CD As Pontes Feminino

O ESTEO FUTBOL SALA

Difícil compromiso para o Esteo este sábado diante do conxunto segoviano do Cuéllar Cojalba, segundo na clasificación.

Os ponteses levan tres xornadas sen gañar, con só dous puntos logrados. Ocupan a oitava praza con 12 puntos, oito menos que o cadro segoviano, que por este inicio de tempada semella ser un dos candidatos ó título de liga. Gañou seis partidos, empatou dous (Albense e Bembrive) e perdeu na casa co líder Noia (2-6) e curiosamente na pista do Boal asturiano (7-3) na primeira xornada de liga.

O Esteo levaba unha boa tempada, pero pinchou nas últimas xornadas, con dous empates a dous goles ante Ventorrillo e Cistierna e derrota por 4-2 na casa do Xove, polo que necesita remontar e volver á senda dos triunfos para non pasar apuros nesta liga que se presenta moi igualada.

A novidade no equipo pontés é a volta de Fran despois de deixar o fútbol sala activo ó remate da pasada tempada. Xa actuou uns minutos no anterior choque en Xove.

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (11ª)
O ESTEO F.S. – F.S. CUÉLLAR COJALBA
Sábado 28 – Novembro – 2015 (18,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 27-28-29 / NOVEMBRO /2015

Vixésima visita do As Pontes ó campo do Morrazo, onde nas últimas cinco tempadas, todas en 3ª División, sempre puntuou, unha vitoria (0-2) e catro empates, 1-1 as tres primeiras e 2-2 na 2014/15.

A pesar de que a historia recente é favorable ó As Pontes, o partido non será doado, pois o equipo cangués foi deseñado para ascender este ano, aínda que a pasada xornada perdeu en Verín (2-0) e a anterior na casa ante o Ordes (0-1). Figura por baixo do As Pontes cun punto menos.

Os equipos B, xuvenil e cadete inician a segunda fase e os de categoría prebenxamín, benxamín e alevín rematan a primeira esta fin de semana.

TERCEIRA DIVISIÓN (15ª xornada)
ALONDRAS C.F. – C.D. AS PONTES
CAMPO DO MORRAZO, Cangas – DOMINGO 29 (16,30 h)
ÁRBITRO: RUBÉN EXTREMADURA HERNÁNDEZ (Vigo)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL (Fase de ascenso)
CD AS PONTES “B” – ESTRELLA C.F.
Campo do Poboado – As Pontes (Dom. 29, 16,00)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD NARÓN
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 28, 16,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES – SCD A CAPELA
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 28, 16,00 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL (2ª Fase)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES
Campo Misael Prieto – Meirás (Sáb. 28, 16,15 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES
SD O Val – CD As Pontes (5-12-2015, 2ª Fase Grupo 3º)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – R. FERROL “C”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 28, 10,00 h)
CD NARÓN – CD AS PONTES “B”
Campo do Cadaval – Narón (Ven. 27, 19,30 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – MEIRÁS CF
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 28, 12,20 h)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES “B”
Campo de Prados Vellos – Ares (Sáb. 28, 11,30 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – R. FERROL
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 28, 11,10 h)
CEUME DEPORTIVO “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara – Pontedeume (Sáb. 28, 11,45 h)

LIGA CATEGORÍA BIBERÓN (Afaco)
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES
Campo de Mugardos (Sáb. 28, 12,15 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: