CD As Pontes Feminino

cdaspontes-cdChoco

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 19-20 / SETEMBRO /2015

O histórico Choco (fundado en 1953) visita O Poboado por undécima vez na súa historia, campo onde perdeu en 7 ocasións, empatou unha e gañou dous encontros, as dúas na Serie A Rexional. O equipo pontés marcou nestes dez enfrontamentos 22 goles por 12 dos redondeláns.

Na presente campaña os dous equipos están separados por un punto. O Choco é sexto con 6 puntos (1 vitoria e 3 empates) mentres que o As Pontes está no décimo posto con 5 (1 vitoria, 2 empates e 1 derrota). Na pasada tempada o As Pontes gañou con claridade no Poboado por 3-0.

TERCEIRA DIVISIÓN (5ª xornada)
· C.D. AS PONTES – C.D. CHOCO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 20 (18,00 h)
ÁRBITRO: JOSÉ M. CIVES ENJO (A Coruña)
ASISTENTES: Domínguez Manteiga / Vázquez Penas (A Coruña)

SEGUNDA AUTONÓMICA (3ª xornada)
· C.D. ROSALÍA – C.D. AS PONTES B
Campo de Vilaboa – Valdoviño (Sába. 19, 18,00 h)
LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL (3ª xornada)
· S.D. O VAL B – C.D. AS PONTES
Campo de Sinde – O Val (Sáb. 19, 19,00 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL (2ª xornada)
· CEDEIRA S.D. – C.D. AS PONTES
Campo do Beco – Cedeira (Sáb. 19, 17,00 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL (2ª xornada)
· C.D. AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 19, 11,30 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL (1ª xornada)
· Gª CARANZA C – C.D. AS PONTES
Campo de Caranza – Caranza (Ven.18, 18,00 h)
· C.D. AS PONTES B – CEDEIRA S.D.
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 19, 11,00 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL (1ª xornada)
· R. SAN PEDRO B – C.D. AS PONTES
Campo da Gándara – Ferrol (Ven.18, 19,00 h)
· C.D. AS PONTES B – CULTURAL MANIÑOS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 19, 12,10 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo comeza a súa terceira tempada consecutiva na Segunda División B de fútbol sala, unha categoría que pasa a ter 16 equipos, 9 galegos, 6 castelán leoneses e un asturiano. Nesta primeira xornada xoga na casa dun duro rival, o Noia FS, conxunto que a pasada tempada quedou na cuarta praza e este ano parte como un dos favoritos ó ascenso.
Os dous equipos enfrontáronse no pavillón da Fraga o pasado 30 de agosto na semifinal da Copa Deputación vencendo claramente os noieses por 1-4, que logo se proclamarían gañadores ante O Parrulo na final desta primeira edición do torneo provincial.

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (1ª)

NOIA F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 19 – Setembro – 2015 (18,15 h)
Pavillón Municipal de Noia

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: