CD As Pontes Feminino

ONCE PONTESES CONVOCADOS POLA SELECCIÓN DE FERROL

Cinco rapaces e seis rapazas do CD As Pontes foron chamados para un adestramento este martes.

As seleccións comarcais de Ferrol, das categorías sub12 e sub14, tanto femininas como masculinas, fixeron no día de onte as súas primeiras convocatorias.

Os catro combinados están citados para este martes día 3, nos Campos de A Gándara, e por parte local acudirán, Dani Silva na sub14 masculina, Yara Fernández, Andrea Montero, Paula Rodríguez e Paula Seoane na sub 14 feminina. No combinado alevín acoden, Paula Bellas e Carolina Paz no feminino, e Mario Regueiro, Alejandro López, Mario Fraga e Xose Lois Paz no masculino.

As convocatorias completas son as seguintes:

Sub14 Masculina
Racing Club de Ferrol: Alejandro Regueira, Javier Muíño, Manuel Fernández, Brais González, Pablo Ares, Mario Couce, Carlos Do Carmo
SCDR Galicia Caranza: Brais Rodríguez, Martín Rico, Hugo Suárez, Iván Amigo, Miguel Gallego, Jesús Gabarre, Jacobo Ramil
CD Narón: Mateo García, Javier Riego, Bruno Dopico, Marcos Nieto, Mario Granada, Yetur Bellón
Racing San Pedro: Pablo Salceda, Jorge Segura, Antón Vivero
Rápido de Neda: David Marcos, David Rodríguez, Daniel Prieto
Eume Deportivo: Mateo Díaz, Borja Martínez
SD Cedeira: Vinicius Silva
CD As Pontes: Daniel Silva

Sub12 Masculina
EFR Ferrol: Alejandro González, Rafael Couce, Hugo Rodríguez, Iker Fernández, Noel Caramés, Izan Carmona
SCDR Galicia de Caranza: Hugo Balado, Edgar Pardavila, Mathias Maidana, Adán Pérez, Borja Blanco, Raúl Martínez
SD Cedeira: Vicente Rodríguez, Alfonso Barge, Rafael Florin, Manuel Lourido
CD As Pontes: Mario Regueiro, Alejandro López, Mario Fraga, Xose Lois Paz
Eume Deportivo: Aike Cachafeiro, Daniel Arias
SDC Galicia de Mugardos: Daniel Marcos, Diego Bouza
Racing San Pedro: Mario González, Semanegn Díaz
SCDR Ánimas: Daniel Manso
AD Miño: Edward Manrique

Sub14 Feminina
SCDR Galicia de Caranza: Lydia Arribi, Jessica Carro, Xana Fernández, Zaira González, Paula Marcos, Marta Rodríguez, Carla San Emeterio
EF Racing de Ferrol: Nora Pérez, Alba Permuy, Carolina Senra, Paula Toja
CD As Pontes: Yara Fernández, Andrea Montero, Paula Rodríguez, Paula Seoane
SRD Portuarios: Andrea Agulló, Antía Delgado, Andrea García
CCRD Perlío: Antía Formoso, Sofía Martínez, Iria Tenreiro
SD Cedeira: Marta García, Laura Rodríguez, Lucía Vázquez
CD Narón: Sara De la Fuente, Jennifer Florencio
SD Barallobre: Uxía Cabada, Iria Fernández
CD San Sadurniño: Yaiza González, Aldara Pérez
SD O Val: Paula Rey
CF Mandiá: Carla Bastida
CD Cariño: Beatriz Vila
SCDR Ánimas: Eva Fernández

Sub12 Feminina
EF Amistade de Meirás: Iria López, Lucía Hermida, Laura Paz
SRD Ánimas: Valeria Filgueira, Alba Platas, Andrea Rodríguez
Cultural Maniños SD: Olaya López, Nayara Prida
CD San Sadurniño: Judith González, Iria Penedo
Cedeira SD: Lucía Bellón, Marina Caneiro
UD Cebarca: Cecilia González, Yaiza Pérez
Eume Deportivo: June Moreno, Ainhoa Tenreiro
SD Cañoles: Maite Casas, Julia María Pernas
CD As Pontes: Paula Bellas, Carolina Paz
SCDR Galicia de Caranza: Aroa González
SRD Portuarios: María Leaño
SRD Numancia de Ares: Martina Oliveira
CD Cariño: Ania Rodríguez
SD Barallobre: Sabela López
SD Libunca. Sara Lorenzo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O CLUBE ATLETISMO OLYMPO NA CARREIRA CONTRA O CANCRO DE FERROL

Seis atletas do Clube Atletismo Olympo pontés desprazaronse esta fin de semana ata a localidade departamental para a disputa da terceira edición da carreira contra o cancro.

Nunha mañá de domingo soleado, participaron máis de dous mil competidores, e aínda que os resultados eran o de menos, Jose Manuel Fernández Rivera foi 92º, Gonzalo Pena Balseiro 160º, a gran Susana Castro Pena 200ª, Roberto Pardo López, 217º, Jose Miguel Varela Lamigueiro 267º, e Goretti Ramos 550ª.

En homes venceu o vasco Julen Basterretxea, por diante de Sergio González e Alejandro Llamazares. En mulleres venceu a gran atleta de Ares, Paula Mayobre, segunda foi Belén Nieto (muller do exitoso empresario e ex xogador do CD As Pontes Simón Cabarcos), e terceira María Rodríguez.

Nova cortesía de Susana Castro Pena e X.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – LEIS PONTEVEDRA FS (6-4)

Gran vitoria do Esteo, que, unida á da semana pasada, fai que sume dous triunfos consecutivos e pase duns catro puntos na parte baixa a sumar dez e situarse na zona media. Con maior mérito si se contempla que habitualmente conta cos efectivos xustos no banquiño, e neste encontro por riba faltaba o capitán Héctor.

O primeiro período foi un toma e daca. Nada máis comezar adiantaba Púas ós locais, pero logo empataba Miguel. Mediado o primeiro tempo, Bertito cun golazo de falta, e despois Púas, situaban o 3-1 no marcador. Pero Berto recortaba distancias. Ayala disparou ó poste, e despois Tucho facía o 4-2. A pouco do descanso Borja de tiro cruzado deixaba o marcador nun inquedante 4-3.

No segundo período Jose López tivo dúas boas oportunidades, primeiro nunha gran xogada persoal na que o balón acaba no poste, e na segunda encarando a David non soubo definir. Desgraciadamente pouco despois empataba Barcala tras quedar só e marcar de forte disparo.

Pouco despois, tras un bo caneo, Ayala situou o balón onde non podía chegar o porteiro visitante e o Esteo cobrou vantaxe. E xa no derradeiro minuto con porteiro xogador pontevedrés voltou a marcar Cristian, con tranquilidade e colocando o balón.

Como dicíamos, o Esteo sitúase sétimo con 10 puntos, nunha posición máis desafogada, pero hai que seguir sumando e a semana que vén desprázase á Coruña para visitar ó Ventorrillo, equipo que o ano pasado só sumou catro puntos, pero que nesta campaña xa leva tamén dez.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Púas, Cospe, José López, Ayala –cinco inicial- Bertito, Kike, Gerardo e Tucho.

LEIS PONTEVEDRA FS: David, Miguel, Gus, Barcala, Berto –cinco inicial- Carlos, Gabi, Dani, Pablo, Borja, Martino.

ÁRBITROS: Andrés Vanegas Betancurt e Adolfo Díaz Arias. Amoestaron a Cospe e Barcala.

GOLES: Min. 1 (1-0), Púas. Min. 2 (1-1), Miguel. Min. 7 (2-1), Bertito. Min. 12 (3-1), Púas. Min. 14 (3-2), Berto. Min. 15 (4-2), Tucho. Min. 18 (4-3), Borja. Min. 32 (4-4), Barcala. Min. 34 (5-4), Ayala. Min. 39 (6-4), Ayala.

INCIDENCIAS: Sétima xornada de liga e cuarto partido no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 250 espectadores.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 30-31/OUTUBRO /1/NOVEMBRO/ 2015

Derrota por 1-0 do As Pontes en Bouzas, aínda que os ponteses mereceron un mellor resultado. Xornada positiva para os equipos de base, agás o benxamín A que perdeu o seu compromiso co líder do grupo.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
Rápido de Bouzas – C.D. As Pontes (1-0)

O As Pontes regresou de baleiro na súa visita a Vigo, onde caeu por 1-0 ante o Rápido de Bouzas, aínda que os ponteses fixeron méritos cando menos para empatar o partido. O As Pontes sitúase décimo con 15 puntos, e grazas ós resultados de Segunda B, segue mantendo seis puntos por riba da zona de descenso. A semana que vén reciben ó complicado Boiro de Jose Luis Lemos, que xa marcha segundo con 21 puntos. Xogaron: Marcos Souto, Alex, Nano, Dani, Edi (Adrián 59´), Santi, Óscar (Chicho 72´), Bossa, Rubén, Cañi (Toni 72´) e Pablo. Os locais marcaron por medio de Martín Barreiro de cabeza no 42´, e dispuxeron de algunhas boas ocasións, aínda que sen dúbida a máis clara estivo nos pés de Bossa, que tras lanzar unha falta, o balón pegou en ambos postes.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (D. Ferrol)
ADC Moeche – CD As Pontes B (0-1)
Sufrida pero importante vitoria do segundo equipo en Moeche (0-1), co que se sitúa na terceira posición con 16 puntos. Vital triunfo, tendo en conta que a semana que vén descansan e varios rivais pasaranlle na clasificación. Así que o deixarán todo para a derradeira xornada, recibindo na casa a un Cebarca que a esas alturas xa pode estar clasificado. Iso si, se a vindeira xornada o Cariño vence ó Ortigueira, os de Paquiño xa estarían clasificados matematicamente entre os seis mellores. Xogaron polo As Pontes, Rafita, Gonza, Rubén, Diego, Jandro, Totti, Miguel, Guille, Adrián, Aitor e Marcos, saíndo no segundo tempo Nieto, Darío, Alberto e Iván. Marcou Aitor ó pouco do comezo e mantiveron a vantaxe e os tres puntos.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – SCRD O Freixo Narón (7-1)
O xuvenil gañou ó O Freixo Narón por un claro 7-1. Xogaron: Lino, Alex Pico, David, Martín (1), Alex Blanco, Alex Cabarcos, Xose, Ayrton, Rey (2), Casas (1), Pita (1). No segundo tempo entraron Andrés, Jorge Saavedra, Manuel (1), Iván, e Iago (1). O As Pontes é segundo con 17 puntos, a dous do CD Narón, e teñen unha cita clave en Perlío, ante o terceiro clasificado.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD Cariño – CD As Pontes (2-2)
O feminino sacou un empate na súa visita a Cariño, 2-2. Carmen, a irmá de Tara (ex xogador pontés), adiantaba ó conxunto local nos primeiros trinta minutos. No segundo tempo, Yaiza volveuse a vestir de goleadora para lograr o empate, Laura marcaba de penalti, e outra vez Yaiza poñía o definitivo 2-2 no taboleiro. Xogaron polo feminino pontés, Alba, Uxía, Andrea Pita, Nuria, Noelia Ameneiro, Paula Rodríguez, Noelia Santalla, Paula Castro, Nicole, Yaiza e Yara. O As Pontes é décimo primeiro con 11 puntos e na vindeira xornada recibe ó CD Narón, quinto clasificado.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
Amistade Meirás – CD As Pontes (2-3)
Importante triunfo do cadro cadete, 2-3 en Valdoviño, ante o Amistade de Meirás, co que se afianza no liderado, con 21 puntos, seguido, con 18, por Galicia de Caranza B e O Val. Partido vital na seguinte xornada na que recibe ó cadro de Ferrol. Logo quedaríalles visitar ó Cariño, sétimo, e recibir ó CD Narón, décimo. Por dúas veces remontou o As Pontes que se fixo cos tres puntos grazas ós tantos de Dani Silva e dous de Alberte. Xogaron Nesi, Alex López, David, Fraga, Bruno, Germán, Carlos, Alex Barro, Dani, Alberte e Mateo, e despois Manuel, Chema, Pani, Diego e Andrei.

PRIMEIRA GALEGA INFANTIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia de Caranza C (3-1)
Sensacional triunfo do equipo infantil (3-1), dobrete de Javi e un de Xan, ante un Galicia Caranza C que contaba os seus partidos por vitorias. Son quintos con nove puntos, visitando a semana que vén ó CD Narón B, que está na mesma situación. Xogaron: A. Cancelo, Eyob, Alejandro, Santiago, Antonio, Xan, Manuel, Vicente, Joan, Javi e Adrián, saíndo tralo descanso Iván, Juan, Eloy, Daniel e Marcos.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
Galicia Mugardos B – CD As Pontes (1-4)
CD As Pontes B – Galicia Mugardos A (1-1)
O alevín A venceu 1-4 ó Galicia de Mugardos B, con goles de Xoel Purriños (2), Eloy Galdo e Mario Fraga. É segundo con 15 puntos, antes de recibir ó Racing San Pedro B, oitavo clasificado. O alevín B empatou a un gol co Galicia de Mugardos (tanto de Alex Montero). Oitavos con tres puntos visitan na vindeira xornada ó líder Racing San Pedro.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – R. San Pedro (1-7)
R. Ferrol D – CD As Pontes B (2-4)
O Benxamín A perdeu por 1-7 co líder Racing San Pedro, con gol da honra obra de Carlos Villasuso. Oitavo con tres puntos visita ó Galicia de Caranza C, sétimo na clasificación. O Benxamín B venceu por 2-4 ó R. Ferrol D, con tres goles de Diego Lozano, e un de Eric Souto. Sexto con sete puntos, antes de recibir ó Portuarios B, segundo.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SDR Ánimas (3-0)
CD As Pontes B (Descansou)
O prebenxamín A gañou por3-0 ó Animas de Ferrol. Marcaron Xalo González, Diego Solano e Nicolás Meizoso, na primeira derrota do conxunto ferrolán. Son terceiros con 15 puntos e a vindeira semana visitan ó Barallobre, sexto na clasificación. O prebenxamín B descansou, e segue noveno con tres puntos, recibindo na vindeira xornada ó Ánimas B, que ocupa a oitava praza.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: