CD As Pontes Feminino

COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2015: O ESTEO FS – NOIA FS (1-4)

A maior calidade e mellor banquiño serviulle ó Noia para acabar impoñéndose nas semifinais da Copa Deputación xogada este caloroso domingo no Pavillón da Fraga, neste torneo de formato estraño, pois os cuartos de final foron hai tres meses e medio, e os catro equipos que alcanzaron esta rolda encaran unha nova tempada con distintos planteis. Así mesmo, o Noia exercerá de local na final a disputar este venres, xa sexa ante o Cidade de Narón ou O Parrulo.

A primeira metade foi moi igualada, aínda que tivo unha ocasión moi clara Xuxa, que quedou só tras erro de Gerardo, e salva co corpo Javichu (10´). Foi Púas o que adiantou ó conxunto local, tras un pase de Héctor e revolverse dentro da área (12´). Pero, pouco durou a ledicia, pois tras unha falta, e sen porteiro baixo os paus, Jorge acabou marcando por entre as pernas dun defensa pontés (15´).

Na segunda metade, co paso dos minutos, o equipo visitante foi impoñendo a súa calidade e maior fondo de banquiño. Así, tras unha boa triangulación marca Xuxa chegando dende atrás (31´). Un minuto despois repetiuse a mesma xogada, pero desta vez Simón chegou moi apurado e rematou ó poste. Logo dunha gran xogada de Marci chegou o 1-3. Fixo un sombreiro, quedou só marcando de tiro cruzado e finiquitou o encontro (34´).

Sorprendentemente o Esteo non empregou o porteiro-xogador sendo un torneo eliminatorio e a un só partido. Por parte local só salientar algún forte disparo de Bertito, que fixo empregarse a fondo a Carlos Cabo. Os colexiados non sinalaron unha clara man de Cristian, que suporía a sexta falta e dobre penalti, e xa faltando 40 segundos, noutra contra e noutra triangulación, na que se volveu botar de menos facer unha falta, foi Simón o que marcou o 1-4 nun balón que chega a tocar Javichu, pero que acaba no fondo das mallas.

Pasa o Noia á gran final, na que actuará de local ante Parrulo ou Narón, e O Esteo seguirá xogando amigables de pretempada de cara a afinar o equipo de aquí ó día 19 no que comeza a liga, precisamente na casa do Noia.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Bertito, Gerardo, Jose López, Héctor –cinco inicial- Púas, Cospe, Quique e Dani Río.

NOIA FS: Carlos, Cristian, Borja, Marci, Alex –cinco inicial- Dani, Simón, Xuxa, Pepe, Diego e Jorge.

ÁRBITROS: Fernando Berto Gómez, Juan Rey Castero e na mesa Marisa Blanco Lamas, da delegación de Lugo. Amoestaron a Gerardo.

GOLES: Min. 12 (1-0), Púas. Min. 15 (1-1), Jorge. Min. 31 (1-2), Xuxa. Min. 34 (1-3), Marci. Min. 39 (1-4), Simón.

INCIDENCIAS: Partido de semifinais da Copa Deputación da Coruña disputado este domingo no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 150 espectadores, a gran maioría afeccionados noieses, nunha tarde moi calorosa, que obrigou a poñer os ventiladores do pavillón pontés.

Nova de Xosé A. Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: