CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 4-5-8 / DECEMBRO /2015

O Noia, un histórico do fútbol galego fundado en 1928 visita As Pontes por décimo terceira vez.

Ó longo da súa historia tivo varias denominacións, aínda que sen perder nunca o nome da vila. A última visita foi na tempada 2009/10 na Preferente Galega recibindo unha goleada por 6-1. O partido xogáse o martes 8 por mor de que a selección galega (na que estará Cañi) disputa en Extremadura a fase española da Copa UEFA das Rexións.

O cadro noiés só gañou (0-2) no Poboado na tempada 1982/83 en Preferente galega. Empatou tres partidos e perdeu en oito ocasións.

O partido retrasase ás seis da tarde, dado que o conxunto xuvenil pontés disputa ás catro a terceira xornada da segunda fase da liga, polo que no Poboado haberá tarde maratoniana de fútbol. Curiosamente o sábado o xuvenil xoga en Perlío e nesta ocasión o partido si foi adiantado ás 12,00 do mediodía. Incongruencias da programación.

Por outra banda, os equipos de base de fútbol oito comezan a segunda fase da competición a fin de semana do 12 ó 13 de decembro, sendo o Prebenxamín A o único que estará no grupo dos mellores.

TERCEIRA DIVISIÓN (16ª xornada)
C.D. AS PONTES – C.F. NOIA
CAMPO DO POBOADO, As Pontes – MARTES 8 (18,00 h)
ÁRBITRO: ALEJANDRO CASTRO ALARCÓN (Pontevedra)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL (2ª Fase)
UD SOMOZAS “B” – CD AS PONTES “B”
Campo Municipal, As Somozas (Sáb. 5, 16,30)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL (2ª Fase)
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES
Campo dos Pinares – Perlío (Sáb. 5, 12,00 h)
CD AS PONTES – ENSANCHE C.F.
Campo do Poboado – As Pontes (Mar. 8, 16,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
GALICIA CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza – Ferrol (Ven. 4, 20,30 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL (2ª Fase)
CD AS PONTES – AMISTADE MEIRÁS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 5, 12,00 h)
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES
Campo dos Pinares – Perlío (Mar. 8, 12,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL (2ª Fase)
SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val (Sáb. 5, 12,00 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

A pesar de que o conxunto valdeorrés non está a ter un bo inicio de tempada, non dse presenta nada fácil para o Esteo o partido deste sábado no Barco de Valdeorras.

O cadro ourensán está realizando unha campaña irregular, suma cinco vitorias por seis derrotas, sendo o cuarto equipo máis goleado do grupo con 53 goles. Sen embargo, parece que mellorou nas últimas xornadas, nas que leva dúas vitorias seguidas ante o Sala Ourense (7-3) e Atlético Benavente (3-8).

Pola súa banda, o Esteo non sabe o que é gañar nas catro últimas xornadas disputadas, con dúas derrotas e outros tantos empates a dous goles. Ocupa a undécima posición empatado a doce puntos co Benavente, tres por baixo do Pizarras TC.

Nos enfrontamentos anteriores entre os dous equipos en pista valdeorresa o balance está igualado, cunha vitoria para cada equipo e dous empates, sempre en categoría nacional. En Primeira Nacional B, 7-7 (2009/10) e 2-4 (2010/11) e en Segunda División B, 2-1 (2013/14) e 5-5 (2014/15).

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (12ª)

PIZARRAS TC F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 5 – Decembro – 2015 (19,00 h)
Polideportivo de Calabagueiros
(O Barco de Valdeorras)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: