CD As Pontes Feminino

O PONTÉS NOE CALVO PARDO FAI HISTORIA Ó XOGAR A UEFA FUTSAL CUP

O pontés Noe Calvo Pardo “Yombo” xogou esta semana co seu equipo, o Baku United inglés, a segunda fase preliminar da Uefa Futsal Cup, que estes días se disputou en seis sedes, das que só os campións de grupo pasaban á seguinte fase.

Noé estreabase co Bakú, precisamente na que fora a súa casa o ano pasado, Gyor (Hungría). No seu grupo, o equipo inglés enfrontouse ó Nacional de Zagreb, 4-5, anotando Noé dous goles, Lidselmash Lida de Bielorrusia, 2-4, e Gyor, 1-5. Os bielorrusos lograron a praza con 9 puntos, seguidos dos húngaros con 6, os croatas con 3, pechando a clasificación o equipo inglés sen puntuar.

O equipo de Noé fixo un gran desembolso económico fichando a xogadores de primeiro nivel no verán. Definitivamente, hai preto dun mes cambiou de patrocinador e tivo que refacer todo o equipo nestes días, así que é un conxunto falto de rodaxe. Do ano anterior so se mantén o porteiro brasileño Cidao. Ademáis de Noé, forman o equipo cinco ingleses, dous italianos, dous australianos, un brasileño, un portugués, e outros dous españois, Rubén Díaz Carballo e Jesús Hurtado. Están adestradors polo mítico Riquer, Campión Mundial 2000 e Europeo 2001 coa selección española.

Do resto dos grupos clasificaron o Ugra Yugorsk ruso, Benfica, Pescara, Slov-Matic Bratislava e Nikars Riga.

A Copa de Europa foi gañada ata en 12 ocasións por equipos españois, Inter Movistar (1991, 2004, 2006, 2009) Playas de Castellón (2001, 2002, 2003), FC Barcelona (2012, 2014), Marsanz Torrejón (1994), CLM Talavera (1998) e Caja Segovia (2000).

O Inter Movistar, representante da LNFS esta tempada, ten un oco garantido na rolda élite dos 16 mellores xunto ós dous equipos kazajos, Kairat Almaty (actual campión) e Tulpar Karagandy, ademais do Ekonomac Kragujevac serbio.

noe_002

noe_003

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID – O ESTEO FS (1-1)

O Esteo desprazabase este sábado a Castela Léon para xogar ante o Universidad de Valladolid, tras ser derrotado nas dúas primeiras xornadas, 4-2 en Noia, e 1-6 ante o Guardo.

No primeiro tempo dominaron os locais, e adiantaronse por medio de Molina. A raíz do gol, o equipo pontés buscou o empate pero chegouse ó descanso con 1-0.

Mediado o segundo tempo empatou a fichaxe Ayalita, e a raíz da igualada tivo tres ocasións o conxunto de Suso Rey, pero ten que dar por bo o punto pois nos últimos minutos o cadro local estrelou dous balóns nos postes e incluso Iván parou un penalti nunha xogada na que foi expulsado Cospe. Estreanse na 2015-16 e o punto sirvelles para non descolgarse na clasificación.

O Esteo segue na derradeira praza, pero empatado con Cistierna e Ventorillo. Nesta Liga non hai ninguna periña en doce, e o equipo pontés necesita a vitoria a próxima semana ante o Sala Ourense, conxunto ascendido, pero que xa leva dúas vitorias.

FICHA DO PARTIDO

CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: Josué, Dani Martín, Adri, Ofa, Raúl –cinco inicial- Balle, Leal, Kike Molina, Picolo e Víctor.

O ESTEO FS: Iván, Cospe, Jose López, Héctor, Ayalita –cinco inicial- Gerado, Bertito, Kike, Tucho e Púas.

ÁRBITROS: Luis Alberto De Cabo, Jesús Montero Galán (Salamanca) e Mari Carmen Vidal Brota (Valladolid). Amoestaron a Ofa, e expulsaron por doble amarela a Cospe.

GOLES: Min. 11 (1-0), Molina. Min. 29 (1-1), Ayalita.

INCIDENCIAS: Terceiro partido de Liga, disputado no Pavillón do Complexo Fuente de la Mora, ante uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 3 – SD NEGREIRA 0

Vitoria moi importante dun As Pontes que xa suma 11 puntos e respira un pouco sendo oitavo, o xusto, pois os postos de descenso a día de hoxe serían sete.

As primeiras ocasións foron para Otero (22´) e Toni (24´), pero foi tras desmarcarse por banda esquerda, e controlar coa cabeza, que marca Cañizares de tiro axustado ó primeiro pau (28´). Conseguiu o equipo azul o gol psicolóxico ó fío do descanso, nunha combinación entre Toni e Bossa, na que o lateral Pablo Domínguez subindo poa banda esquerda, marca de forte disparo que se cola por entre as pernas de Pajarillo (46´).

Apretou moito o conxunto visitante tralo descanso, incluso anotaron un tanto anulado en dubidoso fora de xogo e reclamaron un penalti.

Sen embargo, volcados os visitantes na búsqueda do empate, o As Pontes aproveitou as contras e tivo grandes ocasións. Cédella Santi a Amado que remata co calcaño e o balón vai ó pau (63´). Máis clara foi a de Santi tras deixarlla Pardo en bandexa, pero rematou cruzado e o balón saiu por pouco (82´).

Entremedias si caeu o terceiro, tras boa xogada e centro chut de Toni dende banda dereita, que despexa Pajarillo, e o balón caelle franco a Amado que empala sen oposición ó fondo das mallas (75´).

A próxima xornada vivirase o primeiro derbi na Terceira, Mugardos-As Pontes. Complicada visita ante un rival apurado na clasificación e que xa gañou 2-0 ó As Pontes fai pouco máis dun mes.

3 CD As Pontes. Souto, Toni (Samu 86´), Nano, Manu, Edi, Alex, Óscar (Amado 50´), Bossa, Santi, Cañi (Pardo 68´), Pablo.

0 SD Negreira. Pajarillo, Juan Diego (Cristian 57´), Lazcano, Rendo, Angelo, Mariño, Quintairos (Diego 81´), Cata, Iván (Ander 64´), Tato, Javi Otero.
Goles: 1-0, Cañi (28´). 2-0, Pablo Domínguez (45´). 3-0, David Amado (75´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde fría e soleada. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento a semana pasada de Lucio Rubio de Antonio, ex presidente do clube, e nas gradas puidose ver ó mellor xogador mundial de fútbol praia 2003 e 2008, Ramiro Figueiras Amarelle.
Árbitro: Daniel Hernández González (Ourense). Auxiliado nas bandas por García Vázquez e Quintas Lorenzo. Amoestou a Souto, Toni, Edi, Rendo, Angelo, Mariño, Cata e Iván.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 3-4 / OUTUBRO / 2015

Na Terceira División importante e merecido triunfo do As Pontes ante o Negreira (3-0). Tamén pode sinalarse como positiva a xornada para os distintos equipos de base, agás o xuvenil, que só empatou en Caranza e os equipos benxamín, que non tiveron sorte na estrea da competición

SEGUNDA GALEGA (D. Ferrol)
SFC Monfero – CD As Pontes B (1-6)

Importante vitoria do segundo equipo en Monfero ante o colista, 1-6 (0-1 ó descanso), con hat trick de Adrián, e un de Aitor de penalti, Marcos e Totti. Anotaron o da honra os locais co tempo cumprido, tamén de penalti. Xogaron Prieto, Darío, Rubén, Diego, Jandro, Totti, Alberto, Juan, Adrián, Lucho e Marcos, saíndo no segundo tempo Miguel, Aitor, Gonza e Alejandro. O As Pontes xa se sitúa sexto con sete puntos, na criba do acceso ó grupo dos mellores na seguinte fase, avantexando en dous puntos ós seguintes, Cebarca e Valdoviño. Partido moi importante na casa a vindeira fin de semana ante a Cultural de Maniños, equipo que a tempada pasada estaba nunha categoría superior e que conta cos mesmos puntos que os azuis

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Amistade Meirás – CD As Pontes (0-1)

Triunfo do feminino en Valdoviño ante o Amistade de Meirás 0-1. Un tanto en propia meta fixo valer os tres puntos para o equipo de Pita que marcha decimo segundo con seis puntos, e que na vindeira xornada recibirá ó Santa Mariña, que ten catro. Precisamente no partido que enfrontaba a este equipo co Cariño armouse unha tángana ó final do partido entre varias xogadoras dos dous equipos. Xogaron polo As Pontes: Leti, Uxía, Andrea, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Noelia Santalla.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
Galicia Caranza B – CD As Pontes (1-1)

Pasó atrás do xuvenil, que foi incapaz de gañar na casa do líder a un Galicia de Caranza B que xogou desde o minuto 20 con dez xogadores, e dende o 60 con nove. Ó final empate a un gol con tanto pontés de Jandro. Xogaron Ángel, Iago, Jorge Rodríguez, Caínzos, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Nahúm, Iván, Jandro (1), Casas, Ayrton e na segunda metade Andrés, Rey, Martín e Jorge Saavedra. Segundos con 8 puntos e a dous dos ferroláns, reciben ó antepenúltimo, O Val B.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD O Val (3-2)

Sufrido triunfo do cadete ante O Val, co que se mantén líder con 12 puntos, seguido con 10 polo Galicia de Mugardos. Para a semana visita ó Portuarios que ten tres puntos. Xogaron Andrei, Alex López, Manuel, Fraga, Bruno, Germán, Carlos, Dani, Mateo, Alberte, Alex Barro, e no segundo tempo Chema, Andrea, Antón Paz, e Jorge. O equipo azul foi a remolque durante o encontro (0-2) pero nos minutos finais, un gol de Alberte e dous de Dani deron os tres puntos.

PRIMEIRA GALEGA INFANTIL (D. Ferrol)
Meirás CF . CD As Pontes (0-5)

O conxunto infantil venceu 0-5 en Valdoviño ó Meirás, descansando na seguinte xornada. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Santi, Antonio Carballiera, Javi, Antonio Silvén (2), Xan, Joan (1), Vicente (2), Adrián e no segundo tempo Xoel, Dani, Iván e Marcos. O equipo azul lidera a táboa con 6 puntos xunto a Eume Deportivo, Amistade de Meirás e Galicia de Caranza C.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
AD Miño – CD As Pontes (martes 6, 18,00)
CD As Pontes B – Numancia de Ares (5-5)

O alevín A xogará este martes o seu partido en Miño, namentres que o alevín B empatou a cinco goles ante o Numancia de Ares, sumando o seu primeiro punto. Descansa na seguinte xornada por retirada do Meirás. Punto agridoce pois o equipo local chegou a ir gañando 2-0, 3-1 e 5-3 e ó final o Numancia igualou a cinco tantos. Catro goles de Alex Montero e un de Sergio Cabarcos.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia Caranza B (1-3)
UD Cebarca – CD As Pontes B (4-0)

Non empezaron con bo pé a liga os conxuntos de categoría benxamín con derrota dos dous. O benxamín A perdeu 1-3 co Galicia de Caranza B no seu debut, gol de Xandre. Para a vindeira semana visita ó líder O Val C, que goleou 0-17 ó Amistade de Meirás. O Benxamín B perdeu por 4-0 na Abarqueira co Cebarca, recibindo ó Portuarios na segunda xornada, que perdeu 0-11 co Numancia de Ares.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD San Sadurniño – CD As Pontes (0-15)
CD As Pontes B – Galicia Caranza C (1-7)

O Prebenxamín A gañou claramente en San Sadurniño por 0-15, e sitúase cuarto con 6 puntos, antes de recibir na vindeira xornada ó CD Narón B. Seis goles de Xalo González, dobrete de Nico Meizoso, Diego Solano, Paulo Cabaleiro e un de Sergio Barro, Diego Ortigosa e Xavi Regueiro. O prebenxamín B pola súa banda, perdeu 1-7 na casa ante o Galicia de Caranza C con gol pontés de Xandre. Con tres puntos visita na vindeira xornada ó Perlío, que aínda non puntuou

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: