CD As Pontes Feminino

O FUTBOLISTA PONTÉS CHUS CAÑIZARES CONVOCADO POR TERCEIRA VEZ COA SELECCIÓN GALEGA

O seleccionador galego Juan Carlos Andrés volveu a convocar a Cañizares para una novo encontro da selección galega amateur UEFA. Chamado en primeira instancia, na segunda acudiu por ausencias e nesta terceira vai con todos os dereitos.
Tras caer 2-1 ante o Deportivo B, e golear 6-1 ó Celta Xuvenil de División de Honra, nesta ocasión terán outro rival de moita entidade, a SD Compostela de Segunda División B, que iso si, non se atopa no seu mellor momento, colista na táboa clasificatoria.

Tamén van o futbolista do Mugardos Brais Abelenda e o ex xogador pontés Juan Pérez.

Os 22 convocados deberán presentarse este mércores 11, ás 17:00, no estadio de San Lázaro.

Os convocados son os seguintes:

Rápido de Bouzas CF: David Portas, Óscar Millán, Sergio Santos
CD Boiro: Herbert Rey, Jorge Cano
CCD Cerceda: Juan Pérez, Pablo Agullo
Alondras CF: Diego Diz, Martín Leiro
CD Choco: David Cortegoso, Lucas Fernández
Arousa SC: Adrián Camiño, Jose Manuel Rodríguez
UD Barbadás: Alfredo Veiga, Hugo García
Verín CF: Diego García, Sergio González
Silva SD: Sergio Cardelle
CD Ribadumia: Francisco Matos
SDC Galicia de Mugardos: Brais Abelenda
CD Barco: Pablo Álvarez
CD As Pontes: Jesús Cañizares Sánchez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CAÑIZARES XOGA DOUS PARTIDOS COA SELECCIÓN GALEGA

O futbolista do CD As Pontes, Jesús Cañizares Sánchez, xogou dous encontros amistosos coa selección galega de afeccionados, que a primeiros de Decembro participará na Copa das Rexións Uefa, na que se enfrontará en Extremadura ó conxunto local e á selección da Comunidade Valenciana.

Na primeira citación, hai un par de semanas, xogaron en Abegondo contra o Deportivo de A Coruña B, encontro tamén disputado por Quique Fornos como lateral dereito do clube herculino, e perderon 2-1. Chus xogou a primeira metade, na que o equipo dirixido por Juan Carlos Andrés se foi ó descanso con 0-1 no marcador.

Cañi acudiu á segunda chamada da selección tralas ausencias dalgúns xogadores. E moito mellor lles foi no partido de onte, despois de gañar en Coia 6-1 ó Celta de Vigo de División de Honra Xuvenil, encontro no que Cañi xogou na segunda metade e o resultado é algo engañoso, pois a falta de cinco minutos o marcador era de 3-1.

Agora Chus reincorporase ó As Pontes pensando no importante e crucial encontro ante o perigoso Boiro de Jose Luis Lemos.

00100_0000016906_6_DSC04604

Nova cortesía de Xose Ferreiro

AS XOGADORAS PONTESAS RAQUEL BÉJAR E MALENA MIERES, CONVOCADAS POLA SELECCIÓN GALEGA

Tras designar os novos seleccionadores galegos sub18, sub16 e sub12, onte fíxose oública a primeira convocatoria das seleccións femininas cadete e xuvenil, pois a finais de decembro xogan a primeira fase do Campionato de España ante Navarra e Baleares.

Na selección xuvenil sub18 vai Raquel Béjar Castro, este ano no Orzán coruñes de Segunda División, equipo con cinco representantes. Na cadete sub16 vai Malena Mieres García, esta tempada no Peluquería Mixta Friol de Lugo, tamén de Segunda División.

O Friol é cuarto clasificado con 12 puntos, por detrás do intratable Olivo, Mareo e Atlético Arousana. En situación máis comprometida se atopa o Orzán, noveno con 7 puntos, tres por riba do descenso.

Ambos equipos están citados para este luns día 9, ás 17:00, en Cambados. Na sub18 tamén van as xogadoras da comarca Carmela Barro e María Ameneiros, ademáis das internacionais, a lateral dereito Ariane Martínez e a xenial goleadora Nuria Rábano. Na sub16 van as xogadoras da comarca, María Corral e Alba Pérez.

A convocatoria sub18 é a seguinte:
Orzán SD: María Vidal, María Ameneiros, María Geremías, Nerea González, Raquel Béjar
Atlético Arousana: Ariane Martínez, Carla Falcón, Nuria Rábano, Sara Pazos
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso, María Calvar
Victoria FC: Carmen Sumay, Natalia Llames
Erizana CF: Ildara Pérez, Yaiza Cameselle
Sárdoma CF: Fátima Area, Yudit García
CP Alerta Navia: Ana María Ruzo, Andrea Rodríguez
CCAR Valladares: Ana Iglesias , Raquel Porto
PM Friol: Sabela Roca
EF Racing de Ferrol: Carmela Barro
Tordoia CF: Leticia Santos
SCD Milagrosa: Lucía Sandar
Atlántida Matamá: Noelia Pereira
CD Conxo: Helena Ramos

A convocatoria sub16 é a seguinte:
Sárdoma CF: Ainhoa Galarza, Laura Martínez, Nerea Cruz, Sandra Gómez, Sara Porto
Portonovo SD: Carolina Agulla, Eva Dios, Nuria Torres, Yolanda Martínez
PM Friol: Lucía Pardo, Malena Mieres, María Corral
CCAR Valladares: Ainhoa Guijarro, Ángela Novoas, Laura Vázquez
Victoria CF: Miranda Suárez, Tatiana Barcia
AD Vila do Corpus: Inés Faro, Sara Deben
Racing Vilariño: Estefanía Dacosta, Laura Rodríguez
SD Compostela: Marta Domínguez
Orzán SD: Andrea Merino
Atlético Arousana: Eva López
SCD Milagrosa: María López
EF Lalín: Navia Rendo
CD Choco: María Figueroa
ACRD Boiro: Laura Alvite
Xuventu Aguiño: Alba Muñiz
SDC Galicia de Mugardos: Alba Pérez
Once Caballeros CF: Ana Gómez
CP Alerta Navia: Andrea Álvarez
CD La Guía: Lara Martínez
Moledo CF: Oinaze Rodríguez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

sergio

O FUTBOLISTA PONTÉS SERGIO OTERO, CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA

Boas novas as que nos chegaban onte a última hora, pois o centrocampista pontés que esta tempada xoga no Racing de Ferrol de División de Honra Cadete, Sergio Otero Pedre (23-07-2000), foi convocado pola selección galega sub16 para uns adestramentos que se levarán a cabo este martes día 10.

O Racing de Ferrol, que marcha quinto clasificado por detrás de Celta, Deportivo, Lugo e Bertamiráns, visitará esta semana ó Galicia Caranza, sexto, no derbi.

Sergio iniciouse no CD As Pontes sendo ben pequeniño, con 6 anos. Foi campión de Liga Prebenxamín en 2007-08 e de Copa de Ferrol e Copa Afaco infantil, ambas en 2012-13.

Destaca a presenza do dianteiro oleirense do Celta, Diego Varela, recentemente convocado pola española sub16. Tamén vai o xogador do Galicia de Caranza, Jesús Gabarre. Dos 22 futbolistas convocados, Deportivo e Celta aportan seis xogadores cada un.

A convocatoria completa é a seguinte:

RC Deportivo de A Coruña: Adrián Casariego, Antonio De Ramos, César Rodríguez, David Rojo, Javier Armas, Rodrigo Sánchez.
RC Celta de Vigo: Diego Varela, Ignacio Pego, Johannes Serpa, Jose Fontán, Martín Rafael, Sergio Barcia.
CD Lugo: Pablo López, Samuel Monin
Bertamiráns CF: Manuel Xiraldez, Víctor Vilariño
Pabellón Ourense CF: Gabriel Jar
CD Lérez: Darío Ferradas
CD Conxo: Jose Caneda
ED Val Miñor Nigrán: Alberto Estevez
SCDR Galicia de Caranza: Jesús Gabarre
Racing Club de Ferrol: Sergio Otero Pedre

sergio_001

sergio_002

sergio_003

sergio_004

Nova cortesía de Xose Ferreiro

DOUS XOGADORES LOCAIS CONVOCADOS POLA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA

Esta semana leváronse a cabo adestramentos das selección galegas de fútbol sala, concretamente a xuvenil sub19 e a cadete sub16, e houbo representación pontesa nas dúas.

O xogador de Cospeito, Adrián Paz “Tucho” (12-3-1997) adestrou este martes en O Pino coa selección galega sub19 baixo as ordes do seleccionador Mon Barreiro. Tamén foi Iago Otero, do Cidade de Narón.

Tucho, aínda en idade xuvenil, está tendo moita presenza este ano no cadro dirixido por Suso Rey, e así, xa marcou nas dúas últimas xornadas ante Boal Belleza e Leis Pontevedra.

Por outra banda, o xove xogador pontés Bruno Silvent Fernández (2-10-2000), que milita no Lugo Sala, adestrou coa galega sub16 este xoves en Santiago, xunto ó seu compañeiro de equipo Brais Ansede.

Tras formarse nas categorías inferiores do CD As Pontes, Bruno xogou estas pasadas tempadas no Azkar de Lugo, hoxe Prone. O seu irmán Eros, é un destacado karateka, medallista de bronce no Campionato Galego Junior.

Nova cortesía de Pablo Montero, Ramón Silvent e Xose Ferreiro

ferrol

CINCO PONTESES CONVOCADOS POLA SELECCIÓN DE FERROL

Segunda convocatoria da selección ferrolá, e cinco son os futbolistas do CD As Pontes chamados.

Na sub14 irán Dani Silva e Andrea Montero, mentres que na sub12 serán Alejandro López, Carolina Paz e Paula Bellas.

Os combinados alevíns adestrarán este martes 10, pola tarde, na Gándara.

No mesmo lugar, pero o domingo 15, e en horario de mañá, adestrarán os seleccionados sub14.

As convocatorias son as seguintes:

Sub14 Masculina
Racing Club de Ferrol: Alejandro Regueira, Javier Muíño, Manuel Fernández, Brais González, Pablo Ares, Mario Couce, Carlos Do Carmo, Carlos Bacelo
SCDR Galicia Caranza: Brais Rodríguez, Hugo Suárez, Iván Amigo, Miguel Gallego, Jesús Gabarre, Jacobo Ramil
Eume Deportivo: Juan Luis Martínez, Pablo Vázquez, Mateo Díaz, Antonio Piñeiro, Mario Filgueira
CD Narón: Bruno Dopico, Marcos Nieto, Mario Granada, Yetur Bellón
CCRD Perlío: Jose García
Amistade Meirás: Daniel Arozamena
SD Cedeira: Vinicius Silva
FC Ortigueira: Marcos Balseiro
CD As Pontes: Daniel Silva Gama

Sub12 Masculina
EFR Ferrol: Alejandro González, Rafael Couce, Hugo Rodríguez, Iker Fernández, Samuel Palacios, Jorge Padín
SCDR Galicia de Caranza: Hugo Balado, Edgar Pardavila, Mathias Maidana, Adán Pérez, Martín Tallón, Raúl Tallón
Racing San Pedro: Mario González, Semanegn Díaz, Adrián Martínez
SRD Portuarios: Aarón Salgueiro, Miguel Nouche
SD O Val: Iago Fernández, Jonathan Rivas
Eume Deportivo: Aike Cachafeiro, Daniel Arias
SD Cedeira: Vicente Rodríguez, Manuel Lourido
CD Narón: Pedro Martínez
SDC Galicia de Mugardos: Yago Rivera
SCDR Ánimas: Daniel Manso
CD As Pontes: Alejandro López Fernández

Sub14 Feminina
Galicia de Mugardos: Elisabeth Gañán, Alba García, Sofía Martínez, Beatriz Pérez, Uxía Saavedra
UD Cebarca: Zeltia Calvo, Elena Galdo, Elisabeth López, Sofía Paz, Lara Pires
SCDR Galicia de Caranza: Jessica Carro, Zaira González, Paula Marcos, Carla San Emeterio
EF Racing de Ferrol: Nora Pérez, Alba Permuy, Carolina Senra, Paula Toja
Rápido de Neda: Lara Formoso, Alessandra Pérez, Paula Pita
CD Narón: Sara De la Fuente, Jennifer Florencio
SRD Portuarios: Andrea Agulló, Antía Delgado
Ortigueira FC: Katia María Duarte, Alejandra Ramiol
SD O Val: Paula Rey
SD Cedeira: Lucía Vázquez
CD Cariño: Beatriz Vila
CD San Sadurniño: Yaiza González
ACDR Santa Mariña: María Hermida
ADC A Capela: Uxía Calvo
SD Barallobre: Uxía Cabada
CD As Pontes: Andrea Montero Peteira

Sub12 Feminina

SRD Ánimas: Valeria Filgueira, Alba Platas
Eume Deportivo: June Moreno, Ainhoa Tenreiro
Cedeira SD: Lucía Bellón, Marina Caneiro
SDCR O Freixo: Lucía Rivas, Laura Testa
CD As Pontes: Paula Bellas Ruiz, Carolina Paz Ramudo
SCDR Galicia de Caranza: Aroa González
SRD Numancia de Ares: Martina Oliveira
CD Cariño: Ania Rodríguez
CD San Sadurniño: Judith González
UD Cebarca: Cecilia González
SD Barallobre: Sabela López

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: HUSQVARNA VENTORRILLO FS – O ESTEO FS (2-2)

Afrontaba o Esteo o desprazamento a Coruña, con 10 puntos no seu casilleiro, tras conseguir tres vitorias e un empate nas cinco últimas xornadas.

E o que son as cousas do deporte, o equipo coruñés que a tempada pasada só foi quen de gañar 4 puntos (tres deles nun 5-10 no Pavillón da Fraga a penúltima xornada), e sen embargo este ano xa leva 11 puntos no seu casilleiro, apenas comezada a Liga.

Os de Suso Rey adiantábanse por medio de Bertito, pero tras un saque de banda igualaba Martín. Depois de varias ocasións visitantes, a gran fichaxe Ayala volvía a poñer por diante ó Esteo a pouco do descnaso.

No segundo tempo ambos equipos buscaron o gol, adicándose máis a conservar a ventaxa o Esteo, pero foi a falta de cinco minutos, nun desaxuste defensivo, que marcou Manu o 2-2 definitivo.

Os ponteses son sétimos con 11 puntos, e a semana que vén reciben ó colista Cistierna, pero confianzas as xustas, pois este equipo logrou o seu primeiro truiunfo, ante o Benavente, 4-1, suma cinco, e está a só un dun Boal Belleza asturiano que quedou algo estancado.

FICHA DO PARTIDO
HUSQVARNA VENTORRILLO FS: Queiru, Martín, Berto, Andrés, Puertas –cinco inicial- Perce, Alex, Coves, Matos, Manu e Alberto Buxía.
O ESTEO FS: Iván, Púas, Cospe, Héctor, Ayala –cinco inicial- Gerardo, Jose López, Tucho, Bertito e Kike.
ÁRBITROS: Esteban Otero Calvo, Javier Menéndez Nistal (Santiago), Arcilio dos Santos Mon (Viveiro). Amoestaron a Perce, Coves e Héctor.
GOLES: Min. 11 (0-1), Bertito. Min. 13 (1-1), Martín. Min. 19 (1-2), Ayala. Min. 34 (2-2), Manu.
INCIDENCIAS: Oitava xornada de Liga, partido xogado no Polideportivo Municipal de Ventorrillo en A Coruña, ante uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 4 – CD BOIRO 2

Sensacional triunfo do As Pontes. O seu último encontro na casa foi unha derrota 0-1 ante o colista Ordes, e hoxe redimiuse goleando 4-2 ó equipo que ten todas as papeletas para ser o campión de Liga.

Gran traballo dos pupilos de Pablo López, máis que polo triunfo, polo despregue físico e bo prantexamento os 90 minutos ante un cadro que de medio campo cara arriba é de zona alta de Segunda B.

Cañizares estivo a piques de chegar ó balón antes que Reguero no 16´, e os locais reclamaron penalti sobre o propio Cañi no 20´, pero foron dous tantos consecutivos dos azuis os que abriron brecha no marcador. Tremendo pase en profundidade de Bossa, o Mago de Viveiro, a un Amado que se desmarca por banda dereita, e de forte zapatazo que se cola por alto fai o 1-0 (25´).

Apenas dous minutos despois batalla en banda un balón Pardo, e cedella a Chicho, que chegando dende atrás empala de volea que bota no cespede e colaselle a Reguero por alto (27´).

Incluso Nano despois empalou tras córner e despexa un defensa (31´), aínda que tamén puido marcar o Boiro tras un saque de esquina pechado de Yavhé que despexa in extremis Souto, e tralo seguinte córner é Sidibé quen queda só e salva Marcos outra vez (37´).

Ó comezo do segundo tempo chegou a xogada clave. Nun balón en profundidade, Chicho chega antes que a defensa i é derribado por Tachi que é expulsado por segunda amarela, marchándose lesionado o mediapunta ferrolán, convertindo o 3-0 Bossa que enganou a Reguero (49´).

Con tres goles de ventaxa e un xogador máis, o As Pontes deixou facer ós de Lemos, buscando as contras.

Un despexe apurado do bravo Nano, marchou preto do seu propio poste (54´). Tira axustado Cano e salva Souto coa punta das luvas (69´). Tanto foi o cántaro á fonte que o propio Cano, pichichi da categoría con Pinchi, fixo o 3-1 tras saque de córner, marcando de cabeza (74´).

Os visitantes seguían apretando e ten que volver a saír Marcos nunha escapada de Rivera (80´), e tras un tiro perigoso de Stefan, que quedou só (85´).
Xa nas postrimerías, nunha boa xogada de Cañi, centra Samu dende a esquerda, cabecea Santi e o balón entra con suspense tras pegar no pau, significando a sentenza (90´).

Aínda tivo tempo Sidibé para recurtar distancias no desconto, dun forte zapatazo dende fóra da área, no que Marcos puido facer algo máis, pero iso non menoscaba a súa brillante actuación con varias grandes paradas que salvaron ó equipo (92´). Xa sen tempo para máis o colexiado comeuse un penalti claro a Santi, pois non quixo complicacións.

Noveno con 18 puntos, o As Pontes sitúa o descenso a oito, o primeiro gran obxectivo. Próxima semana, visita a Vilagarcía para xogar co perigoso Arousa, que desperta, está un punto por riba e volve a ser candidato ó play off.

4 CD As Pontes. Souto, Adrián, Nano, Dani, Alex, Cañizares, Chicho (Edi 51´), Bossa, Pardo (Santi 78´), Amado (Samu 68´), Pablo.

2 CD Boiro. Reguero, Paco, Suso, Sidibé, Tachi, Pillado, Cano, Yavhé (Borja 46´), Rivera, Herbert (Fidi 63´), Romay (Stefan 46´).

Goles: 1-0, David Amado (25´), 2-0, Chicho (27´). 3-0, Bossa, de penalti (49´), 3-1 Cano (74´), 4-1, Santi (90´), 4-2, Sidibé (92´).

Árbitro: Héctor Castiñeira Blanco (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Acuña Piñeiro e Pérez Rellán. Expulsou por dobre amoestación a Tachi (49´). Amarelas a Souto, Dani, Bossa, Edi, Samu e Stefan.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde calorosa. Partido da 12ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 6-7-8 /NOVEMBRO/ 2015

Pódese cualificar de excelente a xornada dos distintos equipos da entidade pontesa, con 9 vitorias e só dúas derrotas.

Gran triunfo do primeiro equipo ante o Boiro, un serio candidato ó título de liga. Só perderon o alevín B na casa do líder e o equipo feminino, quen, pese a xogar no Poboado só se presentou cun oito de circunstancias e con Xeila de improvisada porteira.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (D. Ferrol)
CD As Pontes B (Descansou)

O segundo equipo descansou, e foi superado na clasificación por Narahío e Maniños. Tamén se viu prexudicado pola derrota do Cariño en casa ante o Ortigueira, 0-2. Así as cousas, San Mateo 21, Cebarca 20 e Narahío 18 xa están clasificados para o grupo dos mellores. As outras tres prazas xogaranse entre Cultural Maniños e As Pontes (16), e Cariño e Ortigueira (15). O As Pontes recibe ó Cebarca, xa clasificado, e necesita gañar para asegurar a clasificación e non depender dos resultados do resto.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CCRD Perlío – CD As Pontes (1-2)
Importante vitoria do xuvenil en Fene ante o Perlío (1-2), Xogaron Lino, Iago, Jorge Rodríguez, Caínzos, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Nahúm, Iván, Brais Blanco, Casas, Pita, saíndo no segundo tempo Xose, Rey, Ayrton, Alex Pico e Brais Martínez. Partido curioso no que Nahúm adiantou ós de Felipe Mieres nada máis comezar e Ayrton selou a vitoria no derradeiro minuto. O As Pontes é segundo con 20 puntos, e a semana que vén reciben ó perigoso Ánimas, sexto con 16, rematando a liga ante o Meirás.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón (2-3)
O equipo feminino perdeu 2-3 ante o CD Narón, dando unha moi pobre imaxe, non polas xogadoras que pelexaron os 60 minutos, se non por presentarse cos oito efectivos xustos para xogar un partido de fútbol 8, e por riba sendo na casa. Nesta ocasión só puido contar o adestrador Pita con Xeila de porteira, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Paula Castro, Carlota e Yaiza. Adiantáronse as visitantes por tres veces, e marcaron polas azuis Yaiza e Vicky. Undécimas con 11 puntos, toca outro partido na casa, agardemos que nesta ocasión presentando un plantel cos suficientes efectivos para afrontar o encontro con garantías ante o Rápido de Neda, noveno clasificado.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia Caranza B (5-2)

O mellor equipo da xornada foi o Cadete, que gañou 5-2 ó Galicia de Caranza B, e con 24 puntos, ó levar 6 de vantaxe a ferroláns, e ter o goal average gañado, asegura o pase a semifinais de Copa. E ademais como primeiros de grupo si gañan un partido máis, pois Ó Val, segundo, está tres puntos por debaixo.
Quédalles visitar ó Cariño e recibir ó CD Narón. Xogaron Nesi, Alex López, David, Fraga, Bruno, Chema, Carlos, Alex Barro, Mateo, Alberte, Dani e no segundo tempo Manuel, Diego, Jose, Andrei e Cazás. Triunfo moi meritorio pois ó descanso marcharon cun 0-2, pero dous goles de Alberte e un de Carlos, Mateo e Fraga no segundo tempo deron estes tres puntos que selan a clasificación. No outro grupo, CD Narón B xa está virtualmente clasificado e a outra praza xogarase entre Portuarios e Eume que precisamente deben xogar co conxunto naronés.

PRIMEIRA GALEGA INFANTIL (D. Ferrol)
CD Narón B – CD As Pontes (2-6)
O Infantil gañou 2-6 na súa visita a Narón. Xogaron Juan, Eyob, Antonio Carballeira, Alejandro, Xavi, Xan (1), Antonio Silven (1), Javi, Joan (1), Vicente (2) e Adrián, saíndo no segundo tempo Edgar, Iván, Manuel, Joao (1) e Dani. Quintos con 12 puntos, reciben ó Portuarios B, na mesma situación, e pecharán a liga en Cedeira. (Xentileza de Michi e Rivas).

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – R. San Pedro B (11-0)
R. San Pedro – CD As Pontes B (4-0)
O Alevín A gañou 11-0 ó Racing San Pedro B, con cinco goles de Ismael Freire, e un de Alejandro López, Sergio Da Silva, Mateo Gabeiras, Samuel Seco, Carolina Paz, e un en propia meta. Segundo con 18 puntos, visita ó Ortigueira, penúltimo. O Alevín B perdeu 4-0 no campo do líder Racing San Pedro, descansando a semana que vén. Oitavo con tres puntos.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
Galicia Caranza C – CD As Pontes (1-6)
CD As Pontes B – SDR Portuarios B (4-3)
Moi ben o Benxamín A, que venceu 1-6 ó Galicia de Caranza C e logrou a súa segunda vitoria da campaña, goles de Yeray Paz (2), Israel Varela, Carlos Villasuso, Ian Felpeto e Anxo Blanco. Sexto con seis puntos, recibe ó colista CD Narón B. Tamén excelente resultado do Benxamín B, que gañou 4-3 ó Portuarios B, goles de Diego Lozano, Sergio Vázquez, Adrián Díaz e Destaw Pellón. Sexto con 10 puntos visitan na vindiera xornada ó Val B, cuarto clasificado.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
SD Barallobre – CD As Pontes (0-9)
CD As Pontes B – SDR Ánimas B (4-3)
O Prebenxamín A gañou 0-9 en Barallobre, con goles de Juan Paz (2), Sergio Barro, Xoel Vigo, Xalo González, Alexander Venancio, Nicolás Meizoso, Xavi Regueiro e un en propia meta. Segundo con 18 puntos, recibe ó Rápido de Neda, líder con sete vitorias no que vai de competición. Gran vitoria do Prebenxamín B, a segunda da campaña, 4-3 ante o Ánimas B, con goles de Jose Villasuso, e tres de Iker Ares. Sétimo con seis puntos, visitan ó Galicia de Mugardos, na mesma situación.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. FENDETESTAS RC 27 – SANTIAGO RC 19

Tras disfrutar durante máis dun mes do espectáculo do Mundial de Rugbi, o equipo pontés estreouse no campeonato ligueiro este domingo día 8 coa visita do Santiago.

Ao descanso chegouse con 10-12 no marcador, pero tres ensaios dos locais daban a volta e situaban un 27-12. Preto do final, os da capital de Galicia recurtaban distancias ata situar o definitivo 27-19.

Nos outros encontros, o Crat A Coruña B vencía 76-3 ó Universidade de Vigo B, mentres que o Keltia Ourense tamén gañaba 34-4 ó Zalaeta de Arteixo, polo que estes dous equipos xunto ó Fendetestas lideran a clasificación con 5 puntos.

Os ensaios dos verdes foron obra de Rober, que anotou dous, Cintitas, Mariño e Iván, sen embargo só Rober foi quen de convertir un dos cinco lanzamentos a paus dos que dispuxeron.

Na vindeira xornada, na última fin de semana de outubro, o Fendetestas desprazarase a Vigo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16

O Mobles Eume segue na primeira posición da clasificación da liga de veteranos de As Pontes con pleno de puntos despois de disputadas catro xornadas.

A dous puntos está o Santaballés de Veteranos. Precisamente estes dous equipos enfróntanse na vindeira xornada nun interesante  partido que comezará ás doce (12,00) do domingo 15. Electricidad J&O continúa cun só punto e pecha a clasificación Mesón A Cepa, que aínda non puntuou.

RESULTADOS 4ª XORNADA
7-8 / Novembro / 2015

Farmavida – MMYPEM (4-1)
Eume – Electricidad J&O (3-1)
As Pontes 74 – Bar Xardín (2-3)
Galiorient – Santaballés (2-3)
A Cepa – La Galaxia (1-4)

CLASIFICACIÓN

PUNTOS
 MUEBLES EUME  12
 SANTABALLÉS  10
 FARMAVIDA  7
 GALORIENT  7
 BAR XARDÍN  7
 AS PONTES 74  5
 LA GALAXIA  4
 MMYPEM 3
 ELECTRICIDAD J&O  1
10º  A CEPA  0

5ª XORNADA
14-15 / Novembro / 2015

Electricidad J&O  –  As Pontes 74   (Sáb.  14, 19:00 h)
Mmypem  – La Galaxia  (Sáb. 14,  20:00 h)
Galiorient  – Bar Xardín  (Dom. 15, 10:00 h)
Farmavida  –  A Cepa  (Dom. 15, 11:00h)
Eume  –  Santaballés  (Dom. 15, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: