CD As Pontes Feminino

XORNADA DE ELIMINATORIAS POR EQUIPOS EN POLONIA

O equipo español integrado por Fernández, Alvariño e Rodríguez perdeu esta mañá 2-6 ante o cadro italiano, composto por Nespoli, Pasqualucci e Mandia, na eliminatoria de oitavos de final.

Polo ouro competirán Estados Unidos e Alemania e polo bronce os propios italianos contra China.

Idéntico marcador se viviu no cadro feminino onde Martín, Marín e Etxeberría tamén caeron ante as italianas, e tamén 2-6.
Colmo de coincidencias, casi se repiten os catro semifinalistas como na competición masculina. A excepción é Xeorxia, que pelexará o ouro con Estados Unidos, que pode facer doblete. Polo bronce, igual que nos homes, Italia contra China.

Outra vez Estados Unidos, disputará a final de composto masculino con Dinamarca, mentres que en feminino serán Rusia e Italia.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

XORNADA DE ELIMINATORIAS NA COPA DO MUNDO DE POLONIA

Este xoves eran as roldas eliminatorias na Copa do Mundo de Tiro con Arco que se está a levar a cabo en Wroclaw (Polonia).

Miguel Alvariño comezou vencendo ó croata Matiha Mihalic (7-3). Pero en segunda rolda enfrontábase con un oso duro de roer, o holandés Rick Van der Ven, recente subcampión do mundo en Copenhague, ó que comezaba vencendo 29-25, pero que se levou os tres seguintes sets por un punto, 27-28, 28-29 e 28-29, para acabar gañando 2-6.

Juan Ignacio Rodríguez perdía na primeira rolda ante o alemán Marc Rudow, 1-7, namentres que un magnífico Antonio Fernández vencía 7-3 ó brasileiro Barroso, logo na segunda rolda triunfo de prestixio sobre o indio Banerjee 6-0. Na terceira conseguía desfacerse do seu verdugo e o de Miguel no recente Mundial de Copenhague, o indio Mangal Singh Champia, 6-4, en oitavos de final ante o canadiano, quinto da previa, Crispín Duenas, 7-1, caendo na rolda de cuartos de final ante o campión mundial en sala 2012, o francés Valladont, cuarto da previa por un axustado 4-6, acadando unha magnífica quinta praza.

En féminas, Mirene Etxeberría, a española que máis lonxe chegou, estivo exenta do primeiro cruce, venceu no segundo á eslovaca Longova, 6-2, no terceiro á perigosa china Cao Hui, cuarta da previa, 6-4, para caer en oitavos de final ante outra china, Qi Yuhong, 2-6, acabando novena.

Adriana Martín saltouse dúas eliminatorias ata os dezaseisavos de final tras quedar sexta na previa, pero caeu na primeira confrontación ante a iraní Nemati Zahra, 4-6. Alicia Marín vencía 6-4 á sueca Jangnas, pero logo caeu na segunda polo mesmo resultado ante a estadounidense Pritchard.

En composto masculino, Alberto Blázquez, madrileño do Arco Narón, 34º nas tiradas previas do mércores, quedou exento da primeira eliminatoria pero na segunda perdeu ante o austriaco Wiener tras quedar 142-142, con 9-9 na frecha de desempate, pero aproximarse máis a frecha do rival á diana.

Andrea Marcos foi novena en Composto feminino, exenta da primeira rolda, venceu á estadounidense Bradley na segunda, 141-136, pero logo caeu ante a belga Prieels, 143-146.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

arco

ALVARIÑO AFRONTOU ESTE MÉRCORES O INICIO DA COPA DO MUNDO DE POLONIA

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García, foi 48º nas tiradas previas da Copa do Mundo, que se está a levar a cabo en Wroclaw (Polonia), con 639 puntos.

O mellor español foi Antonio Fernández, 44º con 672 puntos, mentres Juan Ignacio Rodríguez quedou 66º con 625 puntos.
Xenial estivo o junior Klimitchek, con 678 puntos, seguido por Mclaughlin, 673, e o gran Brady Ellison, 672. Os tres, estadounidenses.

Mellor estiveron as mulleres, Adriana Martín, 6ª con 653, Mirene Etxeberría, 29ª con 631, e Alicia Marín, 41º con 627.
Entrarán en liza o xoves, así, Miguel enfrontará co croata Mihalic, e de gañar veríase as caras en segunda rolda nin máis nin menos que co holandés Rick Van der Ven, que ven de ser subcampión do mundo en Copenhague.

Pola súa banda, Antonio Fernández competirá co brasileiro Barroso, e Juan Ignacio co alemán Rudow. Adriana Martín e Mirene Etxeberría quedan exentas, mentres Alicia Marín se enfrontará á sueca Jangnas.

Por equipos masculinos, España ocupou a decimocuarta praza, con 1906 puntos, e competirá o venres, en oitavos, contra Italia, terceira con 1980. Idéntico enfrontamento vivirán as féminas, aínda que con distinta clasificación, xa que as españolas coa sétima mellor marca (1911) competirán coa italianas, décimas con 1891.

En Recurvo Mixto competiron os dous mellores españois de cada categoría, Antonio Fernández e Adriana Martín, e tamén o fixeron contra Italia, vencendo 5-3, para logo caer en cuartos ante a India, na frecha de desempate, 4-5.

O partido polo ouro será entre México e a India, e polo bronce entre Bielorrusia e Francia.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ENTREVISTA A PABLO LÓPEZ VIDAL, NOVO ADESTRADOR DO CD AS PONTES

Pablo López Vidal (Monte Alto. A Coruña. 1977), estrease este ano no banquiño do As Pontes, club no que xa fora xogador dúas temporadas e esta última director deportivo.

Futbolista de dilatada traxectoria, central formado no Deportivo, que posteriormente xogou en Oviedo, Pontevedra, Ourense, Celta B, Leonesa, Montañeros, Cidade de Santiago e Imperátor, e que incluso chegou a disputar varios amistosos co primeiro equipo celeste.

Deuse a coñecer tras gañar co Deportivo a Copa de Campións Xuvenil ó mesmísimo Real Madrid, en 1996. “Coñeciámonos case todos da selección de Coruña, e entramos no xuvenil do Deportivo, que era a única categoría inferior que tiña o club herculino naquela época. O primeiro ano quedamos terceiros en liga Nacional, o segundo fomos subcampións da División de Honra, e xa no terceiro quedamos campións, gañando os 13 primeiros partidos seguidos. E iso que nos remontou o Racing de Santander, pero finalmente conseguimos ser primeiros na última xornada. No grupo estaba tamén o Valladolid, e o Sporting de Gijón, co central Sergio, ó que lle gañamos 5-0 en Coruña”.

A fase final, cos seis mellores equipos xuvenís de toda España, non se lle esquecerá “Tiñamos a Amarelle, Xaco, Dani Mallo, Deus, Carlos e Toni García. Fomos a Puertollano, e empatamos 1-1 co Sevilla de Jose Mari, Jesuli e Marchena. Logo goleamos ó Athletic de Bilbao, conseguindo o 5-1 que nos facía falta no último minuto, e xa na final contra o Real Madrid de Mista, Mena ou Dorado, comezamos perdendo, empatamos, e gañamos na prórroga con gol de ouro, foi apoteósico. Era moito o nivel que había alí, por exemplo no Valencia estaba Farinós, e no torneo había moitos xogadores das seleccións españolas”.

A parte mala desa experiencia chegou dous meses despois “Daquela o Fabril tiña un equipazo, con xente como Viqueira, Maikel, Aira, Michel ou Alex, loitando por ascender a Segunda División, e o club, en lugar de cedernos, despachounos a todos, e logo cada un foi collendo o seu camiño”.

Algúns cambiáronse ó fútbol sobre a area, i é aí onde Pablo gozou doutra das grandes experiencias da súa vida xunto á que logo foi gran figura deste deporte “Moitos metémonos no mundo do Fútbol Praia e chegamos a ser Campións de España deste deporte. Recordo que o premio por ser campións era enfrontarse á selección española dos Joaquín, Abel, Gordillo, Carrasco, Sarabia ou Setién, que non nos conseguiron gañar e ó final empatamos. Amarelle despuntou e xa o colleron para a selección para xogar con todos eses ex futbolistas destacados”.

Desfaise en eloxios cara o astro da area “Humildade, sacrificio e exemplo para todos os rapaces. Estaba todo o ano adestrando na praia de Riazor, coa chuvia que cae alí nalgunhas épocas. El, co seu chuvasqueiro, seis horas diarias, dándolle á pelota, ou no ximnasio. Antes non sabía darlle coa dereita e agora mete bastantes goles con esa perna. Seguramente o mellor xogador do mundo”.

Despois de moitos anos xogando ó fútbol, recorda como o seu mellor partido “Na fase de ascenso a Segunda, co Ourense, na Cidade Deportiva, gañamos 2-4 ó Real Madrid B, de Arbeloa, De la Red, Diego López, Riki e Mejía, xogando moi ben ó fútbol. Sei que algún directivo do club merengue preguntou por min pero eu xa tiña 26 anos (risas)”.

Pero esa experiencia tivo a súa parte negativa “Nesa fase de ascenso, condenáronos os últimos cinco minutos en Lanzarote, pois íamos gañando 0-1 e remontáronos ó final. De ter gañado ese partido teríamos 9 puntos e medio ascenso no peto”.

Xogou rodeado de moito talento, non en van, adestraba co primeiro equipo do Celta, co que chegou a disputar varios amistosos, en Braga, e tamén contra o Compostela e o Lugo, pero el recorda especialmente “a Oubiña, que debutou no Celta B con 17 anos no Poboado, e Iván, un compañeiro do xuvenil deportivista que era como Iniesta, pero ó que por desgracia non se lle deu saída. Os clubs moitas veces deberían de preguntarse porque algúns xogadores con tantísimas condicións non chegan arriba”.

Sobre a vida dun coruñés na cidade olívica “Estaba na pensión do Celta, e tratábannos moi ben. Eu tiñas ofertas do filial deportivista e celeste, pero decidín ir ó que fora o meu inimigo na etapa xuvenil, porque quería ver como traballaban alí, e a verdade é que foi un luxo, porque dábanlle moita importancia á faceta técnica. Cheguei a coincidir cos porteiros Roberto e Jose Juan, e xogadores como Jonathan Aspas e Oubiña. Tamén, para alguén de Monte Alto, ser capitán do Celta B, foi toda unha honra. Estiven tres anos no Deportivo e catro no Celta, así que teño o corazón dividido (risas)”.

Xa centrándose na campaña 2015-16, na que debuta como adestrador no cadro pontés, o presuposto do equipo azul reduciuse nos últimos anos, así que Pablo é moi claro ó respecto “Hai que ser humildes e ter os pes na terra, o obxectivo é salvarse. Si o conseguimos, a partir de aí, a buscar outras metas”. Sobre o estilo que quere impoñer “A miña idea de fútbol é ter o balón e xogalo, pero principalmente o que busco é aproveitar ao máximo as condicións de cada futbolista”.

Analiza o seu plantel de 21 xogadores “Temos 15 futbolistas con experiencia na categoría, e subimos do B a Krikry, Toni, Samu, Juan, o recén fichado Manu Mariña, e Pablo Ramos cando se recupere. Tamén contaremos con Marcos e Criado. Ó ser un plantel curto, todos estes rapaces van a ter minutos, e tentaremos formalos como xogadores, e que cada vez teñan menos erros e máis acertos. Esa é a idea do club, que cada ano vaian subindo 2 ou 3 rapaces da base, como mínimo para adestrar co primeiro equipo. Na canteira están rapaces como Sergio Otero (xogará esta tempada no Cadete do Racing de Ferrol), Dani Silva ou Javi, do infantil, que teñen que ir medrando, e porque non, dar o salto ó primeiro equipo nun futuro”.

Sen embargo, amósase optimista “Estou moi contento co traballo e a actitude dos xogadores. Eu considero que teño o mellor equipo, e moitos dos meus futbolistas poderían xogar en calquera club da categoría, e dos que subiron, Toni está facendo unha boa pretemporada, tamén o rapaz que viu do Racing, o defensa Manu Mariña, ou o dianteiro xuvenil Miguel”. E define ás catro fichaxes “Óscar é calidade, desborde, regate e técnica, Adrián intelixencia táctica, Rubén Pardo potencia, e Edi completísimo”.

Tamén ten palabras para os seus compañeiros de aventura “O meu segundo, Marco Roca, fixo un traballo excelente co B e o infantil, xa non só polos logros, senón comezando polo traballo que fai nos adestramentos. Ademais é persoa de seriedade e formalidade. Logo o preparador físico Pablo Martínez, con só 23 anos, ten unhas gañas tremendas de comerse o mundo. Eu xa o coñezo dende fai dous anos, pero ademais falábanme moi ben del, e cando alguén como Don Ángel Vale lle da a súa bendición, non hai nada máis que dicir. E por último, Santi é persoa da casa, que leva traballando moitos anos cos porteiros. Gustaríame que, ademais del, seguira Momán, pero decidiu non continuar. Entre os catro tentaremos sacar o mellor deste plantel”.

Á hora de realizar un pronóstico para a categoría teno claro “O Boiro non é que sexa candidato a campión, senón a ascender a Segunda B, logo estarán Deportivo B, Alondras, Arousa, Cerceda, incluso Bergantiños”. Sobre un xogador que poida marcar a diferencia, el aposta “polo cadrado máxico do Boiro, Herbert, Cano, Romay e Rubén Rivera, pero agardemos que algún dos nosos poida dar a sorpresa”.

DENDE AMIGUS QUEREMOS DESEXARLLE Ó CD AS PONTES MOITA SORTE NESTA SÚA SEXTA CAMPAÑA CONSECUTIVA NA TERCEIRA GALEGA E QUE OGALLÁ CONTINÚE UN ANO MÁIS.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O EQUIPO FEMININO COMEZA A PREPARAR A TEMPORADA 2015-16

Igual que o fixeron no seu día o primeiro e o segundo equipo, ademáis do xuvenil, o conxunto feminino do CD As Pontes iniciou estes días a súa pretemporada de cara a preparar a 2015-16, na que terá que xogar 34 encontros, por contra dos 28 do ano pasado, debido a que a Liga pasa de 15 equipos a 18.

Son novos, Perlío, Cebarca e A Capela, e continuan R.Ferrol, Mandiá, San Sadurniño, Cultural Maniños, O Val B, CD Narón, As Pontes, Rápido de Neda, Galicia de Caranza, Cariño, Santa Mariña, Galicia de Mugardos, Ortigueira, Cedeira e Amistade de Meirás.

Para o equipo feminino será a terceira campaña consecutiva no fútbol oito. Anteriomente participara nas tres primeiras lIgas (2008-11) co equipo B, gañando a segunda edición, logo disolveuse o equipo B e non xogou as Ligas 2011-12 e 2012-13, volvendo, xa co equipo A, na 2013-14, ata hoxe.

O equipo azul viuse moi mermado nas últimas campañas, trala marcha de case todas as “veteranas”, das que só queda Carlota, e esporádicamente Patri Dopico. Tamén as xoves promesas buscaron maiores retos, caso de Raquel (Orzán), Malena (Friol), ou Mireia (O Val), e outras marcharon por mor dos estudos.

Aínda así, afrontan con ilusión a que será a súa oitava campaña desde a sua existencia, e estes días puidose ver ás Indira, Nuria, Xeila, Noelia Santalla, Paula Castro, Nicole, Uxía, Laura Permuy, Alba, a xove Paula Rodríguez, e alguna máis que se incorporará de aquí ó comezo de Liga, ás ordes de Pita.

Xogarán a primeira xornada a primeira fin de semana de Setembro, visitando ó Ortigueira, decimoterceiro clasificado da tempada pasada. Logo, recibirán ó Cebarca, novo na categoría.

Os campións en anteriores edicións foron Portuarios (2008-09), As Pontes B (2009-10), O Val (2010-11), Victoria de A Coruña B (2011-12 e 2012-13), e Racing de Ferrol (2013-14 e 2014-15).

feminino_0003

feminino_0004

feminino_0005

feminino_0006

feminino_0007

feminino_0008

feminino_0009

feminino_0010

feminino_0011

feminino_0012

feminino_0013

feminino_0014

feminino_0015

feminino_0016

feminino_0017

feminino_0018

feminino_0019

feminino_0020

feminino_0021

feminino_0022

feminino_0023

feminino_0024

feminino_0025

Nova cortesía de Xose Ferreiro

 cd_aspontes_bergantinos_0001

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – BERGANTIÑOS 1

Reparto de puntos no debut ligueiro do equipo pontés en casa na visita do complicado Bergantiños, quinto clasificado a pasada campaña. Partido curioso, xa que ambos equipos pecharon os encontros no Poboado a campaña anterior e iniciaron no mesmo campo este curso.

Ambos equipos tiveron dúas aproximacións de perigo, Moreira dispara alto a pase de Roberto (11´), e tras un maxistral pase de Óscar, Santi queda só ante Cristopher, que atalla o seu disparo (14´).

Tras un saque de córner, David no primeiro pau cabecea o xusto para que o balón pegue no segundo poste e acabe entrando (32´).

Unha sensacional xogada de equipo entre Adrián, Amado e Santi, que remata fóra Óscar (38´) precedeu ó gol de Pablo de forte disparo cruzado, que, coma o tanto dos visitantes, o esférico rebotou no pau antes de acabar no fondo das mallas (42´).

Nos primeiros minutos da segunda metade o cadro de Carballo embotellou ó local, pero sen ocasións claras.

Tívoa o somocense Edi, tras un perfecto cabezazo en xogada a balón parado, que se colaba polo escuadro, de non mediar Cristopher, ex da selección galega UEFA, cunha magnífica parada (79´).

O As Pontes xogou cun home menos nos últimos minutos por expulsión de Dani, que causará baixa para a seguinte xornada nunha mermada defensa, e estivo moi atento Adrián desbaratando o perigo nunha xogada na que ata tres futbolistas visitantes quedaron sós (87´).

Non houbo tempo para máis e o As Pontes pode dar por bo o punto colleitado ante un dos fortes da categoría. A semana que vén visita ó recén ascendido Barco, no que será un importante partido a pesar de tratarse da segunda xornada.

Vixésimo quinto partido oficial entre ambos equipos en campo pontés, que rexistra o noveno empate. Catorce vitorias pontesas por dúas visitantes, 1-5 na 2008-09 e 0-1 o ano pasado.

1 CD As Pontes. Cristian, Hugo, Nano (Edi 65´), Chote, Dani, Adrián, Amado, Bossa (Toni 88´), Santi, Óscar (Samu 71´), Pablo.

1 Bergantiños CF. Cristopher, Borja, Aaron, Adrián, Sergio, Alejandro, Míguez, David (Alex Sánchez 75´), Alex Pérez, Roberto (Gonzalo 66´), Denis (Moreira 9´).

Goles: 0-1, David (32´), 1-1, Pablo Domínguez (42´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores.

Árbitro: Ferreiro Méndez (Lugo). Auxiliado por Blanco Méndez e Vázquez Méndez. Amoestou a Borja, Sergio, David e Vilar. Expulsou por dobre amarela ó local Dani (86´).

cd_aspontes_bergantinos_0001

cd_aspontes_bergantinos_0002

cd_aspontes_bergantinos_0003

cd_aspontes_bergantinos_0004

cd_aspontes_bergantinos_0005

cd_aspontes_bergantinos_0006

cd_aspontes_bergantinos_0007

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

O XABARIL SEGUE A FACER ESTRAGOS NOS CAMPOS DO POBOADO

Vai pola quinta vez que o porco bravo entra nos campos do Poboado e continúa a facer estragos nos campos anexos onde disputan os seus partidos os equipos de base do Club Deportivo As Pontes, dende o equipo B ata a categoría prebenxamín.

Nesta ocasión foi na noite do sábado 22 ó domingo 23 e o terreo de xogo afectado o anexo ó campo principal, así como tamén resultou danado, aínda que en menos extensión, o campo popularmente chamado “José”.

Esta situación segue a preocupar ós responsables do Club pontés, porque por moito que se reforce o cerramento con vallas de arame o xabaril segue a entrar e causar graves danos ós terreos de xogo, polo que solicitan de Endesa, a propietaria das instalacións, que coloque unha malla máis resistente ó redor dos campos anexos. De non colocarse ese cerramento de malla e, de seguir así a situación, os equipos de base non poden adestrar con normalidade e incluso pode obrigar ó Club a suspender as súas competicións.

No propio Club coméntase que isto é unha situación un tanto anormal, pois é a primeira vez que sucede. Incluso, o mesmo día que entrou o xabaril, trouxéronse uns cans de caza para seguir o rastro do animal e foi imposible, xa que os cánidos non detectaron nada. Circunstancia que non se ve normal se de un xabaril salvaxe se tratase, polo que se ten en mente que pode tratarse dun animal “algo domesticado”.

En días anteriores informamos de que estes estragos supoñen uns gastos para o Club de varios miles de euros, que se van no arranxo dos terreos de xogo e no reforzamento das vallas do cerramento.

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: