CD As Pontes Feminino

O ESTEO FS PRESÉNTASE OFICIALMENTE NUN AMIGABLE CONTRA O PRONE LUGO, EQUIPO DA SEGUNDA DIVISIÓN

O Esteo xoga, o mércores día 2, ante o Prone Lugo, equipo da Segunda División, en partido que serve de presentación oficial ante a súa afección e que comezará ás nove da noite (21,00) no pavillón municipal da Fraga. A entrada é gratuíta.

No cadro pontés, que agora adestra Suso Rey, ex preparador físico do Prone e antes adestrador do Burela e A Pontenova, houbo importantes baixas no seu plantel. Continúan da pasada campaña os porteiros Javichu e Iván, e os xogadores de pista Gerardo, Héctor e Púas. Incorpórase ó primeiro plantel o xuvenil Tucho e retorna Pablito. Son caras novas Cospe e Josito, procedentes do Prone Lugo, Bertito, do Parrulo Ferrol, e Quique, do Manus Ferrol.
Lembrar que o pasado domingo o conxunto pontés caeu nas semifinais da Copa Deputación ante o Noia por un claro 1-4. Precisamente contra este equipo o Esteo iniciará unha nova andadura na liga de Segunda División B, a terceira consecutiva, o vindeiro sábado 19 de setembro en pista noiesa. Unha Segunda B que pasa de 12 a 16 equipos, 9 galegos, 6 castelán-leoneses e un asturiano.

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: