CD As Pontes Feminino

ADRIÁN BOUZA SOTO CAMPIÓN GALEGO DE SLALOM

Sensacional o piloto pontés Adrián Bouza, que venceu esta fin de semana no Scracht de Fene e proclamouse Campión Galego de Slalom.

O piloto pontés foi o mellor dos 72 participantes na cita fenesa desta fin de semana. Fixo un tempo de 1:55:26, por diante de Ignacio Sanesteban (1:55:83), e de Pablo Castro (1:56:32).

Tras gañar as probas de Rianxo, Moeche e Fene, e ser segundo en Silleda e Valga, o piloto pontés do Meira totalizou 378 puntos, cen por riba dos seus máis inmediatos perseguidores, Pablo Castro e Rubén García Naya, ambos con 278 puntos, e ambos do Sirocco Narón.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CYNTHIA E CARLA CONTRA A COMUNIDADE VALENCIANA

As dúas xogadoras pontesas, Cynthia Arias e Carla da Silva, volveron a ser convocadas para o encontro polo terceiro e cuarto posto do Campionato de España.

Será ante a Comunidade Valenciana este sábado ás 16:00 no Campo de Fuente de La Mora, en Renedo de Esgueva (Valladolid).

Nas semifinais Madrid e Cataluña impuxéronse contundentemente á Comunidade Valenciana e a Galicia, por 40-5 e 0-49 respectivamente, nun encontro no que Cynthia e Carla saíron na segunda metade.

A convocatoria é a mesma da semana pasada, con 14 xogadoras do Crat, 7 do Vigo, 3 do Muralla e unha do Lalín.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CHUS CAÑIZARES E A SELECCIÓN GALEGA EN EXTREMADURA

Non tivo fortuna a selección galega. Perdeu os dous partidos desta primeira fase, e quedou por tanto eliminada da competición. Xogará a Fase Final Extremadura, tras gañar os dous partidos.

A selección galega debutaba este sábado, e perdía por un contundente 0-3 ante a Comunidade Valenciana, que tras un penalti e dúas contras lle endosou tres tantos ó porteiro do Vilalbés Viusky nos derradeiros minutos. Chus xogou de titular ata o minuto 65 no que foi sustituido por Sergito do Verín, e no 38´ tivo unha clara ocasión na que o balón marchou rozando o poste.

No segundo encontro, este domingo en Almendralejo, ante a selección local, tamén foi titular e xogou 71 minutos. Galicia perdía 2-1 coa selección local, que tras gañar tamén a Comunidade Valenciana tamén 2-1 conseguía clasificar á segunda fase. Tanto galego do xogador do Barbadás Hugo García.

As seleccións clasificadas son Andalucía, Extremadura, Asturias, Ceuta, Castela León e Castela A Mancha.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CINCO PONTESES CONVOCADOS COA SELECCIÓN DE FERROL

Novas convocatorias das selección sub14 e sub12 masculinas e femininas, que non descansan nesta ponte.

Este martes 8, na Gándara, o combinado sub14 feminino mídese ó Racing de Ferrol infantil (11:00). A sub12 masculina xogará contra o CD Narón Infantil (12:00), mentres a sub12 feminina farao ante o CD Narón Alevín (11:00)
A sub14 masculina adestrará o mércores 9, ás 19:00.

As convocatorias completas son as seguintes:

Sub14 Feminina
SCDR Galicia de Caranza: Jessica Carro, Zaira González, Paula Marcos, Carla San Emeterio
EF Racing de Ferrol: Nora Pérez, Alba Permuy, Carolina Senra
CD Narón: Sara De la Fuente, Jennifer Florencio
SRD Portuarios: Andrea Agulló, Antía Delgado
CD San Sadurniño: Yaiza González, Aldara Pérez
SDC Galicia de Mugardos: Sofía Martínez
SD O Val: Paula Rey
EF Amistade de Meirás: Rita Rodríguez
SD Cedeira: Lucía Vázquez
CD Cariño: Beatriz Vila
SD Barallobre: Uxía Cabada
SD Rápido de Neda: Alessandra Pérez
CD As Pontes: Andrea Montero Peteira

Sub14 Masculina
Racing Club de Ferrol: Alejandro Regueira, Javier Muíño, Brais González, Pablo Ares, Manuel Fernández, Carlos Do Carmo, Caio Correa
SCDR Galicia Caranza: Brais Rodríguez, Hugo Suárez, Iván Amigo, Miguel Gallego, Jesús Gabarre, Jacobo Ramil
CD Narón: Bruno Dopico, Marcos Nieto, Mario Granada, Yetur Bellón
Eume Deportivo: Pablo Vázquez, Mateo Díaz, Mario Filgueira
Amistade Meirás: Manuel Pita
SD Cedeira: Vinicius Silva
FC Ortigueira: Marcos Balseiro
CD As Pontes: Daniel Silva Gama

Sub12 Masculina
EFR Ferrol: Alejandro González, Rafael Couce, Hugo Rodríguez, Iker Fernández
SCDR Galicia de Caranza: Hugo Balado, Edgar Pardavila, Mathias Maidana, Borja Blanco
Racing San Pedro: Mario González, Semanegn Díaz, Adrián Martínez
Eume Deportivo: Aike Cachafeiro, Daniel Arias
SRD Portuarios: Aarón Salgueiro
SCDR Ánimas: Daniel Manso
CD Narón: Pedro Martínez
SD O Val: Iago Fernández
AD Miño: Edward Manrique
CD As Pontes: Alejandro López Fernández

Sub12 Feminina
SRD Ánimas: Valeria Filgueira, Alba Platas
Eume Deportivo: June Moreno, Ainhoa Tenreiro
Cedeira SD: Lucía Bellón, Marina Caneiro
SDCR O Freixo: Lucía Rivas, Laura Testa
CD As Pontes: Paula Bellas Ruiz, Carolina Paz Ramudo
SCDR Galicia de Caranza: Aroa González
SRD Numancia de Ares: Martina Oliveira
CD Cariño: Ania Rodríguez
CD San Sadurniño: Judith González
UD Cebarca: Cecilia González
SD Barallobre: Sabela López

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS – O ESTEO F.S. (5-1)

Non levanta cabeza o Esteo que sumou a súa terceira derrota consecutiva ante o Pizarras Tres Cuñados, no Barco de Valdeorras, por un contundente 5-1.

Dende a visita a Coruña os ponteses levan un pobre rexistro de un punto de doce posibles, e por riba, foi un sufrido empate na casa contra o que era colista. Ademais, a vitoria do Cistierna ante o Boal, deixa ós de Suso Rey a tres puntos do descenso.

Nun encontro xa perdido dende o principio, nunha xogada na que un xogador visitante queda só, e tras un roubo de balón nada máis sacar de centro xa quedaba sentenciado o encontro co 2-0. Moito máis, antes do descanso, tras un gol local aproveitándose dunha mala cesión de Gerardo, e no comezo do segundo tempo noutro roubo de balón chegaba o 4-0 que rematou coa emoción no encontro.

O Esteo é decimosegundo cos 12 puntos de fai varias semanas, e por detrás estarían Boal 11, Albense, Cistierna e Bueu 9. A semana que vén visita As Pontes o Albense, e toca gañar si ou si.

FICHA DO PARTIDO
PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS FS: Borja, Dilín, Jess, Bruno, Junma –cinco inicial- David, Petolas, Josiño, Kevin, Borjita, Maelo.
O ESTEO FS: Iván, Púas, Gerardo, Héctor, Ayala –cinco inicial- Cospe, Fran, Kike, Jose López, Bertito, Tucho.
ÁRBITROS: Eduardo Corral Martínez, Pablo Fernández Becerra, Laura Somoza Copa (Lugo). Amoestaron Jess, Púas e Cospe.
GOLES: Min. 3 (1-0), Dilin. Min. 3 (2-0), Bruno. Min. 15 (3-0), David. Min. 22 (4-0). Min. 35 (4-1), Jose López. Min. 38 (5-1), Bruno.
INCIDENCIAS: Decimosegunda xornada da primeira volta. Pavillón de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CF NOIA 1

Sufridos tres puntos para o As Pontes, que conseguiu o triunfo nos últimos minutos, e seguese mantendo na quinta praza, ó asedio dos catro primeiros, e sobre todo, con 28 puntos tras 16 xornadas, acaricia cada vez máis a salvación.

E iso que non comezaban ben as cousas para os locais, o As Pontes tocaba e tocaba o balón, pero a primeira vez que os visitantes chegaron con perigo, Toni, dende banda dereita, senta a Dani, regatea ó segundo defensa, e marca de tiro axustado ó primeiro pau (17´).

Puido ser aínda maior o disgusto pois tras unha perda de balón de Chote, nesta ocasión é Saro quen está a piques de marcar tras plantarse ante Marcos, pero despexa Dani sobre a mesma liña de gol (25´).

A mesma situación se viviu dous minutos máis tarde, aínda que nesta ocasión é Óscar Martínez o que centra cara atrás, remata Santi e salva Juanjo baixo paus (27´).

A piques estivo de sorprender Edi ó gardamallas visitante, dende longa distancia (39´), e pouco despois é Óscar Martínez o que se desmarca por banda esquerda, sendo trabado por Toni. Bossa marca o penalti por alto (42´).

A igualada sentou mal ós visitantes, e a piques estivo de marcar Santi dun zapatazo que marchou lamendo o poste (44´).

Trala reanudación seguía algo durmido en defensa o equipo azul e casi o aproveita outra vez Toni, que manda o balón rozando o longueiro (50´).

Respondeu o As Pontes cunha boa xogada de Pablo Domínguez por banda, e remate de Óscar que chapa Toledo (51´).

Os locais eran os que poñían o xogo, pero non se pode dicir que os visitantes non chegaran, e con perigo cada vez que o facían. Tras unha gran xogada entre Santi e Amado, o balón chega a Toni que incomprensiblemente e con todo a favor mandaa ó lateral da rede (64´). Pero o encontro era un toma e daca e tras outra perda de Chote, é Marcos quen ten que salvar ante Saro (65´).

O porteiro de Cedeira salvou despois un remate axustado de Suárez dende fóra da área. Gran disparo, pero en claro fóra de xogo (70´).

Tras unha internada do lateral local Alex Cabarcos, o balón quereo despexar Bendaña, pero pon en apretos ó seu propio porteiro que desbarata o perigo (77´).

Foi tras un mal despexe de Toledo, que o balón cae en banda dereita a Óscar, o mellor hoxe dos locais, e o balón acaba nos pes de Bossa, que lla cede a Santi, e este marca de tiro cruzado, nunha xogada de bella factura (79´).

De aí ó final, un Noia apurado na clasificación buscou polo menos a igualada, pero sen crear maior perigo, e os tres puntos quedaron en casa. Saben a gloria tendo en conta o complicado calendario pontés ata o final da primeira volta con visitas a Vilalbés e Deportivo B, e recibir ó líder Cerceda.

As Pontes e Noia volvían a enfrontarse en competición oficial trala campaña 2009-10 en que ambos coincidiron en Preferente Norte, con triunfos do As Pontes, 6-1 en casa, e un glorioso 9-5-2010, un 0-2 en Noia certificou o ascenso a Terceira División oito anos despois.

2 CD As Pontes. Marcos Souto, Alex, Adrián, Chote, Dani, Edi (Toni 63´), Óscar (Rubén Pardo 81´), Bossa, Santi, David Amado (Samu 71´), Pablo.

1 CF Noia. Toledo, Mario, Juanjo, Luis, Munin, Josiño (Samu 64´), Saro, Banana, Súarez, Villa, Toni (Bendaña 67´).

Goles: 0-1, Toni (17´), 1-1, Bossa (42´), de penalti. 2-1, Santi (79´)

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores. Partido correspondente á 16ª xornada.

Árbitro: Alejandro Castro Alarcón (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Fontán Ruiz e Gómez Lameiro. Amarelas a Adrián e Edi polos locais, e Mario, Munin, Samu e Bendaña polos visitantes. Foi expulsado o aestrador visitante Iago Iglesias, no 73´.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 4-5-8 /DECEMBRO/ 2015

Quinta xornada sen perder do CD As Pontes e tres puntos importantes onte no Poboado ante o Noia (2-1), equipo que pelexou moito para sacar un mellor resultado.

Bos resultados do segundo equipo, feminino e cadete. Cara e cruz do conxunto xuvenil e derrota do infantil. Non houbo xornada nos equipos de base de fútbol oito.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
UD Somozas B – CD As Pontes B (1-3)

Gran vitoria do segundo equipo nunha cancha complicada como é o Manuel Candocia. Venceron 1-3 ó filial do Somozas. Aliñou Paco López a Krikry, Gonza, Rubén, Diego, Darío, Totti, Criado, Juan, Marcos, Samu, Guille, saíndo despois Aitor, Jandro e Lucho.
Anotou Totti a pouco de comezar, empataron os somocenses, e antes do descanso dous tantos de Criado e Samuel deron os tres puntos. Escalan á quinta praza con 4 puntos, empatados con outros tres equipos, e a dous do líder Maniños. Visitan a vindeira semana ó Cebarca, equipo co que se xogaron hai pouco a clasificación para este grupo dos mellores.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Galicia de Caranza – CD As Pontes (1-3)

Boa vitoria do equipo feminino en Caranza, onde gañou 1-3 ó Galicia, e mantén a sétima praza con 23 puntos, antes de recibir ó Mandiá, curioso oitavo clasificado con 21. O equipo ferrolán sempre soe acabar as Ligas nos primeiros postos, así que sen dúbida será un complicado rival.
Xogaron Xeila de porteira, Yaiza, Nuria, Uxía, Noelia Ameneiro, Nicole, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, e Alba. Un tanto de Yaiza mediado o primeiro tempo, e dous de Paula Castro -que xa leva oito- no segundo, foron maquillados por un de Andrea Bellón preto do final.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CCRD Perlío – CD As Pontes (4-3)

Derrota e vitoria do xuvenil pontés nas dúas xornadas disputadas o sábado 4 e o martes 8. A derrota do xuvenil ante o Perlío complícalle a loita polo título de Liga e a Fase de Ascenso, e iso que só se xogaron dúas xornadas. Perderon 4-3 en Perlío, equipo que accedeu a este grupo dos mellores como quinto clasificado.
Foron por detrás todo o encontro, 2-0, 3-1, conseguindo empatar no desconto Nahúm. Pero pouco durou a ledicia, porque os feneses lograron pouco despois o 4-3 definitivo. Xogaron Lino, Alex Pico, Caínzos, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Xose, Iván, Ayrton (1), Casas, Jandro, Martín (1), ingresando despois no campo Rey, Nahúm (1), Antón, e Jorge Saavedra.

CD As Pontes – Ensanche CF (3-2)

Xa na xornada deste martes 8 lograron un importante pero sufrido triunfo ante o Ensanche (3-2), co que suman os seus primeiros tres puntos, pero sen tempo para moita celebración, pois a vindeira xornada visitan ó perigoso Numancia de Ares, un dos maiores candidatos ó título, nas terras do gran Marcelino.
Alex Blanco, de falta, adiantaba ós azuis a pouco do comezo, pero antes do descanso poñíanse 1-2 os visitantes. A pouco de iniciarse o segundo período, Casas anotaba dous tantos en apenas un minuto, que acabaron resultando definitivos. Xogaron polo As Pontes: Andrés, Alex Pico, Jorge Rodríguez, Caínzos, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Xose, Iván, Ayrton, Casas e Rey, xogando no segundo período Iago, Jandro, Nahum, Martín e Antón.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Amistade Meirás (2-0)

Segue vitoria tras vitoria o equipo cadete, e este sábado venceron a un complicado Amistade de Meirás por 2-0, tantos de Alberte no primeiro tempo e de Carlos de penalti no segundo.
Xogaron Andrei, Cazás, David, Fraga, Bruno, Pani, Chema, Dani, Carlos, Alberte, Alex Barro, entrando despois Alex López, Mateo, Nesi, Andrea e Jose.

CCRD Perlío – CD As Pontes (1-6)

Na xornada deste martes 8 venceron nos Pinares por 1-6 ó Perlío. Dous tantos de Mateo e Carlos, e un de Dani e Alberte. Xa na prolongación, Javier puxo o gol da honra para os locais. Xogaron polo equipo pontés: Andrei, Alex López, David, Fraga, Bruno, Pani, Carlos, Mateo, Dani, Alberte e Chema, saíndo despois Germán, Alex Barro, Cazás, Antón Paz e Jose.
Lideran a táboa con nove puntos empatados con Galicia Caranza B. Eume Deportivo e Portuarios teñen 7 puntos e Numancia seis. Os ponteses precisamente recibirán ós ferroláns do Galicia a vindeira xornada nun encontro que pode ser moi importante.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
SD O Val – CD As Pontes (4-0)

Non comezou con bo pé o infantil no grupo dos mellores, pois perdeu 4-0 ante O Val, gañador do grupo primeiro. A semana que vén reciben ó perigoso Amistade de Meirás, que goleou 4-1 ó CD Narón, e foi primeiro no grupo do As Pontes, con pleno de puntos.
Xogaron polo As Pontes: Juan, Eyob, Xavi, Carballeira, Santi, Xan, Nono, Javi, Joan, Vicente e Adrián, saíndo despois Manuel, Alejandro, Dani, Edgar e Iván.

Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: