CD As Pontes Feminino

NOVO ADESTRAMENTO PARA RAQUEL E MALENA

Raquel e Malena volven a ser convocadas para un novo adestramento das seleccións xuvenil e cadete respectivamente, un dos últimos antes de marchar á Comunidade Valenciana a enfrontarse á selección local e á madrileña.

Será este luns 1 de Febreiro no campo de O Pombal en Cambados ás 18:00 horas.

Na convocatoria sub18 van 21 xogadoras. Tamén acude a porteira ferrolá María Ameneiros, e as internacionais Nuria Rábano e Ariane Martínez.

Atletico Arousana: Sara Pazos, Ariane Martínez, Nuria Rábano, Carla Falcón
FVPR O Olivo: Cecilia Fernández, María Calvar, Sara Alonso
Orzán SD: Raquel Béjar, Nerea González e María Ameneiros
Victoria FC: Carmen Sumay, Ángela Choren
Erizana CF: Ildara Pérez, Sabela Tenreiro
CPM Friol: Sabela Roca
CP Alerta Navia: Andrea Rodríguez
Atlántida Matamá: Noelia Pereira
CCAR Valadares: Ana Iglesias
SCD Milagrosa. Lucía Sandar
Tordoia CF: Leticia Santos
Sárdoma CF: Fátima Area

Na vonvocatoria sub16 a lista pasou de 26 a 20 xogadoras, das que haberá que descartar dúas. Vai a xogadora do Portuarios Antía Delgado, e as internacionais Tere Abelleira e Rosalía Muíño.

Victoria CF: Goretti Neira, Rosalía Muíño, Tatiana Barcia
CCAR Valadares: Laura Vázquez, Ángela Novoas
Portonovo SD: Carolina Agulla, Nuria Torres
AD Vila do Corpus: Inés Faro, Sara Deben
CPM Friol: Lucía Pardo, Malena Mieres
SD Xuventu Aguiño: Alba Romero
Sárdoma CF: Nerea Cruz
AJ Lérez: Teresa Abelleira
SD Compostela: Marta Domínguez
SCD Milagrosa: María Calvo
SRD Portuarios: Antía Delgado
EF Lalín: Navia Rendo
Racing Vilariño: Laura Rodríguez
CD A Guía: Lara Martínez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVA CONVOCATORIA DE SERGIO OTERO

O xogador pontés do Racing de Ferrol Sergio Otero Pedre ven de ser convocado para un novo adestramento da Selección Galega sub16 que prepara a segunda fase do Campionato de España que os enfrontará a Baleares e a Rexión de Murcia.

Xogarán un partido de adestramrento este mércores día 3 ante o RC Deportivo de A Coruña de Liga Nacional Xuvenil, en Abegondo, ás 17:30 horas.

Van 18 xogadores, que poderían ser os da convocatoria definitiva. Destaca a presencia do internacional español sub16 celeste Martín Rafael, e a novidade de Adrián Cacheda.

RC Celta de Vigo: Diego Varela, Ignacio Pego, Martín Rafael, Sergio Carreira, Sergio Barcia
RC Deportivo de A Coruña: César Rodríguez, David Rojo, Javier Armas
Racing Club de Ferrol: Manuel Fernández, Sergio Otero
Bertamiráns CF: Manuel Xiraldez, Víctor Vilariño
CD Lugo: Pablo López
Pabellón Ourense CF: Carlos Villar
CD Lérez: Darío Ferradás
SCDR Galicia de Caranza: Brais Rodríguez
CD Areosa: Tomás Nahuel
Coruxo FC: Adrián Cacheda

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOVO ADESTRAMENTO PARA ALEX MONTERO

O xogador alevín de primeiro ano do Esteo FS e tamén do CD As Pontes foi convocado para o terceiro adestramento da Selección Galega Alevín, en vistas da preparación do Campionato de España da categoría, que se celebrará en fechas próximas.

Tras pasar por Santiago e Guitiriz, desta vez, os entrenos levaránse a cabo na localidade de Teixeiro, este próximo venres día 5, ás 16:45 horas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: GUARDO FS-O ESTEO F.S. (6-4)

Derrota do Esteo na súa visita a Palencia, onde caeu por 6-4. E iso que comezaban ben os verdes, adiantándose cun gol de Gerardo, pero antes do descanso os locais dábanlle a volta marchando incluso cun 3-1 no marcador.

Nos últimos minuto do segundo período, o encontro foi un toma e daca, co Esteo achegándose no marcador e os locais voltando a tomar dous goles de distancia, ata que faltando minuto e medio o equipo palentino anotaba o 6-4 definitivo, nun conxunto no que Héctor e Chochi conseguían ambos hat tricks.
Por fortuna, os ponteses seguen catro puntos por riba do descenso, que agora mesmo marcan Cistierna e Bueu, ambos con 12 puntos. Os de Suso Rey reciben ó perigoso Universidade de Valladolid.

Guardo FS: Edu, Davicín, Javierín, Jonathan, Ayoba – cinco inicial – Héctor, Chochi, Kuin.

O Esteo: Javichu, Bertito, Gerardo, Héctor, Ayala – cinco inicial – Kike, José López, Tucho, Púas, Fran.

Árbitros: Iván Sanz Moreno, Carlos Volpini Gilabert (Valladolid). María de la Torre Alonso (Palencia). Amoestaron a Davicín, Chochi, Héctor e José López.

Goles: Min.5 (0-1), Gerardo. Min.13 (1-1), Héctor. Min.15 (2-1), Chochi. Min.16 (3-1), Héctor. Min.31 (3-2), Héctor. Min.34 (4-2), Héctor. Min.35 (4-3), Tucho. Min.36 (5-3), Chochi. Min.36 (5-4), Ayala. Min.38 (6-4), Chochi.

Incidencias: Pavillón Municipal de Guardo (Palencia). Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CD ZALAETA DE ARTEIXO 15 – FENDETESTAS RC 8

O Fendetestas pontés caeu na súa visita ó Campo de Acea da Má, onde se enfrontaba co Zalaeta, terceiro clasificado, a súa segunda derrota de Liga.

Os locais adiantáronse moi pronto no marcador, pero un ensaio de Álvaro situaba a igualdade antes de chegar ó descanso. No segundo tempo un ensaio inesperado do conxunto de Arteixo acabou por darlle a vitoria e os catro puntos, e o equipo pontés sumou o punto de bonus defensivo, no límite, ó perder xusto por sete de diferencia, o mínimo requerido. Tamén anotou un golpe de castigo Rober.

Nos outros encontros da xornada o líder Keltia Ourense sumou a súa oitava vitoria ó vencer ó Crat “B” (7-34), e o Santiago venceu con contundencia en Vigo (0-31).

Lidera Keltia Ourense con 38 puntos, Fendetestas 31, Zalaeta 23, Santiago 15, Crat A Coruña “B” 6 e pecha Universidade de Vigo “B” con 4.

Cousas do destino, é moi probable que ponteses e arteixáns se enfronten no play off de ascenso como segundo e terceiro clasificados.

Os ponteses deben gañar na visita do Crat A Coruña “B” a semana que vén para asegurar matemáticamente o segundo posto e o factor campo na hipotética semifinal, pois na derradeira xornada visitan ó complicado e intratable líder Keltia Ourense.

Nova cortesía de Joel Carballeira, A.F. e X.F.

ACTUACIÓN DO ATLETISMO OLYMPO NO CAMPIONATO GALEGO DE CROSS

Este domingo 31 celebrouse en Friol o Campionato Galego de Cross e o Memorial Alejandro Lorenzo.

O Clube Atletismo Olympo acudiu con catro representantes.

En infantil Masculino, Anxo Sobrido rematou no posto 54º.

En Cadete Masculino, Carlos Fernández non puido rematar a proba por un erro.

Na categoría absoluta, en Cross Curto, Minecho foi 72º e Miguel Vilaboy rematou no posto 122º.

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 3 – UD BARBADÁS 1

Importantísima e moi merecida vitoria, dun As Pontes, que corta unha racha de seis partidos cun só empate e cinco derrotas, e con 32 puntos aproxímase á salvación.

Non comezaron ben as cousas para o conxunto local, i é que tras unha mala cesión atrás de Nano, Matelo regatea a Krikry, dispara, chega a rozar coas mans o meta local, pero o balón acaba entrando (21´).

Anteriormente, Toni, só tras unha xenial asistencia de Santi, rematou ó corpo de Berto (13´), e Santi cabeceou fóra por pouco unha gran xogada entre Bossa e Pablo (20´). Merecía o empate o conxunto local, e o gladiador de Narón, Nano, dos mellores do encontro coma sempre, compensaba o seu erro anterior, e así, tras unha falta sacada por Bossa, adiantase a Berto, peina cara atrás de cabeza, e o balón vai ó fondo das mallas (39´). Incluso Dani antes do descanso tivo unha gran ocasión, pero cabeceou forzado por riba do longueiro (40´).

Xa na segunda metade o cadro de Pablo López confirmou o seu dominio, e tras un xogadón de Adrián, marca de vaselina seu irmán Óscar, ó que habilita Santi. Bonito tanto, no que picou por riba do porteiro e o balón acaba entrando manseniñamente (51´).

Máis adiante é o canteirán Criado quen solta un zapatazo que solventa Berto en primeira instancia, pero na mesma xogada, controla o balón Santi, reteno, e cedella maxistral ó canteirán Alex Cabarcos que marca de forte disparo por baixo chegando dende atrás (62´).

Moi ben o punta astur-lucense Santi, que deu dúas asistencias de gol, e unha terceira no primeiro tempo, que debeu selo.

O conxunto ourensán realizou cambios ofensivos buscando achegarse no marcador, pero os azuis defenderonse sen pasar grandes apuros, e o cadro pontés respira noveno con 32 puntos antes de visitar ó perigoso Choco, terceiro, e co que o ano pasado perderon 5-0 en Santa Mariña.

Polo menos, con catro vitorias máis nas quince xornadas que restan estarían moi preto de salvarse. Ademáis, o conxunto pontés contou hoxe con 8 dos seus 14 xogadores que foron da partida saídos da canteira.

3 CD As Pontes. Krikry, Criado, Alex, Nano, Dani, Toni (Cañi 68´), Óscar (Edi 82´), Bossa, Santi, Adri, Pablo Domínguez (Samu 75´).

1 UD Barbadás. Berto, Germán, Oli, Iago, Germán Pérez (Hugo García 56´), Nacho Currás, Martín, Denis, Matelo (Isis 68´), Moisés Pereiro, Alfredo (Lamelas 64´).

Goles: 0-1, Matelo (21´), 1-1, Nano (39´), 2-1, Óscar (51´), 3-1, Alex Cabarcos (62´).

Árbitro: Julio Jose Martínez Barral (Santiago). Auxiliado nas bandas por Botana Rey e Martínez Míguez. Amarelas a Toni, Samu, Germán, Currás, Denis, Hugo e Isis.

Campo e incidencias: Campo de O Pobodo, en tarde encampotada, pero sen choiva. Pouco máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 29-30-31 /XANEIRO/ 2016

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD Narón – CD As Pontes B (3-2)

Derrota do segundo equipo ante o CD Narón (3-2). Os de Paco López son oitavos con nove puntos. Reciben ó Perlío, quinto. Vitoria do Caranza ante o Maniños (3-0), co que se comprime a clasificación, con feneses con 24 e ferroláns con 23.
Comezaron adiantándose os locais por medio de Alejandro, pero dous goles de Miguel dábanlle a volta ó encontro, aínda que antes do descanso Alberto situaba o 2-2. Preto do remate do encontro, outra vez Alberto, poñía o 3-2 definitivo. Xogaron, Tembrás, Darío, Manu, Totti, Jandro, Juan, Miguel, Guille, Adrián, Rubén e Marcos, entrando despois Alejandro, Lucho, Iago e Nieto.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD O Val B (0-0)

Empate a cero goles do feminino ante o Val B, co que as de Pita seguen sextas, con 36 puntos, antes de visitar ó Cedeira, que gañou (1-3) no Poboado na primeira volta e marcha décimo segundo con 25 puntos. Xogaron polo As Pontes, Leti, Yolanda, Yaiza, Indira, Vicky, Andrea Montero, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Portuarios (0-0)

Moi bo empate do xuvenil ante o Portuarios, equipo que gañou 18 dos seus 19 partidos esta campaña, agás un empate en Ares (3-3) na primeira liguiña. Están cuartos con 16 puntos, por detrás do líder ferrolán (25), Numancia (21) e CD Narón (20), antes de visitar ó Galicia de Mugardos, undécimo. Xogaron Lino, Caínzos, Jorge Rodríguez, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Jandro, Iván, Ayrton, Casas e Andrés, saíndo despois Xose, Iago, Nahum, Rey e Martín.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
Racing San Pedro – CD As Pontes (1-4)

Triunfo do cadete 1-4, ante o Racing San Pedro, co que segue coa súa loita particular co Portuarios. Ambos suman 23 puntos, seguidos de Eume e CD Narón B con17, Numancia 16 e Caranza B 15. Na seguinte xornada reciben ó Val, undécimo. Tres goles de Alberte Ledo e un de Carlos Iglesias nun partido que xogaron Nesi, Alex López, David, Fraga, Bruno, Pani, Carlos, Javi, Mateo, Alberte e Dani, saíndo despois Chema, Alex Barro, Manuel, Jose e Andrei.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Portuarios (4-1)

Xenial o infantil que goleou 4-1 ó Portuarios e se sitúa sétimo no grupo dos mellores, con seis puntos, trala súa segunda vitoria, antes de visitar ó líder con pleno de vitorias, Eume. A pesar de ir perdendo 0-1 ó descanso, saiuse Javi, con tres goles, e un de Hugo Blanco. Xogaron Juan, Nono, Xose, Eyob, Antonio, Dani, Mohamed, Javi, Vicente, Xoel, Xan e despois Andrei, Hugo, Alex, Mario e Alejandro.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes (Descansou)
UD Cebarca – CD As Pontes B (1-5)

Descansou o Alevín A, que marcha sexto con 8 puntos, antes de recibir ó Perlío, cuarto clasificado. O Alevín B venceu 1-5 na Barqueira ante o Cebarca, e ponse segundo no grupo terceiro, empatado a 13 puntos co Eume, a dous do Neda, descansando a semana que vén. Tres goles de Iago Expósito e dous de Alex Montero.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD San Sadurniño – CD As Pontes (3-7)
CD As Pontes B – Racing San Pedro B (4-0)

O Benxamín A gañou 3-7 en San Sadurniño, e terceiro con 10 puntos, recibe ó Ortigueira, oitavo. Tres goles de Israel Varela, dous de Xandre Fernández e Carlos Villasuso. O Benxamín B gañou 4-0 ó Racing San Pedro B, e son quintos con 9 puntos, antes de visitar ó Galicia de Mugardos, segundo. Dous goles de Destaw Pellón e un de Diego Lozano e Xabi Anca.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
SRD Ánimas – CD As Pontes (2-2)
CD As Pontes B – Racing Ferrol B (6-5)

Bo empate do Prebenxamín A (2-2) ante o segundo clasificado, Ánimas, con goles de Diego Ortigosa. Sétimo clasificado no grupo dos mellores, con 7 puntos, reciben ó Eume Deportivo, oitavo, a vindeira xornada. Boa e sufrida vitoria do Prebenxamín B, 6-5 ante o Racing Ferrol B, co que seguen segundos con 16 puntos, a dous do Barallobre, antes de visitar ó Racing San Pedro, oitavo clasificado. Goles de Lucas Blanco (2), Íker Ares (2) e Nacho Villasuso (2).

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

VITORIAS DO PÁDEL AS PONTES “B” E O EQUIPO FEMININO E DERROTA DO EQUIPO “A”

Triunfos do conxuntos “B” en Bergondo ante o Padel D3 Pantagalia (1-4) e do feminino do Club Padel As Pontes en Lugo (2-3) diante de Pulpadel D10 e derrota (1-4) do cadro “A” ante Smash Padel 4-Taberna Pedrafeita, na súa estrea na competición.

No grupo 6º masculino da 4ª categoría encabezan a clasificación o 0,0 Pádel e o Padel As Pontes “B”. No grupo 4º da 4ª categoría é primeiro Smash Padel 4-Seguros Zamborela seguido de Padel Byfit Narón A. O Padel As Pontes “A” está na cuarta posición. No grupo 6º feminino de 3ª categoría é primeiro Somos Pádel, seguido do feminino pontés.

RESULTADOS

PADEL D3 PANTAGALIA – PADEL AS PONTES MJ “B” (1-4)

José M. Molina-Luis Corrochano / José C. Fernández-Roi Otero (0-6, 1-6)
Enrique Ruzo-Manuel Vizoso / Rubén D. Vivero-Adrián Criado (3-6, 4-6)
Manuel Seoane-Santiago Queiruga / José L. Vilasuso-Javier Rochela (1-6, 2-6)
Sergio Basteiro-José R. Presa / Adrián Ramos-Saúl Vérez (6-3, 6-1)
Luis Gómez-Nicolás Salgado / José L. Trastoy-Juan Trastoy (3-6, 1-6)

PADEL AS PONTES MJ “A” – SMASH PADEL4 TABERNA PEDRAFEITA (1-4)

Pedro A. Romeo-Francisco Doce / Miguel A. Pena-Alberto Saavedra (0-6, 0-6)
Emilio Vidal-Alfonso Vidal / Julen García-Eloy Martinez (2-6, 1-6)
Juan Casas-José del Moral / Jaime Martinez-Carlos López (2-6, 2-6)
Manuel Parga-Francisco Castro / David García-Rubén Varela (6-4, 6-3)
Carlos Martínez-José M. Cancelo / Juan Núñez-Juan Lestón (1-6, 2-6)

PULPADEL D10 – PADEL AS PONTES MJ (F) (2-3)

Laura Cienfuegos-Verónica López / Pilar González-Erika Sanz (3-6, 4-6)
Lidia Jiménez-Carmen Díaz / Marta del Moral-Carla Lorenzo (1-6, 0-6)
Cristina Pena-Beatriz Varela / Lorena García-Rita del Moral (6-1, 6-0)
Teresa Abeledo-Teresa Rivas / Obdulia García-Sonia Uceira (6-7, 2-6)
Andrea Bastos-Carolina Marín / Cecilia García-Malena Mieres (6-4, 6-3)

TERCEIRA XORNADA

4ª CATEGORÍA MASCULINA
A Coruña
Blues Padel&Beer Team – Padel As Pontes “A” (Grupo 4º)
Narón (sábado 6, 17,00)
Padel As Pontes “B” – 0,0 Pádel (Grupo 6º)

3ª CATEGORÍA FEMININA (Grupo 6º)
Narón (sábado 6, 17,00)
PADEL AS PONTES FEMININO – CLUB PADEL ORTIGUEIRA

Nova cortesía de A.F. e Padel As Pontes

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16 (10ª Xornada)

O Mobles Eume incrementa a súa vantaxe sobre o Santaballés, que nesta xornada non pasou do empate a un gol ante As Pontes 74. O conxunto mobleiro acadou os tres puntos grazas a un solitario gol anotado nos derradeiros instantes do partido que o enfrontou a La Galaxia. Vitorias de MMYPEM sobre o colista Electricidad J&O e de Galiorient ante Farmavida.

Doce goles houbo no choque Bar Xardín-A Cepa, con catro tantos logrados por Cazás, que remonta á segunda posición da táboa de goleadores, que segue liderando en solitario Iván Ferreiro (Mobles Eume) con 19 goles, dez máis que Cazás (9) e once sobre Fernández (8).

Descanso nas festas do Entroido para reiniciarse a competición o vindeiro sábado 13 de febreiro.

11ª XORNADA 30-31 / Xaneiro / 2016

As Pontes 74  –  Santaballés   (1-1) Óscar / Diego
Electricidad J&O  – MMYPEM    (0-1) Juan
Bar Xardín  –  A Cepa   (8-4) Cazás (4), Felipe (2), Iván e Javi / Alberto, Romero e Fernández (2)
Farmavida – Galiorient    (0-2) Tomás (2)
La Galaxia  – Mobles Eume    (0-1) Iván Ferreiro

CLASIFICACIÓN

PUNTOS
 MOBLES EUME 28
 SANTABALLÉS 25
 BAR XARDÍN 20
LA GALAXIA 18
AS PONTES 74 18
GALIORIENT 14
FARMAVIDA 14
MMYPEM    8
A CEPA    5
10º  ELECTRICIDAD J&O    1

GOLEADORES

 

IVÁN FERREIRO  (M. Eume) 19
CAZÁS  (Bar Xardín) 9
FERNÁNDEZ  (A Cepa) 8
VALÚ  (Santaballés) 6
PAZ  (As Pontes 74) 6
SUSITO  (Santaballés) 5
JUAN CANOSA  (La Galaxia) 5
FONTAO  (La Galaxia) 5
IVÁN  (Bar Xardín) 5

 

12ª XORNADA 13-14 / Febreiro / 2016

Santaballés  – Electricidad J&O   (Sáb.  13,  19:00 h)
A Cepa  –  Galiorient   (Sáb. 13,  20:00 h)
La Galaxia  –  Bar Xardín    (Dom. 14,  10:00h)
Farmavida  –  As Pontes 74    (Dom. 14,  11:00 h)
MMYPEM – Mobles Eume  (Dom. 14, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: