CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 30-31 – OUTUBRO / 1 – NOVEMBRO /2015

Segunda saída consecutiva do CD As Pontes, nesta xornada a Vigo, onde este domingo se enfrontará ó Rápido de Bouzas en partido da undécima xornada de liga de Terceira División.

O centenario equipo da Real Vila de Bouzas, concello propio ata 1904 en que foi agregado a Vigo, está a ter un bo inicio de liga. Ocupa a 5ª praza a un punto da promoción e con dous máis có As Pontes, sétimo logo do seu valioso triunfo en Verín (0-2).

En competición oficial, os dous equipos lévanse enfrontado en once ocasións en terreo de xogo vigués, todas en 3ª División, agás unha, que foi na final da Copa de Galicia de 1968, que gañou o entón Calvo Sotelo pontés (3-1 no Poboado e 1-2 en campo vigués). Seis son as vitorias dos locais por dúas dos ponteses e tres empates, dous nas dúas últimas tempadas.

TERCEIRA DIVISIÓN (11ª xornada)
· RÁPIDO DE BOUZAS – C.D. AS PONTES
CAMPO “Baltasar Pujales” (Bouzas, Vigo) – DOM. 1 (17,00 h)
ÁRBITRO: ALEJANDRO VÁZQUEZ GARCÍA (A Coruña)
ASISTENTES: García Gómez / Bermúdez Seoane (A Coruña)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
· ADC MOECHE – CD AS PONTES “B”
Campo Municipal – Moeche (Dom. 1, 16,15 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
· CD CARIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal – Cariño (Sáb. 31, 10,45 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
· CD AS PONTES – SDCR O FREIXO NARÓN
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 31, 16,30 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
· AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES
Campo de Atios – Valdoviño (Ven. 30, 18,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
· CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA “C”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 31, 11,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
· Gª MUGARDOS “B” – CD AS PONTES
Campo da Pedreira – Mugardos (Sáb. 31, 10,00 h)
· CD AS PONTES “B” – Gª MUGARDOS “A”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 31, 10,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
· CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 31, 11,10 h)
· R. FERROL “D” – CD AS PONTES “B”
Campo da Malata 3 – Ferrol (Xov. 29, 20,00 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
· CD AS PONTES – SDR ÁNIMAS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 31, 12,20 h)
· CD AS PONTES “B”
DESCANSA

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Leis Pontevedra, equipo que está a ter un gran comezo de liga, pero que a semana pasada perdeu a imbatibilidade na súa pista, visita por terceira vez o pavillón da Fraga.

Os pontevedreses caeron na casa ante o Atlético Benavente por 4-5, o mesmo cós ponteses en terras zamoranas. O pasado ano vitoria clara do Esteo por 6-2 e na tempada 2012/13, na Terceira División, triunfo dos pontevedreses por 1-4

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (7ª)

O ESTEO F.S. – LEIS PONTEVEDRA
Sábado 31 – Outubro – 2015 (18,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: