—
CLUB DEPORTIVO AS PONTES: C.D. BARCO – C.D. AS PONTES: 30 de agosto de 2015
Despois de 22 anos, Barco e As Pontes volven a enfrontarse en terreo de xogo do conxunto valdeorrés en competición oficial, aínda que naquela ocasión, 25 de setembro de 1993 (tempada 1993/94), disputouse no campo do Quiroga e gañara o entón Endesa As Pontes por 1-2, con goles de Chus e César. En Calabagueiros houbo outros tres choques anteriores, todos en 3ª División, cunha vitoria do Barco (3-1) na tempada 84/85 e dous empates (0-0 e 1-1) nas dúas seguintes. O Endesa As Pontes disputara a fase de ascenso á Segunda B e o Barco descendeu á Preferente galega nesa tempada 1993/94.
TERCEIRA DIVISIÓN (2ª xornada de liga)
· C.D. BARCO – C.D. AS PONTES
CAMPO DE CALABAGUEIROS – O Barco de Valdeorras DOMINGO 30 (18,00 h)
ÁRBITRO: JULIO JOSÉ MARTINEZ BARRAL (Santiago)
ASISTENTES: BOTANA REY / ELESPE TIREUX (Santiago)
Nova cortesía de A.F.
—
O ESTEO FUTBOL SALA
Volve a copa Deputación de fútbol sala ó pavillón pontés (domingo 30, 18,00) coa disputa da semifinal entre o Esteo e o Noia. O equipo pontés, que hai uns días iniciou a pretempada, eliminou na primeira rolda ó Riazor Coruña (2-6) e na seguinte ó Santiago Futsal (equipo de 1ª División) por 3-2 na quenda dos penaltis, xa que o partido –xogado a medidos de maio- rematou con empate a dous goles. Pola súa banda, o Noia eliminou ó AJ Pombo. Os dous equipos enfrontaranse en pista noiesa na primeira xornada de liga de Segunda B o vindeiro 19 de setembro.
COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2015
O ESTEO F.S. – NOIA F.S.
Domingo 30 – Agosto – 2015 (18,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
Nova cortesía de A.F.
—