CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 18-19-20 / DECEMBRO /2015

O CD As Pontes enfróntase na penúltima xornada da primeira volta ó líder Cerceda en partido adiantado á xornada do sábado (18,15).

O conxunto que adestra o estremeño Cuéllar, ex xogador internacional que logrou o ascenso do Paiosaco á Preferente, preséntase, un ano máis, como equipo candidato a disputar a promoción de ascenso. Leva 21 tempadas na Terceira División (dende 1998 seguidas), con catro títulos de liga.

O Cerceda é primeiro con 35 puntos e o As Pontes segue sexto con 28, pese á derrota en Vilalba a pasada xornada nun partido marcado pola polémica arbitral. Un As Pontes que comezará o ano con dúas saídas consecutivas ante o Fabril –7º cun punto menos- e o Bergantiños, que quere saír dos postos de descenso.

O conxunto cercedense visita o campo do Poboado por décimo segunda vez, todas en Terceira División, onde houbo sete empates e dúas vitorias para cada equipo. As tres últimas tempadas, dúas vitorias do As Pontes e un empate.

TERCEIRA DIVISIÓN (18ª xornada)
C.D. AS PONTES – C.C.D. CERCEDA
CAMPO DO POBOADO, As Pontes – SÁBADO 19 (18,15 h)
ÁRBITRO: DANIEL GARCÍA LESTA (Pontevedra)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD AS PONTES “B” – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado – As Pontes (Dom. 20, 16,00)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – SRD ÁNIMAS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 19, 16,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
RACING FERROL – CD AS PONTES
Campo da Malata – Ferrol (Ven. 18, 21,15 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos – Ares (Ven. 18, 16,45 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – GALICIA CARANZA “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Ven. 18, 17,30 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 19, 10,00 h)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES “B”
Campo da Piscina – San Sadurniño (Sáb. 19, 11,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 19, 11,10 h)
GALICIA MUGARDOS “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Pedreira – Mugardos (Sáb. 19, 12,30)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES
Campo de Aneiros – Ferrol (Ven. 18, 18,00)
CD AS PONTES “B” – SD O VAL “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 19, 12,20 h)

CATEGORÍA BIBERÓN (Liga Afaco)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Polideportivo da Magdalena – As Pontes (Ven. 18, 19,00 h)

Nova cortesía de X.F. e A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Un Esteo en horas baixas e con varias ausencias afronta este sábado un difícil compromiso na entidade local menor viguesa de Bembrive.

O equipo pontés leva catro derrotas consecutivas que o situaron en zona próxima ó descenso de categoría. A derrota na casa a pasada xornada ante o Albense, un rival directo, colocouno nunha delicada situación da que debe saír canto antes se non quere complicarse máis.

Non cabe dúbida que este sábado non o vai ter nada fácil ante un Mosteiro de Bembrive, cuarto na clasificación e que aspira ó ascenso de categoría. Só perdeu en Noia (3-1) e empatou en Cistierna, Cuéllar, Alba de Tormes e Valladolid e na casa ante Bueu e Guardo, gañando seis encontros, polo que totaliza 24 puntos, o dobre do Esteo, que só gañou tres partidos na casa e empatou outros tres.

Nas catro visitas a Bembrive o Esteo tan só logrou un punto na tempada 2011/12 (1-1), na que os dous equipos se xogaban o ascenso de categoría; perdendo en tres ocasións, 4-1 (2010/11), 7-5 (2013/14) e 9-1 (2014/15)

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (14ª)
C.D. BEMBRIVE F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 19 – Decembro – 2015 (18,30 h)
Pavillón Municipal de Bembrive
(Bembrive-Vigo)

Nova cortesia de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: