CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 22-23-24 / XANEIRO /2016

O CD As Pontes visita por segunda vez ó Ribadumia, equipo que leva cinco xornadas sen perder, ó contrario do As Pontes, que só sumou un punto en cinco partidos.

Non é o mellor momento para visitar ó Ribadumia, equipo que ocupa posto de descenso (18º), e que sen lugar a dúbidas intentará acadar os tres puntos para escalar posicións na clasificación. Diante terá un As Pontes en horas baixas de resultados, pois tan só logrou un punto nas cinco últimas xornadas, precisamente o logrado a pasada xornada no campo do Poboado ante o Barco e no derradeiro minuto de xogo.

No anterior enfrontamento entre os dous equipos vitoria clara do Ribadumia por 4-1, o mesmo resultado que acadou no Poboado, con seis tantos do boirense Changui, un dianteiro nato e goleador (24 goles na 2014/15 e 32 na 2013/14), quen, ós seus 38 anos, leva 10 goles na presente campaña.

A nota positiva no CD As Pontes vén dada a que os equipos de base volven a xogar como locais os seus partidos no Poboado despois de dúas xornadas seguidas disputando os encontros no campo dos Calzados da Capela.

Especial atención ós horarios dos máis pequenos, alevín (10,30), benxamín (11,40) e prebenxamín (12,50).

TERCEIRA DIVISIÓN (22ª xornada)
C.D. RIBADUMIA – C.D. AS PONTES
CAMPO DA SENRA, Ribadumia – DOMINGO 24 (16,45 h)
ÁRBITRO: ÓSCAR LÓPEZ FERNÁNDEZ (A Coruña)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD AS PONTES “B” – SAN MATEO C.F.
Campo do Poboado – As Pontes (Dom. 24, 16,00 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD CARIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal – Cariño (Sáb. 23, 16,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
UD CEBARCA – CD AS PONTES
Campo da Barqueira (Sáb. 23, 16,30 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 23, 16,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD NARÓN – CD AS PONTES
Campo do Cadaval – Narón (Sáb. 23, 11,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
SD R. NEDA “B” – CD AS PONTES
Campo Municipal – Neda (Sáb. 23, 12,00 h)
CD AS PONTES “B” – SRD ÁNIMAS “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 23, 10,30 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SD O VAL “C”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 23, 11,40 h)
EUME DEPORTIVO “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara – Pontedeume (Ven. 22, 19,00 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – SD R. NEDA
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 23, 12,50 h)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES “B”
Campo de San Claudio – Ortigueira (Sáb. 23, 12,00 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Primeira xornada da segunda volta e o Esteo volve a xogar ante a súa afección, precisamente contra o líder, Noia FS.

Que dúbida cabe que o rival deste sábado é complicado para un Esteo que nas últimas xornadas remontou posicións na clasificación con catro puntos nas dúas últimas xornadas, un valioso empate en Vigo ante o Bembrive e unha vitoria por goleada (6-1) ante o colista Bueu.

O Noia só perdeu un partido no que vai de campionato. Foi na casa do Universidad de Valladolid por 3-1 na décimo terceira xornada. Conta con 38 puntos, seis máis co Cuéllar (2º), grazas ás 12 vitorias e dous empates logrados na primeira volta. O Esteo é décimo primeiro con 16 puntos, catro por riba do descenso de categoría.

Ponteses e noieses enfrontáronse en cancha pontesa en tres ocasións anteriores con dúas vitorias para o Noia (2-5 na 2007/08 e 2-3 na pasada campaña) e unha para o Esteo, 3-2 na tempada 2013/14.

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (16ª)

O ESTEO F.S. – NOIA F.S.
Sábado 23 – Xaneiro – 2016 (18,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: