contundente e sen paliativos a do equipo azul hoxe no Campo de Sinde. Ambos equipos enfrontábanse na segunda rolda da Copa Deputación.

Na primeira, o As Pontes quedou exento e O val venceu á Cultural Maniños, 0-1.

Tivo boas aproximacións o cadro de Pablo López nos primeiros minutos, por medio de Samu (2´) e dúas de Amado (5´e 7´). Sobre todo a segunda, na que David pica ante a saída de Toni, pero este salva en dous tempos.

No 19´, tiro de falta ó borde da área que Bossa lanza preto do escuadro.

No 30´ é Rubén Pardo o que pesca un balón que semellaba que marchaba por liña de córner, e toca o xusto para que Toni se teña que estirar e despexar o balón.

Foi en apenas oito minutos cando o As Pontes sentenciou o encontro. No 31´ colle o balón Bossa no borde da área, e o Mago de Viveiro pica por alto onde non pode chegar o gardamallas, entrando o balón polo mesmo escuadro.

Tivoa moi clara Samu, tras unha galopada de David Amado por banda esquerda, cédella a pracer, e o extremo, con todo a favor, quixoa colocar, e o balón acabou no poste (33´).

Desmarcase Amado en posición dubidosa, e acaba marcando de forte disparo (38´). Apenas un minuto máis tarde é Rubén Pardo quen, ante a oposición de dous defensas e o porteiro local marca moi astuto de tiro cruzado. O de Ortigueira sentencia o encontro e a eliminatoria (39´).

No segundo período, nos primeiros compases, o As Pontes agardaba, e O Val achegábase con pouco perigo. Un mal pase de Krikry deixou só a Simón, que non soubo aproveitar a ocasión (58´). Noutra xogada de ataque valexo, intentano dous atacantes por dúas ocasións pero salva o cancerbeiro pontés (59´).

Marca Santi de forte disparo no primeiro balón que tocou (64´), e puido ampliar o marcador Chicho, cando se marcha por velocidade, encara a Toni, pero tarda en disparar, o que fai que se lle bote o central enriba despexando o perigo (77´).
Nun contragolpe perfecto é Chicho o que se marcha por banda dereita, pasalla a Santi, que chega dende atrás e só ten que empurrar o balón (82´).

Volve a ter outra clara Chicho, pero no seu intento de regatear a Toni o porteiro refaise e acaba chapando o balón (84´).
Unha combinación entre Pardo e Santi, acaba con centro a área, e Edi chegando libre de marca anota a pracer o 0-6 definitivo (87´).

O As Pontes enfrontarase este mércores no Campo de O Poboado ó Racing de Ferrol nesta terceira eliminatoria da Copa Deputación correspondente aos oitavos de final.

0 SD O Val. Toni, Termi (Borja 74´), Brandeiro, Eloy, Alex López, Choche, Artay (Dani 74´), Carrera (Randulfe 69´), Yosi, Simón, Alberto Jato (Josiño 61´).

6 CD As Pontes. Krikry, Hugo, Nano, Chote, Dani (Manu Mariña 79´), Toni Rodríguez (Edi 67´), Samu (Chicho 67´), Bossa, Rubén Pardo, David Amado (Santi 61´), Pablo Domínguez

Goles: 0-1, Bossa (31´), 0-2, David Amado (38´), 0-3, Rubén Pardo (39´). 0-4, Santi (64´), 0-5, Santi (82´), 0-6, Edi (87´).
Campo e incidencias. Campo de Sinde, en O Val (Narón). Uns 300 afeccionados en tarde soleada. Partido correspondente á segunda rolda da Copa Deputación de A Coruña.

Árbitro. Borja Gundín. Auxiliado nas bandas por David Sierra e Pablo Carballal. Amoestou ó local Alex López.

copa_deputacion_0002

copa_deputacion_0003

copa_deputacion_0004

copa_deputacion_0005

copa_deputacion_0006

copa_deputacion_0007

copa_deputacion_0008

copa_deputacion_0009

copa_deputacion_0010

copa_deputacion_0011

copa_deputacion_0012

copa_deputacion_0013

copa_deputacion_0014

copa_deputacion_0015

copa_deputacion_0016

copa_deputacion_0017

copa_deputacion_0018

copa_deputacion_0019

copa_deputacion_0020

copa_deputacion_0021

copa_deputacion_0022

copa_deputacion_0023

copa_deputacion_0024

copa_deputacion_0025

copa_deputacion_0026

copa_deputacion_0027

copa_deputacion_0028

copa_deputacion_0029

copa_deputacion_0030

copa_deputacion_0031

copa_deputacion_0032

copa_deputacion_0033

copa_deputacion_0034

copa_deputacion_0035

copa_deputacion_0036

copa_deputacion_0037

copa_deputacion_0038

copa_deputacion_0039

copa_deputacion_0040

copa_deputacion_0041

copa_deputacion_0042

copa_deputacion_0043

copa_deputacion_0044

copa_deputacion_0045

copa_deputacion_0046

copa_deputacion_0047

copa_deputacion_0048

copa_deputacion_0049

copa_deputacion_0050

copa_deputacion_0051

copa_deputacion_0052

copa_deputacion_0053

copa_deputacion_0054

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Deportistas destacados/as ponteses/as. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: