CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 8-9-10 /XANEIRO/ 2015

Primeira xornada de 2016 para a maioría dos equipos ponteses, con diferentes sensacións. Nunha xornada na que ningún dos doce equipos xogou en As Pontes, a cara positiva son os triunfos do feminino, segundo equipo, xuvenil e de todos os equipos de fútbol 8, quedando líder o Prebenxamín A no grupo dos mellores. Do lado negativo os dous puntos que se deixou o Cadete no camiño. Realmente preocupante é a situación do As Pontes, incapaz de rescatar un punto en catro partidos, nin tan sequera de marcar un penalti. Con Celta B e Compostela preto da Terceira, cos rivais de abaixo sumando puntos e reforzándose, atópase nunha comprometida situación con só cinco puntos por riba do descenso e coa necesidade imperiosa de gañar ó Barco.

TERCEIRA DIVISIÓN
Bergantiños FC-CD As Pontes (1-0)

Cuarta derrota consecutiva dun As Pontes que está a só cinco puntos do descenso. Se a semana pasada se caía ante O Deportivo B (3-0), o domingo foi ante un Bergantiños que marcha penúltimo (1-0). A pesar de que tras tres encontros seguidos se conseguiu acabar con once xogadores no campo, nin de penalti puido marcar o equipo azul, cousa que si fixo o cadro de Carballo a través de Rubén Marquez. O As Pontes, que perdeu a David Amado, é noveno con 28. O Mugardos, que fichou a Kevin Stiven, está decimoquinto con 23 puntos, sendo o primeiro dos seis equipos que a día de hoxe descenderían. O equipo pontés deberá gañar ó Barco; décimo, a un punto dos azuis, e que se reforzou con Jaime Noguerol; para ter opcións de manter a categoría. Xogaron Souto (Krikry 54), Alex Cabarcos, Nano, Chote, Dani, Edi, Chicho (Samu 79), Adrián (Rubén Pardo 69´), Santi, Cañizares e Pablo.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD As Pontes B – Ortigueira FC (4-0)

O segundo equipo recuperouse da derrota sufrida a semana pasada en Maniños (3-0) e goleou 4-0 ó Ortigueira. Marcaron Miguel (2) e Rubén no primeiro período e redondeou o marcador Adrián no segundo tempo. Cuartos con 9 puntos visitan ó segundo, Galicia Caranza, que ten 14. Líder cómodo o Maniños con 18. Xogaron Rafita, Criado, Jandro, Darío, Manu, Totti, Alejandro, Guille, Novo, Miguel e Rubén, saíndo despois A. Nieto, Adrián e Xose.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (0-2)

O Xuvenil venceu en Cedeira (0-2), con dous goles de Rey no inicio do segundo período, o que lle sirve para escalar á cuarta praza con 9 puntos. Reciben ó Eume, quinto cos mesmos puntos. Destacados Portuarios con 18 e Numancia con 15. Xogaron Manuel B, Alex Pico, Jorge Rodríguez, Caínzos, Alex Blanco, Brais Blanco, Xose, Ayrton, Rey, Casas, Jandro e no segundo tempo Nahum, Andrés, Manuel R, e Antón.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CCRD Perlío – CD As Pontes (1-4)

Moi ben o Feminino, que se impuxo 1-4 ó Perlío, no peche da primeira volta, tantos de Carlota (2), Paula Castro e Yolanda. Xogaron Leti, Yolanda, Noelia Santalla, Nuria, Indira, Yaiza, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Yara. Sextas con 29 puntos comezan a segunda volta recibindo ó Ortigueira, oitavo con 27. O encontro, que se ía desputar na Capela xogouse definitivamente nos Pinares, quedando o derradeiro partido da competición para ser xogado no Poboado.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – CD Narón “B” (3-3)

Grave tropezo do Cadete que empatou 3-3 contra o sétimo clasificado, CD Narón B, deixando dous puntos na cuneta, que o aproveitou o Portuarios para igualalo no liderato da clasificación, con 16 puntos. Un pésimo primeiro tempo (0-3), foi igualado in extremis por Alberte e Alex Barro (2) no último tramo do segundo. Complicadísima visita a semana que vén ó Eume, terceiro con 13. Xogaron Nesi, Cazás, David, Fraga, Bruno, Chema, Carlos, Javi, Dani, Alberte, Mateo e despois Andrei, Alex López, Alex Barro, Pani e Jose.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
R. Ferrol “B” – CD As Pontes (9-0)

Non remata de collerlle o pulso ó grupo dos mellores o Infantil, que colleitou a súa cuarta goleada consecutiva, neste caso ante o EFR Ferrol B (9-0). A semana que vén reciben ó Perlío, que leva dous empates. Xogaron Edgar, Nono, Iván, Dani, Antonio, Xan, Mohamed, Eyob, Joan, Vicente e Adrián, entrando despois Marcos e Xavi.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (0-2)
CD As Pontes “B” – SD Libunca (3-1)

Moi ben o Alevín A, que venceu 0-2 en Cedeira, líder ata esa xornada. Son quintos con 4 puntos. Reciben ó Caranza B, oitavo con 3. Dous goles do xogador da selección, Alejandro López. Vitoria do Alevín B, 3-1 ante o Libunca, tantos de Sergio cabarcos (2) e Alex Montero. Son líderes deste grupo terceiro, xunto a Eume B, con 7 puntos, visitando ó Galicia de Mugardos B, terceiro con 6 e un encontro menos.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD Cariño – CD As Pontes (0-3)
CD As Pontes “B” – R. Ferrol “D” (Adiado)

O Benxamín A gañou 0-3 en Cariño, e marcha líder con 6 puntos xunto a O Val C e Caranza, ó que visitará na vindeira xornada. Tres goles de Israel Varela. Aplazado ata para o día 30 o partido do Benxamín B contra o EFR Ferrol D.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SCRD O Freixo Narón (5-0)
SRD Ánimas “B” – CD As Pontes “B” (3-6)

O Prebenxamín A gañou 5-0 ó Narón O Freixo e é líder no grupo dos mellores, empatado con EFR Ferrol, Neda e Eume. A semana que vén visita ó Galicia de Caranza C, quinto. Goles de Nicolás Meizoso (2), Xavi Regueiro, Xalo González, e un en propia meta. O Prebenxamín B venceu 3-6 en Ferrol ó Ánimas B e marcha líder con 9 puntos xunto a Barallobre e CD Narón B, ó que recibirá na vindeira xornada. Sorprendente partido que comezou perdendo 3-0, pero catro tantos consecutivos de Iker Ares e dous últimos de Xandre Fernández déronlle a volta ó encontro e os tres puntos ós azuis.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

ACTUACIÓN DE SERGIO OTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O futbolista pontés do Racing de Ferrol, Sergio Otero Pedre, xogou estes días na maravillosa localidade olívica a primeira fase do Campionato de España, no que Galicia se enfrontaba a Aragón e Ceuta.

Este domingo xogaban contra o combinado aragonés, e non tiveron o seu día, pois a pesar de dispoñer de moitas ocasións, Aragón impúxose tras tres erros do equipo local. Puxéronse 0-2, e aínda que a selección galega logrou empatar 2-2, con dous tantos de David Rojo, a pouco do final os visitantes lograban o 2-3 definitivo. Sergio xogou o partido completo.
Xa o martes venceron á selección de Ceuta por 3-1, e iso que os ceutíes adiantábanse nada máis comezar, de falta, pero os tantos de Darío Ferradás, Martín Crespo e un en propia meta deron a volta ó marcador, nun encontro no que Sergio non foi da partida.

Moito mellor lle foi ó combinado sub18 que gañou 4-2 a Aragón, hat trick de Aarón Sánchez e o primeiro do racinguista Aarón Rey, e 2-0 a Ceuta, cun segundo gol do xogador do Viveiro Arturo Calvo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

REPRESENTACIÓN DO ESTEO NA SELECCIÓN DA TERRA CHÁ

Varios xogadores do Esteo foron convocados estes días coa selección de fútbol sala da Terra Chá.

No Campionato Galego de Seleccións Comarcais enfrontáronse durante o mes de Decembro ás seleccións de Lambre, A Mariña e Ferrol.

Na selección cadete estiveron o seleccionador Javi Saa e o porteiro Yadai Fernández, na selección alevín, Alex Montero, Joan Guerreiro e Luis Molina, mentres que no combinado benxamín foron Destaw Pellón e Antonio Graña, recente gañador do Memorial Alfonso Ros. Non houbo representación no combinado infantil.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

V SAN SILVESTRE PONTESA 2015

O día 31 á tarde desputábase a quinta edición da San Silvestre pontesa, proba organizada polo Concello de As Pontes e o Clube Atletismo Olympo.

Preto de cincocentos participantes, entre corredores e andaríns, déronse cita nun día frío, pero no que a chuvia respetou na meirande parte do transcurso da proba.

Amenizado polo speaker Xalo Maira, na proba masculina impúxose Luis Miguel Velasques, cun tempo de 16:01, seguido de Adrián Moreno (Marineda) e Iván Puentes (Triatlón Ferrol). David Castro foi o mellor pontés, sexto, e o gran Minecho, decimo cuarto. Outro grande, como o campión continental Antonio Polo Campello, foi vixésimo cuarto.

En mulleres gañou Camila Alonso, irmá de Melina, cun tempo de 18:54, seguida de Laura Cabarcos e Belén Nieto, muller de Simón.

No resto de categorías, na cadete, podio pontés cos irmáns Azdin e Mohamed Jeddaoui, primeiro e terceiro, e segundo Xoel Trastoy (Olympo). No Feminino, gañou Uxía Fernández, prata Alba Pin, ambas do Atletismo Narón, e terceira María Prieto, do Olympo.

En Infantil venceu Hugo Prida (Triatlón Ferrol), seguido do local Hugo Blanco e Sergio Rico. En cativas o ouro foi para Clara Díaz (Teleno), seguida de María Heras (Narón) e África Morales (Olympo).

En Alevín venceu Adrián Rivadulla (Ría Ferrol), seguido de Roi Díaz (Narón) e Víctor Bouza. A local Paula Criado (Olympo) venceu na feminina, seguida das irmáns Doua e Sofía Belhaj.

Na categoría Benxamín gañou Daniel Salgueiro (Coruña Comarca), seguido polos locais Destaw Pellón e Antonio Graña (Olympo). Nas nenas venceu Alba Barallobre (Riazor Coruña), seguida de Antía Otero e Paula Bellas (Maistrote).

Xa ó final da proba houbo chocolatada, e os concellais Montse García e Chicho Tembrás entregaron os agasallos ós triunfadores.

Tamén houbo, coma tódolos anos, premios ós mellores disfraces. O individual recaeu en Abraham Lincoln, en parellas, as uvas, dúo formado polo gran empresario pontés das caneleiras Simón Cabarcos, e a súa muller Belén Nieto, e por grupos recaeu en Abba. Eduardo Manostesoiras gañou no disfrace dos máis pequenos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: