CD As Pontes Feminino

ESTE 2015 CUMPRÍRONSE 25 ANOS DO PARTIDO DO ENDESA DE AS PONTES NO SANTIAGO BERNABÉU

Antes de que remate este 2015 quixemos acordarnos que se cumpriron 25 anos do encontro disputado polo As Pontes en todo un estadio Santiago Bernabéu.

Sucedeu un 08-09-1990, na Segunda División B, grupo primeiro, inicios da tempada 1990-91, e naquela visita, o As Pontes perdeu por 2-1 ante o Real Madrid B, o famoso Real Madrid Castilla. No conxunto madridista destacaban, entre outros, Urzáiz, e dous nixerianos, Mutiu e Ohen.

Precisamente Mutiu adiantaba ós brancos antes de finalizar o primeiro tempo, tras aproveitar unha ocasión para regatear ó gran Manuel Carou e marcar a porta baleira (38´).

O cancerbeiro do equipo pontés posteriormente xogou no Rayo Vallecano, Valladolid, e nas Ligas estadounidense e portuguesa.

Xa na segunda metade Pradera mandaba un zapatazo ó longueiro, e pouco despois tras unha gran internada de Juan Luis por banda esquerda, Chus, a pracer, conseguía o empate.

Pero foi no minuto 90, despois de unha gran xogada de Rajado, que centrou ó punto de penalti e o que fora xogador da mítica SD Compostela durante moitos anos, Ohen, fixo o 2-1 definitivo.

Polo Endesa xogaron aquel día Carou, Salido, Alberto, Quique, Carlos, Alfredo, Pradera, Falo (Juan Luis), Ramón, Suso (Chus), Ramiro.
Esa tempada, o conxunto pontés fora decimo terceiro nesa Liga 1990-91 con 38 puntos, xa que daquela a vitoria valía dous puntos.
Nese campionato gañado polo Real Madrid B, os outros equipos galegos foron o Lugo (2º), Compostela (3º), Ourense (7º), Pontevedra (14º) e Xuventude de Cambados (16º), que se salvou con dous puntos de ventaxa sobre o Pegaso madrileño.

Grandes resultados, e algún que resultaría sorprendente a día de hoxe, conseguíronse contra a Ponferradina (3-0), Compostela (3-1), Ourense (1-0), un 1-2 no Anxo Carro, e 0-1 en terras ourensáns. Tamén destaca un curioso 0-0 no Poboado contra o Getafe.

Pero sobre todo, o mellor resultado foi contra o campión, xa que cumprido desquite se tomou o As Pontes meses despois, o 20 de xaneiro de 2016, tras gañar ó filial merengue 4-0.

Nun gran segundo tempo golearon os azuis con tantos de Nando (2), Ramón e Alfonso, xogando aquel día Carou, Salido, Quique, Carlos, Alberto, Suso, Ramiro, Nando (Alfredo), Ramón, Alfonso (Juan Luis), Pradera. Por certo, aquel encontro fóra arbitrado por Mejuto González.

É que O Poboado nunca se lle deu ben ós madridistas. Na 1995-96, os azuis empataron a 1-1 co Real Madrid C, a 1996-97 vencéronlle 3-0, e na 1997-98, curiosamente o ano do descenso, se volveu ganar 4-0 ó Real Madrid B de Cambiasso entre outros.

Os ponteses, en cambio, nas súas visitas a Madrid, empataron 2-2 na 95-96, perderon 1-0 na 96-97, e algo máis avultada foi a derrota do 1997-98, 6-1 nin máis nin menos.

Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: