—
MARCOS BOUZA DEIXA O FÚTBOL
O que foi gardamallas do CD As Pontes nas tres últimas temporadas, Marcos Bouza Vérez, despediuse hoxe vía twitter do mundo do fútbol. Hai que recordar que Marcos, ademáis de xogador, era adestrador do equipo cadete pontés.
Anteriormente a esta última etapa no CD As Pontes, Marcos xogara oito temporadas no clube pontés (2002-2010), ademáis de catro no seu Roupar natal, dúas no Racing Vilalbés, e unha no Xermade.
Como adestrador estivo seis campañas dirixindo ao cadete, as catro últimas consecutivas, e dous anos ao Xuvenil B.
Na súa despedida Marcos quixo acordarse especialmente de Marco Roca, dos seus ex compañeiros de equipo pontés e os que tivo no Racing Vilalbés, ademáis dos seus discípulos e pais dos cativos. Tamén recordou a Pena, Manolo Roca, Quique Prado, Calpita, Germán Amil, Charly, Manolo García e Pepe Momán.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
O ESTEO COMEZA A PERFILAR O SEU PLANTEL DE CARA A TEMPADA 2015-16
O equipo pontés de fútbol sala do Esteo comezou a preparar esta nova campaña que será a súa terceira na Segunda División B, no grupo primeiro.
Unha Segunda División B moi reforzada e que este ano contará con ata dezaseis equipos, catro máis que a campaña anterior. De Galicia, ademais do equipo pontés, estarán o Noia, Mosteiro Bembrive, Pizarras Tres Cuñados, Leis Pontevedra e o repescado por reestructuración, Ventorrillo da Coruña. Son novos na categoría Sala Ourense 2014, Bueu e Xove. De Castela León estarán Universidade de Valladolid, Guardo, Albense, Cistierna, Cuéllar Cojalba, coa novidade do Atlético Benavente. Tamén estará o equipo asturiano do Boal Belleza.
No Esteo haberá moitos cambios con respecto ós últimos anos. De feito non continúan Fran, Pelu, Óscar Ferreiro, Bolly, Cagi, Lardín, e o segundo adestrador Manel Naveiras.
Renovaron os porteiros Iván e Javichu e os xogadores de pista Héctor, Gerardo e Púas. Tamén sube ó primeiro equipo Tucho, e retorna Pablito, que tamén fora xogador das categorías inferiores do CD As Pontes.
Onte soubose que o novo adestrador será Suso Rey, que ata hai pouco era preparador físico do Prone Lugo, na Primeira División. Anteriormente dirixira ó mesmísimo Burela, entre outros.
Por outra banda, xa hai realizadas tres fichaxes cara a esta nova andadura. Dúas proceden precisamente do equipo lucense do Prone Lugo, que serán Cospe e Jose López, e do Parrulo Ferrol chega o prometedor Bertito.
Fran retirouse coma xogador ós seus 37 anos, pero seguirá presidindo o clube, Juan Rodríguez vicepresidente, e Diego Paz abandonou os banquiños para ser o director deportivo do equipo e das categorías de base.
Coa contratación do novo adestrador e en vistas de que aínda quedan unhas semanas para o comezo da competición non se descarta alguna cara nova máis no plantel.
Tamén xogará un ano máis na División de Honra o xuvenil do Esteo, nun grupo integrado polo actual campión, Santiago Futsal, ademais de Prone Lugo, Vigo 2015, Leis Pontevedra, Cidade de Narón, Burela, Noia, Vilalba, Coruxo, Bueu, Casas, A Gaiola e Randulfe.
Nova cortesía de A.F.
—

COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA 2015. CD AS PONTES 0 – RACING DE FERROL 3
O Racing de Ferrol avanzou ós cuartos de final da Copa Deputación tras vencer claramente ó As Pontes no partido disputado na tarde-noite de onte no Campo de O Poboado.
Nos prolegómenos do encontro puídose ver no Campo do Poboado a Maxi, ex xogador que actuaba como defensa no Calvo Sotelo pontés entre os anos 1965 e 1967. Na tempada 1965/66 o Calvo Sotelo lograra o segundo ascenso á Terceira División. Maxi xogaba de central e con el estaban, Simón, Man e Bra, como porteiros; Nené, Barreira e Tano, defensas; Pichi, Zoco, Celso Roca, Olegario, como medios; e Domínguez, Melero, Pan, Gangoso, Germán e Moreno na dianteira daquel Calvo Sotelo que adestraron Francisco Simón, mítico porteiro do Celta, e Ricardo Fábregas “Perniche”.
Ó ano seguinte colleu o equipo Malet, permanecendo na categoría dúas tempadas. En 1967 Maxi fichou polo Europa de Barcelona (cidade onde vive), equipo que naquela época estaba na Segunda División.
Foi moi superior na primeira metade o equipo departamental, sen embargo disparou únicamente tres veces a porta, iso síi con unha eficacia máxima.
Tras unha falta ó borde da área, Héber Pena lanzou maxistralmente polo escuadro, a onde non puido chegar Krikry (17´). Boa tempada 2015-16 lle agarda ós branquiverdes, con Pablo Rey e Heber a balón parado.
Despois dunha falta en campo contrario moi mal sacada polo equipo local, recupera o Racing e o balón acaba en poder do desmarcado Joselu, que en posición moi dubidosa, avanza, regatea ó porteiro local, e marca con suma tranquilidade cun defensa baixo paus (24´).
Despexa un balón no centro do campo o equipo azul, o esférico rebota nun xogador visitante e novamente o tanque de Palmeira, Joselu, gañalle a carreira a Dani, controla, regateao, logo fai o mesmo con Hugo e bate a Krikry sentenciando co 0-3 antes de chegar ó descanso (37´).
Con todo resolto, a segunda metade foi máis igualada, deixou boa impronta o cedeirés Toni Rodríguez, e o cadro azul avisou cun zapatazo de Edi dende fora da área que marcha por alto (50´).
O habilidoso extremo Heber regatea a catro xogadores locais e pode ser derribado por Nano dentro da área, sen embargo, o colexiado sinala a falta anterior, que a tira o capitán Rey, e Krikry despexa cos puños (52´).
Noutra falta Edi fai estirar a Mackay (61´), e a continuación é Diego Vela o que se marcha por banda dereita e fai intervir a Krikry (64´).
A última gran ocasión do partido correu a cargo de Joselu, pero cando encaraba ó porteiro foiselle o balón (79´).
Sen tempo para máis, o As Pontes despídese da competición, e o Racing de Ferrol enfrontará en cuartos de final ó Dubra, que deu a campanada vencendo ó Ordes.
0 CD AS PONTES. Krikry, Hugo, Nano (Adrián 70´), Chote, Dani, Edi, David Amado (Óscar Martínez 65´), Bossa (Toni Rodríguez 65´), Santi (Rubén Pardo 59´), Chicho, Pablo Domínguez.
3 RACING DE FERROL. Mackay, Pascual, Catalá (Álvaro 75´), Víctor, Forte, Borja, Marcos (Juampa 59´), Peláez (Vela 59´), Joselu, Pablo Rey (Aarón 81´), Héber Pena.
GOLES: 0-1, Heber Pena (17´), 0-2, Joselu (24´), 0-3, Joselu (37´).
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de O Poboado. Tarde encapotada, con 300 espectadores nas gradas, moitos visitantes. Partido correspondente á terceira rolda da Copa Deputación de A Coruña.
ÁRBITRO: Jose Manuel Cives Enjo. Auxiliado nas bandas por Gándara Bello e Belmonte Martell (A Coruña). Amoestou a Edi.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
—

O SEGUNDO EQUIPO E O XUVENIL DO CD AS PONTES COMEZAN A ANDAR DE CARA A TEMPORADA 2015-16
Esta semana puxeronse en marcha o equipo B do clube pontés e tamén o Xuvenil azul. O CD As Pontes B será dirixido por Paco López “Paquiño” e estes días botou a andar aínda que con moitas baixas, debido a que gran parte dos xogadores, algúns quedarán no primeiro plantel, como Pablo Ramos, Toni Rodríguez, Samu, Krikry, Rafita, Guille, Criado, Juan, Marcos Novo, Moi ou Manu Mariña, están adestrando estas xornadas ás ordes de Pabló López. O equipo quedou terceiro clasificado da Segunda Rexional, e cuartofinalista de Copa, a campaña pasada.
O equipo Xuvenil, dirixido por Felipe Mieres, comezou os seus adestramentos este mércores. Esta campaña terá bastantes baixas con respecto a anterior, debido a que no seu plantel houbo moitos xogadores que marcharán estudiar fóra. Na 2014-15 foron subcampións de Liga, semifinalistas de Copa, perdendo na primeira rolda da fase de ascenso ante o Compostela B.
Conforme vaia avanzando o mes de agosto iranse definindo un pouco máis ambos equipos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
—