—
CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 26-27 / SETEMBRO /2015
O CD As Pontes viaxa este domingo á Coruña para enfrontarse ás 12,00 do mediodía ó Club Silva, equipo que este ano cumpre os 75 de historia, a maioría deles participando en ligas locais da Coruña, para saltar na tempada 2008/09 á Segunda Autonómica, pasando logo polas seguintes categorías para dar o salto histórico á Terceira División na tempada pasada na que logrou a permanencia (16º).
Ocupa a 15ª posición con 5 puntos, tres menos có CD As Pontes (8º), que semella ter un comezo mellor cá anterior campaña. Tan só perdeu en Verín (3-2), gañando dous na casa (Ribadumia e Choco) e empatando co Bergantiños e Barbadás. A pasada tempada o conxunto coruñés gañou no seu campo por 1-0.
TERCEIRA DIVISIÓN (6ª xornada)
· SILVA S.D. – C.D. AS PONTES
CAMPO DA GRELA (A Coruña) – DOMINGO 27 (12,00 h)
ÁRBITRO: GONZALO VILLANUEVA CARBALLO (Pontevedra)
ASISTENTES: González Caramés – Lois Carro (Pontevedra)
SEGUNDA AUTONÓMICA (4ª xornada)
· C.D. AS PONTES B – NARAHÍO U.D.
Campo do Poboado – As Pontes (Dom. 27, 17,00 h)
LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL (4ª xornada)
· C.D. AS PONTES – CEDEIRA S.D.
Campo do Poboado – As Pontes (Ven. 25, 19,30 h)
LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL (3ª xornada)
· C.D. AS PONTES – R. SAN PEDRO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 26, 18,00 h)
LIGA CADETE COMARCAL – FERROL (2ª xornada)
· C.D. SAN SADURNIÑO – C.D. AS PONTES
Campo de Narahío (Sáb. 26, 17,00 h)
LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL (1ª xornada)
· C.D. AS PONTES – S.D. BARALLOBRE
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 26, 11,00 h)
LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL (2ª xornada)
· C.D. AS PONTES – CEDEIRA SD B
Campo do Poboado – As Pontes (Ven.25, 18,30 h)
· S.D. RÁPIDO NEDA – C.D. AS PONTES B
Campo Municipal – Neda (Sáb. 26, 10,30 h)
LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL (2ª xornada)
· C.D. AS PONTES – CD CARIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sábado 26, 12,00 h)
· FC ORTIGUEIRA – C.D. AS PONTES B
Campo de San Claudio – Ortigueira (Sáb. 26, 11,00 h)
Nova cortesía de A.F.
—
O ESTEO FUTBOL SALA
O Esteo disputa o primeiro partido ante a súa afección da liga de Segunda División B de fútbol sala enfrontándose ó conxunto palentino do Guardo.
O equipo da Montaña palentina ocupa a primeira posición da clasificación do grupo primeiro da categoría de bronce do fútbol sala estatal despois de golear na súa pista (7-1) ó ascendido Atlético Benavente. Pola súa banda, na primeira xornada o cadro pontés foi derrotado na casa do Noia (4-2) ante un dos favoritos ó título de liga.
Nos dous choques anteriores o Esteo gañou por 4-1 na tempada 2013/14 e houbo empate a dous goles na pasada campaña.
SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (2ª)
O ESTEO F.S. – GUARDO F.S. (Palencia)
Sábado 26 – Setembro – 2015 (17,30 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
Nova cortesía de A.F.
—