CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS   29-30-31 / XANEIRO /2016

Non pode errar este domingo o CD As Pontes no campo do Poboado ante o Barbadás ourensán se non quere complicar aínda máis a súa situación na clasificación.

O conxunto pontés, que tivo un bo inicio de tempada (con 28 puntos na 16ª xornada), leva seis partidos sen gañar, con só un punto logrado grazas ó empate “in extremis”  no Poboado diante do Barco.

Esta situación ten preocupados ós afeccionados ponteses, poucos pero fieis, que están a ver como o seu equipo está indo, xornada a xornada, a menos e agora é décimo segundo a sete puntos do descenso sen ter en conta os posibles arrastres da Segunda B, que poden ser dous,  e cunha segunda volta difícil e complicada.

O cadro ourensán sumou nas súas saídas 16 puntos e ocupa a sétima praza con 33 puntos. Visita ó Poboado por cuarta vez na súa historia. Nos anteriores enfrontamentos, unha vitoria para cada equipo e un empate, o da pasada tempada (1-1). Lembrar que na primeira volta rexistrouse empate a un gol no campo dos Carrís.

TERCEIRA DIVISIÓN  (23ª xornada)
C.D. AS PONTES  – U.D. BARBADÁS
CAMPO DO POBOADO,  As Pontes –  DOMINGO 31  (16,30 h)
ÁRBITRO:  JULIO JOSÉ MARTINEZ BARRAL  (Santiago)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD NARÓN  –  CD AS PONTES “B”
Campo do Cadaval –  Narón  (Dom. 31,  16,15 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES  –  SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado – As Pontes  (Sáb. 30, 16,15 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES  –  SD O VAL “B”
Campo do Poboado – As Pontes  (Sáb. 30, 16,00 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
RACING SAN PEDRO  –  CD AS PONTES
Campoda Gándara-1 – Ferrol (Ven. 29, 17,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES  –  SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado – As Pontes  (Sáb. 30, 11,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES  (Descansa)
UD CEBARCA  –  CD AS PONTES “B”
Campo da Barqueira  (Sáb. 30, 11,00 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD SAN SADURNIÑO  –  CD AS PONTES
Campo da Piscina – San Sadurniño  (Sáb. 30, 10,30 h)
CD AS PONTES “B”  – R. SAN PEDRO “B”
Campo do Poboado – As Pontes  (Sáb. 30, 12,10 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
SRD ÁNIMAS  –  CD AS PONTES
Campo da Gándara-4 – Ferrol  (Ven. 29, 19,00 h)
CD AS PONTES  “B”  –  R. FERROL  “B”
Campo do Poboado – As Pontes  (Sáb. 30, 11,00 h)

CATEGORÍA BIBERÓN (Liga Afaco)
CD AS PONTES  –  NUMANCIA DE ARES
Polideportivo da Magdalena – As Pontes  (Ven. 29, 19,00 h)

Nova cortesía de AF

O ESTEO FUTBOL SALA

Primeiro desprazamento longo do Esteo na segunda volta da liga de Segunda División B a terras castelán-leonesas.

Xogará este sábado na localidade palentina de Guardo (duns 6.500 habitantes) en partido da décimo sétima xornada de liga. O obxectivo dos ponteses é acadar un resultado positivo que lle permita saír da complicada situación na que se atopa. Está de décimo terceiro cos mesmos puntos que Sala Ourense (16) e a catro do descenso de categoría.

Na primeira volta o conxunto guardense gañou no pavillón da Fraga por un claro e contundente 1-6. Nas outras visitas anteriores á capital do Alto Carrión o triunfo foi para os locais, 5-3 na tempada 2013/14 e 7-3 na 2014/15.

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (17ª)

GUARDO F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 30 – Xaneiro – 2016 (18,00 h)
Pavillón Municipal de Guardo

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: