CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 5-6-7 / FEBREIRO /2016

Difícil partido do As Pontes este domingo en Redondela onde se enfrontará ó CD Choco, equipo en posto de promoción.

Pese a dificultade do partido, os ponteses queren amosar en Santa Mariña a imaxe de bo xogo e de efectividade que realizaron a xornada anterior no Poboado diante do Barbadás, remontando un 0-1 adverso e con tres goles de bonita execución.

En campo pontés o resultado a primeira volta foi favorable ó CD As Pontes por 2-1, con goles de Cañizares e Bossa. O Choco é terceiro con 40 puntos mentres que o As Pontes figura na décima posición con 32.

Na historia entre os dous equipos en campo redondelán, oito vitorias para o Choco, unha para o As Pontes (2013/14) e un empate a un gol na 1969/70 na Serie A Rexional (actual Preferente) cando o cadro pontés se denominaba Calvo Sotelo.

TERCEIRA DIVISIÓN (24ª xornada)
C.D. CHOCO – C.D. AS PONTES
Campo de Santa Mariña – Redondela – DOMINGO 7 (16,30 h)
ÁRBITRO: ÓSCAR LÓPEZ FERNÁNDEZ (A Coruña)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD AS PONTES “B” – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 6, 16,30 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES
Campo da Pedreira – Mugardos (Sáb. 6, 17,00 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
Campo do Beco – Cedeira (Ven. 5, 21,00 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – SD O VAL
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 6, 11,30 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara – Pontedeume (Ven. 5, 17,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 6, 10,15 h)
CD AS PONTES “B” (Descansa)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 6, 11,25 h)
GALICIA MUGARDOS – CD AS PONTES “B”
Campo da Pedreira – Mugardos (Sáb. 6, 11,00 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 6, 12,35 h)
RACING SAN PEDRO – CD AS PONTES B
Campo da Gándara-4 – Ferrol (Ven. 5, 18,00 h)

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS
LAR ENDESA (Venres, 12 – 20,00 h)

A xunta directiva do Club Deportivo As Pontes vén de convocar unha asemblea extraordinaria de socios para o venres, 12 de febreiro, no LAR Endesa, a partir das 20,00 horas, en primeira convocatoria, e 20,30 horas, en segunda convocatoria.

Ademais dos habituais rogos e preguntas, o único punto da orde do día será o da situación actual do Club.

Lembrar que a última asemblea de socios foi o 26 de maio de 2013, na que houbo renovación de directiva e aprobouse o presuposto da tempada. Nas últimas once tempadas tan só os socios desta histórica entidade deportiva foron convocados en cinco ocasións.

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo recibe este sábado de Entroido ó Universidad de Valladolid, un complicado rival que dende a xornada 9ª non perdeu ningún partido.

Totaliza sete partidos gañados e dous empates, o último goleou na casa ó Atlético Benavente por 6-1. Ocupa a terceira posición a cinco puntos do líder Noia e a dous do terceiro, FS Cuéllar.

Pola súa banda, o Esteo con dúas derrotas seguidas ante Noia e Guardo é décimo terceiro con dezaseis puntos, polo que ten a necesidade de sumar os tres puntos para escalar algunha posición na clasificación se non quere ter problemas á hora dos descensos de categoría.

Nos anteriores visitas a As Pontes vitoria clara dos valisoletanos por 1-5 na tempada 2013/14 e empate a catro goles a pasada campaña. Na primeira volta, empate a un gol en Valladolid.

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (18ª)

O ESTEO F.S. – UNIVERSIDAD DE VALLADOLID
Sábado 6 – Febreiro – 2016 (17,00 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

CLUB RUGBY FENDETESTAS

Penúltima xornada de liga na Segunda Territorial Galega de Rugby, na que o Fendetestas recibe ó CRAT A Coruña B.

Os ponteses, que na anterior xornada perderon en Arteixo ante o Zalaeta (15-8), necesitan a vitoria para asegurar a segunda posición, xa que o título é para o Keltia Ourense, ó que visitarán na vindeira e derradeira xornada de liga.

Precisamente o CRAT A Coruña B caeu na casa a pasada xornada ante os ourensáns por un claro 7-34.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (9ª)
C.R. FENDETESTAS – CRAT A CORUÑA “B”
Sábado 6 – Febreiro – 2016 (16,20 h)
Campo Monte Medulio (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: