CD As Pontes Feminino

O PONTES SERGIO OTERO XOGARÁ O CAMPIONATO DE ESPAÑA EN VIGO

O futbolista pontés do Racing de Ferrol, Sergio Otero Pedre, entrou na lista definitiva de 18 convocados para a disputa da primeira fase do Campionato de España, que se levará a cabo en Vigo, concretamente en Coia, do 27 ó 29 deste mes.

Tamén vai o seu compañeiro de equipo, o centrocampista Manuel Fernández, e o porteiro do Galicia de Caranza, Brais Rodríguez. A expedición partirá a Vigo o venres 26 a primeira hora.

Da última lista caeron o mediapunta Víctor Vilariño do Bertamiráns, e o defensa Jose Fontán, do Celta, pois só poden ir un máximo de seis futbolistas dun mesmo equipo.

A seleccións galegas sub16 e sub18 xogarán contra as de Ceuta e Aragón. Contra a selección aragonesa será o domingo 27 e contra Ceuta o martes 29. Os encontros sub16 serán ás 10:30, e os sub18 a continuación, 12:30.

Na sub18, aínda pendente de convocatoria, están entre os 23 preseleccionados, os xogadores do Racing de Ferrol, Aitor Pascual e Aaron Rey, o fenés do deportivo Iago Novo, e Arturo Calvo, do Viveiro.

Os 18 convocados por Pacho Oliveira na cadete sub16 son os seguintes:
RC Celta de Vigo: Diego Varela, Ignacio Pego, Johannes Serpa, Martín Rafael, Samuel Vilariño, Sergio Barcia
RC Deportivo de A Coruña: Adrián Casariego, César Rodríguez, David Rojo, Javier Armas, Rodrigo Sánchez
Racing Club de Ferrol: Manuel Fernández, Sergio Otero
CD Lugo: Pablo López
Pabellón Ourense CF: Carlos Villar
CD Lérez: Darío Ferradás
SCDR Galicia de Caranza: Brais Rodríguez
Bertamiráns CF: Manuel Xiraldez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RAQUEL E MALENA VIAXAN A PAMPLONA 

As xogadoras pontesas Raquel Béjar Castro e Malena Mieres García veñen de ser convocadas para a primeira fase do Campionato de España de seleccións femininas sub16 e sub18.

Despois de varias semanas de adestramentos entraron na lista definitiva de 18 xogadoras. Destacan as internacionais Ariane Martínez, Nuria Rábano, en sub18, Teresa Abelleira e Rosalía Muíño, en sub16.

A selección galega enfrontarase a Navarra mañá venres e as Illas Baleares o sábado. Xogarán no Campo Municipal Polideportivo Valle de Aranguren, sito en Mutilva (Pamplona).

A sub16 faráo ás 12:00 e 10:00, mentres as sub18 xogarán ás 18:00 e 16:00, respectivamente.

A convocatoria sub18 é a seguinte:
Atletico Arousana: Sara Pazos, Ariane Martínez, Nuria Rábano, Carla Falcón
FVPR O Olivo: Cecilia Fernández, María Calvar, Mónica González, Sara Alonso
Victoria FC: Carmen Sumay, Ángela Choren
Orzán SD: Raquel Béjar, Nerea González
CPM Friol: Sabela Roca
Erizana CF: Ildara Pérez
Sárdoma CF: Fátima Area
Atlántida Matamá: Noelia Pereira
CCAR Valadares: Ana Iglesias
Tordoia CF: Leticia Santos

A convocatoria sub16 é a seguinte:
Victoria CF: Goretti Neira, Rosalía Muíño, Tatiana Barcia
CCAR Valadares: Laura Vázquez, Ángela Novoas
AD Vila do Corpus: Inés Faro, Sara Deben
CPM Friol: Lucía Pardo, Malena Mieres
Atletico Arousana: Sara González
Orzán SD: Carolina Brañas
AJ Lérez: Teresa Abelleira
CD A Guía: Lara Martínez
SD Xuventu Aguiño: Alba Romero
EF Lalín: Navia Rendo
CD Choco: María Figueroa
Portonovo SD: Carolina Agulla
Racing Vilariño: Laura Rodríguez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ACTUACIÓN DE RAQUEL E MALENA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

As futbolistas pontesas Raquel Béjar e Malena Mieres deprazáronse esta fin de semana ata Navarra para a desputa da primeira fase do Campionato de España de Seleccións.

Non tiveron fortuna ambos combinados nos encontros ante o conxunto local, pois ambos perderon por 1-0.

O combinado sub 16 facíao tras errar un penalti e posteriormente marcar as navarras despois dun barullo nun córner. A pesar de tentalo logo as galegas, acabaron perdendo. O equipo sub18 tivo varias ocasións claras no primeiro tempo, pero acabaou caendo no 92´.

Algo mellor lles foi contra as seleccións das Illas Baleares. As sub16 gañaron 1-0, con tanto de Laura Rodríguez, xogadora do Racing Vilariño de Nigrán, e as sub18 a pesar de dispoñer de boas ocasións para vencer (no encontro lesionouse a gran Nuria Rábano), acabaron empatando a 0-0.

Tanto Raquel coma Malena foron titulares e xogaron todos os minutos nos dous encontros.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

DANI SILVA CONVOCADO PARA O PRIMEIRO PARTIDO DA SELECCIÓN DE FERROL

O xogador pontés Daniel Silva Gama ven de ser convocado pola selección ferrolá sub14 para o encontro contra a potente selección de A Coruña, que se levará a cabo este domingo 20 ás 12:00 en Santiago de Compostela.

Os 18 xogadores convocados polo seleccionador Xose Lois son os seguintes:

Racing Club de Ferrol: Alejandro Regueira, Javier Muíño, Pablo Ares, Manuel Fernández, Caigo Correa
SCDR Galicia Caranza: Brais Rodríguez, Hugo Suárez, Iván Amigo, Miguel Gallego, Jesús Gabarre
Eume Deportivo: Pablo Vázquez, Mateo Díaz, Mario Filgueira
CD Narón: Bruno Dopico, Yetur Bellón
Amistade Meirás: Manuel Pita
SD Cedeira: Vinicius Silva
CD As Pontes: Daniel Silva Gama

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CATRO PONTESES CONVOCADOS POLAS SELECCIÓNS DE FERROL

Despois da convocatoria de Dani a pasada semana, outros catro ponteses foron chamados pola selección de Ferrol para a disputa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

Trátase de Andrea Montero en sub15 feminino, Alejandro López en sub12 masculino, e Paula Bellas e Carolina Paz en sub12 feminino.
Xogarán os tres combinados esta fin de semana. A sub15 feminina faráo ante A Coruña e Lugo. A Alevín masculina xogará un partido único coa selección lucense, mentres que a Alevín feminina xogará os seus partidos ante A Coruña e Santiago.

Os encontros serán en Santiago de Compostela, o sábado 26 pola mañá. As convocatorias completas son as seguintes:

Sub14 Feminina

EF Racing de Ferrol: Nora Pérez, Alba Permuy, Carolina Senra
SCDR Galicia de Caranza: Paula Marcos, Carla San Emeterio
CD Narón: Sara De la Fuente, Jennifer Florencio
SRD Portuarios: Andrea Agulló, Antía Delgado
SD O Val: Jessica Carro
EF Amistade de Meirás: Rita Rodríguez
SDC Galicia de Mugardos: Sofía Martínez
SD Cedeira: Lucía Vázquez
SD Rápido de Neda: Alessandra Pérez
CD Cariño: Beatriz Vila
CD San Sadurniño: Yaiza González
SD Barallobre: Uxía Cabada
CD As Pontes: Andrea Montero Peteira

Sub12 Masculina

SCDR Galicia de Caranza: Edgar Pardavila, Mathias Maidana, Borja Blanco
EFR Ferrol: Alejandro González, Iker Fernández
Eume Deportivo: Aike Cachafeiro, Daniel Arias
Racing San Pedro: Mario González, Semanegn Díaz
SRD Portuarios: Aarón Salgueiro
SCDR Ánimas: Daniel Manso
CD Narón: Pedro Martínez
SD O Val: Iago Fernández
Galicia de Mugardos: Yago Rivera
SD Cedeira: Vicente Rodríguez
CD As Pontes: Alejandro López Fernández

Sub12 Feminina

SRD Ánimas: Valeria Filgueira, Alba Platas
Eume Deportivo: June Moreno, Ainhoa Tenreiro
Cedeira SD: Lucía Bellón, Marina Caneiro
SDCR O Freixo: Lucía Rivas, Laura Testa
CD As Pontes: Paula Bellas Ruiz, Carolina Paz Ramudo
SCDR Galicia de Caranza: Aroa González
SRD Numancia de Ares: Martina Oliveira
CD Cariño: Ania Rodríguez
CD San Sadurniño: Judith González
UD Cebarca: Cecilia González
SD Barallobre: Sabela López

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: CD MOSTEIRO DE BEMBRIVE FS – O ESTEO F.S. (5-5)

O Esteo arrincou un grandioso punto, nun encontro ante un dos gallitos da categoría, o cuarto clasificado, e no que tan só desprazou a oito xogadores para a súa disputa.

Tras unha falta e un saque de esquina marcaron por dúas veces os locais, pero Bertito tamén conseguiu dous tantos que poñían as táboas.
Varios erros defensivos ponteses situaban os vigueses 4-2, pero despois de varias ocasións recurtou ditancias Púas e conseguía o empate Cospe, 4-4. Pero voltaban a poñer terra de por medio os verdes, 5-4.

Foi nos últimos minutos, e xogando con porteiro xogador, que O Esteo conseguiu anotar o tanto que lle deu un valioso punto por medio de Bertito, que selaba o seu particular hat trick.

Os ponteses son decimoterceiros, con 13 puntos, empatados con Albense. Con 12 quedaría Bueu e con 9 Cistierna.

O vindeiro 16 de Xaneiro partido trascendental no Municipal de A Fraga, O Esteo-Bueu, para rematar a primeira volta.

CD MOSTEIRO DE BEMBRIVE FS: Jonathan, Jacobo, Morgade, Carlos, Nené –cinco inicial- Eloy, Borrajo, Mario, Berni, Alex.

O ESTEO FS: Iván, Cospe, Gerardo, Jose López, Ayala –cinco inicial- Kike, Bertito, Púas.
ÁRBITROS: Francisco Javier Feliz Otero, Carlos Fernández Méndez, Patricia Doval Rodríguez (Ourense). Amarelas a Jacobo, Berni e Jose López.

GOLES: (0-1), Bertito. (1-1), Borrajo. (2-1), Mario. (2-2), Bertito. (3-2), Nené. (4-2), Berni. (4-3), Púas. (4-4), Cospe. (5-4), Nené. (5-5), Bertito.

INCIDENCIAS: Decimo cuarta xornada de liga de Segunda División B. Partido disputado no Pavillón Municipal da parroquia de Bembrive, en Vigo, que rexistrou unha entrada duns cento cincuenta espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CCD CERCEDA 3

O líder Cerceda gañou en As Pontes gracias ó seu acerto en xogadas de estratexia nun partido con unha moi mala actuación arbitral.

Chegaba a O Poboado o líder Cerceda, dirixido por Ángel Cuéllar, ex de Betis, Barcelona, selección española, Campión Europeo sub16 en 1988, bronce europeo sub18 en 1990.

E comezaban ben as cousas para os locais cando Pardo queda completamente só, e dende fóra da área, ante a saída do porteio, cruzalle o balón (13´). Anteriormente Abelenda driblou a Chote e tivo que intervir Cristian (12´).

Pouco durou a ledicia local pois nunha xogada de estratexia cabecea Popi completamente só ó fondo das mallas e establece a igualada (20´).

Antes do descanso tan só destacar un disparo cruzado de Abelenda (37´). Non aproveitou o As Pontes o feito de xogar co vento a favor.

Curiosamente a pouco do comezo do segundo tempo, casi marca Angeriz na súa porta tras un mal despexe que acabou solventando sobre a mesma liña (48´).

Fruto desa costume que ten o conxunto local de xogar o balón dende atrás, con excesiva participación do porteiro, chegou o erro de Alex Cabarcos, ó que lle rouban o balón, que acaba no fondo das mallas, pero sinalando o liña fóra de xogo (55´).

Cobraron ventaxa os de Cuéllar, tras outro saque de falta de Ares, no que outra vez volve a cabecear un xogador libre de marca, nesta ocasión o ex pontés Angeriz (58´).

Noutro mal despexe de Chote cara atrás no que Cristian non quixo arriscar a coller o balón, casi marcan os visitantes por dúas veces (62´).

A partir de aí emerxeu a figura do colegiado. Angeriz debeu ser expulsado por unha agresión a Santi no 70´ que o árbitro solucionou salomónicamente con unha amarela para os dous.

Por el contrario, ensinoulle a segunda cartulina ó local Adrián (76´), cando a algún xogador visitante xa lla perdoara anteriormente. Aproveitouno o Cerceda para sentenciar nunha contra por medio do gran xogador de Pontedeume Alex Ares (82´).

Xa nas postrimerías Cristian salvou o cuarto ante Quintela e logo Agullo (94´).

Foi superior o Cerceda, que contou con todo a favor, e remata o ano líder con 38 puntos. O As Pontes segue tendo esos enganosos 28 puntos tendo que visitar consecutivamente a Deportivo B e Bergantiños, partidos nos que conseguir puntuar será dificilísimo.

1 CD As Pontes. Cristian, Alex, Adrián, Chote, Edi, Toni (Chicho 52´), Rubén Pardo, Óscar (Juan 79´), Santi, Cañi (Amado 63´), Pablo Domínguez.

3 CCD Cerceda. Marcos Valín, Noé, Popi, Angeriz (Peloto 84´), Juan, Adrián, Uzal, Agullo, Abelenda (Capelo 76´), Alex Ares, Bilal (Quintela 89´).

Goles: 1-0, Pardo (13´), 1-1, Popi (20´), 1-2, Angeriz (58´), 1-3 Alex Ares (82´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde non moi chuviosa pero con moito vento racheado.

Árbitro: Daniel García Lesta. Auxiliado nas bandas por González Caramés e Pastoriza Iglesias (Pontevedra). Amarelas a Pardo, Edi e Santi polos locais e Adrián, Angeriz, Juan, Uzal e Alex Ares polos visitantes. Expulsou por dobre amarela a Adrián (76´), e ó técnico local Pablo López (84´) e porteiro suplente Javi Rumbo (89´). Tamén foi amoestado o preparador local Pablo Martínez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O CLUBE SILEX VOLVE A GAÑAR A LIGA GALEGA DE CLUBES 

Gran éxito para o clube Silex, que esta pasada fin de semana venceu na fainal da Liga Galega de Clubes, competición disputada no Pabellón de Atios.

Doce escadras presentabanse nesta competición, e na rolda previa anterior, catro quedaron eliminadas.

No Grupo A pasaron Silex (27), Iadovi A (21), Arco Ferrol (15), Arco Narón B (12), quedando eliminados Arco Muralla (9) e Cutarc (6).

No outro grupo o vencedor con pleno de vitorias foi o Lumelar (30), seguido de Arco Narón A (24), Guitiriz (15), Arqueiros de Cambre (15), e eliminados Iadovi B e La Garrocha (3).

Os oito mellores dábanse cita en Valdoviño o sábado, e nos cuartos de final, o Sílex impoñíase sen moitos atrancos a Arqueiros de Cambre (198-173).

O Arco Ferrol venceu a Arco Narón A (191-188), e pola outra parte de cadro, Lumelar desfíxose de Arco Narón B con contundencia (209-150), mentres que Guitiriz facía o mesmo con Iadovi – A, aínda que cun tanteador baixo (170-133).

Xa na rolda semifinal, no derbi, os ponteses impoñíanse a Arco Ferrol (206-194), mentres Lumelar vencía a Guitiriz (206-191).

Os lucenses facíanse claramente co bronce ante os ferroláns (205-182), mentres que a final foi un espectáculo. Os ourensáns comezaban con ventaxa, pero o Sílex foi remontando pouco a pouco ata vencer por un so punto na derradeira entrada (209-208).

A vitoria na final correu a cargo de Miguel Alvariño, Dani Castro, Luis Porto, Ricardo Gabeiras.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

XVII TROFEO CONCELLO DE AS PONTES DE TIRO CON ARCO. INTERNATIONAL ARCHERY TOURNAMENT

Este pasado sábado disputábase no Pavillón de A Fraga un prestixioso torneo de Tiro con Arco con participación de grandes figuras do Tiro con Arco, non só español, senón tamén a nivel internacional.

Cunha gran organización, coa colaboura do Clube Silex, entre eles Manolo Buitrón, os irmáns Daniel e Cristina Castro, Xaquín Mira, entre outros, tamén Sergio Buitrón ou Jacobo Barro, e coa gran Gema Buitrón de speaker, disputouse unha maratoniana competición dende principios da mañá ata ben entrada a noite.

Pola mañá era o turno das tiradas para definir os clasificados e os postos na rolda final, e xa pola tarde eran as eliminatorias directas entre os competidores.

No Recurvo masculino gañou o representante local, Miguel Alvariño, que se impuxo ó seu compañeiro de selección Antonio Fernández “Yiyo”. A medalla de bronce foi para o cuarto integrante da selección española, Miguel Ángel Pifarre, e o prometedor Sergio Del Olmo, cuarto.

Tamén participou xente destacada coma o olímpico en Londres 2012, Elías Cuesta, estivo Daniel Morillo, olímpico en Pekín 2008 e medallista por parellas xunto a Gema nos Mundiais Universitarios, ou xoves prometedores como Enrique Cabanillas ou Gabriel Galante.

No Recurvo Feminino, tamén con presencia de xovenciñas integrantes da Selección Española, venceu Sandra Nieva na final a Celia Castaños, e Miriam Alarcón e Oceanía Morago foron bronce e cuarta.

No Arco Composto, na categoría masculina, saltou a sorpresa, e gañou Gonzalo Sánchez por diante do madrileño do Arco Narón, Alberto Blázquez. E dicimos sorpresa porque o bronce foi para o holandés Mike Schloesser e cuarto o danés Martin Damsbo, uns “principiantes” que entre os dous suman 4 Mundiais e 2 Copas do Mundo.

No Arco composto feminino venceu a australiana nacionalizada danesa, Erika Anear, ouro por equipos na Copa do Mundo de México hai uns meses, por diante de Pilar Álvarez. O bronce foi para a cántabra Andrea Marcos, que este 2015 fixo o Récord de España e gañou a Copa do Mundo de Turquía. Cuarta María Gómez.

O remate das probas, o Alcalde de As Pontes, Valentín González, e o Concellal de Deportes, Chicho Tembrás, entre outros, fixeron entrega dos trofeos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 18-19-20 /DECEMBRO/ 2015

O CD As Pontes volveu a sufrir outra mala arbitraxe o mesmo que sucedera a anterior xornada en Vilalba.

Perdeu polo mesmo tanteo (3-1), aínda que fixo méritos para acadar un mellor resultado. Nos demais encontros dos equipos de base, resultados para tódolos gustos, empate do segundo equipo e alevín A, vitorias do xuvenil, cadete, alevín A, benxamín B e os dous equipos prebenxamín, e derrotas do feminino, infantil e benxamín B.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD As Pontes B – Numancia de Ares (2-2)

O segundo equipo pontés só puido conseguir un empate ante o Numancia de ares (2-2), e pódese dar por bo, pois a pesar de adiantarse na segunda metade con tanto de Marcos Novo, Roi e logo César déronlle a volta ó marcador. Pero xa co tempo cumprido volveu a marcar Marcos facendo o 2-2 definitivo.
Xogaron Rafita, Darío, Jandro, Diego, Mariña, Totti, Criado, Juan, Marcos, Guille, Rubén, saíndo despois Toni, Aitor e Miguel. Os de Paco López son cuartos con seis puntos e comezan 2016 visitando ó perigoso Cultural de Maniños, equipo que non que marcha segundo ó ter un partido aprazado. Bo labor da promesa da arbitraxe ferrolá o mozo Diego Bouza Pena.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – SDR Ánimas (5-1)

Contundente triunfo do equipo xuvenil, 5-1 ó Ánimas, que toma algo de respiro. Xogaron Manuel, Alex Pico, Jorge Rodríguez, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Iván, Xose, Ayrton, Dani, Casas, Jandro e despois Martín, Caínzos, Manuel e Antón.
Álex Blanco adiantou ós locais, pero antes do descanso empataba Daniel. No segundo tempo os goles foron caendo, sobre todo ó quedar os visitantes cun xogador menos. Tantos de Dani, Manuel, Casas e Xose, que deron un triunfo importante animicamente para rematar o 2015. Son novenos con 6 puntos, se ben é certo que a unha vitoria do terceiro. Visitan ó Cedeira, sexto con sete puntos, ó que venceron 1-4 na primeira fase.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Racing de Ferrol – CD As Pontes (5-1)

O feminino caeu 5-1 ante o Racing de Ferrol, que suma o seu decimo sexto triunfo consecutivo. Adiantáronse as azuis por medio de Xeila, pero despois Alba Permuy, Paula Vázquez e Paula Lorenzo por tres veces deron os tres puntos ás verdes. Pita xogou con Paula Baamonde, Yolanda, Noelia Santalla, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Xeila, Paula Castro, Carlota, Yara, Alba, Yaiza e Leti.
Sextas con 26 puntos comezan o 2016 e, ó mesmo tempo rematan a primeira volta, recibindo o Perlío, novo na categoría xunto a A Capela e Cebarca, e que marcha décimo terceiro con 16 puntos.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia de Caranza B (2-1)

Voltou a sufrir o cadete, pero gañou en Ares 1-2 ante o Numancia, e remata o ano con pleno de vitorias, dez na primeira fase e cinco consecutivas no grupo dos mellores. Non foi nada doado, e certo é tamén que o Numancia clasificou para as semifinais de Copa como un dos catro mellores equipos da comarca. Os da terra do histórico Marcelino adiantábanse na primeira metade por medio de Alejandro. Faltando 15 minutos empatou Mateo, e a catro do final era David o que outorgaba uns tres puntos moi importantes.
Xogaron Nesi, Cazás, David, Fraga, Bruno, Pani, Carlos, Mateo, Alex Barro, Dani, Chema e despois Alex López, Manuel, Diego, Jose e Andrei. Seguinte compromiso ante o CD Narón B, sétimo.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – Galicia de Caranza B (2-10)

Semella facérselle moi costa arriba o grupo dos mellores ó equipo infantil, pois sufriu a súa terceira goleada consecutiva, 2-10 ante o Galicia de Caranza B. Os ferroláns xa marcharon 1-6 ó descanso e marcaron por medio de Sergio (3), Elías (2), Daniel (2), Pedro, Aarón e Javier. Vicente e Javi anotaron os da honra para os locais. Comezarán o ano 2016 visitando ó Racing de Ferrol B.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – CCRD Perlío B (3-3)
CD San Sadurniño – CD As Pontes B (3-6)

O Alevín A empatou a tres goles ante o Perlío B, con tantos de Sergio Da Silva, Mateo Gabeiras e Iker Castro. Suman o seu primeiro punto no grupo segundo e na seguinte xornada, xa no ano novo, visitarán ó líder Cedeira.
O Alevín B goleou por 3-6 ó San Sadurniño con catro goles de Alex Montero, e un de Iago Expósito e Martín Calvo. Terceiros con catro puntos no grupo terceiro reciben ó Libunca, segundo na clasificación con seis.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Portuarios B (3-1)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes B (6-0)

O Benxamín A comezou con vitoria, 3-1 ó Portuarios B, no grupo segundo, con tantos de Xandre Fernández (2) e Anxo Blanco, tendo que visitar ó Cariño no próximo partido.
O Benxamín B comezou con derrota (6-0) ante o Galicia de Mugardos B, no grupo terceiro. Reciben ó Racing de Ferrol B no comezo de 2016.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
SDR Portuarios – CD As Pontes (0-6)
CD As Pontes B – SD O Val B (5-1)
Racing de Ferrol D – CD As Pontes B (0-9)

O Prebenxamín A comezou vencendo 0-6 ó Portuarios e é colíder co Racing de Ferrol no grupo dos mellores. Reciben ó Freixo Narón tras o parón de Nadal. Tres goles de Nicolás Meizoso e un de Diego Solano, Alexander Venancio e Xavi Regueiro.
O Prebenxamín B comezou a segunda fase con dúas vitorias no grupo terceiro, 5-1 ante o Val B, con goles de Iker Ares (2), Xandre Domínguez, Lucas Blanco e Jose Villasuso. A semana pasada venceran 0-9 ó EFR Ferrol D, e neste encontro Xandre meteu tres, Villasuso dous, Iker un, e os outros foron de Felipe Riveira, Alex Basanta e un en propia meta. Son líderes con seis puntos visitando na seguinte xornada ó Ánimas B, que é segundo cos mesmos puntos pero cun saldo de +10 por +13 dos ponteses. Este grupo terceiro empezou antes por ter doce equipos por once os outros dous grupos.

Dende esta páxina a toda a familia do Club Deportivo As Pontes, os desexos dunhas boas festas de Nadal e todo o mellor no vindeiro 2016.

bonadal_2016

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

ACTUACIÓN DO OLYMPO ATLETISMO NA 30ª CARREIRA POPULAR VOLTA A RÍA – MEMORIAL ADOLFO ROS –

Varios corredores do equipo pontés de Atletismo desprazáronse esta fin de semana para a disputa da carreira ferrolterrá.

Esta media maratón de máis de 21 kilómetros, tivo saída e chegada en Narón, pero tamén pasou por Narón, Fene e Neda.
O mellor foi Lorenzo Graña, quedando 101º, Óscar Pena foi 167º, César Ramil 288º, Miguel Vilaboy 518º, Antonio Rey 519º, e Manuel Bouza 753º.

O mellor pontés foi Miguel Vilaboy Filgueiras (25º), cun tempo de 1 hora, 19 minutos, 22 segundos.
Antonio Graña venceu na categoría benxamín.

Óscar Martínez Canales foi o vencedor absoluto, seguido de Julen Basterretxea e Francisco Sánchez.

En mulleres gañou Vanessa Lafuente, segunda Ana González e terceira María Cabadas.

Nova cortesía de Atletismo Olympo e Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: