CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 3 / Xaneiro /2016

O CD As Pontes comeza o ano con dous complicados partidos fóra do seu campo do Poboado.

Primeiro será este domingo na Coruña ante o Deportivo B (antigo Fabril) e en Carballo diante do Bergantiños no inicio da segunda volta de liga.

Os ponteses, despois de dúas derrotas consecutivas diante do R. Vilalbés e do Cerceda, necesitan puntuar nestes dous choques para non baixar postos na clasificación. Primeiro ante un Deportivo B, 6º cos mesmos puntos co As Pontes e que aspira a postos máis altos para disputar a promoción de ascenso. Logo, na primeira xornada da segunda volta, o rival será o Bergantiños, que empatou no Poboado a un gol, e que trata de saír dos postos de descenso.

En campo coruñés os dous equipos –incluídas as antigas denominacións de Calvo Sotelo, Endesa As Pontes e Fabril Deportivo- enfrontáronse en 22 ocasións, con 13 vitorias para os coruñeses, tres para os de As Pontes e seis empates, dous deles nas dúas tempadas anteriores.

Tamén, neste primeiro domingo do ano, xoga o segundo equipo pontés, mentres que os conxuntos de base reiniciaran as competicións a vindeira fin de semana.

TERCEIRA DIVISIÓN (19ª xornada)
R.C. DEPORTIVO “B” – C.D. AS PONTES
CAMPO “MUNDO DO FÚTBOL”, Abegondo – DOMINGO 3 (12,00 h)
ÁRBITRO: ALEXANDRE MAZAIRA RODRÍGUEZ (Ourense)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CULTURAL MANIÑOS SD – CD AS PONTES “B”
Campo do Pote – Maniños (Dom. 3, 16,15 h)
ÁRBITRO: CRISTIAN ÁLVAREZ GONZÁLEZ (Ferrol)

FELIZ 2016.

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: