CD As Pontes Feminino

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS (LAR ENDESA o venres, 12 – 20,00 h)

A xunta directiva do Club Deportivo As Pontes vén de convocar unha asemblea extraordinaria de socios para este venres, 12 de febreiro, no LAR Endesa, a partir das 20,00 horas, en primeira convocatoria, e 20,30 horas, en segunda convocatoria.

Ademais dos habituais rogos e preguntas, o único punto da orde do día será o da situación actual do Club.

Lembrar que a última asemblea de socios foi o 26 de maio de 2013, na que houbo renovación de directiva, continuando Xaime Castro como presidente. Aprobouse o presuposto da tempada 2012/13 e informouse dos presupostos de anteriores tempadas, así como de que só se recibían axudas da Deputación, pendente de reclamación, así como unha importante axuda do Concello pontés.

Entre outros asuntos, tamén se informou nesa asemblea da necesidade dun campo de herba artificial, para o que se leva loitado máis de oito anos, e reformas nos sete terreos de xogo existentes, xa que as actuais instalacións están obsoletas por falta de mantemento

Nas últimas once tempadas os socios desta histórica entidade deportiva pontesa tan só foron convocados en cinco ocasións.

Nova cortesía de A.F.

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 12-13-14 / FEBREIRO /2016

O CD As Pontes, que unha xornada dá a de cal e na outra a de area, vése na imperiosa necesidade de vencer este domingo no Poboado ó Silva coruñés.

Os ponteses levan sumados tan só catro puntos nas últimas oito xornadas, polo que os tres deste domingo son de vital importancia para manter a categoría. Un empate ou unha derrota complicaríalle a vida para as vindeiras xornadas.

O conxunto coruñés ocupa a oitava posición con 35 puntos, tres máis cós ponteses, con 9 vitorias, 8 empates e 7 derrotas. Na primeira volta o cadro coruñés goleou ó As Pontes por un contundente 4-0. Este domingo será a súa segunda visita oficial ó Poboado. Na anterior, a pasada tempada, o resultado foi favorable ó As Pontes por 3-1.

IMPORTANTE: Este venres, 12 de febreiro, asemblea xeral extraordinaria do Club no LAR Endesa a partir das oito do serán (20,00) para informar da situación actual da entidade.

TERCEIRA DIVISIÓN (25ª xornada)
CD AS PONTES – SILVA S.D. (A Coruña)
Campo do Poboado – As Pontes – DOMINGO 14 (16,30 h)
ÁRBITRO: MANUEL CASANOVA CUDEIRO (Ourense)

SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CD CARIÑO – CD AS PONTES “B”
Campo Municipal – Cariño (Dom. 14, 16,30 h)

LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 13, 16,30 h)

LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CD AS PONTES – EFB AMISTADE MEIRÁS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 13, 16,30 h)

LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES
Campo da Pedreira – Mugardos (Sáb. 13, 17,00 h)

LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – SRD ÁNIMAS
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 13, 11,00 h)

LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
SDCR O FREIXO NARÓN – CD AS PONTES
Campo de Río Seco – Narón (Sáb. 13, 11,00 h)
CD AS PONTES “B” – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 13, 10,15 h)

LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
AD MIÑO – CD AS PONTES
Campo de Gallamonde – Miño (Ven. 12, 17,45 h)
CD AS PONTES “B” – GALICIA DE CARANZA “C”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 13, 11,25 h)

LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
GALICIA CARANZA “B” – CD AS PONTES
Campo de Caranza – Ferrol (Ven. 12, 18,30 h)
CD AS PONTES B – EUME DEPORTIVO “B”
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 13, 12,35 h)

Nova cortesía de A.F.

O ESTEO FUTBOL SALA

Un irregular Esteo xoga este sábado un importantísimo partido na cidade das Burgas diante do Sala Ourense, conxunto novo na categoría.

Os dous equipos están empatados a dezaseis puntos xunto ó Cistierna leonés, catro por riba do colista Bueu. Os tres últimos descenden de categoría.

Esta delicada situación do equipo pontés, con 10 derrotas no que vai de liga e só catro vitorias e outros catro empates, obrígao a gañar na pista ourensá ante un Sala Ourense que tamén está necesitado de puntos e que leva sen gañar dende o pasado 12 de decembro, na décimo terceira xornada, na que goleou ó Bueu por 4-1.

No pavillón pontés, no único enfrontamento entre os dous equipos en toda a súa historia, o resultado foi dun apertado 3-2 a prol do Esteo.

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA (19ª)

SALA OURENSE – O ESTEO F.S.
Sábado 13 – Febreiro – 2016 (19,30 h)
Pavillón Municipal dos Remedios (Ourense)

Nova cortesía de A.F.

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: