CD As Pontes Feminino

MIGUEL ALVARIÑO LOGRA O OURO NA COPA DO MUNDO DE MÉXICO

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García deu este domingo á noite unha nova ledicia ó deporte pontés o gañar brillantemente na Copa do Mundo de México na proba de Recurvo Masculino, a derradeira cita universal, e que reunía ós sete mellores arqueiros desta competición, máis un arqueiro locatario, para completar os oito necesarios para competir na fase final.

Miguel, sétimo cabeza de serie, enfrontabase en cuartos de final ó segundo, o coreano Lee Seungyun, campión mundial 2013 e gañador de seis probas da Copa do Mundo.
Nun duelo moi igualado, Alvariño adiantouse cun 29-28. Posteriormente, con 27-27, 28-29 e 28-28, alcanzouse un 4-4 no marcador, e unha ventaxa dun só punto no set definitivo, 29-28, serviulle ó discípulo de Manolo Buitrón, presente en terras mexicanas, para impoñerse 6-4 e alcanzar as semifinais.

Nesta rolda caían, ademais de Seungyun, o gran estadounidense Brady Ellison, o chino Xin Yu e o arqueiro local Luis Álvarez.

Nelas, enfrontabase ó dobre subcampión mundial junior, o estadounidense Collin Klimitchek, noutro duelo épico, que tivo empates en tres sets, 27-27, 28-28 e 25-25, pero Alvariño venceu axustadamente en dous, no segundo, 28-27, e no quinto, derradeiro e decisivo, 29-28, o que lle deu o 7-3 o pase á final.

Como queira que o francés Jean Charles Valladont venceu na frecha de desempate ó primeiro favorito, o coreano, Kim Woojin deuse un duelo europeo na rolda definitiva.
Antes de enfrontarse Alvariño ó campión mundial en sala 2012, o coreano repúxose facendose co bronce ante o estadounidense, 7-3.

A final tivo a mítica dos outros dous envites, e tras poñerse Miguel por diante cun 27-26 no primeiro set, os seguintes rexistraron dous empates, 27-27 e 28-28. No derradeiro Miguel conseguía un 29-28 cun dez magnífico na última frecha que lle daba o 6-2 definitivo e o ouro na competición máis brillante da Copa do Mundo, que unido ás dúas medallas de Baku, e a clasificación olímpica, fan do 2015 un ano excepcional para Miguel Alvariño.

Na competición de Recurvo Feminino, ouro para a coreana Choi, prata para a india Kumari e bronce para Le, de China Taipei.

O sábado disputouse a competición de composto na que venceu o turco Demir Elmaagacli e a colombiana Sara López, proba na que a cántabra Andrea Marcos caeu na primeira rolda trala frecha de desempate ante a mexicana Salinas.

MEX15_B15_7861-L

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – FS BOAL BELLEZA (6-1)

Importante vitoria do Esteo nun encontro tolo, con cinco expulsións, tres postes visitantes, e tres goles locais no derradeiro minuto.

No primeiro período foille anulado un gol ó conxunto asturiano, e xa mediado o tempo marcou Jonás, que pillou adiantado a Javichu. Aínda que preto do descanso e cun xogador máis por expulsión visitante empatou Ayala.

Non comezou ben o Esteo o segundo período pero afortunadamente Abel e Jonás dispararon ó poste. Foi nunha contra, cando Ayala cédelle ó segundo pau a Púas que empala sen oposición.

Voltou a disparar Jonás ó longueiro e posteriormente foi expulsado José López, aínda que os locais aguantaron moi ben os dous minutos de inferioridade.

Comezou a decantarse o encontro do lado local a falta de catro minutos, tras un roubo de balón de Gerardo, que lla envía a Tucho quen marca de forte disparo cruzado.

A raíz de aí o xogo abroncouse un pouco, e dous xogadores e mailo adestrador visitante foron expulsados, o cal unido ó feito de xogar con porteiro-xogador levou a que o Esteo redondeara o marcador no derradeiro minuto con tantos de Héctor, Ayala e Púas, para un definitivo 6-1 moi enganoso; pois o encontro foi moi igualado, pero iso si, os tres puntos saben a gloria, sobre todo tendo en conta a visita do perigoso cuarto clasificado, Leis de Pontevedra, a semana que vén.

O Esteo é duodécimo con 7 puntos, igualado con varios equipos, e tendo por detrás ó propio Boal con 6, Albense con 5 e Cistierna con 2.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Púas, Cospe, Héctor, Ayala –cinco inicial- Bertito, Kike, Gerardo, Jose López e Tucho.

FS BOAL BELLEZA: Nono, Isra, Jonás, Adri, Pirri –cinco inicial- Borja, Abel, Samu, Javi e Ponti.

ÁRBITROS: Miguel Sierra Márquez e Javier Menéndez Nistal. Amoestaron a Bertito, Kike, Javichu, Tucho, Jonás e Samu. Foron expulsados con vermello directo o adestrador e porteiro visitante Ignacio Monte e Nono, e por dobre amoestación, Adri, Abel e o local José López.

GOLES: Min. 11 (0-1), Jonás. Min. 18 (1-1), Ayala. Min. 23 (2-1), Púas. Min. 35 (3-1), Tucho. Min. 38 (4-1), Héctor. Min. 39 (5-1), Ayala. Min. 40 (6-1), Púas.

INCIDENCIAS: Sexto partido de Liga, e terceiro no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores, con presenza dalgúns bulideiros asturianos.

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 23-24-25 / OUTUBRO / 2015

Xornada positiva dos equipos do CD As Pontes, agás o xuvenil, que caeu derrotado en Ferrol, e o cadro infantil, que foi goleado en Valdoviño.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
Verín C.F. – C.D. As Pontes (0-2)

Brillante vitoria (0-2) do As Pontes no campo Jose Arjiz ante o Verín, ambos tantos de Óscar Martínez ó comezo do segundo tempo. Xogaron Souto, Alex, Nano, Dani (Chote 75´), Edi (Adrián 60´), Óscar, Rubén (Juan 65´), Bossa, Santi, Cañi e Pablo. A nota negativa foi a expulsión de Cañizares no tramo final do encontro. Os de Pablo López sitúanse sétimos con 15 puntos, e sobre todo, con 6 puntos de vantaxe sobre o Ribadumia, sexto pola cola e que marca a día de hoxe a criba do descenso. Un pouco de respiro antes da complicada visita ó Baltasar Pujales de Vigo para enfrontarse ó Rápido de Bouzas.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (D. Ferrol)
CD As Pontes B – SD Valdoviño (7-2)

Importante triunfo do segundo equipo, 7-2 ante o Valdoviño. Sitúanse na quinta praza e agora mesmo os clasificados para o grupo dos mellores serían San Mateo con 17 puntos, Cariño e Narahío 15, Cebarca 14, As Pontes B 13 e Ortigueira 12. Estaría fóra a Cultural Maniños, sétimo con10. Xa descartados quedan Rosalía e Valdoviño con 6, Moeche con 4 e Monfero con 1. O As Pontes necesita gañar en Moeche a semana que vén e recibirá na derradeira xornada ó Cebarca. Entremedias, descansará. Xogaron polo As Pontes B: Rafita, Gonza, Rubén, Diego, Jandro, Totti (2), Lucho, Darío, Adrián (1), Aitor (1), e Pita, saíndo no segundo período Nieto (2), Alberto (1) e Guille.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
EF Ensanche (Ferrol) – CD As Pontes (3-1)

Grave traspés do xuvenil, que, coma o ano pasado, volveu a tropezar co Ensanche ó perder por 3-1, resultado que unido ó empate do Galicia de Caranza fai que ambos sumen 14 puntos e que o equipo máis en forma, o CD Narón, se coloque no liderato con 16 puntos. A semana que vén visita o Poboado o colista Narón O Freixo. Xogaron polos ponteses: Lino, Iago, Jorge Rodríguez, Caínzos, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Jandro, Iván, Ayrton, Casas e Andrés, saíndo despois Brais Blanco, Nahúm, Xose, Martín e Jorge Saavedra. Triunfo rotundo do cadro ferrolán que só puido maquillar Xose cara ó final.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – Cultural Maniños SD (1-1)

Bo empate (1-1) do conxunto feminino ante un dos galiños da categoría, a Cultural Maniños, terceiro clasificado. As de Maniños adiantáronse no primeiro período por medio de Mónica e Paula Castro poñía a igualada definitiva no segundo tempo. Undécimas con 10 puntos, visitan ó Cariño. O CD As Pontes é undécimo con dez puntos. Para a vindeira semana visitan ó Cariño. Xogaron: Leti, Yaiza, Paula Rodríguez, Nuria, Indira, Vicky, Nicole, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia de Mugardos (4-1)

Boa vitoria do cadete, que segue con paso firme, 4-1 ó Galicia de Mugardos, e mantén o liderato con 18 puntos, pero seguido moi de preto por Galicia de Caranza B, O Val e Amistade de Meirás con 15 puntos. Precisamente visitarán ó cadro de Valdoviño a semana que vén nun encontro que pode ser decisivo. Xogaron: Nesi, Alex López, Manuel, Fraga, Bruno, Chema, Carlos (1), Dani (1), Mateo (1), Alberte, David (1) e no segundo tempo Alex Barro, Andrei, Antón Paz, Germán e Andrea.

PRIMEIRA GALEGA INFANTIL (D. Ferrol)
Amistade Meirás – CD As Pontes (5-1)

O infantil despedíuse das opcións de Copa ó perder en Valdoviño por 5-1 ante o Amistade de Meirás, co que o conxunto verde e o Galicia de Caranza C lideran con 15 puntos, por 12 do Eume que descansou e 6 do As Pontes que recibe ós ferroláns a semana que vén. Xogaron polo As Pontes Juan, Eyob, Alejandro, Santiago, Antonio Carballeira, Javi, Antonio Silvén, Xan, Joan, Vicente, Adrián e no segundo tempo Edgar, Eloy, Dani, Mohamed e Xavi. Con 5-0 preto do final Eloy fixo o tanto da honra nun cadro pontés que acabou con dez.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia de Caranza (4-1)
SD O Val B – CD As Pontes B (4-4)

O Alevín A gañou 4-1 ó Galicia de Caranza B, anterior líder, e escala á cuarta praza con 12 puntos. Primeiro sería o Caranza C, con 15. Visitan na vindeira xornada ó Galicia de Mugardos B, sexto clasificado. Goles de Mario Fraga (2), Hugo Blanco e Alejandro López. O Alevín B pola súa banda, empatou 4-4 ante o Val B, e logra o segundo punto da tempada. É oitavo e na vindeira xornada recibe ó colista Galicia de Mugardos. Con tres goles de Alex Montero e un de Diego Purriños remontaron un 3-0 e logo un 4-1.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (5-3)
CD As Pontes B – CCRD Perlío (2-2)

O Benxamín A perdeu 5-3 en Pontedeume, que non deixa de ser un bo resultado, si se ten en conta que o Eume levaba tres triunfos, con 41 goles a favor por ningún en contra. Os azuis son sétimos con tres puntos antes de recibir ó outro líder, Racing San Pedro. Goles de Alexo Platas e Carlos Villasuso (2). O Benxamín B empatou a dous goles co Perlío, con tantos de de Xabi Anca e Adrián Díaz. Logra o cuarto punto ocupando a sétima praza. Na vindeira xornada visitará ó R. Ferrol D.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes (Descansou)
Eume Deportivo – CD As Pontes B (6-1)

O prebenxamín A descansou. Cuarto con doce puntos, recibe ó líder Ánimas (16) a vindeira xornada. O prebenxamín B perdeu 6-1 co Eume Deportivo (tanto da honra de Iker Ares). O cadro pontés é noveno con tres puntos e descansa a semana que vén.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF


LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16

O Mobles Eume continúa á fronte da clasificación con pleno de puntos, nove. Marcou nas tres xornadas 11 goles e só encaixou un. A dous están Santaballés e Gaiorient e a catro As Pontes 74, empatou con Farmavida a un gol, con tanto do As Pontes 74 de Indalecio, un histórico do Parrulo, que chegou a xogar na máxima categoría do fútbol sala español e esta tempada decidiuse pola liga de veteranos pontesa. Segue sen puntuar Mesón A Cepa.

A vindeira fin de semana hai xornada de descanso, reemprendéndose a competición o sábado 7 de novembro.

En canto a goleadores, encabeza en solitario a clasificación Iván Ferreiro, de Mobles Eume, con 7 goles. Séguelle con 5 goles Valú, do Santaballés. Con tres figuran Susito (Santaballés), Fernández (A Cepa) e Paco(Galiorient).

RESULTADOS 3ª XORNADA 

Electricidad J&O – Santaballés  (0-4)
Susito (2), Valú e Juan Carlos

A Cepa – Galiorient  (1-3)
Fernández / Kata (2) e Paco

As Pontes 74 – Farmavida  (1-1)
Indalecio / Juan

La Galaxia – Bar Xardín  (1-1)
Juan / Iván

M . Eume – MMYPEM  (3-0)
Iván (2) e Martín

CLASIFICACIÓN

PUNTOS
 MUEBLES EUME  9
 SANTABALLÉS  7
 GALIORIENT  7
 AS PONTES 74  5
 FARMAVIDA  4
 BAR XARDÍN  4
 MMYPEM  3
 ELECTRICIDAD J&O  1
 LA GALAXIA  1
10º  A CEPA  0

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO  (M. Eume) 7
VALÚ (Santaballés) 5
SUSITO (Santaballés) 3
FERNÁNDEZ (A Cepa) 3
PACO (Galiorient) 3

4ª XORNADA
7-8 / Novembro / 2015

Farmavida – MMYPEM   (Sáb.  7, 19:00 h)
Eume – Electgricidad J&O  (Sáb. 7,  20:00 h)
As Pontes 74 – Bar Xardín  (Dom. 8, 10:00 h)
Galiorient – Santaballés  (Dom. 8, 11:00h)
A Cepa – La Galaxia  (Dom. 8, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: