CD As Pontes Feminino

RAQUEL RODRÍGUEZ FERREIRO, CAMPIONA DE ESPAÑA

A futbolista do Comarcal A Fervenza de Fútbol Sala, Raquel Rodríguez Ferreiro, de nai pontesa, irmá do bo lateral esquerdo do equipo xuvenil pontés Jorge Rodríguez, e neta de Narciso Ferreiro, varios anos delegado de diversos equipos do CD As Pontes, conseguiu este domingo en Madrid o título de Campiona de España Sub17.

A selección galega gañou os catro partidos que xogou no torneo. Na primeira fase, venceu apuradamente a Navarra (3-2),e despois folgadamente a Cantabria (7-1).

Xa na rolda de semifinais superou contundentemente a Andalucía (6-2) e na gran final impúxeronse a Cataluña (3-1).

Os partidos disputáronse en Parla, no Pavillón Municipal Javier Castillejo, en honor ó gran boxeador, oito veces Campión Mundial, o Lince de Parla.

O combinado galego de 12 xogadoras dirixido por Manolo Codeso logrou o título de Campión de España sub17 por primeira vez na súa historia.

Tamén, nos seus tempos mozos, Raquel chegou a xogar algún torneo co equipo feminino do CD As Pontes.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O PONTÉS DANIEL CASTRO BÁRCALA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA EN SALA

O arqueiro pontés Dani Castro, desprazouse esta fin de semana, acompañado de Xaquín Mira, a Torremolinos, para a desputa do Campionato de España de Tiro con Arco, na modalidade de Recurvo junior.

Dani foi cuarto na previa con 565 puntos, por detrás de Illarramendi, 577, Cavanillas. 573, e o asturián Miguel Menéndez, 566.

Xa na rolda final, na que participaban os 16 mellores, Dani venceu sucesivamente ó balear Antoni Tur (7-1), e ó madrileño Pau Ramírez (7-1).

En semifinais, venceu con contundencia ó vasco Josu Illarramendi (6-0), primeiro na rolda previa, e que o ano pasado gañara o campionato absoluto, aínda sendo junior.

Non tivo a mesma sorte na final, na que se enfrontaba ó madrileño Enrique Cavanillas, segundo da previa, e compañeiro seu na selección española no Mundial de EEUU.

Estivo moi igualada no inicio, con 4-2 para Dani, con 28-28, 29-28 e 28-28 nos primeiros sets, pero que un dobre 26-29 deulle a vitoria ó madrileño por 4-6.

Tamén competiu por equipos xunto a Noelia Pena e Vicente Veira, e con 1662 puntos clasificaron coa oitava mellor marca para cuartos de final.

Aínda que non puideron facer nada contra a selección madrileña, e perderon 5-1 coa definitiva vencedora na final ante Cataluña.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RAQUEL E MALENA VIAXAN Á COMUNIDADE VALENCIANA

As xogadoras pontesas Raquel Béjar Castro e Malena Mieres García veñen de ser convocadas nas respectivas listas definitivas de 18 xogadoras que representarán a Galicia na segunda fase do Campionato de España.

Celebraráse en Valencia, no estadio de “El Palleter”, e as seleccións galegas enfrontaránse ó compricado combinado local o día 14, e á non menos difícil selección madrileña o día anterior, sábado 13.

Os partidos sub16 serán ás 10:30 horas, namentres que os sub18 ás 12:30.

As xogadoras farán un adestramento en Coia o xoves antes de marchar cara a Valencia pola noite.

Van as internacionais Ariane Martínez, Nuria Rábano, Rosalía Muíño, Tere Abelleira e a xogadora do Portuarios Antía Delgado.

A convocatoria sub18 é a seguinte:
Atletico Arousana: Sara Pazos, Ariane Martínez, Nuria Rábano, Carla Falcón
FVPR O Olivo: Cecilia Fernández, María Calvar, Sara Alonso
Victoria FC: Carmen Sumay, Ángela Choren
Orzán SD: Raquel Béjar, Nerea González
Erizana CF: Ildara Pérez
CPM Friol: Sabela Roca
CP Alerta Navia: Andrea Rodríguez
Atlántida Matamá: Noelia Pereira
CCAR Valadares: Ana Iglesias
Tordoia CF: Leticia Santos
Sárdoma CF: Fátima Area

A convocatoria sub16 é a seguinte:
Victoria CF: Goretti Neira, Rosalía Muíño, Tatiana Barcia
CCAR Valadares: Laura Vázquez, Ángela Novoas
Portonovo SD: Carolina Agulla, Nuria Torres
AD Vila do Corpus: Inés Faro, Sara Deben
CPM Friol: Lucía Pardo, Malena Mieres
SD Xuventu Aguiño: Alba Romero
AJ Lérez: Teresa Abelleira
SD Compostela: Marta Domínguez
SCD Milagrosa: María Calvo
SRD Portuarios: Antía Delgado
EF Lalín: Navia Rendo
CD A Guía: Lara Martínez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ALEX MONTERO CONVOCADO PARA UNHA CONCENTRACIÓN

O futbolista do Esteo de Fútbol Sala, Alex Montero Peteira, ven de ser convocado para unha concentración da selección galega que se levará a cabo esta fin de semana en Teixeiro.

Os futbolistas deberán presentarse o venres día 12, e permanecerán ata o domingo 14 á hora de comer, momento no que se dará por finalizada esta concentración.

Esta é a cuarta convocatoria para o xove xogador pontés de 10 anos, e semella que desta lista sairán os elexidos finais para representar a Galicia no Campionato de España.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – C.D. UNIVERSIDAD DE VALLADOLID (2-5)

Nova derrota do Esteo na casa, nun partido no que o equipo valisoletano impúxose nos derradeiros minutos, e gañou por ser o conxunto que menos erros graves tivo ó longo do encontro.

Marchou ó descanso con vantaxe o cadro pontés, pois tras un roubo de balón, e plantarse ante Josué, Bertito báteo por baixo e entre as pernas. Pero pouco duran as alegrías na casa do pobre, i é que nada máis comezar o segundo tempo empatou Balle ó aproveitarse da pouca contundencia defensiva local empalando un balón que quedou morto na área.

Despois poñíanse en vantaxe os branquivioletas tras un balón que rebota nas costas de Héctor, e Miguelín acaba marcando. Nun mal pase dos visitantes, rouba o balón Jose López e anota o empate de tiro cruzado. Xa faltando cinco minutos, outra vez marca Miguelín, nun tanto que se lle cola entre as pernas a Javichu.

Nun zapatazo de Bertito dende fóra da área puido chegar o 3-3 pero o balón foi inxustamente á cruceta.

Para colmo de males e erros, na xogada posterior, nun mal entendemento entre Gerardo e Javichu, a portería quedou baleira, marcando Miguelín o 2-4, desbaratando calquera opción local.

A pouco do final Gerardo perdeu un balón ante Miguelín, que anotou o 2-5 definitivo e o seu particular póker de 4 goles. Non era o Miguelín da Selección Española en Serbia, pero este sábado pareceuno.

O Esteo segue ancorado nos 16 puntos, cuarto pola cola, nesa loita por evitar ser o farolillo vermello e descendido que agora ocuparía o Bueu con 12 puntos. Entremedias, Sala Ourense 16, e Cistierna 15. Precisamente na boa terra ourensá se xogará o cadro pontés parte do seu futuro na vindeira xornada.

O equipo xogou hoxe sen Cospe, Púas, e sobre todo sen Iván, operado esta mesma semana nunha man, quedando Javichu como único porteiro.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Héctor, Jose López, Ayala –cinco inicial- Bertito, Kike, Fran, Tucho.

NOIA FS: Josué, Dani Martín, Adri, Ofa, Balle – Kike Molina, Picolo, Leal, Miguel.

ÁRBITROS: Borja Darriba Villamor e Pablo Fernández Becerra (Lugo). Na mesa Noemí Bello Castro. Tarxetas amarelas a Héctor, Javichu, Tucho, Balle e Miguelín.

GOLES: Min. 14 (1-0), Bertito. Min. 21 (1-1), Balle. Min. 26 (1-2), Miguelín. Min. 30 (2-2), Jose López. Min. 35 (2-3), Miguelín. Min. 36 (2-4), Miguelín. Min. 38 (2-5), Miguelín.

INCIDENCIAS: Decimo oitava xornada de liga de Segunda División B e décimo partido no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada de 150 espectadores. Resaltar que por mor do temporal de auga e sarabia caída unha hora antes os vestiarios de ambos equipos anegáronse de auga e lodo, non podendo dispoñer deles, en especial os do equipo visitante, que tiveron que vestirse na mesma pista de xogo.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. FENDETESTAS RC 45 – CRAT A CORUÑA B 0

O Fendetestas pontés venceu con contundencia este sábado no Monte Medulio ó Crat A Coruña B, que chegou a As Pontes cos efectivos xustos e fíxoo o mellor que puido en terreo pontés.

Ambos equipos o fixeron, pois o temporal de frío, continua choiva e incluso granizo, mantívose todo o tempo que durou o encontro, de feito os outros dous partidos da Liga, en Vigo e Santiago, aprazáronse.

Este triunfo garantiulle ós verdes a segunda praza, pois agora mesmo lidera Keltia Ourense con 38, Fendetestas 36, Zalaeta 23, Santiago 15, Crat B 6 e Universidade de Vigo B 4.

Ó Zalaeta quédalle este partido aprazado e o da seguinte xornada, pero non podería remontar os 13 puntos de ventaxa dos ponteses que garantizan o segundo posto e o factor cancha na eliminatoria de semifinais que seguramente os enfronte ós de Arteixo.

Moi compricada teñen a primeira praza i e que os ourensáns levan dous puntos de ventaxa e cun partido menos. Por riba, na última xornada recibirán ós ponteses na súa cancha.

No partido deste sábado, con pouca historia e claro dominio desde o comezo, o equipo pontés sumou os catro puntos máis o bonus polos catro ensaios ou máis, xa que anotaron sete, a cargo de Antón, que fixo tres, e un de Álvaro, Axier, Mariño e Iván. Nos lanzamentos a paus, o gran Kiko transformou tres por dous de Kevin.

Dentro de dúas semanas, os ponteses, que suman sete vitorias por dúas derrotas, rematan a primeira fase visitando ós ourensáns.

Nova cortesía Xose Ferreiro e AF

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 5-6-7 /FEBREIRO/ 2016

TERCEIRA DIVISIÓN (Galicia)
CD Choco – CD As Pontes (5-3)

Derrota do As Pontes en Redondela cun marcador con moitos goles, oito en total (5-3). Con 32 puntos, só 4 dos últimos 24, seguen seis por riba do descenso que marca o Verín. Próxima xornada necesidade imperiosa de gañar ó Silva coruñés, quinto clasificado. Hugo cun hat trick, xa se sitúa pichichi con 14 tantos, e os outros foron de Félix nada máis comezar e o quinto de Diego Silva que xa leva 12. Polo cadro pontés marcou Dani, preto do final. Os outros dous goles foron en propia meta. Xogaron polo cadro das Pontes, Souto, Criado, Alex, Nano (Manu 68´), Dani, Adrián, Óscar, Bossa, Santi (Cañi 45´), Toni, Pablo (Chicho 73´).

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD As Pontes B – CCRD Perlío (0-0)

Empate a cero goles do segundo equipo ante o Perlío, cuarto, co que os de Paco López, polo menos, rompen a mala racha de tres derrotas seguidas, ante un dos fortes da categoría. Xogaron Rafita, Darío, Rubén, Totti, Jandro, Juan, Alberto, Guille, Adrián, Lucho e David, entrando despois Diego e Jorge. Oitavos con dez puntos, na seguinte xornada xogan co Cariño, sexto na clasificación.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
Cedeira SD – CD As Pontes (4-3)

Tropezo do equipo feminino, que volveu a perder co Cedeira, desta vez por 4-3, un equipo un paso por debaixo. Ademais, o cadro de Pita anotou cinco dos sete tantos, pero dous na súa propia portería, tendo que xogar tamén Xeila de porteira. Na sexta praza con 36 puntos, reciben na seguinte xornada ó Amistade de Meirás, décimo sexto. Xeila, Yaiza, Uxía, Nuria, Indira, Vicky, Paula Castro (2), Carlota (1), Paula Baamonde e Yara xogaron polas pontesas.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes (0-3)

Vitoria do xuvenil na súa visita a Mugardos (0-3). Marcaron no segundo tempo Nahum, Manuel e un en propia meta. Xogaron Lino, Iago, David, Caínzos, Alex Blanco, Alex Cabarcos, Nahum, Iván, Ayrton, Casas, Jandro e despois Xose, Manuel, Antón e Alex Barro. Cuartos con 19 puntos, rematan a primeira volta recibindo ó San Sadurniño, quinto con 15. A vitoria do Narón ante o Portuarios (1-2) dálle emoción á loita polo título con ferroláns con 25, Numancia 24, e Narón 23.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SD O Val (5-1)

Vitoria do Cadete ante O Val (5-1), que queda líder en solitario con 26 puntos, á espera do que faga este luns o seu rival Portuarios. Moi ben outra vez Alberte, que fixo un hat trick, un deles de penalti, un de Pani e outro de Sergio Cazás. Xogaron Andrei, Cazás, Manuel, Fraga, Bruno, Alex López, Carlos, Chema, Mateo, Alberte, Germán e despois saíron Jose, Diego e Antón. Rematan a primeira volta visitando ó Galicia de Mugardos, derradeiro clasificado.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
Eume Deportivo – CD As Pontes (3-1)

Derrota (3-1) do Infantil ante o líder con pleno de vitorias, o Eume Deportivo. Poderíase considerar un bo resultado, de non ser porque os de Rivas adiantáronse por medio de Vicente no primeiro período, e nos últimos 20 minutos un tanto de Miguel e dous de Adrián déronlle a volta ó marcador, aínda que ben é certo que este equipo mellorou as súas prestacións. Xogaron Adrián, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Dani, Mohamed, Javi, Joan, Vicente, Xan, saíndo despois Xavi, Edgar, Alejandro e Marcos. Oitavos con seis puntos, rematan a primeira volta recibindo ó Ánimas ferrolán, noveno clasificado.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – CCRD Perlío (2-3)
CD As Pontes B (Descansou)

Nova derrota (2-3) do Alevín A ante o Perlío, co que se descolga definitivamente da loita pola Liga, nun equipo do que se agardaba moito neste grupo segundo. Colmo de males, comezaron gañando 2-0, con goles de Mario Fraga e Ismael Freire, pero remontaron os feneses nos derradeiros minutos. Oitavo con 8 puntos visita ó Narón Freixo, quinto clasificado. Descansou o Alevín B e está cuarto con 13 puntos antes de recibir na vindeira xornada ó Numancia de Ares, terceiro con 15.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – FC Ortigueira (5-0)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes B (5-1)

Boa vitoria por 5-0 do Benxamín A ó Ortigueira, co que se sitúa con 13 puntos empatado co Val C, un por riba do Cebarca, que ten pendente o seu partido desta xornada. Na próxima xornada visitan ó Miño, sexto na clasificación. Tantos de Xandre Fernández (2), Anxo Blanco (2) e Alejandro Blanco. O Benxamín B pola súa banda, perdeu 5-1 co líder Galicia de Mugardos, gol de Sergio Vázquez, e quintos con nove puntos reciben ó colista, Galicia de Caranza C.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – Eume Deportivo (4-2)
Racing San Pedro – CD As Pontes B (1-6)

Moi ben o Prebenxamín A, que gañou 4-2 ó Eume Deportivo e escalou á terceira praza con 10 puntos no grupo dos mellores. Marcaron Diego Ortigosa (2), Xoel Vigo e Xalo González, a quen lle anularon un gol por fóra de xogo. Próxima visita ó Galicia de Caranza B, penúltimo na clasificación. Boa vitoria (1-6) do Prebenxamín B ó Racing San Pedro, con tantos de Xandre Domínguez (2), Nacho Villasuso, Iker Ares, Xalo Cebreiro e un en propia meta. Lideran a táboa con 19 puntos á espera do encontro do luns o Barallobre e o Ánimas B, que ata agora marcha con pleno de triunfos. Reciben na vindeira xornada ó Eume Deportivo B, décimo.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

LIGA DE PÁDEL DAS RÍAS ALTAS 2016: VITORIAS DO PÁDEL AS PONTES “B” E O EQUIPO FEMININO E NOVA DERROTA DO EQUIPO “A”

Triunfos do conxuntos “B” ante o 0,0 Padel (3-2) e do feminino do Club Padel As Pontes (4-1) diante do Pádel Ortigueira, mentres que o conxunto “A” segue sen estrearse na competición e de novo caeu por un contundente 5-0 ante Blues Padel&Beer Team da Coruña.

No grupo 6º masculino da 4ª categoría encabezan a clasificación o Padel As Pontes “B” con tres puntos, seguido de 0,0 Pádel e Pádel Byfit Narón “C” con dous.

No grupo cuarto da mesma categoría é primeiro Smash Padel 4 e Padel Byfit Narón A con tres puntos gañados. O Pádel As Pontes “A” é quinto con cero puntos e un enfrontamento menos.

No grupo 6º feminino de terceira categoría é primeiro Somos Pádel, con tres puntos gañados nas tres xornadas disputadas, seguido do conxunto feminino pontés con dous puntos acadados.

RESULTADOS

PADEL AS PONTES MJ “B” – 0,0 PÁDEL (3-2)
Esteban Díaz-Armando Maseda / José Gestal-Justo Álvarez (6-1, 6-3)
Jesús Tembrás-José L. Trastoy / Iago Tello-Francisco García (7-6, 7-6)
José L. Vilasuso-Javier Rochela / Antonio Rumbo-José Méndez (6-2, 3-6, 7-5)
Leopoldo Pena-Rubén D. Vivero / Luis González-Javier Mira (6-2, 2-6, 6-7)
José Fernández-Roi Otero / Federico Husmann-Miguel Sánchez (2-6, 7-6, 5-7)

BLUES PADEL&BEER TEAM – PADEL AS PONTES MJ “A” (5-0)
Manuel Otero-César Moretti / Carlos Martínez-Alfonso Vidal (6-0, 6-0)
Antón Cárdenas-Santiago Cárdenas / José Cancelo-Juan Casás (6-1, 6-2)
Xoán Díaz-Jerónimo Fernández / Ángel Fernández-Carlos Giz (6-0, 6-3)
Luis M. Gacho-José López / Manuel Parga-José M. del Moral (6-1, 6-0)
José J. López-Jorge Martínez / José M. Fernández-Francisco Doce (6-0, 6-0)

PADEL AS PONTES MJ (F) – PADEL ORTIGUEIRA (4-1)
Rocío Guizán-Mónica Tojeiro / Carmen López-Susana Morandeira (6-7, 2-6)
Angye García-Vanessa Martinez / Mª José Aguiar-Tamara Piñón (3-6, 6-3, 7-6)
Lorena García.Marta del Moral / Irene Gómez-Marta Forte (6-0, 6-0)
Rita del Moral-Carla Lorenzo / Lucía García-María Infante (6-0, 6-1)
Pilar González-Erika Sanz / Margareth Freire-Matilde Montero (6-0, 6-2)

CUARTA XORNADA

4ª CATEGORÍA MASCULINA (Grupo 4º)
Narón (sábado 13, 12,00)
Padel As Pontes “A” – P6 Silver

3ª CATEGORÍA FEMININA (Grupo 6º)
Redes (sábado 13, 11,00)
CLUB TENIS REDES “B” (F) – PADEL AS PONTES FEMININO

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: