—
CAÑIZARES E EDI NO QUINTO PARTIDO DA SELECCIÓN GALEGA
Quinto partido de adestramento da selección galega e nesta ocasión serán dous os xogadores do CD As Pontes que acuden. Como ven sendo habitual, Cañizares xogará o seu quinto encontró co combinado gallego.
Como xa fixera contra o Deportivo de A Coruña B (1-2), Celta Xuvenil (6-1), Compostela (1-3) e a semana pasada en Ribadumia (1-1)
O xogador somocense formado nas categorías inferiores do As Pontes, Edgar Alvariño Martínez “Edi” é novidade na convocatoria. De todas formas, Edi xa xogou a semana pasada no partido ante o Ribadumia, sendo chamado a última hora, e participando na segunda metate.
Nesta ocasión o rival será o complicado Coruxo, sétimo clasificado da Segunda División B. O encontro xogarase o mércores 25 ás 18:00 no Campo de Coia da marabillosa localidade olívica.
Unha vez se xogue o partido apenas quedarán dez días para afrontar a competición, polo que a finais da semana que vén se agarda a lista definitiva de 18 futbolistas.
Galicia xogará en Almendralejo contra a Comunidade Valenciana (día 5) e a selección local (día 6).
Os 23 convocados son:
Rápido de Bouzas. David Portas, Sergio Santos, Tomás Comesaña
CD Choco: David Cortegoso, Hugo Sanmartín, Yago Vázquez
CD Boiro: Herbert Rey, Jorge Cano
CCD Cerceda: Alex Ares, Juan Pérez
Alondras CF: Martín Leiro, Rubén Comesaña
Arousa SC: Adrián Camiño, Jose Rodríguez
Bergantiños CF: Alex Pérez, David García
Verín CF: Diego García, Sergio González
CD As Pontes: Edgar Alvariño, Chus Cañizares
UD Barbadás: Hugo García
Silva SD: Jorge Rebollo
CD Barco: Pablo Álvarez
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA CONVOCATORIA COA SELECCIÓN GALEGA PARA SERGIO OTERO
Foi citado para un encontro de preparación que se le vará a cabo este vindeiro martes 24.
Segunda convocatoria para o futbolista pontés do Racing de Ferrol, Sergio Otero Pedre. Nesta ocasión xogará un encontro amistoso contra o Pavillón de Ourense de Liga Nacional Xuvenil. Será este martes ás 16:45, no Campo Antonio González Blanco (O Polígono).
Tamén van os seus compañeiros de equipo, o porteiro Alejandro Regueira e o medio centro Manuel Fernández, ambos sub15 aínda. O equipo cadete ferrolán é quinto na División de Honra Xuvenil por detrás de Celta, Deportivo, Bertamiráns e Lugo
Os 22 convocados son os seguintes:
RC Celta de Vigo: Ignacio Pego, Johannes Serpa, Jose Fontán, Martín Rafael, Samuel Vilariño, Sergio Barcia
RC Deportivo de A Coruña: Adrián Casariego, César Rodríguez, David Rojo, Javier Armas, Rodrigo Sánchez
Racing Club de Ferrol: Alejandro Regueira, Manuel Fernández, Sergio Otero
Pabellón Ourense CF: Carlos Villar, Gabrierl Jar
CD Lérez: Darío Ferradás, Samuel Rouco
Bertamiráns CF: Manuel Xiraldez, Víctor Vilariño
CD Lugo: Pablo López
CD Conxo: Jose Caneda
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
TERCEIRO ADESTRAMENTO PARA RAQUEL E MALENA
As seleccións galegas sub16 e sub18 adestrarán por terceira ocasión. Será este luns, nesta ocasión, en Santiago de Compostela, no Campo de As Cancelas, ás 16:30 horas.
Na selección sub18 van 22 xogadoras das que previsiblemente sairán as 18 que acudan á primeira fase do Campionato de España. Algo máis amplia é a convocatoria sub16, onde van 26 futbolistas.
A convocatoria sub18 é a seguinte:
Orzán SD: María Ameneiros, María Geremías, Nerea González, Raquel Béjar Castro
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso, María Calvar, Mónica González
Atlético Arousana: Ariane Martínez, Carla Falcón, Nuria Rábano, Sara Pazos
Victoria FC: Carmen Sumay, Ángela Choren
Erizana CF: Ildara Pérez
Sárdoma CF: Fátima Area
CCAR Valladares: Ana Iglesias
PM Friol: Sabela Roca
Tordoia CF: Leticia Santos
SCD Milagrosa: Lucía Sandar
Atlántida Matamá: Noelia Pereira
CD Conxo: Helena Ramos
A convocatoria sub16 é a seguinte:
Victoria CF: Tatiana Barcia, Goretti Neira, Rosalía Muíño
PM Friol: Lucía Pardo, Malena Mieres García, María Corral
Atlético Arousana: Eva López, Sara González
Portonovo SD: Carolina Agulla, Nuria Torres
Xuventu Aguiño: Alba Muñiz, Alba Romero
CCAR Valladares: Ángela Novoas, Laura Vázquez
Racing Vilariño: Laura Rodríguez Estefanía Dacosta
AD Vila do Corpus: Inés Faro, Sara Deben
SD Compostela: Marta Domínguez
Orzán SD: Carolina Brañas
EF Lalín: Navia Rendo
CD Choco: María Figueroa
CD La Guía: Lara Martínez
Atlántida Matamá: Antía Fernández
AJ Lérez: Teresa Abelleira
San Miguel CF: Xiana Iglesias
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEIS PONTESES COA SELECCIÓN DE FERROL
Tres futbolistas do CD As Pontes foron convocados para un adestramento que van levar a cabo as seleccións de Ferrol Sub14 no campo de A Gándara. As rapazas adestrarán este domingo ás 10:30, e os rapaces farano este martes ás 18:30.
Aínda na terceira convocatoria sub14 feminina, continua o seleccionador sub14 probando a todas as rapazas en idade que xoguen en equipos da comarca, e así van 8 xogadoras do Amistade de Meirás, dun total de 34.
Máis se vai clarificando o equipo sub14 masculino, pois acuden 21 futbolistas dos que se supón que sairán os 18 definitivos.
Este pasado martes tamén adestraron os combinados sub12 onde repetiron Alejandro López, Paula Bellas e Carolina Paz. As convocatorias foron as mesmas que a semana anterior, co único cambio no equipo masculino de Borja Blanco (Caranza) por Manuel Lourido (Cedeira).
As convocatorias sub14 son as seguintes:
Sub14 Feminina
EF Amistade de Meirás: Cristina Caneiro, Lidia Díaz, Ariadna Guzmán, Sandra López, Carla Paz, Rita Rodríguez, Laura Rodríguez, Natalia Vega
SCDR Galicia de Caranza: Jessica Carro, Zaira González, Paula Marcos, Carla San Emeterio, Xana Fernández
EF Racing de Ferrol: Nora Pérez, Alba Permuy, Carolina Senra
CD Narón: Sara De la Fuente, Jennifer Florencio
SRD Portuarios: Andrea Agulló, Antía Delgado
SDC Galicia de Mugardos: Sofía Martínez, Uxía Saavedra
CD San Sadurniño: Yaiza González, Aldara Pérez
SD Barallobre: Uxía Cabada, Iria Fernández
CD As Pontes: Andrea Montero Peteira , Yara Fernández Gil
SD O Val: Paula Rey
SCDR Ánimas: Eva Fernández
SD Cedeira: Lucía Vázquez
SD Rápido de Neda: Alessandra Pérez
CD Cariño: Beatriz Vila
CF Mandiá: Carla Bastida
Sub14 Masculina
SCDR Galicia Caranza: Brais Rodríguez, Hugo Suárez, Iván Amigo, Miguel Gallego, Jesús Gabarre, Jacobo Ramil
Racing Club de Ferrol: Javier Muíño, Brais González, Pablo Ares, Carlos Do Carmo
CD Narón: Bruno Dopico, Marcos Nieto, Yetur Bellón
Eume Deportivo: Pablo Vázquez, Mateo Díaz, Mario Filgueira
Amistade Meirás: Manuel Pita
SD Cedeira: Vinicius Silva
FC Ortigueira: Marcos Balseiro
Racing San Pedro: Pablo Salceda
CD As Pontes: Daniel Silva Gama
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: SD XOVE FS – O ESTEO FS (5-2)
E iso que os de Suso Rey se adiantaban por medio de Ayala, ós catro segundos do inicio, pero un gol de Manu, de penalti, tras man de Cospe, e outro de Marcos nun erro defensivo, daban vantaxe ós locais, anque pronto foi Púas o que situou o empate no electrónico. Cara ó final da primeira metade volvía a anotar Manu, nesta ocasión, de dobre penalti, tras outra man de Cospe, e sobre a bocina, Manu, en contragolpe, facía o 4-2.
Na segunda metade o Esteo tentou achegarse no marcador, e xa nos últimos minutos incluso con porteiro xogador, pero a 6 segundos de final, tras un roubo de balón, Manu facía o seu particular hat trick e poñía o 5-2 definitivo no marcador.
Os ponteses son oitavos con 12 puntos, e non terán un rival doado o vindeiro sábado, pois xogarán co Cuellar, segundo clasificado.
FICHA DO PARTIDO
SD XOVE FS: Pulido, Nete, Manu, Solloso, Pancho –cinco inicial- Bruno, Antón, Girón, Marcos, Javi.
O ESTEO FS: Javichu, Bertito, Cospe, Héctor, Ayala –cinco inicial- Gerardo, Fran, Púas, Jose López, Tucho e Kike.
ÁRBITROS: Raquel Manteiga Rodríguez (A Coruña), Roberto Amor Vizoso (Ferrol), Javier Mogo Torrado (Viveiro). Amoestaron a Manu, Javichu, Cospe, Héctor.
GOLES: Min. 1 (0-1), Ayala. Min. 9 (1-1), Manu. Min. 11 (2-1), Marcos. Min. 13 (2-2), Púas. Min. 16 (3-2), Manu. Min. 19 (4-2), Marcos. Min. 39 (5-2), Manu.
INCIDENCIAS: Décima xornada de Liga, partido xogado no Pavillón do Centro Cívico de Xove, ante uns 200 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
—
PARTICIPACIÓN DO OLYMPO PONTÉS NA CARREIRA POPULAR DE XERMADE
O Clube Atletismo Olympo pontés desprazouse esta fin de semana ó Concello veciño de Xermade para participar na sexta edición da súa Carreira Popular, que gozou dun día moi soleado.
Ata 29 atletas se desprazaron á localidade luguesa, e na categoría benxamín resultou vencedor Mateo Núñez, quedando terceiro Antonio Graña. Leo Alonso foi 10º, Carmen Alén 33ª, Marta Fernández 35ª, Fernán Antón 41º e David Franco 42º.
Na categoría alevín Paula Criado foi 15ª e Héctor Mieres 19º, mentres que na infantil África Morales foi 11ª e cuarta rapaza, Antón García 15º e Anxo Sobrido 21º.
Na categoría cadete Xoel Trastoy foi 9º mentres que María Prieto 13ª, e na categoría xuvenil Oliver Núñez foi 4º, Carla Franco 7ª e segunda rapaza, e Carlos Fernández 8º.
Xa na competición absoluta Óscar Pena foi 7º, Lorenzo Graña 15º, César Ramil 17º, Amancio Pérez 37º, Roberto Pardo 45º, a gran Susana Castro 48ª e segunda muller, Manuel Bouza 62º, José Miguel Varela 68º e Goretti Ramos 79ª.
Nesta mesma categoría, Ángel Cañizares, irmán de Chus, foi oitavo. E terceira muller quedou Virginia, a pequena dos tres irmáns Polo Campello Campións de España, ela, de Piraguismo, en K4, xunto á edil Jessica Fernández, Saray Fornos e Marta Ledo. O seu irmán Antonio, un mito do piragüismo pontés, e a súa irmá María, campiona de Kayak Polo.
Antonio Teijido, de Guitiriz, foi o vencedor masculino e Raquel Guizán, de Vilalba, en feminino.
Tamén participaron os tres biberóns Cayetano, Bruno e David.









Nova cortesía de Susana Castro e XF
—
TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – RIBADEO CF 0
Importantísimos tres puntos do As Pontes, que con 22 xa deixa a metade dos deberes feitos de cara á salvación.
Moi enganoso o marcador, xa que o As Pontes distou moito da imaxe que ofreceu ante o Boiro, e pareceuse máis ó que perdeu en casa co Ordes, sobre todo na primeira parte, pero xenerou máis perigo no segundo tempo e levou os tres puntos no último tramo de partido.
Puidoselle acabar o partido ós locais tras un desbaraxuste defensivo, no que Marcos se viu obrigado a facer penalti ó ex racinguista Rafa Casanova, que se marchaba. Viu amarela e gracias. Xenial o porteiro cedeirés atallando a pena máxima a Santi (16´).
Edi fai estirarse a Javi tras unha falta (18´), pero non andaba fino o conxunto local atrás e Marcos tivo que salvar outra ocasión ante Cris, que quedou só (20´). Nunha nova xogada de ataque é Cañi o que fai estirarse a Javi (24´), pero tras outro pase cara atrás comprometido, Marcos estivo en apretos unha vez máis e o balón pasease pola área local ata que o consigue despexar (29´).
Con dous zarpazos de Edi, un tras remate de Pardo que a piques está de aproveitar o despexe de Liz (43´), e un tiro cruzado despois (45´) acabou a primeira metade. Xa na segunda, o Mago de Viveiro, Bossa, picou o balón ante Javi Liz, e casi se acaba coando de vaselina (54´). Nunha falta tirada por él, chapa Javi Liz (65´).
O As Pontes apretaba, aínda que non lograba desenmarañar o entramado visitante, pero, xa no último cuarto de hora, centra Óscar dende banda esquerda, remata de cabeza Amado chegando dende o segundo pau, e o balón entra tras tocar no corpo dun zagueiro vermello (75´).
Rafa Casanova volveu a dar mostras da súa mestría e estampou unha falta no longueiro (81´). Co Ribadeo indo a por todo, Cañizares remata lamendo o poste (86´), Óscar dispara un balón franco ó corpo dun defensa (87´), e, xa nas postrimerías, as presas dun equipo apurado na zona baixa fixeron que Javi Liz agarrase o balón coas mans fóra da área. Non desaproveitou a falta o xove Samu, que colocou o balón onde non puido chegar o gardamallas do Ribadeo, sentenciando o encontro (92´).
O As Pontes levouse o undécimo partido oficial entre ambos equipos no Poboado. É a súa décima vitoria. A única do cadro lucense data de 1981-82. Agardemos que se volvan a encontrar a tempada que vén.
O cadro de Pablo López sitúase sétimo con 22 puntos antes de visitar ó Alondras, noveno con 21. Complicadísima visita a un cadro con tintes de play off que tentará deixar atrás unha mala racha.
2 CD As Pontes. Marcos, Alex, Nano, Dani, Adrián, Edi, Santi (Samu 88´), Bossa, Pardo (Amado 68´), Cañi, Pablo (Óscar 73´).
0 Ribadeo CF. Javi Liz, Coke, Isma, Brais, Borja (Borja Mella 83´), Jacob, Rafa, Andrés, Cris (Miguel 73´), Santi, Javichu (Cube 85´).
Goles: 1-0, David Amado (75´), 2-0, Samu (92´).
Árbitro: Alejandro Del Río Amor (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Rama Cotelo e Iglesias Bazarra. Amarela a Marcos, Dani, Edi e Brais.
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde chuviosa e á vez soleada por momentos. Partido correspondente á 14ª xornada.















































Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
—
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA 2015/16: FENDETESTAS RC – CD ZALAETA ARTEIXO (41-19)
O Fendetestas impúxose este sábado no campo de Monte Medulio ó Zalaeta Arteixo por un contundente 41-19. Xenial o conxunto pontés, que, aínda que axustadas, xa lograra dúas vitorias nas primeiras xornadas, ante Santiago (27-19) e Universidade de Vigo B (19-24).
Lidera o conxunto pontés a clasificación con 15 puntos, xunto ó Keltia de Ourense. Logo están Zalaeta e Crat A Coruña B (5), Universidade de Vigo B (1) e Santiago (0).
A vindeira xornada irán á Coruña para enfrontarse ó Crat B, e na derradeira xornada da primeira volta rematarán recibindo ó Keltia Ourense, que leva tres triunfos impoñentes, que esta fin de semana gañou ós coruñeses 98-0.
Antón saíuse con catro ensaios, por un de Mariño e outro de Rober. Nos lanzamentos a paus, Rober atinou tres veces e Kiko unha. Tamén o veterano xogador anotou tres puntos nun golpe de castigo.

























Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.
—
CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 20-21-22 /NOVEMBRO/ 2015
Vitoria ante o Ribadeo (2-0) e tres importantes puntos para o CD As Pontes que o manteñen na zona alta da clasificación. O segundo equipo comeza a fase de ascenso o vindeiro domingo. Importante vitoria do feminino en Mugardos. Boas primeiras fases de xuvenil, cadete e infantil.
LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes (3-4)
Gran vitoria do feminino ante o Galicia de Mugardos, 3-4, con hat trick de Paula Castro e un de Carlota. Adiantáronse as locais, pero en dez minutos, entre o final da primeira metade e o comezo das segunda logrouse o 1-4, e nos últimos minutos Uxía Saavedra anotou dous goles máis no seu particular hat trick, metendo o medo no corpo.
Xogaron Leti, Noelia Santalla, Xeila, Alba, Uxía, Noelia Ameneiro, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Yara. Ascenden á oitava praza con 17 puntos, recibindo a semana que vén ó conxunto de A Capela, que ocupa a derradeira posición con tres puntos.
PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
Meirás CF – CD As Pontes (1-1)
Polos pelos clasificou o xuvenil para semifinais de Copa, tras empatar en Valdoviño ante o Meirás, nun encontro no que Nahúm adiantaba ós locais, e a cinco do final, Jacobo poñía as táboas definitivas, 1-1. Tampouco tirou moitos foguetes o Cedeira, que só venceu por 2-1 ó penúltimo clasificado, O Val B.
Claro gañador do grupo o CD Narón, con 28 puntos, e As Pontes e Cedeira con 24. Segundo o As Pontes tras gañar 1-4 en O Beco, ademais de ter +31 por +5 dos cedeirenses. Do outro grupo pasou Portuarios, que só cedeu un empate, con 31, e Numancia de Ares, con 28, así que es semifinais, a final de temporada, serán CD Narón-Numancia e Portuarios-CD As Pontes
Xogaron polo As Pontes: Lino, Iago, Jorge Rodríguez, Caínzos, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Nahum, Brais Blanco, Ayrton, Casas, Andrés, saíndo nos segundos corenta e cinco minutos Alex Pico, Rey, Manuel, Jorge Saavedra e Antón.
PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón (5-0)
Xenial o cadete, que accedeu ás semifinais de Copa pola porta grande, gañando todos os seus encontros, o último, 5-0 ó CD Narón, tantos de Carlos, Jose, Azoin, Pani e Jorge. Xogaron polo cadete pontés: Juan, Cazás, Alex López, Andrea, Bruno, Pani, Carlos, Chema, Azoin, Jose, Antón Paz, e despois, Jorge, Antón Cillero, Alex Barro, Dani e Brais.
Neste grupo deu a campanada o Numancia, pois todas as papeletas do segundo posto eran para Caranza e O Val, pero os ferroláns perderon 3-2 co Amistade de Meirás, e os valexos caeron na casa ante os de Ares, 4-5, polo que os da terra do gran Marcelino quedaron con 22 puntos por 21 dos dous rivais. Inapelable campión, As Pontes, con 30.
No outro grupo pasou o CD Narón B con 30 puntos, pois gañou todos os encontros menos o derradeiro co Eume Deportivo (0-3), equipo que clasifica como segundo con 28 puntos. Así pois, CD Narón B-Numancia de Ares e CD As Pontes-Eume serán as semifinais de copa.


















PRIMEIRA GALEGA INFANTIL (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (1-1)
O Infantil sacou un empate a un gol na súa visita ó Cedeira. Non é o mellor resultado tratándose do antepenúltimo, pero xa estaba clasificado para o grupo dos mellores. Xogaron Edgar, Xavi, Carballeira, Alejandro, Iván, Eyob, Mohamed, Javi, Eloy (1), Vicente, Joao, entrando despois Marcos, Paula Seoane, Nono e Xan.
Amistade de Meirás 24, Eume 21 e As Pontes 16, pasan ó grupo dos mellores, xunto a O Val, CD Narón e Portuarios por unha parte, e Ánimas, R. Ferrol B e Galicia Caranza B, polo outro.
Os catro semifinalistas da copa son os campións de grupo, O Val, Amistade de Meirás e Ánimas, e o mellor segundo, o CD Narón.
PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes (Descansou)
CD As Pontes B – O Freixo Narón (0-3)
Descansou o Alevín A, que baixou á cuarta praza con 21 puntos. Na derradeira xornada, debe gañar ó R. Ferrol C, segundo, para optar a entrar no grupo primeiro, ben quedando nas dúas primeiras prazas ou como un dos dous mellores terceiros dos catro grupos. O Alevín B perdeu por 0-3 co O Freixo NaRÓN, e marcha penúltimo con tres puntos. A semana que vén visita ó colista sen puntuar, CD Narón. Se gaña, e non o fai o Galicia de Mugardos en Neda, entrarán no grupo terceiro.
PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
Amistade Meirás – CD As Pontes (0-15)
CD As Pontes B – Cultural Maniños (3-1)
Goleada avultada do Benxamín A ante o penúltimo clasificado, Amistade de Meirás, 0-15. Son quintos con 12 puntos, reciben o vindeiro sábado ó Meirás, sétimo, e cun empate garantirían entrar no segundo grupo. Goles de Israel Varela (3), Carlos Villasuso (3), Xandre Fernández (2), Anxo Blanco, Alejandro Blanco, Antón Varela, Ian Fernandes, Bruno Picos, Augusto Sánchez e Alexo Platas.
O Benxamín B gañou 3-1 ó Cultural Maniños, colista, e son cuartos con 16 puntos. A semana que vén visitarán ó líder con pleno de vitorias, Numancia de Ares, así que moi probablemente acaben no segundo grupo, ou no terceiro no peor dos casos. Dous goles de Destaw Pellón e un de Eric Souto.


















PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
O Val B – CD As Pontes (0-14)
CD As Pontes B – O Val A (1-11)
O Prebenxamín A gañou avultadamente (0-14) ante o antepenúltimo O Val B, con goles de Xalo González (4), Nicolás Meizoso (3), Alexander Venancio (3), Diego Ortigosa (2), e Diego Solano (2). Segundos con 21 puntos, reciben na derradeira xornada ó R. Ferrol C, sétimo, e teñen moitas papeletas para entrar no grupo dos mellores.
O Prebenxamín B perdeu 1-11 co Val A, con tanto pontés de Íker Ares. noveno con 6 puntos visita ó colista con cero puntos, Eume Deportivo B. Deberán gañar e agardar resultados para ter algunha opción de entrar no terceiro grupo.


















Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF
—
LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16 (6ª Xornada)
Resultados normais na sexta xornada de liga de fútbol de veteranos, destacando a primeira vitoria de A Cepa a costa de Electricidad J&O, da Capela. Santaballés e Mobles Eume gañaron a MMYPEM e As Pontes 74. Vitoria mínima de La Galaxia sobre Galiorient nun partido moi disputado e empate a dous goles entre Farmavida e Bar Xardín.
Na vindeira xornada, 28 e 29 de novembro, destacan os enfrontamentos Galiorient-As Pontes, Mobles Eume-Farmavida e A Cepa-MMYPEM.
En canto ós goleadores, segue na primeira posición destacado Iván Ferreiro, de Mobles Eume, con 11 goles. Séguenlle dous xogadores do Santaballés, Valú e Susito, con 5 tantos e Fernández (A Cepa), con 4 goles.
6ª XORNADA
21-22 / Novembro / 2015
A Cepa – Electricidad J&O (2-0) Andrés e Fernández
Eume – As Pontes 74 (3-1) Iván, Manel e Fran (pp) / Óscar
Farmavida – Bar Xardín (2-2) Salido e Rafa / J. Cascudo e Iván
La Galaxia – Galiorient (1-0) Juan
MMYPEM – Santaballés (0-2) Susito e Armando
CLASIFICACIÓN
PUNTOS | ||
1º | SANTABALLÉS V. | 16 |
2º | MOBLES EUME | 15 |
3º | BAR XARDÍN | 11 |
4º | FARMAVIDA | 9 |
5º | AS PONTES 74 | 8 |
6º | LA GALAXIA | 8 |
7º | GALIORIENT | 7 |
8º | A CEPA | 4 |
9º | MMYPEM | 4 |
10º | ELECTRICIDAD J&O | 1 |
GOLEADORES
IVÁN FERREIRO (M. Eume) | 11 |
VALÚ (Santaballés) | 5 |
SUSITO (Santaballés) | 5 |
FERNÁNDEZ (A Cepa) | 4 |
7ª XORNADA
28-29 / Novembro / 2015
La Galaxia – Santaballés (Sáb. 28, 19:00 h)
Electricidad J&O – Bar Xardín (Sáb. 28, 20:00 h)
Galiorient – As Pontes 74 (Dom. 29, 10:00 h)
Mobles Eume – Farmavida (Dom. 29, 11:00h)
A Cepa – MMYPEM (Dom. 29, 12:00 h)










































Nova cortesía A.F.
—